30 de novembro de 2014

Divertimento - Especial Ría de Ferrol, o espertar dos peixes - 28/11/2014

Joám Luis Ferreiro (imaxe: http://www.greenpeace.org)

Especial "Ría de Ferrol, o espertar dos peixes". Nova edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros. Case dúas horas de opinión libre e valente na radio libre de Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Falouse, claramente, do estado de saúde da nosa Ría, dos recursos mariños, das Confrarías de Pescadores e as súas "autorizacións", da Consellaría de Pesca, dos Plans de Explotación, Asistencias Técnicas, Autoridade Portuaria, Forestal do Altlántico, Fábricas de Colas, Reganosa, Megasa, dos recheos e os cheiros (fedor), da formación náutico-pesqueira, do fenómeno crecente d@s traballadores irregulares da ría, dos misteriosos cursos de formación, do IGAPE, dos fondos FEDER (que tamén feden), de "Ferrol Container Terminal" e até dos muros físicos e sicolóxicos. Mais, tamén de futuro e esperanza, máis aló do "cenagoso" panorama actual.

Para todo isto, contamos no estudio con:
  •   Xaime, mariño mercante.
  •   Joám Luis Ferreiro (Cesio), Biólogo e integrante da SGHN (Sociedade Galega Historia Natural).
  •   Meli Criado, nautico pesqueira e "rebelde con causa".
* Tiveramos gostado ter presenza d@s traballadores irregulares da Ría de Ferrol, cuxa intervención no programa tentamos ao longo da semana, mais ao través dun dos seus representantes, anunciaron que non poderían participar.

Cara ao final do programa, tivemos comunicación cunha parte da "Columna Ferrolterra", integrada na Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, que logo de varios días de camiñada chegaron o 29-N a Compostela para participaren xunto a milleir@s de galeg@s  no "Toma o Obradoiro".

Apresentou e conduciu: Pequeno Monstro.



Grazas a Meli, Cesio e Xaime pola súas valiosas e valentes intervencións, nun tema tan "cenagoso" coma é o da Ría de Ferrol. Falar claro, sen cancelas, coa crítica e autocrítica precisa, é o primeiro paso para mudar a actual situación.

14 de novembro de 2014

Divertimento - Especial Marchas da Dignidade, 29-N. Toma o Obradoiro - 14/11/2014


O venres 14 de novembro de 2014, DIVERTIMENTO para pequenos monstros, realizou un especial "MARCHAS DA DIGNIDADE, 29-N. Toma o Obradoiro", en Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM.

Durante noventa minutos, falamos do por que deste movimento cívico cidadá en todo o Estado, particularmente no país galego, na nosa comarca e, claro, da convocatoria do vindeiro sábado 29-N en Compostela.  

No estudio da FilispiM, estiveron:
  • Daniel Melcón (coluna caranceria).
  • Santiago Lamelo (Fronte Cívico, Coruña).
  • Alberto Espiñeira (Marchas Dignidade Ferrolterra).
  • Marta González (coluna caranceira).
  • André Martínez (coluna caranceira).
  • Carme Cela (coluna caranceira).
Conduce e apresenta: o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9FM (Compostela).




+ info Marchas Diginidade 29N: https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

1 de novembro de 2014

Divertimento - Pablo Portero, mostra audiovisual - Especial "Crianza Natural"; alternativas ao ensino oficial - 31/10/2014

Parte das persoas participantes no especial "Crianza Natural."

Edición do venres 31/10/2014 de Divertimento para pequenos Monstros (Rádio FilispiM, 93.9 FM). Dúas horas de contiudos certamente monstrosos...

Neste programa:
  • Conversamos con PABLO PORTERO, quen proxectou unha mostra dos seus TRABALLOS AUDIOVISUAIS na noite de defuntos de 2014, en "El Cafeito de Gloria", R/Sol, 199 e nos falou dos seus proxectos máis inmediatos...
  • ESPECIAL "CRIANZA NATURAL (alternativas ao sistema educativo ofical das crianzas). Cris, Marta e Ana Rosa (nais de nen@s non escolarizdxs) e Ana (nai dun neno escolarizado a distancia), contáronnos as súas experiencias canto esta forma de xestión da educación d@s seus fill@s fóra das áulas, do sistema. Pola súa banda, Carlos de Franciso (sicólogo) e Gloria (mestre de primaria nun centro público) analisaron a cuestión desde un ponto de vista profesional entrando en conversa coas nais.


Apresenta: o Pequeno Monstro. Este programa non tiver sido posíbel sen a colaboración e o traballo de produzón previo de Ana Fernández.
Difunden: Rádio Radio Filispim 93.9FM e A Kalimera Rádio Livre
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...