Maio 2011, Ferrol (Fonte: Luis Fernández) |
Na edición do 20 de maio de 2011 de Divertimento para pequenos monstros (Rádio FilispiM), realizamos a primeira das numerosas coberturas verbo da incidencia na nosa comarca do, daquela, nacente Movimento 15M. Hoxe, cadrando do quinto aniversario do 15M, recuperamos ese programa e o completamos con outros rexistros sonoros tomados directamente na Praza do Concello de Ferrol, testemuña de asembleas, acampadas e actividades promovidas polos colectivos xurdidos daquela, coma "Toma la Calle Ferrol" ou, mesmo, "Acampada Ferrol."
- Xoves 19/05/2011. Conexión telefónica coa Praza do Concello de Ferrol. Iago Montes fai de correspondente. Damos voz a un dos integrantes de "Ferrol Toma la Calle", colectivo convocante da concentración que está a ter lugar (min. 00:18).
- xx/05/2011. Audio do programa "En días como hoy" (Radio1 - RNE). Chamada de Cristina, unha ouvinte indignada co que está a ouvir na tertulia radiofónica do ente público (min. 00:33).
- Domingo 15/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na manifestación do 15M de Sevilla (min. 00:40).
- Venres 20/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na Asemblea aberta daquela tarde, organizada por "Ferrol Toma la Calle" (min. 00:49).
- Sábado 28/05/2011. Entrevistas realizadas por Divertimento a persoas da "Acampada Ferrol", na Praza do Concello: grupos de traballo, coordenadoras, persoas colaboradoras, moz@s que chegaban a acampar (min. 01:06).
- Sábado 28/05/2011, na noite. Rexistro de Divertimento do concerto do grupo folk Muxarega de As Pontes, dentro das actividades organizadas por "Acampada Ferrol" (min. 01:41).