Mobilización da rede Galiza non se vende |
(14/02/2008 - resubida) Divertimento para pequeno monstros no que afondamos nestes dous temas:
Falamos da dixitalización das radios e descubrimos que esta tecnoloxía NON traerá máis avances democráticos canto o dereito fundamental á comunicación... Repasamos o traballo de investigación de Gustavo Gómez, director de programas de lexislación e dereito á comunicación de AMARC (Asociación Mundial de Radios Comunitarias).
Galiza non se vende é unha rede que, na nosa comarca, está formada por colectivos coma: Plataforma Ártabra 21, ADEGA, Fusquenlla (Pontedeume), Comité Cidada de Emerxencia Ría de Ferrol, SGHN, Verdegaia... Comezaba a xestarse naquel tempo e o 17 de febreiro de 2008 celebraron unha multitudinaria manifestación en Compostela, xuntando a colectivos de todo o país, con diversas reinvindiacións. O lema desta manifestación foi "Contra da destrucción do territorio". Para nos falar da rede Galiza non se vende e do caso Reganosa en particular, tivemos no estudio a Alexandre Carrodeguas (Verdegaia); ademáis, lembramos ao activista ferrolá Carmelo Teixeiro, un dos impulsores do movimento contra da ubicación da pranta de gas Reganosa.
Durante todo o espazo ouvimos musica de The Cabrians , unha banda de ska e calypso dende Mataró.
Conduce: Pequeno Monstro (14/02/2008)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!