Imaxe arquivo (2015), Rádio FilispiM |
(13/12/2007 - resubida) Divertimento para pequenos montros. Falamos do "Fenómeno da manta radio en España", traballo do profesor da Universitat Autónoma de Barcelona Fernando Sabes Turmo, incluido no Estudio da Comunicacion (nº 3/4) dentro da Guía de Comunicación Audiovisual de Galicia, 2005 (Consello da Cultura Galega). Naquel documento (páx. 174), se identificaban seis radios libres en Galiza: Radio Clavi (Lugo), Bemposta (Ourense), Kalimera (Compostela), Onda Nada (Vigo), Piratona (Vigo) e Rádio FilispiM (Ferrol), que coma Colectivo nace en 2003 e cuxas emisións datan de 2005. Canto as radios galegas educativas (xurdidas en colexios, institutos e universidades) identificaba, entre outras: Radio Eca, Radio Kaos (Ferrol), Onda Xove Radio Meixoeiro (IES Ricardo Mella, Pontevedra), Radio Fala Melide, Escuela Junir´s Radio (Compotela), RKO (Radio Campus de Ourense), Radio Carcamán (CEIP da Torre-Illa) e Cuac FM (Campus Elviña, Coruña), radio esta última que cara o ano 2004 iniciaría unha transformación de emisora esencialmente universitaria á comunitaria, conservando a súa ubicación orixinal, o Campus de Elviña. Musicalmente acompañáronnos os monstrosos The Cramps.
Na segunda parte do programa contactamos con Pablo Ces, integrantes de Serralhe-aí, formación que o 29 de natal de 2007 gravaron ao vivo na Praza do Concello de Burela o álbum "Ár de foles", xunto ao Comando Catania, un proxecto de "aopio aos serradores do país", que ía reclutando gaiteir@s polos furanchos do país, na chamanda "operación charrasco"...
Conduce: Pequeno Monstro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!