Tal e como comentamos e prometimos en anterior entrada, estas son as fotos que tiramos no programa especial Fin de Ano no estudio de Rádio FilispiM.
O pasado día 30 de decembro de 2010, xuntámonos moitas das personas que fan posíbel a continuidade da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, nunha Festa radifónica fin de ano 2010.
Atopámonos no renovado estudio da Rádio FilispiM [Caranza], e compartimos uns deliciosos petiscos da época [turrón, empanada de porro, bombóns, pastel de xamón e queixo, gusanitos...] e uns copos de cava e de sidra. Con eles brindamos unhas chea de vezes!!!
Aproveitamos para fazer avaliación deste ano radiofónico tan emociontante para nós: novo local, novo estudio de radio, novas compañeiras, novos programas e muitas boas vibracións. Así que pédimoslle ao novo ano máis boa onda, moito traballo, paz, solidariedade...
No estudio atopámonos: Lucía e Javier Malespina, Cholo, Paula, Soledad, Pablo, Miguel, José Torregrosa, Luis, Pedro Ferrández, Fátima e máís André [Pequeno Monstro]. Sen esquecernos das demáis compañeiras que non puideron acudir a cita: Iago, Suso, Marta, Roli, María, Nes, Lupe...
Aplaudimos, cantamos, rimos e até debatimos... pasámolo ben.
O Apalpador apareceuse este mércores entre as 18:30 e 19:30 h. no programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM , donde seis nenas entre tres e cinco anosdo Centro escolar Rural Agrupado "Esquío" [Lago-Valdoviño], Candela, Jazzmin, Antía, Sara, Sheila e Alba, tiveron ocasión de conversar con ele.
Ademáis, as nenas aproveitaron para nos cantar algunhas panxoliñas e máis o romance de Gaiferos de Mormaltán, moi ben aprendidas pola súa titora de infantil, Sabela.
O Apalpador [tamén coñecido como Pandigueiro na comarca Terra de Trives] é, nas zonas do leste de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición baixa a noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña aos nenos para ver se comeron ben durante o ano, deixándolles unha chea de castañas e, se cadra [que sempre cadra], algún agasallo ademáis de desexarlles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.
O Apalpador éche unha figura popular nas montañas do leste de Galicia [o Courel, Terra de Trives, o Bierzo], mais últimamente anda a ser visto pola nosa comarca e por todo o noso País, para ledicia de pequen@s e máis grandes monstros.
Dende Divertimento vimos de pedirlle ao Apalpador que ademáis da presa de castañas de quenda, nos traiga a tod@s @s compas e ouvintes da Rádio FilispiM o mellor para o vindeiro 2011!!
Divertimento para pequenos monstros ben sendo un programa que emite Rádio FilispiMque tambén podes ouvir como podcast.
O Colectivo Opaíí!, sempre en azón, vén de realizar melloras no novo estudio de Rádio FilispiM en Caranza [Ferrol].
Como saberás, Rádio FilispiM é a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol dende hai cinco anos. Proba a sintonizala no 93.9 FM, porque te sorprenderás dun outro xeito de fazer e ouvir radio.
Estas son algunhas das imaxes que se tomaron das melloras.
Ademáis vén de instalarse unha liña telefónica fixa e unha conexión a internet, para termos a información fresquinha sempre presente cada quen no seu programa.
Agora só falta que ti mesma te pases a disfrutalas, así que xa sabes...
Chéganos este comunicado do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM:
Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM véuse obrigado a abandonar a súa sede social e a procurar un novo espazo. Ademáis interrompeu as súas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 fixeron cinco anos.
Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes [sexta, 17 de setembro] conseguiron volver dar luz a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende Caranza [Ferrol].
As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía [93.9 FM] nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes no blogue http://opaii.blogspot.com ou no e.mail filispina@gmail.com
Ao pé desta entrada ofeceremos as imaxes do traslado [a historia paso a paso]. O audio estámolo a editar.
En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM[2010/2011], así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.
Finalizamos agradecendo a solidaridade daqueles que amosaron a súa disposición co Colectivo - Opaíí! - RFM, durante este breve periodo de "silencio" filispiniano. Obrigad@s!!!, xa estamos outra vez no ár, libres!!!
Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.
Son moitas xa as preguntas sen resposta, moitas xa as semanas "suspendidas no dial". Moit@s @s filispin@s vagando sen rumbo polos bairros do lugar, como zombies.
Todo aconteceu no mes de xunho do 2010, ou mellor sería dicir todo mudou...
Mais é hora xa de que o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, vaia soltando prenda e nos dea pistas do que realmente está a acontecer, do porque deste parón nas súas emisións, logo de cinco anos de transmisións finispinislándicas ininterrompidas [agosto de 2005].
En breve teredes a solución a este sudoku do caralho, mais de momento a seguir especulando.
Polo de agora deixámovos con estas fotos tiradas no momento e lugar dos feitos [xunho de 2010, estudio de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán].
Mais, ti que pensas de todo isto?. Están de conha en Rádio FilispiM?. Tentan despistarnos unha vez máis?. Éche un experimento máis con obscuras intencións?. Unha outra Conspiranción?. Porque andan a desmontar as equipas técnicas?. Levan alta tensión eses cables que coroan a testa d@lgúns d@s filispin@s?
O pasado luns 17 de maio de 2010, estivemos en Compostela sumándonos ao clamor popular contra o decreto "popular".
Así, centos de milleiros de persoas vindas de todos os recunchos da Galiza, foron quen de expresar a súa indignación ante tanto argumentario imbécil e escuro, verbo da a "administración" da lingua propia dun pobo polos de arriba, a golpe de ferro candente no lombo, en base a principios supostamente "democráticos".
Cheiraba tanto a podre Compostela, coma o referido argumentario-político de merda. Ogalla algún día toda esta xente desaparezan baixo toneladas da súa propia miseria, cosificados en bolsas de lixo, podres.
Asasinos da Lingua!! Antropófagos de si propio!!! Tropa do caralho!!!
Ficades coas fotos, que sos ben monstrosas, para iso tirámolas nós;-)
O pasado sábado 31 de outubro de 2009 puidemos disfrutar dun dos mellores festivais ao ár libre na Galiza dos últimos tempos. Acompañados dunha estupenda temperatura (en pleno outono), acudimos a Monfero ao X Papagrelo (GreloFolk) .
Aló, fomos testemuñas da homenaxe que se lle tributou aos Papaqueixos, grupo formado na Coruña en 1993, un dos "artificieiros" do rock bravú.
Estes, participarón no mítimo disco Unión Bravú co tema "Matías o morcego", mais pasaron á historia galaica pola edición no ano 1999 do álbum “A lóxica aplastante do comité de propaganda”, con 18 cancións con letras desenfadadas e cheas de troula ("Sito Miñanco ¡¡¡preso político!!!") e festa por un tubo.
Dez anos despois da mencionada "Lóxica aplastante...", os Papaqueiros xuntaronse de novo en Monfero, ao carón do Mosteiro e do cemiterio (en pleno Samaín), acompañados no cenario polos membros de grupos da nova hornada galega coma: Os Cuchufellos, Ultrakans, Banda Potenkim e os Tres Trebóns (inda que por aló andaban tambén integrantes dos memorábeis Jarbanzo Negro).
Os pequenos e pequenas monstros tiramos unha fotos para inmortalizar tamaña "papaqueixada". Ficades con elas.
Fai Boomm!! neste enlaze para velas en tamaño natural: Papaqueixo!
Aquí tedes as fotos do que foi a VII Sessiom Vermú do Colectivo OPAII-RFM e o Ateneo Ferrolán, presentando a nova grelha de programaçom de Rádio FilsipiM para a tempada 2009-2010.
Também podes escoitar o programa especial que realizamos durante a VII Sessiom Vermú o 31 do 10 de 2009, na que presentamos os programas e disfrutamos da música celta do grupo da Terra de Trasancos BOJ.
Aló fica a Nau Quinhentista que serviu de cenario a unha parte do acontecido na segunda edición do Ollin Kan na Vila do Conde. Fermosa vila no norde do país veciño é cidade irmanada co noso Ferrol (Galiza) dende o ano 1971.
Durante tres días (17, 18 e 19 de xullo) adiantando a súa cita respeito a primeira edición do pasado ano e coa banda sonora dun tempo algo revoltoso, músicos de diversos estilos e nacionalidades (e planetas) subironse a Nau pra embarcanos a tod@s na aventura das músicas do mundo até a madrugada.
De todo uvimos e ollamos, como ben poderedes corroborar nas fotos coas que vos deixamos. A imaxinar!
En vindeiras entradas máis madeira (isto é a guerra!)
Autor fotos: Pequeno monstro. Lugares: Vila do Conde (Portugal, 2009). Libre uso, mais indique autor e blog. Obrigado.
O FMM de Sines 2009 forma parte xa da nosa lembranza.
A finais do pasado mes de xullo aló estivemos os Pequenos monstros, dispost@s a nos deixar engaiolar polas augas atlánticas do sul da península ibérica.
Aquelas augas teñen a forza e a maxia das nosas, mais bañan unha terra que sempre xogamos a imaxinar coma unha elongación dunha Galiza normalizada.
Non poido máis que dizer que volverei. Ou mellor dito, volveremos.
Entre tanto, deixovos cunhas fotos tiradas na edición 2009 do Festival de Musicas do Mundo de Sines (FMM Sines) para que vexades que todo é ben certo. En vindeiras entradas falaremos da nosa parada na segunda edición do Ollin Kan (Vila do Conde) e mesmo doutras paragems.
Autor fotos: Pequeno monstro. Lugares: Porto Covo, Sines e Lagoa de Sto. André (Portugal, 2009). Libre uso, mais indique autor e blog. Obrigado.
Rádio Filispim vén de despedir a súa cuarta tempada radiofónica no ár ferrolterráqueo.
O pasado 30 de maio de 2009, o Ateneo Ferrolán acolleu a VI Sesión Vermú da Radio Filispim, para celebrar o fin do curso radiofónico. Hoxe vos oferecemos as fotos que testemuñan que todo o prometido nas cuñas e cartazes que anunciaron o evento foi certo: tango en acustico e directo, riquísimos pinchos, vermú de vicio e filispin@s en escabeche.
A Rádio Filispim tómase un relativo descanso até outubro, mais durante este tempo o dial "filispiniano" continuara carregado de boa música, estupendos programas de produzón allea e valiosos contrainformativos. Para máis información sintoniza o teu dial no 93.9 FM.
Por outra banda, o Colectivo Opaíí! convoca unha asembleia xeral extraordinaria para este domingo 28 de xuño de 2009, no que van tratar diversos temas de vital importanza para a vida filispiniana neste planeta.
Máis nada. Polo de agora, deixámosvos coas fotos que @s filispin@s tiraron na VI Sesión Vermú despedida da grella 2008/2009 de Rádio Filispim!!!
Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego, vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso. Esta entidade, que se creou en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas, permite ás artes e ao teatro galegos expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria. Así apresentanse na súa web, www.pallasosenrebeldia.org, este colectivo solidario galego que entre o 21 abril e 5 de maio deste ano 2009, levaron o espírito da risa e do clown a Palestina. Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel. Xa no ano 2002 levouse ao cabo a primeira viaxe á Palestina. Na altura colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa para as e os palestinos poderen afrontar dun xeito diferente a realidade do día a día. Daquela a viaxe foi filmada e realizada posteriormente nun documental por Mikio Tsunekawa, titulado “Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso”. Apoiando o traballo dos artistas galegos andan a Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer. Dende Divertimento para pequens monstros [Rádio FilispiM], libre e comunitaria de Ferrol [GZ], a xeito de amplificación do traballo que están a fazer Pallasos en Rebeldía, realizamos este humilde traballo que tenta adaptar radiofónicamente as diversas crónicas que fomos recibindo da recente viaxe a Palestina do riso solidario. Nesta edición oferecémosvos a primeira parte do especial. En posterior entrada colgaremos a segunda metade, coa adaptación do resto das crónicas
Descargar o audio Nota:as músicas foron tiradas do portalwww.oicpalestina.org. Por orden de aparición, estes son os cretos musicais: 1ª HANI SHAKER - Intifadah Al Aqsa Palestine (primeira metade). 2ª HANI SHAKER - Intifadah Al Aqsa Palestine (segunda metade). 3º ASSALA - Al kubla al oola 4º MAJDA - Er-Roumi Palestine 5º AMAR MURKUS - Hkaye 6º MARCEL KHALIFE – Summer Nights Dream Salutation 7º HANI SHAKER - Infifadah Al Aqsa Palestine
Escolma de imaxes tiradas polos propios protagonistas.
En Rádio FilispiM, andamos a fechar un novo ano filispiniano. Mais, esta nova era na radio difusión local principiou hai cinco anos e vai sendo xa hora de que algún pequeno monstro se lanze a aventura de contar a súa historia.
Dentre as datas salientábeis, está ese oito de abril do ano 2004 (xoves "santo") no que se celebrou o primeiro festival Conspirando por unha radio libre, na estación de Ferrocarril de Ferrol, no que actuaron Miguel Alonso, Loom, Window Pane e a IV Guerra Mundial (todos eles grupos locais) e que supuso un importante espaldarazo económico para a consecución dos equipos técnicos que posibilitarían futuras emisións da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca. Mais o proxecto botaba andar algúns meses atrás, concretamente a finais de 2003. Unha data especial foi o 20 de novembro de 2003, na que se celebrou a primeira asemblea dun proxecto que por entón era simplesmente unha ideia. Aquela primeira asemblea (da serie de previas á constituinte) celebrouse no local Manchita Cosa, que por entón comandaban Suso e Narsés. Aqueles meses o "Manchita" acollería algunhas das primieras e memorábeis actividades argalladas pra recadar fondos: unha estupenda cea vegana, algunha sesión de música e pinchas ou mesmo unha non menos resucitadora festa de defuntos. Estas primeiras asembleas tamén se celebraron na Fundaçom Artábria que por entón tiña un estupendo (e añorado) local na Rúa Magdalena de Ferrol, e formanba parte dunha serie de reunións previas e preparatorias do que logo sería a primeira asemblea aberta constituinte do colectivo, celebrada no Ateneo Ferrolán o 28 de novembro de 2003. A importancia desta última asemblea é indiscutíbel para o que é a historia do colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM. O texto que segue foi o que, por entón, se moveu masivamente entre tod@s para conseguir xuntar a cantos máis mellor:
Sent: Tuesday, November 11, 2003 11:02 AM Subject: PRIMEIRA ASEMBLEA ABERTA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA RADIO LIBRE EN FERROL
Pola presente queremos anunciar a primeira convocatoria aberta para a constitución dunha asociación cultural que ampare o proxecto dunha RADIO LIBRE E COMUNITARIA no ámbito de Ferrol.Dita asemblea aberta, informativa e participativa, terá lugar o vindeiro venres 28 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Nela trataránse, entre outras, as seguintes cuestións: - Presentación do proxecto. - Os fundamentos das rádio libres e comunitarias hoxendía. Exposición e debate deses principios no noso contexto. - Constitución de comisións de traballo para unha primeira etapa (estatutos, divulgativa da idea, financiamento, técnica...) - Participación activa e debate.
Outra data importante foi o sábado 13 de decembro de 2003, no que o aínda proxecto apresentouse públicamente no Foro Negro e participou nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformazón do País galego. Todo esto levouse a cabo no Instituto Galego de Información en Compostela, como resposta de mobilización e artellamento de redes sociais, ante o panorama desolador (papel dos medios de des-información de masas e das institucións), por mor do desastre medio ambiental do verquido de fuel do buque Prestige as costas galegas.
E así, nese contexto, político social nace o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM. Todo isto é moi importante pra saber máis de nós, e pra que os que veñan detrás coñezan como e porque naceu todo isto. Hai tempo que veño de darlle voltas á posibilidade de iniciar unha serie de entradas neste blog, sobre a historia do Colectivo Opaii-Rádio Filispim, no que profundar dende a distancia do tempo (con esa perspectiva) no traballo feito, as moitas anédotas, xente que pasou polo proxecto... todo claro, según o meu ponto de vista. Se vos presta esta idea,podedes fazer algún comentario a esta entrada. Material e gañas non faltan. O tempo xa é outra cousa, mais fariao de vagar.
De momento, só quero desexarvos a tod@s BON ANO FILISPINIANO 2009!!!. Estas afotos que seguen as tiramos o pasado sábado 27 de nadal, no local de Rádio FilispiM-Colectivo Opaii!, no Ateneo Ferrolán. Brindando polo novo ano filispiano estan o Cholo, a Fátima "Spanglish" e o Pequeno monstro. Ese brinde vai para tod@s vós tambén!!!
Atrapados de novona terceira e última parte da viaxe ao Festival de Músicas do Mundo de Sines, finais de xulho deste case anciá 2008.
A décima edición do FMM de Sines, a uns 160 quilómetros ao sul da Lisboa, foi unha virguería lusa canto a cualidade nas músicas, xeito de fazer, seriedade e profesionalidade.
De fazer unha comparanza cos festivais que há na Galiza, comezaría dicindo que o FMM de Sines non é un macro-botellón. A selección musical é variada, atrevida, o acceso de balde ou non, a cervexa Sagres ou Superbock o arroz caldoso e os cenarios para os concertos cinco: a vila de Porto Cobo, o Centro de Artes de Sines (dentro e fóra), o paseio da praia e o estupenda fortaleza: o Castelo.
Ademáis hai actividades paralelas: seminarios (A Barreira do Som: "Música, cultura e naçao"), exposicións ("Transurbana" de Luis Campos), Cinema ("Migraçoes"), conversas cos artistas e mesmo Ateliês para Crianças.
Canto ao detallismo, presente nos dez días que durou esta décima edición do FMM de Sines, nunca esquecerei que no concerto que deu o grupo paquistanés Faiz Ali Faiz, ulía a menta. Sim, a menta. Alguén da organización pensou que aquel cenario, plagado de músicas que nos levarían ao trance total, prestábase a espertar un sentido máis: o olfato. Na piso do Castelo. que andabamos a pisar, había ben espalladas frescas follas de menta. Non penso que volva a ulir nada igual en festivais (até a undécima edición do Sines, claro ;-).
De for pouco, a nova música galega estivo na pasada e edición do FMM de Sines. O primeiro día do festival, 17 de xulho, tocou Serra-lhe aí!! & Os Rosais, de balde no palco exterior do Centro de Artes de Sines. Xa o 24 de xulho, no incomparábel marco do Castelo, quedándose co respectábel, tocou Marful co seu espectáculo "Salón de Baile". Na segunda das crónicas que fixemos deste festival (atoparala procurando neste blog), xa vos comentamos o que foi o que dixo Rádio Sines, radio oficial do evento, ao respeito.
Pequenas e pequenos monstros, no video que segue ovimos e vemos á Ugía Pedreira (cantante de Marful) nunha entrevista no propio festival, onde fala entre outras cousas que "criouse nunha taberna, entre homes":
De volta de Sines e Porto Cobo (duas vilas da mesma Freguesía), marchamos cara Lisboa, donde pasamos uns días estupendos. Como lugar de estancia eliximos Cascais, que fica a uns 30 minutos en tren da capital lusa. Moi recomendábel o parque de campismo de Cascais, dos mellores e máis tranquilos que teñamos durmido. Cecais, teña que ver o espírito tranquilo das moitas persoas que aló andan e que ou descansan ou surfear a "salvagem" praia do Guincho. Se tiver que por nota ao camping Orbitur Guincho esta seria un dez, canto a cualidade-prezo en comparanza con outros.
E con todas estas sensacións, aquel ulor a menta, aquelas músicas, aquel arroz, todos eses curmáns meus de Portugal... e a saborosaguinjinha! dolargo de Säo Domingos que popularizou un galego na Lisboa chamado Espinheira. Siiiiiiii!!! a guinjinha, invento dun galego, a bebida máis populosa da Lisboa!!!. Non deixes de procurar eses pequenos dispensorios de guinjinha se vas pelos bairros senlleiros da Lisboa. Noooon!!!.
Logo de todo ilo, deixámosvos co último lote de afotos tiradas pelos monstros, esta vez na sempre fascinante Lisboa, mais tambén en Cacais e Sintra. De todo veredes, até o sito onde dispensan ao camiñante con ese marabilloso brevaxe doce chamado guinjinha e que inventou un galego de Lisboa, pode que antepasado meu.
Recén chegados de Ovieu, co estupendo sabor de boca que nos deixaron as festas de San Mateo e, claro, a gastronomía do lugar, queremos compartillar con vós algunhas das imaxes e emocións da pasada fin de semana polas terras irmás de Asturies.
As festas de San Mateu son moitas cousas, sobre todo moitas sensacións. Canto aos concertos musicais están repartidos entre as Pistas de San Lázaro e a Praza da Catedral. Estes últimosos máis interesantes e con entrada de balde. Ademáis, no Teatro Campoamor, comeza a temporada da Ópera, un dos acontecementos máis agardados polos amantes do bel canto no estado español.
Tentarei resumir na seguinte crónica, o que más nos fascinou das festas do San Mateo en Ovieu.
Chegamos o venres 19 de setembro a Pola de Siero, a 6 minutos en carro da capital astur, Ovieu. Hospedámonos no Hostal Jarana, un lugar recomendado pola cualidade prezo que ofrece: habitación para dous por 38 €/noite, en inmellorábeis condicións e situación (a seis quilómetros da capital, Ovieu).
Ese mesmo día celebrábase a oDía de América, festa declarada de interés turístico estatal. Canto aos concertos que nos interesan, nunha noite adicada ao Jazz e ao Blues, destacamos as actuacións de: Joaquin Cacón, Javier Vargas, Los Redentores, pero sobre todo ZEM.
Os asturianos ZEM, tocaron acompañados da interpretación do grupo de teatro Margen. Liderados polo vibrafonista Xuan ZEM e acompañamiento instrumental de Rubén Mol, Luis Rodríguez e nada máis e nada menos que Jorge Martínez e Juan Flores -Los Ilegales-.
A proposta de ZEM non deixou indiferente a ninguén: música instrumental inquietante -semellaba unha banda sonora imaxinaria dun thriller-, acompañada de imaxes non menos inquedas e da coidada presenza do experimentado grupo de teatro Margen. Un puntazo!
ZEM, apresentaban deste modo o seu segundo traballo. Xa estamos buscando @s pequen@s monstros o primeiro, segundo traballo, maquetas, maquetiñas e demáis sinais de vida deste grupazo extraterrestre contactado en Ovieu.
O sábado 20de setembro, de novo na Praza da Catedral, aconteceu dende as cinco da tarde unha xornada adicada á música asturiana. Riba do cenario, resoarón: tonadas asturianas, coros, cuartetos, ochotes, gaiteiros, parellas de baile, grupos de baile, bandas de gaitas, cantautores de música asturiana, grupos de folk e como peche: Hevia e Nuberu. Canto a Hevia, gaña máis tocando a súa gaita asturiana que o "electrodoméstico" -el mesmo chamouna así- que o levou a fama -e de Volta Ciclista-. Cecais faltoulle arroupo vocal. Mais, todas estas éivas -Hevias!?- foron compensadas coa participación creativa do que cecais for o mais interesante do seu concerto: a súa irmá.
E logo das "éivas", chegou o turno do melloriño da noite. Cualidade musical, experiencia, pero sobre todo emocións a esgalla: Nuberu.Tal e como eles mesmos din na súa páxina web: "Tres trenta años enriba los escenarios, Nuberu retírase en 2008".
Eles mesmos, pedazo de monstros, se encargar de realizar a crónica do acontecido no seu concerto e na súa propia fala, hala!: "Miles de persones s´agolparon el sábadu na plaza la catedral d´Uviéu pa escuchar a Nuberu nel que foi´l conciertu más concurríude los organizaos esti añu nesi escenariu, según fontes de la propia organización. Una de les nueches más guapes de les fiestes y a una hora máxica, un ambiente nuberiegu a tope y un grupu en total estáu de gracia ficieron de la despedida de Nuberu a Uviéu un acontecimientu únicu pa tolos que tamos faciendo de 2008 un tributu merecíu a trenta años d´hestoria. Dos hores de cancios coreaos y sentimientu compartíu llenaron la nueche de Nuberu en San Mateo, pieslle d´oru pa una xornada dedicada a la música asturiana. Na memoria de toos los qu´ellí tuvimos quedarán pa siempre les imáxenes y los soníos d´un conciertu pa nun escaecer nunca. ¡Uviéu, allá foi la despedida!"
Isto é todo o que vos podemos contar @s monstr@s, cantos aos concertos que nos interesaban e puidemos acudir, na pasada e frénetica fin de semana na Asturies.
Pero monstros, non se vaian todavía, aínda hai máis!. As festas de Ovieu se caracterizan pola participación cidadá, non só canto a movida, senón canto ao activismo. Os colectivos e asociacións da comarca instalan durante case dez dias unha serie de Chiringos do máis interesantes. Dentre deles, destacamos: Topu Fartón, Pinón Folixa e Amigos de Cuba.
No capítulo de anedotarios, o sábado estrenábase unha ópera no Teatro Campoamor. Dando unha volta, atopámonos coa "ilustre" chegada de Rodríguez Zapatero, quen viña acompañado da súa dona Sonsoles Espinosa, unha das voces do reparto de Diálogo de Carmelitas, de Francis Poulenc. Como non podía ser menos, o equipo Pequen@s monstros, inmortalizou tan magna chegada, así como todo o que alí aconteceu. Non se perdan o impresionante depliegue policial.
Ficades cunha selección de fotos tiradas polos Monstros, nas que veredes imaxes de Luarca, Xixón, Ovieu, Zapatero, a súa dona Sonsoles e incluso esoutra ruina chamada El Molinón de Xixón, donde o domingo xogaban Sporting e o Barça (1-6). Ademáis, non vos perdades o ambientazo que había nas rúas e sobre todo nos chiringuitos: Topu Fartón -coa súa campaña en prol da oficialidade do asturiano-, Piñón Folixa -co apoio da xente da radio libre de Ovieu Radio QKracha- e o chiringo dos Amigos de Cuba.
Última hora: a web oficial de Nuberu incluiu no seu album de fotos, as tiradas polo Pequeno monstro -André- da súa actuación nas festas de Ovieu. No menú da súa web vai a "Tributos" e logo a "Semeyes" ou directo ao tavés deste enlaze. Nota: todas as fotos que acompañan este artículo foron realizadas polo Pequeno Monstro. Úsense libremente, mais fágase referencia ao autor e ao blog. Obrigado.
Como ben saben os monstros, o Festival de Músicas do Mundo de Sines (FMM), por outras referencias neste blog, deu comezo a pasada quinta feira 17 de xullo na vila Alentejana. Nós, chegamos a fermosa vila natal do navegante Vasco da Gama o xoves (quinta) 24 de xullo. Tres días tres, que disfrutamos do linto até o feche da xa décima edición do estupendo festival.
No cartaz dese día, figuraban repartidos entre a Avenida Vasco da Gama (ao carón da praia e de balde) e no propio Castelo (riba da praia e previo pago de 10 euros), seis grupos. Toda vez que estabelecimos a nosa base de operazóns nun dos parques de campismo da pequena vila de Porto Covo, marchamos cara Sines (a 15 m. en carro, pola impresionante costa que vai polo Parque Natural do Sudoseste Alentejano e Costa Vizantina).
Ao chegar a Sines estaban a tocar, no Castelo, o grupo galego Marful. Imaxinádevos que emoción! Subimos até o Castelo e dende as pantallas xigantes instaladas no propio muro, seguimos as evolucións da Ugía Pedreira,a Guadi Galego e compaña.
A crónica que ao día seguinte realizou Rádio Sines, a radio local e oficial do evento, evidenciou que os da Galiza deixaran ben alto o pavillón galaico. O certo é que a música das tabernas galegas, con danzas da américa latina (de Cuba a Argentina) traidas pelos seus emigrantes, o tango que bailaron dous homes no cenario e o ambiente erótico-festivo que comandaba a Ugía (Rádio Sines utilzou o cualificativo "quase pornográfico"), non deixaron indiferente a ningúen.
Mais, non foran a única presenza galega no FMM de Sines. O primeiro día do evento, a quinta feira 17 de xullo, os trasanqueses Serralhe-Aí! & Os Rosais, tocaron de balde no pequeno cenario que desta se habilitou ao carón do Centro de Artes de Sines. Acordeóns, xotas e muiñeiras que seduciron ao público. Nos fomos testemuñas directas, mais así o recollen as crónicas.
Oprograma do FMM de Sines é inmenso, non só pola cantidade e variedade de propostas que convoca anualmente (segunda quincena de xullo) senón pola inmenso interese que sustitan todas elas. É imposíbel estar en todos os concertos, así que há que elixir. Neste ponto, temos que dicir, para "descargo dos Monstros desplazados até Sines", que como integrantes da Rádio FilispiM, a radio libre e comunitária da Comarca de Trasancos-Ferrol(A Coruña-Galiza), fixemos as xestións oportunas ante a organización doFMM,para facermos con algún pase de prensa, previa autorización da asemblea de Rádio FilispiM. Mais, non tivemos resposta algunha da organización. Esta, debería saber que os medios libres e comunitariosson os que fomentan este tipo de músicas,mesmo festivais, e non outras.
As músicas do mundo en Rádio FilispiM, constitúen un altísimo porcertaxe do seus contidos musicais (horas temáticas Música Mundi) e mesmo son a base dalgún dos programas que emite, coma Africanía. Queremos cambiar o mundo, mais non cambiamos o chip do noso propio mundo e seguimos alimentando a quen non fomenta, precisamente, outros mundos posíbeis. As radio libres e comunitarias tambén existen, semella que noutros mundos lonxanos os da organización do FMM de Sines. En todo caso, nós seguiremos achegándonos até Sines, cubrindo o festival con ou sen acreditación, porque, nos interesa estar donde pasa algo diverso, neste caso no eido musical, que gostamos de amplificar desinteresadamente. Tan só agardamos que en vindeiras edicións, a organización emende este erro e acredite oficialmente a algunha radio libre e comunitaria, co fin de facilitarnos o traballo de difusoras do evento, en igualdade de condicións que os medios privados e públicos.
En calquer caso, un ano máis, @s pequenos monstros deslocados até aló, decidimos que o 25 de xullo, día nacional de Galiza, tiña que ser especial. Ese día mercamos as entradas para poder disfrutar do festival ao vivo no interior do Castelo, incomparábel marco. A máis de 600 km da nosa terra disfrutamos do cartaz daquela xornada: da enormidade vocal de Faiz Ali Faiz (paquistan), a vangarda armada dos KTU (Finlandia), pasando polo rock chinés deCuin Jian (China)e o punk-rock cigano de Firewater (EUA). Antes, na praia e de balde o intimismo folk británico, case de cámara, de Rachel Unthank e The Winterset. Unha xornada predominantemente tomada polas propostas arriscadas.
A noite no Castelo abriuna Faiz Ali Faiz, sen dúbida quen acaparou maior atención e suceso na noite, un artista tres veces premiado no certame World Music da BBC. Mais, a presenza deste foi anunciada a última hora, coma substitución do grupo que tiña que ter actuado segundo así estaba programado: Asif Ali Khan, discípulo do grande Nusrat Fathe Ali Khan (alcumado "A boca de Deus").
O caso pasaría desapercibido, se non for polos motivos (i)reais da ausencia deAsif AliKhanen Sines, que poñen en evidencia o actual estado das cousas canto a libre circulacións de seres humáns no mundo. Según anunciu o seu representante: "Asif Ali Khan, não podendo provar a posse de recursos financeiros, que na realidade não tem, o visto de entrada na Europa foi-lhe negado, repetindo-se uma situação que nos últimos anos tem impedido a vinda à Europa de muitos dos melhores artistas dos países mais pobres de África, Ásia e América Latina". Para alucinar, mais así están as cousas, pequen@s monstros.
En todo caso, si puidemos disfrutar do son qâwwali, a música do misticismo musulmano que, ao través da repetición da palabra ("qaul"), procura estimular no ouvinte o contacto directo con Deus ou, para quen non cre, unha forma superior de experiencia estética. O qawwali garda muita relación estética co flamenco. Camarón de la Isla, por exemplo, faría un bon dueto co paquistanés Asif Ali Kanh, mais, como sabedes, o de San Fernando anda actualmente moi ocupado nas alturas con Nusrat Fathe Ali Khan.
Canto a organización do festival: impecábel. Os organizadores (fundamentalmente a Cámara municipal do concello de Sines), son tan detallistas que até preparan un video resume do acontecido cada día no festival para proxectalo entre os concertos programados na seguinte xornada, ademáis de crónicas audiovisuais de pasadas edicións. En varios lugares da vila (Avda. da praia e muros no exterior do propio Castelo), instalánse pantallas xigantes cun estupendo son pra quen quixer poida seguir o que pasa en todo momento no FMM. Para rematala, non falta a edición de material promo do evento, camisolas, chapas... pero sobre todo un estupendo doble cedé con música en formato digipack, con case que todas as musicas dos artistas participantes no evento, que custa tan só dous euros!!!
Para mostra un exemplo. Aquí tedes o video producido pola organización do que aconteceu o 25 de xullo, xornada na que disfrutamos máis intensamente e fomos testemuñas directas os pequenos e pequenas monstros na vila do Alentello, cun resumo audiovisual da crónica que vos vimos de fazer, deste día tan especial. Como curiosidade, o Pequeno monstro sae no video. Fixádevos no tipo da camisola encarnada con franxa branca no medio, que aparece na esquiña superior dereita nos fotogramas que van do minuto 2:27 ao 2:30.
Até aquí a segunda parte da nosa crónica no FMM de Sines 2008. Atentos e atentas á proximas edicións deste monstro-blog, donde continuaremos contándovos máis cousas verbo dunha lembranza inesquecíbel: aedición 2008 do FFM de Sines.
Comezamos a crónicada nosa viaxe até o Festival de Músicas do Mundo de Sines, na Galiza.
Partimos o sábado 19 de xullo dende Ferrolaté o que sería a nosa primeira parada: Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. Aló descubrimos hai xa anos un festival chamado Revenidas.
Este ano o Revenidas foi relanzado por todo o alto cun programa completísimo, unha presentación máis profesional e potentes patrocinios. O segundo día da cita, o sábado, bailamos como monstros con Capitán Sinho, O Sonoro Maxín, Che Sudaka (na foto) e O Infante Terrible. (Os trasanqueses, Serralhe-aí!!!, tiveron un incidente e non puideron tocar). Aló atopamos aos nosos compañeiros da Rádio FilispiM: Cholo, Paula e Cris. Como seguidores da potente banda Che Sudaka (Argentina-BCN), acamparon en territorio comanche, dende a mesma sexta feira, no que se abría o festival.
En vindeiros días, completaremos a crónica da nosa viaxe aoFMM de Sines, Portugal, na costa alentejana, a 163 km ao sul da Lisboa. Sen esquecer a reportaxe fotográfica que fixemos en Matosinhos, Porto, Nazaré, Lisboa, Sintra, Cascais.... e da nosa fin de feiras en Vila do Conde, donde descubrimos un evento que vén de nacer en Portugal: Ollin Ikan. Un festival de músicas do mundo itinerante, que naceu en México e que se está a expandir agora, en edicións paralelas, pola Europa.
De momento, pequenas e pequenos monstros, ficades con este adianto das fotos que tiramos lá, entre Sines e Porto Cobo.
Por mór da exposición itinerante "25 anos de pop con Radio 3", o programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, entrevistou a Jesús Ordovás [Diario Pop - Radio 3-RNE].
Aproveitamos para amosarlle ao Ordovás grupos da nosa comarca [Quant, Misquious, Roger de Flor... e lembrarlle outros que xa coñecía como Todo el Largo Verano]. Mais, como tod@s sabedes Ordovás xa non é parte da Radio 3, dende hai poucos meses, como consecuencia das prexubilacións forzosas acontecidas en RTVE-RNE, que se levarán por diante a boa parte dos pioneiros e da Radio 3.
Logo dunha amena conversa fixémoslle entrega dunha copia do primeiro cedé recompilatorio "Conspirando por unha rádio libre" de Rádio FilispiM [cunha chea de grupos da comarca] e comprometeuse a abrir a vindeira cita da exposición itinerante "25 anos de pop con Radio 3" con ese disco, de maneira simbólica.
Ao final da conversa despedimos cunha forte aperta ao ferrolán Ordovás [si, naceu no Porto de Ferrol] e Bárbara [do programa Capireando de RFM] tirounos unha fotos, que podes ver nesta entrada.
Todo foi moi improvisado, mais hai fican o audio e as fotos.
Ahhh!!!, acompañoume na entrevista Suso Suciedad [Manchita-Ferrol] e as fotos tirounas Bárbara [MMM]. Grazas Suso e Bárbara!!!