Amosando publicacións coa etiqueta Terceiro Sector Comunicación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Terceiro Sector Comunicación. Amosar todas as publicacións

20 de agosto de 2018

Divertimento - Rádio Krime, unha nova fenda libre no dial da Coruña - 30/12/2008

(30/12/2008 - resubida)

Na última edición no 2008 de Divertimento para pequenos monstros en Rádio FilispiM, despedimos o ano comentando a actualidade das radios libres e comunitarias no mundo, Estado español... e en Monte Alto, Coruña.

 - O proxecto de normativa de radiodifusión elaborada polo Goberno Canario non contempla a concesión de frecuencias a radios que non sexan privadas e con ánimo de lucro, polo que as radios comunitarias fican fóra da convocatoria unha vez máis pese as recomendacións de AMARC (Asociación Mundial de Radios Libres e Comunitarias) y da propia Unión Europea quen na súa resolución do 25 de setembro de 2008 pedía o "recoñecemento legal aos medios de comunicación comunitarios (terceiro sector) como grupo definido, ao igual que se recoñece aos medios comerciais e públicos. A realidade en pleno século XXI no estado español deixa en evidencia o control do espectro radioeléctrico por parte de intereses privados e de control político.

- Ademáis, nos fixemos eco do primeiro Foro de Radios, inscrito dentro do Foro Social Mundial que se celebrará en Belém do Pará (Brasil) entre o 27 de xaneiro e un de febreiro de 2009. O primeiro Foro de Radios será un espazo de articulación que integrará o traballo de radios comunitarias, libres, cidadás, independentes, alternativas e populares, redes e colectivos radiais, conformando un proxecto de intercambio na produzón de información libre en diversos formatos, ao través do uso estratéxico das novas tecnoloxías. O Foro de Radios, instalará os seus estudios no corazón do FSM 2009, dende donde realizará unha cobertura internacional en vivo cunha programación multilingüe compartillada, que se transmitirá ao través de internet (streaming). Os arquivos de audio da cobertura en vivo e as produzóns
radiais (reportaxes e entrevista) estarán ao dispór en: www.foroderadios.org

- Por último, comunicación teléfonica con Lautaro, membro do Centro Social Okupado As Atochas, no bairro de Monte Alto en A Coruña. Este "laboratorio social" cumprirá un ano, de incesante actividade, no mes de marzo de 2009. A súa experiencia de artellamento dun espazo donde desenvolver actividades de xeito autoxestionado e libre se une as éivas dunha okupación estudada canto ao valor especulativo do recinto elixido para acoller todo ilo. Dentre os colectivos que se teñen xestado na propia casa esta a xente de Rádio Krime, que andan a pór os alicerces precisos para okupar e dignificar as ondas coruñesas, como proxecto de comunicación libre, pese aos administradores do espectro radioeléctrico e os monaguillos de turno. 

Aquí tedes o programa en dous audios:
1 - Corte da conversa con Radio Krime de Coruña.
2 - Audio completo do programa.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro. Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.

Imaxes tiradas por integrantes da asemblea do CS As Atochas, durante o taller de radio impartido por Rádio Kalimera (Compostela).

12 de abril de 2015

DIVERTIMENTO - Ruben Artabe_proxecto Cataratas + Especial Post Conspiratorio - 10/04/2015

Carrero Bianco no VII Conspirando  (03/04/2015)

Edición do venres 10 de abril de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio Filispim, 93.9 FM.

Na primeira media hora visitounos RUBÉN ARTABE, quen dentro do seu proxecto "CATARATAS" vén de gravar unha nova peza musical, "A los ojos de los demás"; nola interpretou en directo, ademáis dunha outra peza en exclusiva mundial. Ademáis, acompañando no estudio a Rubén estivo Maca.

Nas páxinas centrais do programa tivemos un Especial POST-CONSPIRATORIO.
Un respaso ao acontecido no "VII CONSPIRANDO por unha radio libre" o pasado 2 de abril, cun adianto da gravación dos tres concertos na Super 8. Escoitamos parte das actuacións de Saravá Criôlo (Indio e Lidia), SkyHooks (no seu debut) e Carrero Bianco, todos ao vivo no Conspirando. Este audio cuxa duración total é de 3 horas poderá ser ovido íntegro en breve, sen interrupcións, no tempo de "Programas Especiais" da Rádio FilispiM.

No estudio Ana Lucecú, sobre quen pivotou a grande parte da organización do VII Conspirando, Fran Perez (Sonido Emergente) e o Pequeno Monstro, comentaron os recortes sonoros do Conspirando que fomos seleccionando.

Apresentaron e conduciron: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Trasancos) e Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela)

30 de marzo de 2015

DIVERTIMENTO - Especial 10 anos de emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre de Ferrol - 30/03/2015

Imaxe do "metro cadrado", primeiro estudo da Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán.

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 27 de marzo de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria de Ferrol.
ESPECIAL 10 ANOS DA RÁDIO FILISPIM e 12 DO COLECTIVO OPAíí!!

Durante dúas horas lembramos os momentos máis sinalados do Colectivo Opaii!, dende os seus alicerces, en outuno de 2003, pasando polas primeiras festas e actividades para recadar fondos, o momento da activación da primeira radio libre da comarca en agosto de 2005, as seis anteriores edicións do festival "Conspirando por unha radio libre", até chegar ao ano 2015, no que Rádio FilispiM cumpre 10 anos de emisións e celebra a VII edición do CONSPIRANDO.

Durante o programa contamos coa colaboaración especial de Juanillo (Trash Rock) e na segunda hora cos testemuños do noso compañeiro Cholo. Comentamos anédotas e ouvimos documentos sonoros da radio.

Na última hora tivemos comunicación telefónica con algunhas das persoas, animais e cousas que darán vida VII CONSPIRANDO POR UNHA RADIO LIBRE.
  • Pepe Cunha, do Colectivo Opaíí! 
  • Quincho e Carlota, de Carrero Bianco. 
  • Oscar Quant, integrante dos SkyHooks. 
  • Cris Moreira, actriz presentadora do VII Conspirando. 
... a nosa compañeira Espe (Sons Revela2) tamén nos deu a última hora dende o estudio.

O VII Conspirando, fáise en celebración 10º aniversario da FilispiM, mais tamén para o autofinanciamento da radio, que como sabedes non pide subvencións nen emite publicidade na procura da máxima independencia. A festa celebrarase o xoves “santo” 2 de abril, a partir das 22:00 h. na sá Super 8 de Ferrol, coas actuacións de: Saravá Criolo (música brasileira), Carrero Bianco (synth pop) e Skyhooks (bastket roll). O festival será animado pola actriz, Cris Moreira. Todas as persoas, artistas e grupos participantes no VII Conspirando colaboran desinteresadamente co Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Apresentan: Ana Lucecú e Pequeño Monstro. Convidado especial: Juanilo “Trashrock”. Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Trasancos) e Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).


Todos os Divertimentos en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

Rádio FilispiM celebra 10 anos de emisións co VII CONSPIRANDO por unha radio libre.


       Audio promo do VII Conspirando  

O Colectivo Opaii! celebra os 10 anos das emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM, con diversos actos, dentre deles a reactivación dun clásico dos xoves "santos" ferrolterráqueos, o Conspirando por unha Rádio Libre, na súa VII edición. Apresentado e animado pola actriz Cristina Moreira, contará coas actuacións dos grupos da comarca: SARAVÁ CRIÔLO (Música brasileira), SkyHookS (Basket-Roll Band) e CARRERO BIANCO (Synth pop).

Durante os concertos haberá petiscos, sorteo de estupendas camisolas filispinianas e até un photocall...

Entrada: 5€ (para a autoxestión da radio). Apertura portas: 22:00 hrs. Sala Super 8 (R/ Real). Ferrol. Non o podes perder... Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1559033914362272/

5 de febreiro de 2015

Este sábado 7 de febreiro ás 7 do serán no Ateneo, "FilispiM vai cumprir 10 anos".


Este sábado 7 de febreiro de 2015 a partir das 7 do serán, o Colectivo Opaii! volve ao Ateneo Ferrolán, cunha nova edición do ciclo "FilispiM vai ...", nesta ocasión adicado ao aniversario da principal actividade do Colectivo Opaii!, a Rádio FilispiM.

"FilispiM vai... cumprir 10 anos".

Durante a gravación do programa de radio lembraranse os alicerces do proxecto, falarase do presente e do futuro. Ademaís, haberá música ao vivo da man da banda ferrolá Weather Underground (pop/rock) e o dúo Indio & Lidia Pinheiro (sons brasileiros).

No transcorrer da festa de aniversario, apresentaranse as novas camisolas e chapas, conmemorativas do 10 aniversario, realizadas para a ocasión en unidades limitadas. A entrada é de balde.

Programa de actos conmemorativo do 10º aniversario das emisión da Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Durante este 2015, levaranse a cabo outros actos conmemorativos, coma un Ciclo de Cinema adicado as radios libres e comunitarias; retomarase o festival Conspirando por Unha Radio Libre (en xoves "santo"), unha Exposición dos 10 anos da FilispiM e, mesmo, unhas Xornadas de Medios Libres. A práctica totalidade deste actos celebraranse no Ateneo Ferrolán, pola súa complicidade e vinculación fundacional co proxecto da activación da primeira radio libre e comunitaria (terceiro sector) da Terra de Trasancos.

Seguiremos informando... Ficades tod@s convidad@s.
(nota achegada polo Colectivo Opaii!!)
(Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/367768726681325/?pnref=story)

8 de abril de 2014

Rádio FilispiM nominada aos premios Luceira de Comunicación Social.



O Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM vén de ser nominado aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia.

Convocados por a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento xunto coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz(ACPP), coma entidades do Terceiro Sector que apostan por iniciativas de comunicación con vocación social.

"O obxectivo dos Premios Luceira é visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade. Ademais, con este premio pretendemos motivar aos distintos medios de comunicación galegos a reflexionar sobre o tratamento informativo que están a dar actualmente sobre as temáticas sociais, aquelas que afectan directamente ás vidas das persoas."

Como votar pola candidatura de Rádio FilispiM?. Até o 30 de abril podes votar ao través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1QuGvMx9tvQj78420_sUDCkekoWWQjZDOtcRpD-8gBTc/viewform

+ info da convocatoria: http://galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=noticias&id=not20140404103010

Difunde esta nova!!

Obrigad@s e saúde!

18 de xaneiro de 2014

DIVERTIMENTO - Colectivo Ceivar, Asociación Que Voltem para a Casa & nova Asemblea de Radios Libres no Estado español - 18/01/2014


Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 17 de xaneiro de 2014, dúas horas de monstrosos contiudos...
  • No estudo dous integrantes do organismo popular anti-represivo CEIVAR, que nos falan da situación de acoso a que se ven sometidos @s independentistas no noso país e do espallamento anti-constuticional das persoas presas políticas galegas ao longo do Estado.
  • Ademáis falamos da Asociación Que Voltem para a Casa, formada por familiares, amigos e amigas dos pres@s políticos galegos, verbo da VIII Marcha ás Cadeias que baixo o lema "Até que nom voltem eles iremos nós",  partiu o sábado 18 de xaneiro de diversos pontos do país até as cárceres espalladas por todo o Estado.
  • Por último, falamos con J.M. Marshall, un dos integrantes de Rádio Topo, lexendaria radio libre de Zaragoza que forma parte, xunto a unha dúcia de emisoras, dunha nova Asemblea de Radios Libres no Estado español que na súa constitución, o pasado mes de novembro en Zaragoza, retomaron os principios do Manifesto de Villaverde, asumido polas radios libres en 1983: "carácter non profesional, autoxestión, servizo á comunidade, contra o monopolio e centralización da información, difundir a realidade, enfrontamento radical contra todo tipo de relación social de dominación e aposta por unha forma de vida alternativa á actual..." (texto completo no enlace).
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emiten: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Coruña).

11 de setembro de 2013

Comeza a nova grelha de Rádio FilispiM, 2013/2014

O inicio das emisións da novena grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM será o sábado 14 de setembro a partir das 12:00 h. na traseira do Mercado de Caranza, no trancurso da XIV Sesión Vermú. Contará coas voces protagonistas da nova grella 2013/2104, nun programa especial que se emitirá en directo, dende as 12:00 h. do mediodía. A festa da radio acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio. Como xa é habitual, o principal instrumento do Colectivo Opaii!, Rádio FilispiM, oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para participar da radio.

As persoas interesadas deben enviar as súas propostas radiofónicas ao enderezo filispina@gmail.com No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, se atopa toda a información relativa ao mesmo. Rádio FilispiM, é unha radio libre e comunitaria enmarcada no terceiro sector da comunicación, integrada na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (ReGARLIC) e na Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC),  que vén de cumprir oito anos de emisóns ininterrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que no trancurso destes case nove anos, pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca. Grazas pola difusión!.

5 de xullo de 2013

DIVERTIMENTO - CUAC FM recurre concurso licenzas Xunta - Galiza Ano Cero TV - Axenda festivais vrao - 04/07/2013


Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do xoves 4 de xulho de 2013.

Coma sempre, dúas horas de monstrosos CONTIUDOS: 

  • Conversa con Mariano Fernández Cabarcos (Cuac FM, comunitaria de A Corunha), quen nos conta a actualidade do recurso apresentado ao último concurso de licenzas de FM na Galiza.
  • Campaña de Verdegaia contra o atropelo nas estradas da fauna salvaxe. 
  • Axenda de festis de vrao no País galego. 

Apresentan: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

Emisión:  Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra). Cuac FM, 103,4 FM (A Coruña). Rádio Kalimera, 107.9 (Compostela).



23 de agosto de 2012

Acción reivindicativa de CUAC FM ante o "reparto" de frecuencias en FM da Xunta de Galicia

Informa CUAC FM, radio comunitaria de A Coruña:

¿Cal é a situación?
A Xunta de Galicia convocou o 30 de xullo —vaia data—, o concurso de licenzas para a FM (bases completas en http://medios.xunta.es) co que vai repartir todas as frecuencias de FM que pode, excluíndo explícitamente que esas licenzas podan destiñarse a Servizos Comunitarios de Comunicación Audiovisual Radiofónica sen ánimo de lucro —Radios Comunitarias— (base primeira das bases do concurso, segundo parágrafo).

Consideramos que ista decisión é arbitraria, xa que non se xustifica na convocatoria. E ademáis segundo o noso criterio, conculca a legalidade vixente, imposibilitando o seu cumprimento actual, coma di a Ley General de Comunicación Audiovisual 7/2010:

CAPÍTULO I. LOS DERECHOS DEL PÚBLICO. Artículo 4. El derecho a recibir una comunicación audiovisual plural. 1. Todas las personas tienen el derecho a que la comunicación audiovisual se preste a través de una pluralidad de medios, tanto públicos, comerciales como comunitarios que reflejen el pluralismo ideológico, político y cultural de la sociedad. Además, todas las personas tienen el derecho a que la comunicación audiovisual se preste a través de una diversidad de fuentes y de contenidos y a la existencia de diferentes ámbitos de cobertura, acordes con la organización territorial del Estado. Esta prestación plural debe asegurar una comunicación audiovisual cuya programación incluya distintos géneros y atienda a los diversos intereses de la sociedad, especialmente cuando se realice a través de prestadores de titularidad pública.

Entendemos que ademáis, apraza de xeito indefinido o exercicio dun dereito fundamental: o dereito a comunicar:

Constitución Española: Artículo 20. Se reconocen y protegen los derechos: a) A expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones mediante la palabra, el escrito o cualquier otro medio de reproducción. d) A comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión. La Ley regulará el derecho a la cláusula de conciencia y al secreto profesional en el ejercicio de estas libertades.

Xa que a Xunta non ten capacidade para sacar a concurso máis licenzas (non lle quedan) depende de que o Goberno central faga una nova planificación, con data indeterminada.
Cuac FM fundouse no ano 1996 e a primeira cousa que fixo foi solicitar da Xunta de Galicia unha licenza de FM de caracter cultural, dacordo ca legalidade vixente daquela. A Xunta remitiunos, coma agora, a un futuro Plan Técnico, que o estado emitiu ¡no 2006! e que deu á Xunta as licenzas que agora, ¡¡no 2012!!, saca a concurso excluíndo do seu ámbito aos medios comunitarios.

As leis vixentes son outras na actualidade, e máis favorables, pero a actuación da administración segue a ser a mesma: obvia ós medios comunitarios.

Nós pensamos que isto é un erro, e que ademáis vai contra a lei, e por iso [...]
[texto completo en: http://cuacfm.org/licenzafm/ ]

Video campaña informativa:

CUAC FM goteo.org - GALEGO from Aira Studio on Vimeo.
 
Audio completo rolda prensa CUAC FM [22/08/2012]:
Ir a descargar

Máis info en: 
- Cuac FM
- Radio Klara [Valencia] 
- Radio Malva [Valencia]
- Xornalistas.org
Galicia Confidencial
- Praza Pública
- La Opinión 
- El Ideal Gallego
- Legislaciones.item
- El País
- Emisoras Comunitarias [...]

29 de xuño de 2012

DIVERTIMENTO - Radio Contrabanda [BCN] - Amparo Arias [Limodre], "Todo lo que no pasó" - La Voz de Galicia, hiper-untada pola Xunta.


Edición do xoves 28/06/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Último programa da grelha 2011/2012. Volvemos en setembro; grazas pola vosa complicidade ;)

Contiúdos:

- Novas: O asasinato machista da nosa veciña Iria. Carta dun funcionario ao Director de La Voz de Galicia, o xornal "independente" máis untado da historia pola Xunta.

- Entrevista con Ernesto Che Majara de Rádio Contrabanda de BCN. Ante o acoso de Generalitat de Catalunya as súas emisións, libres e non subvencionadas.

- Entrevista a Amparo Arias [Limodre-Fene]. Apresentando o seu álbum "Todo lo que no pasó".

- Novas: concentración fronte ao Concello de Ferrol denunciando novos e suntuosos gastos na Praza da España. Conexión telefónica  coa nosa compañeira filispina, Lorena Calaza.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.






Entrevista con Ernesto Che Maraja, Rádio Contrabanda [BCN]:
Ir a descargar


Entrevista con Amparo Arias  [Limodre], "Todo lo que no pasó":
Ir a descargar


Divertimento no Facebook.

4 de novembro de 2011

DIVERTIMENTO - Radio Sele + Mani Defensa emprego, Ferrol + Pablo Portero + Carrero Bianco

Edición do xoves 03/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:
- RADIO SELE a radio Comunitaria de Oviedo que transmite en bable, silenciada polo PSOE. Conexión telefónica con Asturias.

- MANIFESTACIÓN COMARCAL en defensa do emprego e o sector naval [domingo 6 de novembro, Inferniño, Ferrol]. Conexión telefónica con Manuel Grandal, Secretario Comarcal CIG.

- ENQUISA A PÉ DE RÚA: "Sabe da manifestación en defensa do emprego e o sector naval en Ferrol?. Síntese convocad@?" [-> audio editado do programa en reprodutor ao pé].

- PABLO PORTERO. Do "Outono de Cine" ao "Inverno do Concello de Ferror".

- CARRERO BIANCO. Electropop. Toma de tensión ao grupo na súa totalidade, no estudio.

- AXENDA DE CONCERTOS da comarca.

Divertimento e @s monstros estamos no
Facebook.



22 de maio de 2011

Programa especial encontro ReGARLIC [Ferrol, 21-05-2011]

Programa especial gravado o 21 de maio de 2011 cara as 16:00 h, logo da asemblea da ReGARLIC [Rede Galega de Rádio Livres e Comunitárias] celebrada en Caranza-Ferrol, no local de Rádio FilispiM.

Na asemblea da ReGARLIC participaron as emisoras: Rádio Piratona [Vigo], Radio Roncudo [Corme], Cuac FM [Corunha] e Rádio FilispiM [Ferrol-Trasancos].

Logo do xantar os integrantes Rádio Roncudo [Juanito], Cuac FM [Manu e Lolo] e Rádio FilispiM [Iago, Miguel, Pablo, Cholo e o Pequeno Monstro], conversaron nas ondas de Rádio FilispiM, 93.9 FM, verbo dos acordos tomados e outras cuestións.

Este é o audio dese programa especial:



Descargar o audio

24 de marzo de 2011

Xornadas "Alterando o Normal" de Cuac FM

Rádio FilispiM estará o luns día 28 de marzo na mesa titulada "Alterando a Radio" que argalla a emisora comunitaria de Coruña, Cuac FM, dentro das Xornadas "Alterando o Normal".

1 de marzo de 2011

Segunda conferencia de AMARC-Europa [Asociación Mundial de Radios Comunitarias]

A Asociación Mundial de Radios Comunitarias en Europa, AMARC Europa, realizou a súa segunda conferencia entre 24 e 26 de febreiro de 2011 na cidade irlandesa de Dublin.

A ocasión reunió radios comunitarias de todo o continente para compartir experiencias e obxectivos comúns. Este ano en particular, o foco foi a diversidade. Os medios comuntiarios non só proporcionan diversidade no panorama mediático, senón que tamén crean pluralidade na sociedade.

A pesar da inconsistencia das políticas nacionais en relación á regulación dos medios de comunicación comunitaria, o papel destes na promoción da diversidade e do pluralismo foi amplamente recoñecida en Europa.

Lucia Ruiz, Radio Vallekas, entrevista a Sally Galiana, produtora radiofónica de Near FM, emisora de radio comunitaria de Dublín, parte do Foro de Radios Comunitarias de Irlanda, organizadora nesta ocasión da Conferencia.

Máis información: http://europe.amarc.org/index.php?p=conferencia_europa_2011






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

28 de xaneiro de 2011

A policia precinta os estudios da histórica radio libre de Bilbo IROLA IRRATIA.

Fonte: Irola Irratia.

A policia precinta os estudos de Irola Irratia e a Gazte lokala de Irala.

Esta mañá a ertzaintza entrou no Gazte Lokala de Irala detendo a tres persoas que estaban no seu interior. O local atópase precintado á espera dunha orde xudicial e o acceso aos locais de Irola Irratia está imposibilitado, ao estar situado no mesmo edificio aínda que en instancias diferentes.

A emisión de IROLA IRRATIA, 107.5 FM e de www.sindominio.net/irola continua, pero existe a posibilidade de que rexistren as instalacións de Irola Irratia, aínda que esperamos que isto non ocorra e a emisión desta radio libre con 24 anos de emisión continúe.

Polo momento non sabemos moito máis. Manterémosvos informados ao longo do día.

Adierazpen askatasua - Libretad de expresión

Irola Irratia

Radio Libre de Bilbo - Emisión en directo 107.5 FM

21 de xaneiro de 2011

Divertimento - Conversas con: Mariano e Diego [CUAC FM/ReMC], Antón [CSO As Atochas Corunha] e Xabier [CNT Ferrol] - 20/11/2011

Edición de Divertimento para pequenos monstros emitido en Rádio Filispim, 93.9 FM [Ferrol] o pasado 20/01/2011.

Contidos:

[1] Conversa con Mariano Fernández Cabarcos e Diego Fernandez de CUAC FM Corunha e ReMC [Rede Medios Comunitarios].

[2] Conversa con Xabi da asemblea da CNT - Ferrol diante da Folga Xeral do 27 de xaneiro de 2011.

[3] Entrevista a Antón, integrante da asemblea do Centro Social Okupado [CSO] Casa das Atochas de A Corunha. Todas as novidades logo da orde de desaloxo e manifestación na defensa deste espazo autoxestionado.

Escoita aquí o audio íntegro de Divertimento para pequenos monstros:

Descargar o audio
Escoita aquí a conversa con Xabi [CNT-Ferrol] convocándonos a participar na Folga Xeral do vindeiro xoves 27 de Xaneiro de 2011:

Descargar o audio
Escoita aquí a conversa con Antón [CSO As Atochas - Corunha]. Ultimas novas logo da orde de desaloxo e a manifa en na defensa deste espazo autoxestionado:

Descargar o audio
AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLO EN BREVE.

17 de xaneiro de 2011

Dereito a comunicar. Dossier Nº 1 [2011]

Moi interesante publicación dende México, sobre a actualidade mundial das radios libres e comunitarias.

Podes acceder directamente ao Nº1 - 2011, facendo clic directamente na imaxe.

Tambén, directamente a cada un dos contidos, facendo clic nos seguintes enlaces:

DOSSIER TEMÁTICO: REGULACIÓN DE MEDIOS

El proceso de regulación democrática de la comunicación en Argentina
Santiago Marino, Guillermo Mastrini y Martín Becerra

El proceso de disputa en torno a la Ley de Servicios de Comunicación Audiovisual en Argentina (2009)
Víctor Guzmán

Políticas de comunicación en Uruguay: agenda pendiente y agenda pública
Gabriel Kaplún

Políticas de comunicación y medios comunitarios en Europa. Análisis de la situación en Reino Unido, Francia y Países Bajos
Aurora Labio Bernal
Isabel Fernández Alonso
María-Jesús Díaz-González
Josep Àngel Guimerà i Orts
Nuria Reguero

Regular para a Liberdade: O Caso Português
Elsa Costa e Silva
Joaquim Fidalgo
Helena Sousa

La reforma jurídica de la comunicación social y el estado fallido en México
Javier Esteinou Madrid
Alma Rosa Alva de la Selva

Políticas cinematográficas en México y sus posibilidades ante la convergencia como proceso multidimensional
César Bárcenas Curtis

OUTROS TEMAS

El vínculo entre educación para los medios y derechos humanos: una necesidad y una oportunidad
Divina Frau-Meigs

Comunicación e información: la libre producción, acceso y apropiación como un derecho humano
Cosette Castro

Desafíos jurídicos de la Sociedad de la Información
Wilma Arellano Toledo

RESEÑAS

Mutaciones de lo visible
Jorge Bravo

Medios y diversidad cultural
Frambel Lizárraga

O "futuro" legal das radios libres e comunitarias no Estado español.

Interesante artículo sobre a realide legal das radios libres e comunitarias no Estado español, tirado de: www.diarioinformacion.com

Ana Cubillo [Diario Información].

Son moitas as emisoras de radio que inundan a frecuencia modulada. Emisoras que para moitos oíntes se convirten na melodía do seu día a día. E é que a radio segue a medrar, segundo as últimas estimacións do EGM 2010, é un medio en alza, con 22,4 millóns de seguidores. Con todo, entre a ampla gama de radios comerciais e das emisións de música en xeral, hai outras voces. A outra palabra que poñen as radios comunitarias, que constitúe o chamado terceiro sector da comunicación.

Estes medios derivados da iniciativa dos cidadáns ao través de organizacións sen ánimo de lucro, enchen as ondas cos programas que achegan a cultura da rúa ao cidadá: a música deses grupos que comezan, os estilos que as outras emisoras non programan, ideas e actividades de asociacións culturais que enriquecen cada recuncho dunha cidade ou barrio, os debates políticos con outras perspectivas. Así como tantos programas, estilos e contidos diferentes como ganas de comunicar.

A provincia de Alacante ten un número de radios comunitarias pioneiro na difusión de contidos alternativos e libres de intereses económicos que determinan o contido da publicidade [...]

Todo isto ao marxe de que para a Generalitat de Valencia eses medios non existen e en calquera caso, consideranas coma "emisoras de proximidade", aínda que a única estación de radio comunitaria con licenza en no Estado espanhol ten a súa sede en Valencia e nace no 1982, Rádio Klara.

Despois de anos sendo enmarcadas no mesmo lugar que as emisoras coñecidas coma "piratas" [empresas con fins comerciais sen licenza de emisión], estes proxectos baseado nos alicerces da cooperación veu como no inicio de 2010 o Estado espanhol recoñeceu a súa existencia na nova Lei Xeral Comunicación Audiovisual.

Se ben para algúns ese recoñecemento é o punto de partida para seguir a traballar, plataformas como a AMARC (Asociación de Mundial de Radios Comunitarias), ReMC (Red de Medios Comunitarios), ou Radios Lliures, teñen chamado a atención sobre unha posible lei que restrinxa o traballo dos medios de comunicación comunitarios.

A lei.
Polo de agora, todos os medios de comunicación que transmiten en FM están agardando a publicación do proxecto de Real Decreto polo que se establece a normativa técnica en que deben operar. José Ramón Samper, coordinador da Radio Artegalia Alacante, sinala que o feito de que a lei recoñeza a existenza das radios comunitarias xa é algo moi positivo, sen embargo, destaca que a regulación tal e como se plantexa vai limitar severamente a potencia de emisión destas emiosras e que unha "radio comunitaria non ten porque ser unha pequeniña radio de barrio". E é que segundo os regulamentos técnicos pendentes de aprobación, as emisoras de radio do terceiro sector só poderán emitir cunha potencia de 5W, se están localizadas en cidades con máis de 100.000 habitantes. Para as poboacións de menor poboazón a potencia de transmisión será reducida a 1W.

Como un exemplo para entender o que supón esta servera limitación acudimos á historia dunha estación de radio como Vega Baja, que comezou hai 25 anos con 7w. Coa cada vez máis intensa saturación do espectro radioeléctrico, con 5W xeralmente no superará un quilómetro de alcance, polo que na actualidade é normal que una radio comunitaria precisa para emitir con solvencia entre 250 e 500W. Con ista medida, pretende a lei, axustar a cobertura das estacións evitando maior cobertura ca o 20% da poboazón para 100.000 habitantes e nunca sobrepasar o termo municipio no que estea situada a emisora de radio libre ou comunitaria...

Podes seguir a ler o artículo completo aquí: http://www.diarioinformacion.com/cultura/2011/01/13/palabras-onda/1083640.html

10 de xaneiro de 2011

Nace unha Coordenadora de Rádios Libres en Catalunya.

Informa o portal Más Voces [URCM-ReMC]:

En Catalunya volve renacer a Coordinadora de Radios Libres de Catalunya. Radio Pica, Radio Bronka, Contrabanda, Radio Línea IV e Radio RSK impulsan, de novo, a creación dunha Coordinadora de Radios Libres de Catalunya.

O impulso de crear unha Coordinadora de Radios Libres non é novo, xa que hai algúns anos se estabeleceu un precedente, aínda que agora rexorde cargada de razóns, case as mesmas razóns de antaño.

A situación das radios libres convérteas, en teoría, no elemento máis fráxil dun dial cada vez máis superpoboado: as súas frecuencias son caramelos para as radios privadas e comerciais, que con maior potencia, interfiren e pisan as emisións das radios libres.

Dende Radio Klara, en Valencia, oferécennos a entrevista a Salvador, fundador de Radio Pica, emisora pertencente á Coordinadora de Radios Libres de Catalunya.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...