23 de decembro de 2009
Un desexo en alto, libre e comunitario, ao Apalpador.
Divertimento - Serie: arquivo sonoro / historicos: Ferrol Music e outras herbas
Aquela primeira edizón do Ferrol Music, desenvolveuse durante varios días do mes de decembro do 2000 no Cantón de Ferrol, e contou coa participación creativa dos seguintes grupos e solistas da comarca, algúns deles desaparecidos, outros incombustíbeis: Paloma Suanzes, Cachimonia, Victor Aneiros Blue Note Band, Durango Express, Julie Guravich Cuarteto, Jarry Navison Band, Los Trastones, Los Pacos, Entre Paréntesis, Riff-Raff, Consumatum Est, ou mesmo Wisdom.
Queremos con este programa fazer unha homenaxe a toda esa xente de Ferrol e comarca que adica ou adicou unha parte do seu tempo, de maneira desinteresada, a pór en marcha iniciativas dinamizadoras que apostan (e apostaron) polo de aquí, no caso concreto de Ferrol Music, pola sobresaínte canteira músical ferrolterráquea.
Como guinda final do programa, escoitamos unha entrevista que Ana Santiago (Lucecú), lle realizou a Julián Hernández, logo do concerto que naquel Natal do 2000 fixeron os Siniestro Total, no Pabillon de A Malata en Ferrol.
Na entrevista a Julián ponse de manifesto que o Pabillón de A Malata en Ferrol, non é o espazo máis axeitado para poder ouvir e disfrutar, un concerto de música "moderna", mais dez anos despois segue a ser a única opción que oferece o noso concello para estes eventos, semella que menos prioritarios que a "música culta". Esta cuestión non deixa de ser un anacronismo máis, tendo en conta o que estamos a falar: a intensa relación dos viciñ@s da nosa comarca con todas as músicas.
No programa, ademáis ouviredes algún "textículo" do Pequeno Monstro, interpretados pola Ana Lucecú e o propio Monstro: Movimento Lento, Confesión e Outono verbalizado. Agardo que tra-la súa escoita vos suba a temperatura, que falta fai con esta friaxe!!!
A vindeira semán seguiremos recuperando gravazóns do arquivo histórico de Divertimento. Mais, non marcho sen vos desexar a todas e todos unhas monstrosas e divertidas Festas!!!!
Descargar o arquivo
Nota: imaxe superior tirada do blog: http://www.canidosostible.blogspot.com
11 de decembro de 2009
Divertimento - Serie: arquivo sonoro / historicos: Radio Kaos (2)
Imaxe dunha dunha das grellas de Radio Kaos (Ferrol) |
"Aquí Radio Kaos, a emisora universitaria e libre que okupa o 96.3 da FM en estéreo supersónico". Desta forma indicabamos ao persoal que demos andaban a sintonizar, cando as emisións de Divertimento para Pequenos Monstros na emisora do campus de Serantes-Ferrol, naqueles 2000.
O programa que hoxe vos oferecemos debeu ser emitido na grella 1999/2000.
Este Divertimento ábrese cun par de textos do Pequeno Monstro (Poema Bomba e Aquela Casiña), segue cun poema do ferrolán Santi Ribera e finda, na súa primeira metada adicada aos textos, con Rosa de Sanatorio de Don Ramón María del Valle-Inclán, surreal poema enunciado nas noites de finais dos oitenta, por José Luis Moreno-Ruíz no seu memorábel programa (do mesmo nome) en Radio 3.
Na segunda parte do programa falamos con todo un personaxe daquelas noites ferrolás dos noventa: Raúl "El Ilegal". Daquela, Raúl tiña un local de copas na Rúa do Sol de Ferrol, facía debuxos e .... Bon, escoiten o programa.
Lembro a perfección a tarde en que entramos pola porta da Escola U. Politécnica de Serantes, dende donde emitía Radio Kaos, o Raúl e mais eu. O Raúl apareceu cun enorme teclado Farcisa TK61. Aínda o estou a ver, levaba unha gafas de rallar, tan delgado el con ese teclado que case o duplicaba en tamaño e peso, atravesando a porta da Politécnica camiño do estudio, ante a mirada atónita dos estudantes. Na conversa con Raul, acompáñanos Suso Suciedad, sombra de Divertimento naquela etapa.
Daqueles anos e daquelas ondas, lembramos estes programas: O que nós sabemos e vostedes non (Santi Bergantiños e compaña), Shock (Bárbara Calavera Zalamera), Ábrete de Orellas e Chicas Católicas (Pepe Luis Cunha), Disidente (Iván), O Lucecú (Ana Santiago), Galiza Solidaria (Cebral), Café Jazz (Manuel Lorenzo), Manchita Cosa (Suso Suciedad e Paulopablo), Autopista 61, El Taller del Duende, Con Alma de B-Boy, Sinfonías Metálicas, A letra "A" e Expresión Directa (Xabi e Iván), Divertimento para pequenos monstros / Textículos by me (Pequeno Monstro con Ana Lucecú & Suso Suciedad), nun asalto radiofónico perpretado a man armada de poemas.
Ti mesm@ podes completar esta lembranza á Radio Kaos comentando esta entrada ao pe.
A próxima semana o Pequeno monstro, desvelara quen e como se `cargou´ Radio Kaos.
Entre tanto, para lembranza de tod@s, rescatamos do arquivo unha imaxe da grella do vrao do 2000, daquela sorprendente emisora. Un documento valorado agora mesmo en 20.000€, que encabeza esta entrada .
Ficades co audio bomba...
http://www.mediafire.com/listen/0yto7tr9p4t00ah/DivertimentoHistoricos_Raul_Ilegal.mp3
Os medios comunitarios presentan emendas ao proxecto de Lei Audiovisual do Estado español.
O Congreso español debate actualmente o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Existe un anteproxecto e actualmente os diferentes grupos parlamentarios presentaron as súas correspondentes emendas para terminar de dar forma ao que será a Lei que rexerá no futuro as comunicacións no Estado español.
A devandita Lei non contenta aos medios comunitarios, que tamén presentan as súas emendas á Lei.
Gorka Andraka, de Tas Tas Irratia, en Bilbao, entrevista sobre este asunto a Mikel Estarrona, integrante da propia Tas Tas Irratia, e tamén da comisión de Lexislación e Dereito á Comunicación da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), quen analiza o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual e estima que o proxecto do Goberno español cercena o Dereito á Comunicación.
Rádio Filispim forma parte da Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC), dende novembro de 2009.
Audio tirado de Más Voces : www.masvoces.org
Video: campaña "10-D, polo dereito a comunicar", da ReMC.
7 de decembro de 2009
Divertimento - Serie: arquivo sonoro/historicos: Textículos by me. Radio Kaos.
A cuestión foi como segue: unha fermosa praia, unha caseta de socorro, a megafonía e tres socorristas: Ana Lucecú, Suso Suciedad e André Pequeno Monstro. Un cenario imaxinario de diálogos inocentes e melancólicos.
A última parte do programa que vos oferecemos, sintetiza o espírito daquelas edicións: experimentación sen límites, ao interpretar un texto mimimalista durante case vinte minutos alterando as voces dende a mesa de control de son, co fundo musical da peza Koyaanisqatsi do neoiorquino Philip Glass, a soar pola megafonía da caseta de socorro daquela praia inventada.
O texto en cuestión, Son Persoa, comeza inocente, mais co paso dos minutos e embuido nas notas musicais de Glass, convértese nun mantra surreal que nos leva ao éxtase final coa peza La Estatua del Jardín Botánico de Radio Futura.
Estudio: Radio Kaos. Serantes-Ferrol. Xullo de 2000.
Intepretación, voces e ideas: Ana Lucecú, Suso Suciedad e André Divertimento.
Selección musical: Pequeno Monstro.
Guión e textos: Pequeno Monstro.
Ficades na praia, co audio. Coidado coas ondas.
Descargar o arquivo
26 de novembro de 2009
Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Suso Suciedad e Paco Pestes.
Para nos situar, tomabamos as copas no Dada Circus, na defenestrada Radio Kaos retumbaban programas coma "Expresión Directa", "O que nós sabemos e vostede non" ou mesmo "Manchita Cosa" (si, antes de ser o local supervivinte da Madalena ferrolá foi un programa de radio).
Paco Pestes foi o responsábel de que o Pequeno Monstro se lease cunha rapaza chamada Radio, cando este e outros alucinados dos primeiros oitenta (Pedro "Maltrana", Luz...) realizaban en Radio Fene o Cuasimodo. Un día, Santi presentoume ao Paco nunha casa usurpada en Recimil. Anos despois, cos auspicios espirituais de Suciedad, este vería editado o seu máis afamado libro de poemas: "El último cigarrito de los nuevos sofistas callejeros".
Daquela, Suso Suciedad apresentoume a Antonin Artaud e a saga dos Panero (La Transmigración de la Locura). A banda sonora a tanto verbo púñaa un tal Corcobado, advertíndonos de que son as mulleres as que andan a pór coches bomba por haí. Ademáis, Suciedad, cando nadie nos veía me pasaba os seus poemas aterrados en fanzines malditos (Nada es Verdad), que antes escribiu en trozos de papel do wc para ler, xunto ao meu irmán Paulopaulo, naquel precipicio radiofónico de Serantes punto e principio de tantas cousas.
Nesta edición antediluviana de Divertimento para pequenos monstros, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, interrogan e fan tremar a estes dous de Ferrol. O programa remata en conexión cunha Lupe Ces dez anos máis nova, na Praza do Desarme de Ferrol nun acto da Marcha Mundial das Mulleres a pról do pobo palestiniano.
Friqui non é un conceito tan moderno, vén daquela. Ficades co audio.
Descargar o arquivo
Nace Audiolivre, un podcast con xenio.
Audiolivre pretende ser un arquivo de audios con licencias libres. Os principios que rexirán a selección de contidos serán o anticapitalismo, o antiracismo, o antisexismo, o antimilitarismo, a defensa do medio, o idioma galego e o coñecemento libre.
Audiolivre preséntase en forma de podcast, no que se poden escoitar os audios na rede, ou baixalos cadaquén ao seu computador. A páxina permite facer búsquedas, ou escoller temas da nube de etiquetas. Todos os arquivos de audiolivre están aloxados en archive.org.
Calquera persoa pode rexistrase e subir audios que considere interesantes sempre que respecten os principios enumerados anteriormente. Se queres colaborar no proxecto, facer algún comentarios ou suxerencia, ou simplemente tes un audio e non queres pasar o chollo de subilo podes contactar con nós a través do correo electrónico: audiolivre@arkipelagos.net22 de novembro de 2009
Divertimento-Serie: arquivo sonoro/históricos: textos (2)
Os meus pés son acariñados pola corrente e fáime cóxegas.
Vexo salmóns, troitas e sinto como pasan entre as miñas pernas a toda velocidade, coma xogando entre os meus pés descalzos.
Miro cara adiante e unha fermosa carballeira é difuminada por unha fonda néboa.
Creo ter visto animaliños correteando.
Algúns pasan moi perto de min.
Paran ao chegar.
Ao pouco disimulan, como si nada.
Collen algunha bellota, algún outro froito do verde chao e voltan a toda velocidade cara ao frondoso bosque.
Ule ben, a verde.
No meu narís pousa unha bolboreta azulh.
Fáime cóxegas.
Penso que vou esbirrar.
Mais, antes de que poida despréndese, fica leve a altura da miña faciana, sorrime a váise despacio voando lenta.
Desaparece, desprendida.
Estou sentado na beira dun río azulh, sen zapatos.
A min dame igual, porque me gosta...
Extracto de Sono azulh.
Pequeno Monstro.
Divertimento para pequeno monstros: edición do 13 de outubro de 2000, orixinalmente emitida por Radio Fene.
Selección musical: Pequeno Monstro.
Textos: Pequeno Monstro.
Descargar o programa
c
13 de novembro de 2009
Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: textos
Deso foron as emisións de Divertimento para pequenos monstros, na etapa en que o programa se emitia en Radio Fene.
A cuestión foi como segue: o Pequeno Monstro maquinaba en praias solitarias aqueles textos. Despois quedaba con Ana Lucecú no Mister ou no Café do Patín, en Esteiro. Ensaiban os textos e só ficaba procurar melodías infinitas que servirán de almofada a tanto verbo outonado.
O resultado foi o que segue neste programa. Para a vindeira semán máis follaxe.
6 de novembro de 2009
V encontro da ReMC (Rede estatal Medios Comunitarios).
Ademáis este 5º encontro responde á primeira asemblea xeral da ReMC, logo da súa constitución legal en maio deste 2009, autodefiníndose coma "un espazo de organización e traballo conxunto entre os medios do terceiro sector da Comunicación".
Mais, os alicerces da ReMC datan de hai catro anos, baixo o propósito de constituir unha rede na que recoller as experiencias das radios libres, das televisións comunitarias, emisoras on-line e medios alternativos de todo el Estado español.
Entre os puntos da orde do día a tratar nesta Asemblea, estará a aprobación de novas incorporacións de outros colectivos comunicacionais á ReMC , coma é o caso de Rádio Filispim a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol no 93.9 da FM, dende agosto de 2005.
Escoita e descarga a cunha do V encontro da ReMC
4 de novembro de 2009
Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Traje de Saliva.
Traían baixo o brazo un mini cedé (Ep) titulado "El Cuerpo y la Ciudad" (1999) e o seu primeira duración "Mima" (2000). Con todo ese material os Pequenos Monstros decidimos que xa era dabondo, polo que secuestrámolos durante unha hora no estudio de Radio Fene, naqueles tempos refuxio do Divertimento.
Baixo o manto sonoro daqueles dous primeiros traballos de Traje de Saliva, un dezaséis de febreiro de 2001, cometimos unha entrevista-crime que comeza inocentemente (para despistar) e remata con preguntas do tipo:
- Sentídevos sós en todo isto?
- Considerádevos uns intelectuais do mundo?
- Vedes a televisión?
- Que comedes normalmente?
- Pensades que poderedes comer algún día das vosas músicas?
- Enviariades a vosa música ao espacio exterior?
- Que pensades das vacas tolas e todo iso?
Pois nada, que disfrutedes do audio e a próxima semana haberá máis aquí en Divertimento para pequenos monstros.
Descargar o arquivo
Radio Galega, a rádio roubada.
Roubárom-nos a rádio pública galega. Asaltárom-na e ferida de morte, dérom-lhe o tiro de graça coa nova grelha. Som @s de sempre. Os mentiráns e censuradores que ao longo dos governos presididos por Fraga Iribarne, ocultárom e restringírom informaçom, escorados ao lado do poder, esquecendo a vocaçom de serviço público e objectividade e pluralidade informativa e formativa que compete a umha rádio pública. Som os mesmos nomes, encabezados polo inesquecível Xusto López Carril, condutor durante a era Fraga dos informativos da manhá; María Xosé Rodríguez, sempiterna protagonista dos magassines, ou Tino Santiago, malabarista da mentira e a subxectividade informativa ao serviço do poder. Som os mesmos nomes, as mesmas idéias, o mesmo provincianismo, a mesma radio de segunda que nom merecemos.
Nom poderiam ser outros nomes, porque as xefas volvem ser as mesmas. Rosa Vilas Nuñez, desde o ano 1989 na RTVG, já foi subdiretora de informativos cos governos do PP até o 2005, agora ascendida a diretora da TVG. E Rosa Martínez Rivada nova diretora da Radio Galega, ainda que velha servidora dos interesses do PP nos médios públicos. Leva na Radio Galega desde 1986, foi subdiretora cos anteriores governos do PP.
Como é que estas pessoas nom tenhem que responder pola censura coa que forom cúmplices durante tantos anos? Como é que estas pessoas volvem colher o espaço público como se os três anos e medio no que respiramos nas ondas um pouco de liberdade, fossem só um espelhismo, um sonho. A realidade volve a ser a sombra da caverna (...)
Podes seguir o artículo íntegro aquí: Caranza free opiniom
2 de novembro de 2009
Papaqueixada total no X Papagrelo de Monfero.
Aló, fomos testemuñas da homenaxe que se lle tributou aos Papaqueixos, grupo formado na Coruña en 1993, un dos "artificieiros" do rock bravú.
Estes, participarón no mítimo disco Unión Bravú co tema "Matías o morcego", mais pasaron á historia galaica pola edición no ano 1999 do álbum “A lóxica aplastante do comité de propaganda”, con 18 cancións con letras desenfadadas e cheas de troula ("Sito Miñanco ¡¡¡preso político!!!") e festa por un tubo.
Dez anos despois da mencionada "Lóxica aplastante...", os Papaqueiros xuntaronse de novo en Monfero, ao carón do Mosteiro e do cemiterio (en pleno Samaín), acompañados no cenario polos membros de grupos da nova hornada galega coma: Os Cuchufellos, Ultrakans, Banda Potenkim e os Tres Trebóns (inda que por aló andaban tambén integrantes dos memorábeis Jarbanzo Negro).
Os pequenos e pequenas monstros tiramos unha fotos para inmortalizar tamaña "papaqueixada". Ficades con elas.
Fai Boomm!! neste enlaze para velas en tamaño natural: Papaqueixo!
Presentada a 5ª tempada de Radio FilispiM na VII Sesión Vermú.
Aquí tedes as fotos do que foi a VII Sessiom Vermú do Colectivo OPAII-RFM e o Ateneo Ferrolán, presentando a nova grelha de programaçom de Rádio FilsipiM para a tempada 2009-2010.
Também podes escoitar o programa especial que realizamos durante a VII Sessiom Vermú o 31 do 10 de 2009, na que presentamos os programas e disfrutamos da música celta do grupo da Terra de Trasancos BOJ.
Descargar o arquivo
28 de outubro de 2009
V encontro da REMC (Rede Estatal Medios Comunitarios) en Barcelona.
O motivo desta carta é invitarche ao V Encontro da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) que realizaremos na cidade de Barcelona os días 6, 7 e 8 de novembro de 2009.
A ReMC, da que forma parte a televisión da ACS, naceu fai catro anos co propósito de construír unha rede na que recoller as experiencias das radios libres, das televisións comunitarias, emisoras on-line e medios alternativos de todo o Estado espanhol.
Na súa xestación, unha trintena de proxectos de Andalucía, Asturias, Galiza, Castela A Mancha, Castela e León, Murcia, Valencia, Madrid, Canarias, Euskadi, etc. iniciaron distintas accións como o intercambio de contidos vía web, grupos de traballo en coordinación coa rede ou a redacción de propostas para a nova Lei do Audiovisual.
En maio deste 2009, a ReMC constituír legalmente, autodefiniéndose como un espazo de organización e traballo conxunto entre os medios do terceiro sector da Comunicación, entendendo a estes como:
1. Actores privados que teñen unha finalidade social.
2. Xestionados por organizacións sociais de diverso tipo.
3. Orientados a satisfacer as necesidades de comunicación e a habilitar o exercicio do dereito á información e liberdade de expresión das persoas integrantes de comunidades determinadas, sexan estas territoriais, etnolingüísticas ou de intereses, ante as cales son responsables.
4. Abertos á participación o máis ampla posible respecto a propiedade do medio e o acceso á emisión, así como ás diversas decisións de programación, administración, operación, financiamiento e avaliación.
5. Que non teñen fins de lucro.
6. Que non realizan proselitismo relixioso nin político.
Logo dos encontros en Madrid (2005), Salamanca (2006), Toledo (2006) e Bilbao (2007), a ReMC convócache en novembro de 2009 ao quinto encontro, que vai ser en Barcelona e contará cun centenar de representantes dos distintos medios libres, comunitarios e alternativos de todo o Estado.
No marco desta convocatoria, tamén terá lugar a segunda reunión dos medios comunitarios cataláns.
Podes consultar aquí o programa dos encontros e demáis info: http://medioscomunitarios.net/barce...
Para asistir, non é necesario ser membro da ReMC. Se consideras que este é un espazo que pode contribuír ao fortalecemento do proxecto, entidade ou colectivo no que participas e se pensas que co traballo en rede podemos fortalecernos, entón agardámoste.
Contamos con vosotrxs! Saúdos,
Okupem lles Ones, A Tele da Assemblea per a Comunicación Social.
Pra rematar con vós, deixámosvos con este video documentario do que aconteceu na III Encontro de Medios Comunitarios, no ano 2006 en Toledo. Até nos ver monstrxs!
AMARC e IFEX denuncian a nova Lei Audiovisual do Estado español.
(AMARC / IFEX) - 17 de outubro de 2009 - A sección europea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC) desmente as declaracións do Goberno español, canto a que "o Proxecto é froito dun amplo labor de consultas con todos os sectores vinculados co mundo da comunicación audiovisual".
Pola contra, estes organimos amosan a súa preocupación por como se elaborou esta importante normativa, sen a participación dos axentes do sector e eludindo o debate.
A pesar de que o Goberno reiterou que para a elaboración do proxecto contaría con todas as organizacións do sector e que sería unha norma consensuada, este non facilitou información sobre o contido da lei nin mantivo reunións con organizacións do sector, salvo coa Unión de Televisións Comerciais (UTECA).
A única vía que tiveron as organizacións para coñecer o contido do proxecto e facer achegas foi a través do Consello de Estado durante o mes de agosto. Unicamente 10 das entidades presentaron alegacións nun tramite de audiencia que non foi iniciativa do Goberno senón do órgano consultivo.
Ademais AMARC considera que a lei realízase desde unha visión empresarial da comunicación no canto de exporse como o desenvolvemento de dereitos fundamentais.
Sobre o uso social dos medios de comunicación, o texto recoñece, no seu artigo 32, que organizacións sen ánimo de lucro poden promover radios e televisións (emisoras comunitarias) pero de forma marxinal.
Neste senso AMARC considera que a actual redacción do artigo é moi deficiente e contravén a Directiva europea de "Servizos de Medios Audiovisuais" xa que non recolle ningunha medida para garantir ou fomentar a existencia destes medios mentres se establecen unhas restricións e esixencias que non realizan aos servizos de comunicación comerciais.
Por outra banda para a regulación dos medios comunitarios o Goberno español non contou coa participación da Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC), a pesar de que esta entidade solicitouno en varias ocasións. Tampouco recolleu as recomendacións sobre a modificación do artigo 32 realizadas polo Consello de Estado e pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións.
Ante a tramitación da Lei Xeral Audiovisual AMARC (Asoc. Mundial de Radios Comunitarias) solicita:
- Unha mellora da redacción do artigo 32, dedicado aos servizos de comunicación comunitarios sen ánimo de lucro.
- A eliminación das restricións de financiamento recollidas no artigo 32.
- Que se teñan en conta as achegas realizadas pola Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC), cuxas alegacións e peticións de reunión non foron atendidas polo Goberno.
- Que se teñan en conta as recomendacións de organismos internacionais como a Declaración sobre a diversidade da radiodifusión (ONU), a Resolución de 25 de setembro do Parlamento Europeo sobre medios comunitarios e a Declaración do Consello de Europa sobre o rol dos medios comunitarios para a promoción da cohesión social.
Declaración coxjunta sobre Diversidade na Radiodifusión elaborada en decembro de 2007
Resolución do Parlamento Europeo, de 25 de setembro de 2008, sobre os medios de terceiro sector da comunicación
Principios para un marco regulatorio democrático sobre radio e TV comunitaria elaborado por AMARC
27 de outubro de 2009
VII Sesión Vermú de Radio FilispiM, apresentación grella 2009/2010.
Estás convidad@ à VII Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán, que organizam o Colectivo OPAII-RFM e o Ateneo Ferrolán para presentar a nova grelha da tempada 2009-2010 de Rádio FilispiM.
Com a retransmissom dum Programa Especial ao vivo e a colaboraçom-actuaçom do grupo da Terra de Trasancos BOJ.
Haberá pinchos e música de balde!!
O Sábado 31 de Outubro a partir das 12:00hs. no Ateno Ferrolán
Descargar o arquivo
26 de outubro de 2009
Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos.
En abril do ano 2001, Divertimento para pequenos monstros emitiase en Radio Fene. Daquela, Ana Santiago (Lucecú) acompañaba ao Monstro na conducción do programa.
Os contidos dunha daquelas históricas edicións que recuperamos hoxe, son os seguintes:
- Casa Encantada de Santiago de Compostela. Entrevista a Fran del Buey.
- Novo Circo de Ferrol. Entrevista a Clara e Sabela.
- Fundaçom Artábria. Entrevista a Alexandre e Ismael.
- Homenexe ao Victor do Mr. Natural de Esteiro-Ferrol.
- Ana Lucecú entrevista na Malata a Julian Hernandez (Siniestro Total).
Descargar o arquivo
20 de outubro de 2009
El Detective: un novo programa en Radio FilispiM, 93.9 FM.
Na teima filispiniana de activar un dos fins fundacionais da ReGARLIC ("Compartillar as nosas experiencias e manter unha comuniación fluida") decidimos inlcuir na nosa grella este programa de CUAC FM que non deixará a ningúen indiferente, coas súas suxestionantes debates e reportaxes.
No blog de El Dectetive, podedes ter un adianto do que xa está a emitir Rádio Filispim, 93.9 FM, co seguinte horario: domingos de 11:00 á 12:00 h. do mediodía e mércores de 14:00 á 15:00 h. da tardinha.
Ficades cun audio no que El Detective fala para @s ouvintes de Radio Filispim, sobre o seu programa:
Descargar o arquivo
19 de outubro de 2009
Xurxo Souto: a canción do galego é para cantar todos os días.
Descargar o arquivo
Pola súa banda o actor Carlos Blanco afirmou que a súa participación na marcha de Queremos Galego foi unha obriga, a demostración de respeto pola lingua do pais. Con ironia (en clara referencia a manifestación "anti-abortistas" do día anterior en Madrid), Blanco sinalou que na manifestación de Queremos Galego participaron máis de 6 millóns de persoas.
Descargar o arquivo
Información tirada do portal www.radiofusion.eu
Queremos galego ateigou Compostela.
“Ao Obradoiro!” ante a falta de espacio.
Este domingo a Quintana encheuse por completo e moita xente non ficou fóra, polo que se escoitaron berros de “Ao Obradoiro! Ao Obradoiro!”. A organización presumiu de que aínda había xente na Alameda co acto xa iniciado na Quintana.
"Somos galego e temos dereito" e "Na Galiza, en galego" foron algúns dos berros máis populares. A manifestación descorreu sen incidentes polo centro e a zona vella de Santiago até a Praza da Quintana (...)
Iniciativa Lexislativa Popular
A plataforma 'Queremos Galego' critica varias medidas dos conservadores na Xunta. Entre elas, a próxima derrogación do decreto 124/2007 do galego no ensino; a rede de Galescolas; a modificación da Lei de Función Pública para a eliminación dunha proba de galego nas oposicións; ou as axudas á tradución de libros en galego.
Ante estes “abusos”, Queremos Galego anunciou que recollerá sinaturas para presentar na Cámara unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).
Mentres, Feixóo, na súa visita de tres días a Londres, defendía a importancia dun ensino en tres idiomas e recoñecía a utilidade da lusofonía.
Tirado do xornal www.anosaterra.org
Aprobado o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual para o Estado Español.
Con todo, foron necesarios máis de 5 anos para que o goberno presentase ante o Parlamento un proxecto de Lei. Unha tramitación da que tamén está pendente a Comisión Europea xa que a Directiva de Servizos Audiovisuais aprobada en 2007 debe ser aplicada na normativa dos estados da Unión Europea antes do 9 de decembro.
Segundo o goberno o Proxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual aprobado é froito dun amplo labor de consultas con todos os sectores vinculados co mundo da comunicación audiovisual, que vén desenvolvendo o Goberno ao longo dos últimos anos. Con todo, moitas organizacións, desde sindicatos ata organizacións empresariais critican o feito de que o Goberno non contou coa súa opinión, nin facilitou información sobre o contido da lei.
Como novidades da lei, ademais da creación do Consello de Medios Audiovisuais, o proxecto recolle a existencia de emisoras comunitarias: Pero, desde a Rede de Medios Comunitarios critican que a lei non recolle ningunha medida para garantir ou fomentar a existencia destes medios cidadáns, sen ánimo de lucro, ao establecerse restricións e esixencias que non se fan ás emisoras comerciais.
Javier García, da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), preparounos a seguinte análise.
Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
Nestoutro enlace (para os máis masoquitas) tedes acceso ao texto completo da Lei e a un video no que a Vicepresidenta se desnuda: enlace!
La Radio del Sur, rede radial venezolana.
Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
16 de outubro de 2009
A falsa pluralidade da TDT no Estado Español.
Este fenómeno tamén se estendeu a algunhas canles obtidas polos concesionarios de TDT de alcance estatal (Disney Channel ou SET en Veo), feito que pon en evidencia a incapacidade dos operadores españois de TDT de encher con contidos orixinais as canles que lles foron outorgados e abre interrogantes sobre a legalidade destas opcións, posto que non respectan as condicións concesionais.
Tamén pon en dúbida a bondade do deseño do sistema de televisión froito do plan de TDT: se os operadores non son capaces de encher o espectro que lles foi concedido con canles de televisión con contiudos orixinais, e se os enchen con franquicias que xa están presentes nas plataformas de distribución multicanle, é evidente que non se contribúe á diversidade e o pluralismo.
Tirado do blog guerrillatv.blogspot.com
Fonte orixinal: Informe de la Comunicació a Catalunya 2007 - 2008
Outras entradas de interese:
laguerradelosmedios.lacoctelera.net/post/2009/08/16/el-fracaso-la-tdt-espanola
chicadelatele.com/2007/10/16/el-timo-la-tdt-nos-viene
15 de outubro de 2009
Nova Lei Audiovidual en Arxentina.
A aprobación chegou na madrugada do sábado cunha ampla maioría: 44 votos contra 24 na votación en xeral.
A Lei dispón un novo ordenamento na propiedade dos medios de comunicación. Modificará o mercado da comunicación en Arxentina que actualmente está profundamente concentrado en mans de poucos grupos económicos.
A normativa recoñece ás radios comunitarias e limita a concentración dos medios de comunicación privados comerciais.
Os compañeiros de ALER e o Foro Arxentino de Radios Comunitarias (FARCO) ofrécennos a seguinte información baixo a condución de Hugo Ramírez.
Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
17 de setembro de 2009
VII edición do Fervesteiro, Ferrol
XOVES 17:
As 18:00h emision de un programa monografico sobre o festival na radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos Radio filispim, no 93.9 FM. Repetición do especial este domingo ás cinco do serán. Podes escoitar ou descarregar este audio ao pé desta entrada.
VENRES 18:
As 18:00 no local do colectivo murais reivindicativos pola recuperación e conservacin do barrio de Esteiro
As 19:00h churrascada popular e jam session no local do colectivo na Rua Adan e eva
SÁBADO 19:
As 18:00h no local do colectivo murais reivindicativos pola recuperación e conservación do barrio de Esteiro
MARTES 22:
As 20:00h no local do colectivo:Video-charla co documental “Good copy, bad copy”
Direccion: Andreas Johnsen, Ralf Christensen y Henrik Moltke. 2008 Dinamarca
Trata sobre as implicacións legais do novo espazo musical na era do remix, a remestura, o sample e a facilidade de difusión da contorna dixital fomentan a creatividade en determinados contextos, esta creatividade vese ameazada por lexislacións privativas. No documental móstranse interesantísimos exemplos de devandita creatividade musical...
MÉRCORES 23:
As 20:00h Proxeccion; “Ceremonia de entrega dos premios “Oxcar 2008”
É unha gala de concertos, de animación 3D e de hacking, de teatro, coa presenza de membros da WuMing Foundation, The Pirate Bay e Leo Bassi. Tamén se presenta un libro colectivo, titulado Os piratas son os pais, que recolle máis de 40 colaboracións, entre elas as de nomes tan recoñecidos no ámbito da análise das leis da propiedade intelectual como Richard Stallman.
XOVES 24:
As 20:00h Inaguracion da Exposicion fotografica baixo lizenza Creative Commons, do fotografo ferrolan Manolo Rei no local do colectivo
VENRES 25:
As19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.
As 22:30 Concertos:
Ataque escampe.
Rock de Serie B desde Compostela
www.myspace.com/ataquescampe
Bulldozers.
Rock Acerlerado desde A coruña
www.myspace.com/bulldozersrockandroll
+ Grupo sorpresa
SÁBADO 26:
As19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.
As 19:00h roteiro polo Esteiro historico coa participacion do historiador do movemento obreiro galego Eliseo Fernadez. Saida desde o espazo do festival.
As 22:30h Concertos:
Mongollica.
Thrash-metal comedia Ferrolan
www.myspace.com/mongollica
Skarallados.
Ska-reggae-Punk desde A coruña
www.myspace.com/skarallaos
Motor Perkins.
Punk-rock Celta desde Donramiro-Ourense
www.myspace.com/motorperkins
Máis info do festi en: http://www.fervesteiro.org/
Neste enlace podes ouvir o programa especial que realizou Rádio FilispiM:
Descargar o arquivo
12 de setembro de 2009
Caravana pola comunicación libre e comunitaria en Ecuador.
Expertos, representantes de medios alternativos e populares e catedráticos reuníronse para elaborar propostas para a Lei de Comunicación. Preguntáronse dúas cousas: que medios temos e que medios queremos?
Á primeira inquietude, as respostas foron similares: "Os medios están en mans privadas, discriminase aos sectores populares, a repartición de frecuencias non é equitativa, e teñen unha débeda coa educación". Ao contestar a segunda interrogante, sinalan que aínda que se garanta o acceso equitativo aos medios (entre o popular, o público e o privado), débese pensar na sustentabilidade dos proxectos.
Tras un acto festivo que pechou a Caravana, a Coordinadora de Radios Populares e Educativas do Ecuador, entregou ás autoridades, a súa propostas para a nova Lei de Comunicación. Ecuador xa comezou o debate para a construción dunha nova lei, que faga da comunicación un verdadeiro dereito para todos e todas.
Audio e texto tirado de Más Voces : www.masvoces.org
9 de setembro de 2009
Rádio FilispiM, a pola súa quinta grella!!!
de programas para o curso 2009/2010.
Rádio FilispiM, 93.9 FM, é unha radio sen ánimo de lucro integrada no terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.
PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS.
Para poder realizar o teu programas debes enviar a túa proposta antes do sábado 19 de setembro a filispina@gmail.com.
Se xa es membro do colectivo Opaíí!-Rádio Filispim, lembra que debes ter as cotas ao día, requirimento indispensabel para darlle continuidade a túa proposta radiofónica.
SESIÓN VERMÚ.
Por outra banda o sábado 31 de outubro haberá unha sesión vermú presentación da nova grella, no Ateneo Ferrolán. En breve darémoste máis información desta festa.
VINDEIRA ASEMBLEA.
Por outra banda, a vindeira asemblea preparatoria da tempada de Rádio FilispiM, será o sábado 19 de setembro no Ateneo Ferrolán, coincidindo co fin de prazo de presentación de propostas radiofónicas e aboo de cotas pendentes.
EN REDE.
Este novo curso radiofónico, o colectivo re-editará a colaboración con outras radios de Galiza, Estado e resto do mundo, ao través da difusión de propostas coma Nosotras en el mundo, Mapamundi, o informativo Más Voces ou Marca Branca, entre outros moitos espazos de radios irmás de todo o mundo.
Destacar o intercambio de programas que FilispiM de Ferrol e Rádio Piratona de Vigo comezaron a pasada grella, abrindo un camiño recollido no ideario da REGARLIC, Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, da que Rádio FilispiM e membra xunto a Radio Kalimera de Compostela, Radio Clavi de Lugo, Cuac FM de A Coruña, Radio Piratona de Vigo e Radio Roncudo de Corme.
Participa!!!!!
5 de setembro de 2009
A voltas cos conceitos libre e comunitario.
Achei interesante reproducilo (inda que poida que alguén non lle cadre), pois suscita debate e reflexión, cousa que sempre e bon neste mundo dos proxectos de comunicación alternativa unicamente sometidos ao conceito que cada quen teña por "libre e comunitario".
Atoparedes a información completa e orixinal neste enlace: Enlace!!!
Pequen@s monstros, ficades con esta reflexión anónima. De desexardes podedes seguir a comentar deixando a vosa propia opinión no apartado "comentarios" ao pé desta entrada.
Iso de “RADIOS LIBRES” Como todo “depende” se é verdadeira esa condición. Nalgúns CASOS son certamente libres duns intereses por que simplemente responden a outros NON COMUNITARIOS. De tal xeito que o mellor sería definilas como “LIBRES DESTES INTERESES”. Pero firmemente comprometidas a impor a grupos con intereses tan innobles como os que pretenden competir.
Non basta con dicir que somos libres, senón demostralo. Existen medios comunitarios e non é nada difícil identificalos. Os seus creadores son coñecidos pola poboación e non aparecen da noite para a mañá. Adoitan expresarse en termos de neutralidade Independentemente que teñan a súa ideoloxía, as súas portas están abertas a todas as formas de pensamento, pero destacando que non é o tema político o predominante. Non se desgarran as vestiduras defendendo a tal ou cal líder nacional ou estranxeiro, ou defendendo as políticas de tal ou cal goberno. A súa razón de ser é a COMUNIDADE. De feito, o máis común é que teñan un financiamiento tan escuálido que practicamente os fai vivir no bordo do precipicio e dificilmente saben se poderán saír mañá.
Pódese empezar a dubidar desa condición liberdade, cando os contidos comunitarios pasan a un segundo plano e nótase que unha tendencia política de calquera cor é promocionada de forma dominante ou total. Iso si, todo dise en nome da comunidade, pero a realidade non é esa. Tamén se pode dubidar desa condición cando estas emisoras proliferan como fungos. Inician as súas actividades da noite para a mañá durante períodos de eleccións e as súas instalacións sitúanse en edificacións públicas, ou seus membros son activistas políticos ou relacionados con estes directa ou indirectamente. Isto último é o mais común. E non é difícil descubrilo. De feito, hai que ser suspicaz xa que é común bautizar a moitos medios e organizacións con nomes rimbombantes, honorables e que para nada locen como comprometidos.
Pero resulta que se o escoita, lector ou televidente furga no asunto atopa claras conexións cos centros de poder ou os que pretenden acceder a el. Nestes tempos da información proliferaron medios radiais, televisivos e escritos que pregoan aos catro ventos que responden a un sincero sentimento comunitario. Adoitan enarborar bandeiras de xustiza social. Falan do medio ambiente, das agresións ás mulleres, nenos. Din defender aos traballadores e os excluídos. A súa frase preferida é "xustiza social" E por suposto de forma máis ou menos discreta. Sinalan que certos líderes ou pensamento político seguen esta liña de pensamento. É dicir o xogo do bo e o malo. Pero son incapaces de sinalar estes mesmos desmáns cando eses líderes ou forma de política exercen o poder.
É posible que nas súas orixes a neutralidade informativa fose o seu obxectivo pero os avatares do tempo e os intereses particulares fixeron que cambiasen a ruta. Iso si. Pretenden seguirse chamando comunitarios (...)
27 de agosto de 2009
Pequenos monstros no Ollin Kan 2009, Vila do Conde.
Durante tres días (17, 18 e 19 de xullo) adiantando a súa cita respeito a primeira edición do pasado ano e coa banda sonora dun tempo algo revoltoso, músicos de diversos estilos e nacionalidades (e planetas) subironse a Nau pra embarcanos a tod@s na aventura das músicas do mundo até a madrugada.
De todo uvimos e ollamos, como ben poderedes corroborar nas fotos coas que vos deixamos. A imaxinar!
En vindeiras entradas máis madeira (isto é a guerra!)
Autor fotos: Pequeno monstro.
Lugares: Vila do Conde (Portugal, 2009).
Libre uso, mais indique autor e blog. Obrigado.
Os Pequenos monstros e o FMM de Sines 2009.
A finais do pasado mes de xullo aló estivemos os Pequenos monstros, dispost@s a nos deixar engaiolar polas augas atlánticas do sul da península ibérica.
Aquelas augas teñen a forza e a maxia das nosas, mais bañan unha terra que sempre xogamos a imaxinar coma unha elongación dunha Galiza normalizada.
Non poido máis que dizer que volverei. Ou mellor dito, volveremos.
Entre tanto, deixovos cunhas fotos tiradas na edición 2009 do Festival de Musicas do Mundo de Sines (FMM Sines) para que vexades que todo é ben certo. En vindeiras entradas falaremos da nosa parada na segunda edición do Ollin Kan (Vila do Conde) e mesmo doutras paragems.
Autor fotos: Pequeno monstro.
Lugares: Porto Covo, Sines e Lagoa de Sto. André (Portugal, 2009).
Libre uso, mais indique autor e blog. Obrigado.