André C. Pastor & Jesús Ordovás |
Ao findar a presentación da exposición, secuestramos a Jesús Ordovás e o introducimos no "metro cadrado", mítico primeiro estudio de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán, camuflado a catro metros do evento. Xa en antena, falamos da súas orixes ferrolás (el naceu en Ferrol Vello, no Porto), da súa historia na radio, da exposición... mais, aproveitamos a súa presenza para lle mostrar algúnhas cousas que estaban a acontecer no sempre efervescente panorama local. Puxémos música do nacente grupo Quant, de Roger de Flor, Fer Pinone, falamos dos Blood Filloas, de Daniel Alonso, Alberto Alonso, dos primeiros Triangulo de Amor Bizarro, The Homens, Viuda Gómez e Hijos, Andrés Dobarro, La Casa Azul, L-Kan, Serge Gainsbourge... e rematamos con Parálisis Permanente. Jesús Ordovás, sempre activo, aínda que na altura viña de ser "xubilado" polo ente RNE. tomou nota de todo aquelo no seu bloc.
Na conversa acompañounos Suso Suciedad, propietario do Manchita Cosa, e Bárbara Primo, quen ademáis tomou imaxes do "encontro"... Ao findar o programa fixemos entrega a Ordovás dun cedé recompilatorio de Rádio FilispiM con grupos da comarca e, como non, dunha camisola da nosa radio libre. Un tipo estupendo.
Sintonizamos, 28 de febreiro de 2008, Ateneo Ferrolán...
Conduce: Pequeno Monstro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!