(08/05/2008 - resubida) Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán:
- Conversa con Bruno, integrante da Fundaçom Artábria, verbo da figura e obra do escritor e profesor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, o primeiro catedrático de lingua e literatura galega. Na altura, ano 2008, reclamábase adicarlle unha das edicións do Día das Letras Galegas ao literato ferrolá, cuestión que a Fundaçom leva solicitando dende a súa creación. No ano 2010 houbo unha ocasión ao cumplirse 10 anos da súa morte. Hoxe, en 2016, oito anos despois da emisión deste programa, continúan as peticións de que este día poda ser posíbel...
- Conversa con Luis Rapela, promotor do Obradoiro Permanente de Creación, Tradición e Improvisación, que viñan de apresentar un pequeno ciclo de concertos de música "improvisada" executada por moz@s de Ferrol e Coruña no espazo Sargadelos en Ferrol. Falamos de música contemporánea, free jazz, dodecafonismo, música atonal, música aleatoria e ouvimos un extracto de "La noche transfigurada" de Arnold Schönberg.
- Lupe Ces, do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ponse en contacto con nós para darnos unha última hora. O Delegado do Goberno vén de prohibir un roteiro que ía ter lugar sinalando os socios financieiros da pranta de gas Reganosa...
Sintonizamos.
Conduce: Pequeno Monstro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!