Amosando publicacións coa etiqueta Serie: Centros Sociais Okupados [GZ]. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Serie: Centros Sociais Okupados [GZ]. Amosar todas as publicacións

17 de setembro de 2019

Divertimento - Conversa con integrantes do CSO A Estación de Pontedeume e CSO As Atochas de Coruña (9/12/2010)


(Resubida, 9/12/2010)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros de 9 de decembro de 2010, achegáronse ao estudio de Rádio FilispiM, dous integrantes da asemblea do CSO Casa das Estación de Pontedeume. Chini e máis Jesús, faláronnos desta centro social, autoxestionado e ocupado, tan cercano a nós.

Ademáis, tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO Casa das Atochas en A Coruña. Iste centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" polas institucións e tinglados comerciais. Así, o CSO Casa das Atochas é un referente, canto a xestión de social autoxestionado e ocupado, en pleno centro especulativo da cidade herculina. Mais, alguén non o entende así (semella que hai demasiada organización fóra da "organización"). A  chamada Xustiza ten dictada unha orde de desaloxo do Centro Social das Atochas, para o xoves 9 de decembro de 2010.  Máis información nestrouto Divertimento.

Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
Data: 9/12/2010
Emisión: Rádio Filispim, Ferrol.

Divertimento - Casa Encantada de Compostela. Conversa con Fran del Buey (2001)

Casa Encantada de Compostela (2003)

(Resubida, 04/2001)

Edición de Divertimento para pequenos monstros na que recuperamos unha conversa con Fran del Buey nas ondas de Radio Fene en 2001, verbo do proceso de desaloxo do Centro Social Autoxestionado Casa Encantada de Compostela, do que, naquela altura, fixemos seguimento en diversas edicións. Fran, falános entre outras cousas, de como a administración socialista de Sanchez Bugallo foi quen de modificar o Plano Especial de Proteción do Casco Histórico de Compostela co obxecto de especular no compostelán barrio do Sar, coa construción de vivendas de luxo a través dunha construtora. O centro social autoxestionado Casa Encantada, foi un exemplo de organización autónoma de coletivos de todo tipo na Galiza: PreSOS (dereitos), Ultreia (LGTBI), Negativo/Positivo (fotografía), Marcha Mundial das Mulleres (feminismo), Rádio Kalimera (medios libres)...

Emisión: Radio Fene, agosto 2002. Gravación conversa con Fran del Buey: abril 2001.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.


Imaxe: mobilización contra o desaloxo (fonte: Novas da Galiza)
Máis info: Rebelion.org

4 de xaneiro de 2019

Divertimento - Festival Mundial da Rabia, Chiapas - Concerto CSO As Atochas, Coruña - XIV Festival Treme a Terra, Pontedeume - 08/01/2009


(08/01/2009 - resubida)


Primeira edición de 2009 de Divertimento para pequenos monstros, en Rádio FilispM.

Contidos:

  •  A traxedia do pobo palestiniano.
  •  De sementes e colleitas, mensaxe do subcomandante insurxente Marcos.
  •  Primeiro festival da Digna Raiba en Chiapas (México), coa presenza de Pallasos sin Fronteras (Iván Prado).
  • O Hip-Hop comprometido dos G-Town dende Jerusalén (Palestina).
  • XIV Festival Treme a Terra de Pontedeume (A Coruña).
  • Concerto en apoio ao centro social laboratorio okupado "As Atochas", Monte-Alto (A Coruña).

Selección musical, comentarios e realización: André, Pequeno Monstro.
Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.

20 de agosto de 2018

Divertimento - Rádio Krime, unha nova fenda libre no dial da Coruña - 30/12/2008

(30/12/2008 - resubida)

Na última edición no 2008 de Divertimento para pequenos monstros en Rádio FilispiM, despedimos o ano comentando a actualidade das radios libres e comunitarias no mundo, Estado español... e en Monte Alto, Coruña.

 - O proxecto de normativa de radiodifusión elaborada polo Goberno Canario non contempla a concesión de frecuencias a radios que non sexan privadas e con ánimo de lucro, polo que as radios comunitarias fican fóra da convocatoria unha vez máis pese as recomendacións de AMARC (Asociación Mundial de Radios Libres e Comunitarias) y da propia Unión Europea quen na súa resolución do 25 de setembro de 2008 pedía o "recoñecemento legal aos medios de comunicación comunitarios (terceiro sector) como grupo definido, ao igual que se recoñece aos medios comerciais e públicos. A realidade en pleno século XXI no estado español deixa en evidencia o control do espectro radioeléctrico por parte de intereses privados e de control político.

- Ademáis, nos fixemos eco do primeiro Foro de Radios, inscrito dentro do Foro Social Mundial que se celebrará en Belém do Pará (Brasil) entre o 27 de xaneiro e un de febreiro de 2009. O primeiro Foro de Radios será un espazo de articulación que integrará o traballo de radios comunitarias, libres, cidadás, independentes, alternativas e populares, redes e colectivos radiais, conformando un proxecto de intercambio na produzón de información libre en diversos formatos, ao través do uso estratéxico das novas tecnoloxías. O Foro de Radios, instalará os seus estudios no corazón do FSM 2009, dende donde realizará unha cobertura internacional en vivo cunha programación multilingüe compartillada, que se transmitirá ao través de internet (streaming). Os arquivos de audio da cobertura en vivo e as produzóns
radiais (reportaxes e entrevista) estarán ao dispór en: www.foroderadios.org

- Por último, comunicación teléfonica con Lautaro, membro do Centro Social Okupado As Atochas, no bairro de Monte Alto en A Coruña. Este "laboratorio social" cumprirá un ano, de incesante actividade, no mes de marzo de 2009. A súa experiencia de artellamento dun espazo donde desenvolver actividades de xeito autoxestionado e libre se une as éivas dunha okupación estudada canto ao valor especulativo do recinto elixido para acoller todo ilo. Dentre os colectivos que se teñen xestado na propia casa esta a xente de Rádio Krime, que andan a pór os alicerces precisos para okupar e dignificar as ondas coruñesas, como proxecto de comunicación libre, pese aos administradores do espectro radioeléctrico e os monaguillos de turno. 

Aquí tedes o programa en dous audios:
1 - Corte da conversa con Radio Krime de Coruña.
2 - Audio completo do programa.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro. Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.

Imaxes tiradas por integrantes da asemblea do CS As Atochas, durante o taller de radio impartido por Rádio Kalimera (Compostela).

19 de febreiro de 2018

Divertimento - Centro Social Laboratorio Social Okupado, Monte Alto (Coruña) - 03/04/2008

CSO Laboratorio (Monte Alto). Fonte: Diagonal

(03/04/2008 - resubida)

Divertimento para pequenos monstros.

Nesta edición mantemos unha conversa telefónica con Virxilio Rodríguez, un dos activistas do colectivo coruñés A Cultura Preocupa, que nos primeiros meses de 2008 viñan de activar un novo centro social autoxestionado no bairro coruñes de Monte Alto (r/ Atocha Alta, 14), perto do xa consolidado CSA Atreu!.

Conduce: André, Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, libre de Ferrol.

14 de febreiro de 2014

DIVERTIMENTO - Marchas da Dignidade - XII Xornadas Libertarias, Ferrol - Sala Yago, reokupada - 14/02/2014

Edición do venres 14 de febreiro de 2014 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

Contiudos:
  • MARCHAS DA DIGNIDADE. No estudio persoas veciñas de Caranza que convocan unha Asemblea aberta o vindeiro luns co obxecto de crear unha "columna" que acuda as Marchas da Dignidade do 22 de marzo en Madrid. 
  • XII XORNADAS LIBERTARIAS da Unión Libertaria de Ferrol. No estudio integrantes de U.L. que falarán destas xornadas que se celebran dende o martes 18 até o sábado 22 de febreiro no Espazo Libertario, na Avda. de Esteiro, 10 - baixo. 
  • A SALA YAGO DE COMPOSTELA RE-OKUPADA. Falamos cun integrante da Asemblea deste espazo que foi este xoves recuperado para o uso e disfrute cidadanía compostelá e que xa ten axenda de actividades para os vindeiros días. 
  • Axenda Divertimento.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM, A Kalimera Rádio Livre e Cuac FM
Sintoniza o teu dial!!

17 de maio de 2013

DIVERTIMENTO - Lazos precisa axuda - Noelia Cotelo, privada de dignidade - IV Aniversario Casa Okupa Estación de Pontedeume - 16/05/2013


DIVERTIMENTO para pequenos monstros, edición do xoves 16/05/2013.

Dúas horas de raibosos contidos:
  • O Comité Antisida LAZOS de Ferrol precisa axuda para seguir mantendo o servizo de almorzos para quen o requira, pola súa situación de desamparo.
  • No estudio, integrantes da Casa da Estación de Pontedeume, comentan os actos do IV aniversario do CSO eumés. Ademáis falamos da coruñesa Noelia Cotelo, privada de liberdade e cuxa nai participará nun dos actos desta fin de semana.
  • A iniciativa popular "Valentín Paz-Andrade"; ollando cara a lusofonía. 
  • Axenda de concertos Divertimento.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Cuac FM (Coruña) e Rádio Kalimera (Compostela).

AUDIO DESPARECIDO DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLO EN BREVE.

11 de febreiro de 2013

DIVERTIMENTO - 15 anos Fundaçom Artábria - Rubén Artabe, canción - Documentario CSOs en A Corunha

Cantos divertimentos e cantos monstros...
Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do xoves 7 de febreiro de 2013.  Dúas horas de monstrosos contúdos:
  • Audio do documentario “CENTROS SOCIAIS OKUPADOS na PROVINCIA DA CORUÑA” apresentado o 28 de decembro de 2012 no CSO Palavea de Corunha.
  • Entrevista e concerto acústico do cantautor-pop ferrolá RUBÉN ARTABE.
  • Axenda de concertos Divertimento.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro [Rádio Filispim 93.9 FM, Ferrol. GZ].
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) e  Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).



Descarga aquí o programa completo con máis cualidade: Download episode (temporal)

Escoita aquí a entrevista a Vitor da Fundaçom Artábria:   
Ir a descargar

Ref. a esta entrada noutros blogs: http://virgenciega.blogspot.com.es/2013/02/la-aventura-en-radio-filispim-continua.html

23 de xaneiro de 2012

DIVERTIMENTO - Entrevista QUANT + Entrevista CSO Casa da Estación Pontedeume + Novas + Axenda

Edición do xoves 19/01/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Apresentan:
Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contiúdos:

- QUANT, powerpop ferrolterráqueo. Entrevista a Oscar Quant na presentación do seu novo cedé "Handmade, homemade".

- CSO CASA DA ESTACIÓN, Pontedeume. Actividades 2º aniversario. Entrevista a integrante da Asemblea da okupa eumesa.

- PERVERSIÓNS DEMOCRÁTICAS [Cap. IV]. "Fraga, ese demócrata" [Reaccións e sarpullidos varios].

- NOVAS MONSTROSAS: Centro Social Valcarcel Recuperado, Cádiz. Maratón RRLL apoio emisoras, Asturies. Cargas e detencións campaña #yonopago, Madrid. A SGHN e a Lagoa da Frouxeira, Valdoviño.

- AXENDA concertos.



Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

26 de novembro de 2011

DIVERTIMENTO - A policia okupa a Sala Iago de Compos + EMUGA [Radiofusión] no ponto de mira da Xunta de GZ + Que se coce no Porto Exterior de Ferrol?

Edición do xoves 24/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

CONTIDOS:

- A policia okupa a Sala Iago, previo desaloxo da mocidade activa. Música e coros: Conde Drogas [PP]

- EMUGA [Radiofusión] no punto de mira da DX de Medios da Xunta de GZ.

- Que se coce no "Porco" Exterior de Ferrol [Prioriño]? No estudio unha activista medioambiental da SGHN.

- Axenda Divertimento
, para desintoxicarnos.



Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

29 de abril de 2011

Divertimento - Conversa co espírito da CSO Casa das Atochas [logo do desaloxo] + Mariano de CUAC FM [concurso licenzas FM na GZ só para privadas]

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros [28/04/2011], donde Virxilio nos fala dende o espirito "santo" do Centro Social Okupado Casa das Atochas, logo do seu desaloxo legal, o pasado 12 de abril de 2011.

No final do programa tivemos unha conexión telefónica con Mariano de CUAC FM, dende A Zapateira. Ele cóntanos a recente publicación dun concurso para concesión de frecuencias en FM só para radios privadas, o que vai deixar as emisoras libres e comunitárias en franca indefensións, ao preverse unha ocupazón "legal" do dial e un perigoso movimento das radios privadas piratas.

No transcurso do Divertimento, escoitamos as músicas de: Sin Dios [Casa Okupada casa enkantada, La hoguera de la revolución, Alerta Antifa, Inmigrante ilegal], El Corazón del Sapo [La noche de los cristales rotos, versión dub], Habeas Corpus [Expresión directa] e Johann Sebastian Bach.

Ademáis recomendamos algúns eventos na comarca, dentre deles: IX Sesión Vermú para a autoxestión da radio libre que emite dende Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM, prevista para o o sábado 7 de maio de 2011 a partir das 12:00 do mediodía na traseira do mercado de Caranza. Rádio FilispiM emitirá un programa especial en directo coa intervención de todas.

AUDIO DESPARECIDO DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLO EN BREVE.

18 de marzo de 2011

Divertimento - Premios Mestre Mateo 2010, Pablo Portero [Audiovisual Galega] + Solidariedade co pobo xapones + 3º Aniversario Casa das Atochas

Edición do 17 de marzo de 2011 de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM].

CONTIDOS:
- Audiovisual Galega [Premios Mestre Mateo 2010].

- Audio da versión reducida da longametraxe documental: "Roger de Flor, Naturalidade Silvestre" [Carlos Alberto Alonso, 2010].

- Entrevista a Pablo Portero [guionista/escritor e director de cine]. Un ferrolá en Compostela.

- Conexión coa concentración en Ferrol en apoio ao pobo xaponés e polo feche das centrais nucleares.

- Conversa con Lucía, asemblea da Casa das Atochas en A Coruña [Xornadas de okupación e 3º aniversario].

Ademáis ouvimos música de: Portishead, Roger de Flor, Carrero Bianco, Erik Satie, Laurie Anderson, Aviador Dro, Miguel Ríos...

AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLO EN BREVE.

21 de xaneiro de 2011

Divertimento - Conversas con: Mariano e Diego [CUAC FM/ReMC], Antón [CSO As Atochas Corunha] e Xabier [CNT Ferrol] - 20/11/2011

Edición de Divertimento para pequenos monstros emitido en Rádio Filispim, 93.9 FM [Ferrol] o pasado 20/01/2011.

Contidos:

[1] Conversa con Mariano Fernández Cabarcos e Diego Fernandez de CUAC FM Corunha e ReMC [Rede Medios Comunitarios].

[2] Conversa con Xabi da asemblea da CNT - Ferrol diante da Folga Xeral do 27 de xaneiro de 2011.

[3] Entrevista a Antón, integrante da asemblea do Centro Social Okupado [CSO] Casa das Atochas de A Corunha. Todas as novidades logo da orde de desaloxo e manifestación na defensa deste espazo autoxestionado.

Escoita aquí o audio íntegro de Divertimento para pequenos monstros:

Descargar o audio
Escoita aquí a conversa con Xabi [CNT-Ferrol] convocándonos a participar na Folga Xeral do vindeiro xoves 27 de Xaneiro de 2011:

Descargar o audio
Escoita aquí a conversa con Antón [CSO As Atochas - Corunha]. Ultimas novas logo da orde de desaloxo e a manifa en na defensa deste espazo autoxestionado:

Descargar o audio
AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLO EN BREVE.

14 de decembro de 2010

Masiva asistencia a manifestación contra o desaloxo do CSO Casa das Atochas [A Corunha].

Tal e como anunciamos en anteriores edicións de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], o pasado sábado 11 de decembro de 2010 tivo lugar unha manifestación contra o desaloxo do CSO Casa das Atochas [A Corunha].

Déixovos cunha breve resenha e un fenomenal video elaborado pola xente de Galiza Contrainfo, cuxo portal vos recomendo.

"Centos de pessoas acudirom à manifestaçom convocada contra o desalojo do espaço okupado da Casa das Atochas. A marcha saiu do Campo de Marte para percorrer as ruas do centro da cidade, e rematou com ambiente de festa nos arredores da rua Atocha Alta onde está a okupa."

1 de decembro de 2010

Orde de desaloxo do CSO Casa das Atochas [Coruña] + Audio entrevista 30-12-2008


Chéganos este comunicado ursente do CSO Casa das Atochas en A Corunha. O vindeiro xoves 9 de decembro de 2010 podería ter lugar un intento de desaloxo.

Ao final do comunicado déixovos cun audio de Divertimento [30/12/2008], donde tivemos ocasión de falar con un dos integrantes da asemblea deste centro social de A Coruña.

Nas vindeiras edicións de Divertimento ampliaremos información.

Comunicado:

ALARMA! orde de desaloxo.

Xa están aquí![espertando o pesadelo].

Hai case 3 anos que comezou todo, hai case 3 anos que o asemblearismo, a horizontalidade e a autoxestión establécense nas nosas vidas como unha realidade, case 3 anos que desafiamos a lóxica probable do evidente, alcanzando así o principio dun longo camiño incerto, cuxo final está aínda por escribir.

Case 3 anos que a reafirmación persoal e colectiva duns principios de participación afloraron polos poros da nosa pel e tímidamente ameazan con romper a coraza de medo na que se foi convertindo, lentamente, o noso corpo.

Tres anos nos que a utopía do descoñecido vencía por fin á rutina condicionada e aplastante do cotián. Onde, por e para todxs, é sentida a significación máis profunda do «faino ti mesmx» creando así un espazo de desarrollo creativo político e social.

Tan só 3 anos…, como pasa o tempo…

Aínda se recorda como era todo antes; a frustración, a decepción, o non atopar nin o tempo nin o lugar… o non entender porque aquí era imposible o que en calquera outra parte era real. Qué malos tempos!

Pois ben, por fin séntese que o tempo é agora. Por fin séntese que o lugar é aquí.

Hoxe compréndese que só nós somos capaces de conseguilo. Que non necesitamos nin intermediarixs nin promesas que nos iluminen.

Por fin démonos de conta de que nas nosas mans están as rendas das nosas vidas e nos nosos corazóns os idearios de liberdade, de igualdade, de xustiza e de apoio mutuo.

Hoxe é agora, e agora é o momento. Hoxe por todxs e mañá tamén.

AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLOS EN BREVE.

Amosa o teu apoio ao C.S.O. Casa das Atochas entrando aqui:

Adhesión Colectivos: descarga
Adhesión Persoas humanas: descarga
Envía a túa adhesión a: contacto@asadasatochas.info
+ info en: http://www.casadasatochas.info

9 de xaneiro de 2010

Masiva asistenza a prol da Casa Okupa das Atochas en A Coruña.

Tiramos a seguinte información da web reganosademolizon, verbo da casa okupada do bairro das Atochas en A Coruña, da que vos demos voa conta en Divertimento para pequenos monstros, dende a súa ocupazón, ao través das ondas de Rádio FilispiM.

Pola parte dos monstros, damos voa conta de que a asistencia a esta manifestación foi sorprendente, xa que fomos testemuñas dela, pese ao silencio informativo ao respeito por parte dos mass-media "convencionais".


"Seguen a aparecer vídeos e fotos da magnífica manifestación do sábado 26 de decembro de 2009, contra o desaloxo do Centro Social Okupado Casa das Atochas, de Coruña. Para que non quede dúbida do apoio social que suscita este centro social okupado e autoxestionado, engadimos o que nos vai chegando. Que teñan claro que si, finalmente, veñen a desaloxar este centro social, non lles vai saír de balde."


De gzvideos.info:


"Este passado 26 de dezembro umha manifestaçom em apoio ao CSO A Casa das Atochas percorreu as ruas do centro da Corunha ante a ameaça de desalojo à que se enfrenta este centro social okupado, que leva funcionando desde o 14 de março de 2008 no bairro de Monte Alto."

13 de marzo de 2009

Divertimento para pequenos monstros 12/03/2009 - Radio FilispiM 93.9 FM

Nesta edición de Divertimento falamos de:

- O primeiro álbum de QUANT, que baixo o título New Adventures in Full Colour, apresentanos unha chea de cancións sustanciadas no pop máis xenial. O disco podédelo mercar, ou "curiosear" pinchando en www.quantweb.tk. No planfetiño que acompaña o cedé hai agradacementos para unha chea de xente de Ferrol, o mundo e incluso outros planetas (dentre deles Rádio FilispiM, dentro de cuxa selección músical non faltan as melodias de Oscar QUANT e compaña).

- Por mór do 17 aniversario de Tas-Tas Irratia, unha das radios libres de Bilbo, falamos desta e máis de Irola Irratia.

- Primeiro aniversario da okupación do centro social autoxestionado, CSA Laboratorio Social As Atochas, en A Corunha. Xa coñecedes deles pola moitas referencias e entrevistas que lles realizamos en Divertimento, Rádio FilispiM. Desta amplificamos o interesante programa de actos para celebrar o primeiro ano da okupazón deste espazo liberado na cidade herculina. Serán dúas semanas de música, teatro, cine e palestras. A destacar o Encontro Aberto de Centros Sociais, previsto para o sábado 14 de marzo de 2009. Máis info en: http://aculturapreokupa.blogaliza.org/

- VI CONSPIRANDO, por unha radio libre. Vai ser no mesmo Inferno (Praza do Inferniño, Ferrol), o xoves "santo" 9 de abril de 2009. Estes do Colectivo Opaíí-Rádio Filispim, andan a procurar a excomuñón. Entre tanto seguen a conspirar. Máis info en www.opaii.blogspot.com

A disfrutar do audio. E, como sempre, podes deixar as túas impresións no apartado "comentarios", ou escribir a radiomonstro (arroba) gmail.com

Descargar o arquivo
AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLOS EN BREVE.

27 de febreiro de 2009

Segundo asalto: Centros Sociais Autoxestionados na Galiza.

Segundo programa especial sobre o movimento de centros sociais autoxestionados (CSA) en Galiza.

En outubro do ano 2002, Divertimento para pequenos monstros, producía un novo especial que daba continuidade á entrevista que mantiñamos un ano e meio antes con Fran del Buey, do CSA Casa Encantada de Compostela.

Nesta ocasión dende a Casa Encantada nos comentan máis sobre a singularidade deste centro social, estabelecemos unha conexión con Xacio da lexendaria Casa Okupa da Ría en Oleiros e mantemos unha conversa con Keke do CSA Mil Lúas de A Coruña.

Tres centros socias, tres, que hoxe en día non existen, aló menos tal e como os coñeciamos nalquel momento. Decimos isto xa que é moi probábel que aqueles protagonistas cos que mantivemos as conversas, naqueles primeiros noventa, estean hoxe en día dando vida novos espazos liberados. O propio CSA Laboratorio Okupado As Atochas no Bairro de Monte Alto (A Coruña), é bon exemplo da vixencia do citado movimento, mais deste espazo xa tivestes boa conta noutras entradas deste blog e na propia Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Para nós, estes audios se teñen convertido nuns documentos que describen na voz dos seus protagonistas, como funcionaban tres centros socias (que non os únicos) aos que puidemos achegarnos os pequenos monstros, naqueles anos, cando este Divertimento se emitía ao través das ondas da radio pública local Radio Fene 107.7 FM, que por certo remata de cumprir neste 2009, nada máis e nada menos que 25 anos de emisións ininterrompidas.

A disfrutar do audio!!!
Descargar o arquivo

AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLO EN BREVE.

Foto: cartaz da okupazón simbólica da Panificadora. Vigo, maio de 2007

20 de febreiro de 2009

Espazos liberados na Galiza: Casa Encantada de Compostela.

Un 17 de xuño de 2003 , un tal Susinho redifundía ao traves dá rede un comunicado que comezaba do seguinte xeito: "Acaban de iniciar o derrubo (ilegal, segue lendo) da Casa Encantada. Estamos no tellado impedindo cunha acción non violenta do mesmo e estámolo conseguindo. Necesitamos o teu apoio, pregunta no concello se é certa a información en prensa e advierteles das responsabilidades legais, pregunta por Ramón Lueje responsable de Urbanismo..."

E así foi. O concello de Santiago de Compostela da man do socialista Bugallo, sentenciaba a golpe de paleadora un dos centros sociais autoxestionados e okupados mais importantes do país galego que levaba funcionando dende o ano 1991.

Antes da súa desaparición, entre os anos 2001 e 2002, Divertimento para pequenos monstros realizou algúns programas especiais ao respeito do por aquela movimento de autoxestión e okupación de locais sociais na Galiza. Hoxe recuperamos o primeiro deles no que entrevistamos a Fran del Buey, un dos integrantes da asembleia da por entón Casa Encantada de Compostela nun audio que co paso dos anos ten pasado a ser un documento.

Por entón, Divertimento para pequenos monstros se emitía na lexendaria radio municipal Rádio Fene (hoxe Radio Fusión) radio senlleira dentro das municipais da Galiza. De feito Divertimento naceu en Rádio Fene, se ben é certo que tambén posou polas ondas da ferrolá Radio Kaos, universitaria da que algún día falaremos nun especial que se podería titular "como ser universitario, cargarse unha radio universitaria e non morrer no intento".

No vindeiro Divertimento daremos cotinuidade a este especial aos centros autoxestionados daqueles primeiros noventa no noso país, con novas entrevistas a integrantes da Casa Encantada de Compostela, a membros da lexendaria Casa Okupa da Ría en Oleiros (A Coruña) ou mesmo do Centro Social Mil Luas de A Coruña.

Hoxe en día, todos estes centros sociais non existen, mais forman parte da historia e a experiencia daqueles pionerios e que hoxe queremos compartillar con todos vós.

Pequenos monstros, a disfrutar do documento.

Descargar o arquivo
AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLOS EN BREVE.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...