Edición de Divertimento para pequenos monstros na que recuperamos unha conversa con Fran del Buey nas ondas de Radio Fene en 2001, verbo do proceso de desaloxo do Centro Social Autoxestionado Casa Encantada de Compostela, do que, naquela altura, fixemos seguimento en diversas edicións. Fran, falános entre outras cousas, de como a administración socialista de Sanchez Bugallo foi quen de modificar o Plano Especial de Proteción do Casco Histórico de Compostela co obxecto de especular no compostelán barrio do Sar, coa construción de vivendas de luxo a través dunha construtora. O centro social autoxestionado Casa Encantada, foi un exemplo de organización autónoma de coletivos de todo tipo na Galiza: PreSOS (dereitos), Ultreia (LGTBI), Negativo/Positivo (fotografía), Marcha Mundial das Mulleres (feminismo), Rádio Kalimera (medios libres)...
Emisión: Radio Fene, agosto 2002. Gravación conversa con Fran del Buey: abril 2001. Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
O día que o Pequeno Monstro abríu as portas da súa bodega e polo camino tomou uns "vinitos". Unha particular edición improvisada de Divertimento para pequenos monstros que hoxe recuperamos para vós, nun impresionante documento vinícola gravado para Radio Fene en 2004. O programa ábrese co micro-espazo "Bos días peregrino".
Voces e montaxe sonora: André Pequeno Monstro.
Músicas: varios dun compilatorio do selo estatal Animal Records.
En agosto do ano 2002 conducín en Divertimento para pequenos
monstros, en Radio Fene, un especial Movimento Antiglobalización con dous invitados da Coordenadora Anticapitalista de Ferrolterra, Antón de
Bernardo e Antón Vigo. Contextualizamos aquel programa, naquel interesante momento social dos primeiros anos 2000:
Atopamos as orixes máis significativas do boicot contra as
organizacións internacionais que fomentan diferencias entre países ricos e
pobres, durante unha reunión do FMI (Fondo Monetario Internacional) na cidade
estadounidense de Seattle (USA), entre novembro e decembro de 1999. Naquela
lugar tivo lugar a coñecida coma "Batalla de Seattle", o 30 de novembre daquel ano. Según o departamento de policía daquela cidade, a
manifestación contou con 40.000 participantes, sorprendendo aos organizadores. Foi
o comezo dunha serie de mobilizacions a coordinadas a nível mundial que se
activarían cada vez que os grupos de poder, e as súas organizacións, se reunían
para facer balanzo “das súas cousas”...
Cidades como Davos (Suiza), que acollía o Forum Económico
Mundial, Quebec (Canadá), Barcelona e, mesmo, Compostela serían o cenario de
moitas daquelas mobilizacións. En xuño
de 2001, en Barcelona 20.000 persoas se manifestaron convocadas polas
coordenadoras antiglobalización contra o Banco Mundial. Ao remate da
manifestación, que nun principio transcorreu en incidentes, houbo 32 detidos e
19 feridos. Aquelas protestas marcaron o punto de partida do rearme ideolóxico
da esquerda anticapitalista en todo o mundo.
Por outra banda, para dar forma a toda aquel movimento,
nacía en xaneiro de 2001, en Porto Alegre (Brasil), o Foro Social Mundial(FSM). Sería o primeiro e maior punto de encontró da sociedade civil mundial
para atopar solucións aos problemas do noso tempo, tentando construir
alternativas reais, baixo o lema “Outro mundo é posíbel”. Á aquela primeira
edición do FSM, acudirían 12.000 activistas de todo o mundo, e sería sería o
punto de partida doutros con periodicidade anual, ao longo do planeta. O Foro
Social Mundial inclúe a posibilidad de celebrar foros máis específicos,
rexionais ou locais, como así aconteceu co Foro Social de Ferrolterra, celebrado
o 23, 24, 25 setembro 2011 e cuxas charlas foron restransmitidas ao vivo, e gravadas, por Rádio Filispim, a radio libre de Ferrol activada en 2005, como
iniciativa local autónoma enmarcada na contrainformación.
A partir dun primeiro nodo xurdido
durante as mencionadas mobilizacións na cidade estadounidense de Seattle, se
crea unha red global de contrainformación denominada Indymedia,
cuxos principios hackers e anarquistas, son o coñecemento libre e
interación informativa de novas e opinión, antecediendo en certo modo a Wikipedia.
No aspecto económico, unha parte importante do movimento apostou por
vías alternativas ao corporativismo e autónomas ás vías estatalistas. É o caso da economía solidaria, que inclúe o comercio
xusto, a banca ética, o microcrédito
e empresas asociativas, entre otras actividades
propositivas.
As batallas contra o Tratado de libre comercio con Canadá
(CETA) e USA (TTIP) reavivarono espíritu No-Global, nos últimos anos, mais sen
chegar aos níveis de activismo dos anos 2000.
Trasladámonos a agosto de 2002, Radio Fene, Divertimento... Conduce: André, Pequeno Monstro.
(08/06/2001 - resubida)Divertimento para pequenos monstros, producido orixinalmente dende Radio Fene, 107.7 FM (EMUGA), con dous convidados especiais: Paco `Pestes´ García e Suso `Suciedad´, deconstrutores de poesía.
Un insólito cuestionario aos convidados abre este programa, preguntas que finalizan cunha hostia en directo ao Pequeno Monstro por parte de Ana Lucecú, feito insólito no panoráma radiofónico mundial. De fondo a música de La Orquesta de las Nubes.
Centrados no programa, Suso `Suciedad´(Manchita) lé ao vivo unha selección de textos/bomba da súa autoría: Amor de luna, Inmolación, Sexo o sé que no, Carta al secreto de la noche... Pola súa banda, Paco `Pestes´, lé textos do `Poemario de poética impura´ e do `Pequeño poemario bastardo´. As lecturas son ambientadas por unha selección musical acorde: La Orquesta de las Nubes, Diamanda Galas, Tom Waits ou Ciudad Jardín. Ademaís, ouvimos un tema Alberto `Truco´ Taboada, cuxa letra é autoría de Paco `Pestes´.
No último tramo do programa abrimos a axenda cultural de Ana Lucecú e para findar conectamos coa praza de Armas de Ferrol, donde Lupe Ces nos informou da concentración da Marcha Mundial das Mulleres contra da ocupación dos territorios do pobo palestiniano. A coordenadora da MMM de Ferrolterra súmabase así a unha convocatoria feminista mundial para visibilizar os, daquela, 34 anos de opresión do goberno sionista de Israel ao pobo palestiniano. Transcorridos 15 anos da emisión deste programa a ocupación dos seus territorios e a violencia contra deste pobo sen Estado, continúa. Conducen e apresentan: Ana Lucecú & Pequeno Monstro (08/06/2001). Control de son: Antonio (Rádio Fene).
Derradeiro [polo momento] capítulo da serie Oitenta Vinilos, dentro deDivertimento para pequenos monstros emitido orixinalmente en Radio Fene.
Nesta edición aparecéronse as músicas de: Tino Casal, Academia Parabuten, Paralisis Permanente, Gabinete Caligari, Décima Víctima e Ecodalia.
No capítulo de "incidencias sonoras" ouvimos o minimalismo da terceira xeración de Andrew Poppy e no de "cicloxénese local" a La Nev Diva [Colectivo La Nevera].
Con este capítulo fechamos a serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento, coa promesa que volver sumar novos capítulos nun futuro. Así que agardamos as vosas suxestións ao respeito en: radiomonstro[arroba]gmail.com ou comentando esta entrada.
Como sabedes iniciamos hai unhas semanas unha nova aventura, rescatando do pasado "radiotresero" a voz e reflexións de Agustión García Calvo, na serie Pensamento 3, así que procura no dial de Rádio Filispim, ou segue a nova seríe neste blog.
Máis novas en breve, aquí, onde paran os monstros. Fotos: Décima Víctima.
No noveno [e penúltimo] capítulo da serie Oitenta Vinilos, producida por Divertimento para pequenos monstros hai cinco anos para Radio Fene, escoitamos a música de:
- Sector B
- Polanski y el Ardor
E xa no panorama local ferrolterráqueo, dos dousmil, ouvimos a:
- La Nev Diva
- Traje de Saliva
- Nolotil + Soma
Actualmente Rádio Filispim xa non está a emitir esta serie, mais dado o exito de escoitas nos pod-cast da serie Oitenta Vinilos oferécemosvos os dous últimos capítulos da mesma, co anuncio de que non descartamos gravar unha nova tanda de programas nun futuro. Agardamos as vosas suxestións para ilo.
Polo de agora atoparedes todos os capítulos desta serie neste mesmo blog, procurando na etiqueta da marxe "Serie: Oitenta Vinilos".
Oitavo capítulo da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento para pequenos monstros.
No capítulo de hoxe pasámolo moi ben con Parálisis Permanente (Quiero ser santa, Heroes, Autosuficiencia e Quiero ser tu perro), Danza Invisible (Así marchamos a la Gloria), Tino Casal (Pájaros), Ariel Rot (Peces), La Mode (La Cólera e Panorama).
Xa no final do programa escoitamos referencias ao festival autoxestionado Fervesteiro [bairro de Esteiro en Ferrol] e ouvimos a música do local Herman Blues.
Ademáis ouvimos un pequeno extracto da gravación do II Conspirando por unha radio libre, que daquela [ano 2005] se celebrou no local da Fundaçom Artábria no mesmo bairro de Esteiro [Ferrol-Galiza]. O corte elixido é o final do concerto que deu o cantautor ferrolá Bladi. Naquel Conspirando actuaran ademáis os ferroláns Kobe e Misquious. Ao final da gravación podese ouvir a un tal P. Cunha facendo de animador, e a unha tal Paula ríndose por detrás.
Lembrar que aquel segundo Conspirando por unha radio libre, foi o último antes do comezo das emisións deRádio Filispim, no mes de agosto do ano 2005, por tanto, a radio libre e comunitária da Terra de Trasancos [que emite dende Ferrol], cumprirá en agosto deste 2010, cinco anos de emisións ininterrompidas. Agardamos dende Divertimento que isto teña unha celebración como ben se merece.
Non queremos marchar sen amosar a nosa ledicia pois o podcast doCap. 6 desta serie [adicado a Los Modelos, Episodio, Estación Victoria e Luna] foi ouvida até o día de hoxe 117 veces. Tan só agardamos que todas eses veces non fora ouvido por unha mesma persoa, non xa pola súa propia saúde mental senón polo tema de que o premio estivera ben repartido e bla, bla, bla.
Para escribir ao programa: radiomonstro [arroba] gmail.com
A vindeira semana máis aquí, onde paran os monstros.
Sétima entrega da serie Oitenta Vinilos, unha produzón Divertimento para Radio Fene realizada no ano 2005.
Neste capítulo escoitamos as músicas e os comentarios sobre: Dinarama, Paralisis Permanente, Cámara e Los Monaguilhos. Xa no final de Divertimeto para pequenos monstros, damos unha volta de torca máis ao cenario ferrolterráqueo [tremenda torca!] e ouvimos as músicas de Pinone e amigos [dúas versións de "El Campo de Fresas" e o tema "Tras las cortinas", na voz de Noelia Santos], Kobe e Misquious.
A vindeira semana máis e mellor, aquí onde paran os monstros. Polo de agora, podes ouvir todas e cada unha das edicións de Divertimento, en: - Ferrol e comarca, ao través de Rádio Filispim 93.9 FM: - Na comarca de Bergantiños, en Corme en Radio Roncudo 106.1 FM: - Vía web, neste blog e máis en: - Podgalego.com - Radio Filispim
Capítulo nº 6 da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento para pequenos montros, unha produzón orixinal para Radio Fene do ano 2005, e por tanto das últimas edicións de Divertimento antes de abandonar o buque fenes pola chalana filispiniana.
Neste novo número da serie escoitamos os vinilos oitenteros pop de: Episodio, Los Modelos, Estación Victoria, Luna e aproveitamos para seguir a catar a colleita dos oitenta do pop estatal, trinta anos despois.
Xa no final do programa retomamos a audición das músicas dalgúns dos numerosos e grandes grupetes locais do momento: Kobe, Misquious e Quant [os dous últimos, cinco anos despois, en plena forma canto a calidades e cualidades].
No vindeiro programa máis madeira oitenteira, aquí, onde paran os monstros.
Quinto dos programas da serie Oitenta Vinilos, que Divertimento para pequenos monstros realizou para Radio Fene no ano 2005.
Nesta edición ouviredes musicas tiradas das referencias do selo MR, quen nos primeiros oitenta editou en vinilo as primeiras cancións de grupos emblemáticos do pop estatal: Episodio, Los Pistones, Los Modelos...
Xa no final do programa dámoslle unha nova volta a torca do cenario local do momento, lembrando as músicas de Fer Pinone [do que, por certo, hai moito tempo que non temos novas, co moito que gostamos das súas produzóns], Kobe [grupo paralelo aos memorábeis Window Pane] ou …[a ver se adivinades quen é o último grupo que soa no programa].
Por certo, que o nº 4 da serie non o damos atopado, polo que non poderemos rescatar a primeira parte adicada ao selo MR, no que tantos grupetes do momento gravaron as súas primeiras maquetas.
A vindeira semana máis madera oitentera, aquí onde paran os monstros.
Terceira entrega da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento. Neste programa seguimos a pinchar a “cara b” do pop dos primeiros oitenta, ficando unha vez máis nas praias do levante estatal.
As conexións cos valencianos Glamour, sérvenos de excusa para entreter, aos nosos pequenos monstros, coas músicas de Última Emoción, Revolver, cos vinilos de Betty Troupe, as andanzas do cantautor pop Javier Bustamante con Remi Carreres ou as contiendas de Interterror.
Este programa foi producido para Radio Fene no ano 2005, ao igual que o resto da serie. Hoxe recuperámolo para Rádio Filispim [Ferrol], Radio Roncudo [Corme]e os amigos de Podgalego.
Segundo dos capítulos adicados a nova ola estatal, que estes días cumpre 30 anos, logo da emisión un 9 de febreiro de 1980 en TVE [Popgrama] do concerto colectivo homenaxe a Canito [Bateria de Tos].
Podedes ter acceso a unha parte dese documento, neste enlace, na que vos atoparedes coa presentazón de dous novos e intrépidos periodistas que co paso dos anos serían algo máis que dous nomes propios relacionados cos medios de comunicazón estatais: Carlos Tena [que hoxe vive en Cuba e colabora para Cuba Información] e Diego Manrique [hoxe Subdirector de Radio 3].
Neste novo episodio da serie Oitenta Vinilos de Divertimento para pequenos monstros, fazemos unha especial parada en Valencia, onde naqueles primeiros oitenta xurdían grupos coma mandarinas, que apuntaban cara un pop tinxido de tecnoloxía, sendo o levante berce do tecno-pop estatal, con grupos e discos que co paso dos anos teñen deixado unha fonda pegada en re-colectores e coleccionistas de plásticos.
No programa rescatamos algúns dos vinilos de Comité Cisne ou Última Emoción, grupos que non chegaron a trascender como aconteceu con outros do momento, por iso gostamos de lembralos aquí, entre monstros. A gravazón que ouviredes, ao igual que o resto da serie, foi producida para Radio Fene, no ano 2005.
Xa no final do programa volvemos á nosa realidade local escoitando a música maquetera dos ferrolás Quant, que trinta anos depois seguen a pensar en vinilo.
A vindeira semán un novo capítulo de Oitenta Vinilos, aquí, onde paran os monstros [de plástico].
Edición deDivertimento do ano 2005, realizada orixinalmente para Radio Fene, e que hoxe recuperamos para Rádio Filispim.
Con este programa comezamos unha serie de especiais adicados aos vinilos máis monstrosos da década dos oitenta, según o Pequeno Monstro, polo que nas vindeiras semanas deixaremosvos máis capítulos desta serie, que demos en chamar "Oitenta Vinilos".
Nesta ocasión ouvimos (e pinchamos) os vinilos de:
Los Esqueletos (Radio 222, Intrusos en mi jardín, Un poco de diversión).
Las Ruedas (Haciendo casas).
Minuit Polonia (Radio Rockola).
Proyecto Bronwyn (De memoria, Al margen)
Fernando Márquez (Unidad de destino).
Kiki Daki (Unidad de destino).
Nos últimos quince minutos do programa volvemos ao pretérito perfeito da nosa realidade local e ficamos co Colectivo La Nevera e o grupo La Nev Diva [xérmolo de Misquius].
A vindeira semana un novo capítulo da serie "Oitenta Vinilos", dentro dos históricos de Divertimento, aquí, onde paran os monstros.
En abril do 2003 a equipa de Divertimento para pequenos monstros, emitimos en Radio Fene unha batalla punk, protagonizada entre os grupos oitenteros e os daquela.
As hostes de ámbalas dúas xeracións déronse cita neste peculiar Divertimento para disfrute de tod@s os pequen@s monstros. Así un tras outro, comezando pola década dos oitenta, intercalados cos grupos dos 2000, desataron o kaos nas ondas hertzianas: Larsen, Aborigen X, TDK, Kuero, Eskorbuto, Kuraia, Dekadencia,Wowees, Los Trastos, Pumping Folk Band, Familia Real, Fiasko.
Podesdes lembrar aquila batalla no enlace que segue. Para a vindeira semana, máis madera do aquivo sonoro do Pequeno Monstro, aquí, onde paran os monstros.
No programa de hoxe recuperamos unha entrevista co historiador ferrolán Eliseo Fernández quen nos apresenta o libro:José López Bouza, do anarquismo ao republicanismo [Edicións do Castro, 2002].
A gravación do programa foi realizada nos estudios de Radio Fene [A Coruña] no mes de febreiro de 2003.
Ademáis, Eliseo, fálanos da importancia do movimento libertario ao longo da historia, así como da súa presenza na cidade de Ferrol, Galiza e Estado.
No transcurso da entrevista escoitamos unha colleita de cancións libertarias que nos deixou a historia contemporánea, que de seguro estremecerán a máis de un. Agardamos que así sexa.
Para a vindeira semana máis monstrosidades, aquí, onde paran os monstros.
UnDivertimentoAntitaurino. Así apresentaranse os Pequen@s Monstros, un 23 de marzo de 2001, na emisora local Radio Fene.
Nesta edición, tirada do arquivo sonoro, entrevistamos a Xosé Manuel Carreira do colectivo Crazy Cabeças do concello de Vedra, por mór do VI Festival Vedra Rock, nesta ocasion festival "antitaurino".
Ademáis, aproveitando a presenza dos Habeas Corpus naquela edición do ano 2001 do Vedra Rock, recuperamos unha entrevista a Miguel, vocalista do grupo madrileño, realizada o 26/01/2001, no descorrer doutro dos míticos festivais do noso país, o Treme a Terra de Pontedeume (A Coruña).
A vindeira semán seguiremos tirando do arquivo sonoro. Polo momento, podes ouvir todas e cada unha das edicións de Divertimento, en:
No área de Ferrol ao través de Rádio Filispim 93.9 FM: - Os xoves (quintas feiras) de 8 a 9 da noite. - Domingos de 10 a 11 da noite. - Martes (terzas feiras) de 2 a 3 da tarde.
Na comarca de Bergantiños, en Corme en Radio Roncudo 106.1 FM: - Terzas feiras de 1 a 2 da tarde.
No Natal do ano 2000, os monstros doDivertimentorealizamos un programa en Radio Fene, no que confesamos telefónicamente ao ferrolán José Feal, quen xunto a Victor Aneiros, andaban a argalla a primeira edizón do Ferrol Music. Un certame cuxa continuidade non callou, mais que forma parte da historia da iniciativa popular (no bon sentido da palabra) que de sempre houbo nos bairros desta cidade.
Aquela primeira edizón do Ferrol Music, desenvolveuse durante varios días do mes de decembro do 2000 no Cantón de Ferrol, e contou coa participación creativa dos seguintes grupos e solistas da comarca, algúns deles desaparecidos, outros incombustíbeis: Paloma Suanzes, Cachimonia, Victor Aneiros Blue Note Band, Durango Express, Julie Guravich Cuarteto, Jarry Navison Band, Los Trastones, Los Pacos, Entre Paréntesis, Riff-Raff, Consumatum Est, ou mesmo Wisdom.
Queremos con este programa fazer unha homenaxe a toda esa xente de Ferrol e comarca que adica ou adicou unha parte do seu tempo, de maneira desinteresada, a pór en marcha iniciativas dinamizadoras que apostan (e apostaron) polo de aquí, no caso concreto de Ferrol Music, pola sobresaínte canteira músical ferrolterráquea.
Como guinda final do programa, escoitamos unha entrevista que Ana Santiago (Lucecú), lle realizou a Julián Hernández, logo do concerto que naquel Natal do 2000 fixeron os Siniestro Total, no Pabillon de A Malata en Ferrol.
Na entrevista a Julián ponse de manifesto que o Pabillón de A Malata en Ferrol, non é o espazo máis axeitado para poder ouvir e disfrutar, un concerto de música "moderna", mais dez anos despois segue a ser a única opción que oferece o noso concello para estes eventos, semella que menos prioritarios que a "música culta". Esta cuestión non deixa de ser un anacronismo máis, tendo en conta o que estamos a falar: a intensa relación dos viciñ@s da nosa comarca con todas as músicas.
No programa, ademáis ouviredes algún "textículo" do Pequeno Monstro, interpretados pola Ana Lucecú e o propio Monstro: Movimento Lento, Confesión e Outono verbalizado. Agardo que tra-la súa escoita vos suba a temperatura, que falta fai con esta friaxe!!!
A vindeira semán seguiremos recuperando gravazóns do arquivo histórico de Divertimento. Mais, non marcho sen vos desexar a todas e todos unhas monstrosas e divertidas Festas!!!!
Estou sentadona beira dun río azulh, sen zapatos. Os meus pés son acariñados pola corrente e fáime cóxegas. Vexo salmóns, troitas e sinto como pasan entre as miñas pernas a toda velocidade, coma xogando entre os meus pés descalzos. Miro cara adiante e unha fermosa carballeira é difuminada por unha fonda néboa. Creo ter visto animaliños correteando. Algúns pasan moi perto de min. Paran ao chegar. Ao pouco disimulan, como si nada. Collen algunha bellota, algún outro froito do verde chao e voltan a toda velocidade cara ao frondoso bosque. Ule ben, a verde. No meu narís pousa unha bolboreta azulh. Fáime cóxegas. Penso que vou esbirrar. Mais, antes de que poida despréndese, fica leve a altura da miña faciana, sorrime a váise despacio voando lenta. Desaparece, desprendida.
Estou sentado na beira dun río azulh, sen zapatos. A min dame igual, porque me gosta...
Un estudio de radio pode converterse de súpeto nun parque outonado, nunha praia deserta de bañistas ou na mirada inocente dun neno. É imprescindíbel que de cando en vez sexa así, para disfrute dos aqueloutrados da radio.
Un 27 de outubro de 2000, unha tal Ana Lucecú e André Divertimento [coa colaboración no primeiro texto de Paulo Puntoeprincipio], interpretan os guións dun tal Pequeno Monstro.
A cuestión foi como segue: o Pequeno Monstro maquinaba en praias solitarias aqueles textos. Despois quedaba con Ana Lucecú no Mister ou no Café do Patín, en Esteiro. Ensaiban os textos e só ficaba procurar melodías infinitas que servirán de almofada a tanto verbo outonado.
O resultado foi o que segue neste programa. Para a vindeira semán máis follaxe.
Traje de Saliva foi un grupo que naceu en Vigo no ano 1998 baixo os auspicios espirituais de Mon Ninguén e Una Vena. Daquela, por cuestións laborais, Mon andaba por Ferrol e un bon día un tal Suso Suciedad presentoullo ao Pequeno Monstro. Ise foi o prinicipio do fin.
Traían baixo o brazo un mini cedé (Ep) titulado "El Cuerpo y la Ciudad" (1999) e o seu primeira duración "Mima" (2000). Con todo ese material os Pequenos Monstros decidimos que xa era dabondo, polo que secuestrámolos durante unha hora no estudio de Radio Fene, naqueles tempos refuxio do Divertimento.
Baixo o manto sonoro daqueles dous primeiros traballos de Traje de Saliva, un dezaséis de febreiro de 2001, cometimos unha entrevista-crime que comeza inocentemente (para despistar) e remata con preguntas do tipo:
- Sentídevos sós en todo isto? - Considerádevos uns intelectuais do mundo? - Vedes a televisión? - Que comedes normalmente? - Pensades que poderedes comer algún día das vosas músicas? - Enviariades a vosa música ao espacio exterior? - Que pensades das vacas tolas e todo iso?