Amosando publicacións coa etiqueta Entrevistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entrevistas. Amosar todas as publicacións

24 de setembro de 2019

Divertimento - Quant e Xosé, de Rádio Clavi, secuestrados por un monstro.

Radio Clavi, emisora comuntaria de Lugo.


(Resubida, 23/04/2009)

Oscar, Miguel e Alberto Amigo, do supergrupo ferrolán Quant, protagonizaron esta edición de Divertimento para pequenos monstros. Ao través dos micros de Rádio Filispim de Ferrol (redifusión para Radio Piratona de Vigo), falaron do seu primeiro disco grande titulado: New adventures in full colour. Unha combinación de amateurismo e sabia estratexia de camello, da que poderás saber máis se procuras no "discurso" dos propios Quant. Pequenas xemas pop, destinadas a ser pinchadas en radios independentes e disfrutadas por pequenos monstros.

Ademáis, no programa contamos con Xosé, integrante da emisora libre de Lugo, Radio Clavi, Un outro elo da comunicación alternativa no país galego, que logo dun parón na súa xa longa andaina, procura a volta ás ondas.

Cara o final do programa recibimos unha chamada telefónica de Cholo.

Emisión: Rádio Filispim, estudio Ateneo Ferrolán.
Data: 23 de abril de 2009.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.


Bola extra. Video tirado do programa da TVG "Banda Curta", no que os Quant (e outros tipos sospeitosos como Roger de Flor) forman parte dun especial adicado ao Pop que se está a producir na comarca de Ferrol.

17 de setembro de 2019

Divertimento - Conversa con integrantes do CSO A Estación de Pontedeume e CSO As Atochas de Coruña (9/12/2010)


(Resubida, 9/12/2010)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros de 9 de decembro de 2010, achegáronse ao estudio de Rádio FilispiM, dous integrantes da asemblea do CSO Casa das Estación de Pontedeume. Chini e máis Jesús, faláronnos desta centro social, autoxestionado e ocupado, tan cercano a nós.

Ademáis, tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO Casa das Atochas en A Coruña. Iste centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" polas institucións e tinglados comerciais. Así, o CSO Casa das Atochas é un referente, canto a xestión de social autoxestionado e ocupado, en pleno centro especulativo da cidade herculina. Mais, alguén non o entende así (semella que hai demasiada organización fóra da "organización"). A  chamada Xustiza ten dictada unha orde de desaloxo do Centro Social das Atochas, para o xoves 9 de decembro de 2010.  Máis información nestrouto Divertimento.

Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
Data: 9/12/2010
Emisión: Rádio Filispim, Ferrol.

5 de febreiro de 2019

DIVERTIMENTO - ALÉN DE ANCOS, en conversa - 6/11/2008

Alén de Ancos, nunha sesión de Vermú de Radio FilispiM (xuño, 2012)

(Resubidas, 6/11/2008)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros tivemos no estudio a Alex e Rubén, que xunto a Pablo e Aitor, integran o grupo folc local Alén de Ancos. Presentáronse ámbolos dous no estudio cun cedé baixo o brazo con tres pezas, que viñan de gravar o día anterior, e que serviron para anunciar a inminente V Sesión Vermú de Rádio Filispim, que o propio grupo se encargaría de animar musicalmente. As Sesións Vermú da Filispim, sirven para apresentar e despedir as grellas radiofónicas.

Durante o programa chamóunos un ouvinte, Vicente, quen levou de agasallo unha camisol da radio libre e comunitaria de Ferrol.

Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán
Conduce: André, Pequeno Monstro.

30 de xaneiro de 2019

Divertimento - Entrevista a Roger de Flor, presentando Naturalidad Silvestre - 18/12/2008

Roger de Flor e Alberto Alonso, na gravación dun video clip.


(Resubida, 18/12/2008)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros, contamos coa presenza no estudio de Rádio Filispim, no Ateneo Ferrolán, de Rogelio Arias, máis coñecido por estas terras como Roger de Flor. Roge, vén de publicar o seu segundo disco Naturalidad Silvestre, como referencia nº 1 do novo selo Felipop Discos, ligado ao famoso festival de Limodre (Fene).

No disco colaboran un nutrido grupo de músicos e amig@s da comarca: Fran Rey (piano), Cabe García (guitarra), Luís Cuba (baixo), Álvaro Lamas (steal guitar), Serguei Izmailov (batería)...

Ademáis, para a súa promoción, conta coa colaboración doutro fenés, Carlos Alberto Alonso, quen dirixe o video clip de "Cuanto hai que aguantar". No 2006 xa producira "Una desconocida máis", peza tirada da primeira maqueta, Canciones de Amor y Retranca (2006).

O novo disco do fenés, será presentado o venres 26 de nadal no salón de actos do Ateneo Ferrolán, R/ Magdalena, 202, antes podes ouvir aquí algunhas das pezas en excluviva mundial...

Nota: no min. 23:00 do programa intervén por teléfono o noso compañeiro, tristemente desaparecido anos despois, Diego Barcia (Guayo).

Conduce: André, Pequeno Monstro.
Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.

22 de xaneiro de 2019

Divertimento - Todo el Largo Verano (Alberto Amigo) + Mani CIG Ferrol - 13/11/2008

Todo el Largo Verano (2008)
(13/11/2008, resubida)   

Todo el Largo Verano estiveron o xoves 13 de novembro de 2008 en Divertimento para pequenos monstros, na Rádio FilispiM, un dos proxectos musicais nos que anda embarcado Alberto Amigo, guitarra e letrista desta formación local.

Fer, Rubén, Carolina e outros elaboran e gravan as súas pezas no salón da casa de Alberto. Guitarras, batería, teclados, ukeles e outros artefactos, son pulsados por estes activistas do pop ferrolán. Algúns deles, ademáis de ser parte doutras bandas (Quant), son as almas desa impulsora de artistas ferrolterráqueos coñecida como La Fonográfica General, que vén de cumprir tres anos de existenza..

*
Para completar o programa na súa faceta social, cubrimos a manifestacion que o sindicato galego CIG realizaba en Ferrol "en defensa dos intereses da clase traballadora galega, que a crise a pague o capital". Nesta ocasión contamos con Lupe Ces como correspondente, dende a propia manifestación.

Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.
Conduce: André, Pequeno Monstro.
Audios (2): Programa completo / Corte Lupe Ces.

20 de xaneiro de 2019

Divertimento - Entrevista a Alexandre Carrodeguas da Rede Galiza Non Se Vende (12/02/2009)

Mobilización da Rede Galiza Non se Vende (Compostela)
(12/02/2009, resubida)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros contamos con Alexandre Carrodeguas, integrante da Rede Galiza non se vende e do Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

A Rede Galiza non se Vende nace en  novembro de 2007 como iniciativa de máis de sesenta colectivos ecoloxistas, sociais e da veciñanza do país galego.

"Desamparados, desprotexidos, defraudados", estes foron os sentimentos dos impulsores da Rede aos dous anos de goberno do bipartito PSdG-BNG, ao que acusaron de defender un "modelo enerxético depredador, en contra dos intereses dos cidadáns".

Case un ano despois da primeira grande mobilización da Rede (17/02/2008), voven os cidadáns a estar convocados para o domingo 15 de febreiro de 2009, en plena precampaña das autonómicas do país galego.

Rádio FilispiM, a radio libre e comunitaria dende Ferrol (Galiza), deu conta da masiva asistencia a aquela primeria convocatoria a que acudiron maís de 10.000 persoas.

**
Alexandre Carrodeguas, como integrante do Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ademais nos falou do contencioso da cidadanía ferrolá cos poderes e intereses que manteñen activa a pranta de Gas de Reganosa na Ría de Ferrol, a 900 metros de una base militar naval e pouco máis de 1000 metros dun nucleo de máis de 100.000 habitantes, pese a existir un novo porto exterior na ría.

Por si todo isto for pouco convincente, a entrada da Ría de Ferrol é tan fermosa como estreita, o que só permite a entrada dos gaseiros na pleamar de día e coa axuda de remolcadores. No suposto de que houber un accidente, un gaseiro non podería sair da ría polos seus propios medios, e de atoparse coa baixamar tería que ficar no meio dela. Por certo, a pleamar diurna únicamente deixa unha hora escasa ao día para saír e sempre coa axuda dos remolcadores.

Pese a todo, os sucesivos gobernos da Xunta de Galiza (PP e PSOE/BNG), a cualifican coma de "estratéxica para Galicia". O certo é que tras desta desafortunada e caprichosa ubicación  atópanse elementos de conveniencia empresarial que engaden a este asunto unha banda sonora de fétidas melodías.

Neste enlace atoparás audios producidos pola Rádio FilispiM da manifestación contra a Reganosa organizada polo Comité de Emerxencia o 8 de xuño de 2008.

**
No transcorrer deste programa intervén vía telefónica Xabi Porto do Espazo Libertario de Ferrol.

Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.
Conduce: André, Pequeno Monstro.
Audios (3): Corte1 / Corte2 / Programa completo.

5 de xaneiro de 2016

Divertimento - SGHN + Fundación Vía Galego - 05/02/2009



(05/02/2009) -resubida- A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) vén realizando desde os primeiros anos da década dos setenta os Censos de Aves Acuáticas invernantes, Censos de Aves petroleadas así como o anillamento científico de aves. Ademáis, participou directamente na elaboración do "Atlas de Vertebrados de Galicia", que hoxe en día é unha obra de consulta obrigada para calquera estudioso da natureza.

A SGHN forma parte da Coordinadora para a ou Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) e da Sociedade Española de Cetáceos (SEC), cun grupo de traballo creado especialmente para a atención daqueles animais vivos que poidan varar nas nosas costas, seguimento de avistamento de cetáceos na comarca e necropsias dous cadáveres atopados, retirando mostras para o seu posterior estudo no Centro de investigacións Mariñas de Vigo.

Por outra banda, a "Sociedade" colabora con CEPESMA (Coordinadora para o Estudo e Protección das Especies Mariñas) de Luarca (Asturias), coa que comparte materiais e coñecementos.

Desde o comezo das súas actividades recollen e cuidan animais salvaxes feridos, ao non existir entidade pública oficial con este fin. Agora, se colabora no mesmo fin co Centro de recuperación de Fauna Salvaxe da Xunta de Galicia en Oleiros, organizando o envío de animais feridos aparecidos na comarca e conservando os restos de animais non recuperados para futuros estudos, que pasan a formar parte dos fondos do museo.

A delegación de Ferrol da SGHN posúe no seu local un museo que comezou sendo unha pequena exposición sobre a riqueza natural de Galicia. Hoxe, grazas ao esforzo altruísta de moitos socios e socias, podemos consideralo un Museo único en todo o País galego. Os medios e as axudas cos que conta para realizar o seu labor son escasos e os recursos limitados, mais, a pesar destas dificultades, o traballo que se está a realizar non é pouco.

O Museo comezou a con unhas pequenas coleccións de insectos, crustáceos, cranios de aves, etc., coleccións que foron aumentando para deixar de ser pequenas, e xunto a elas comezaron a aparecer as primeiras montaxes de esqueletes de mamíferos mariños (golfiños, toniñas...) e os primeiros fósiles. Hoxendía o Museo da Natureza da SGHN de Ferrol conta cunha ampla diversidade de pezas. Grande parte do material exposto foi recollido na Comunidade galega, complementado cos restos e traballos doutras zonas da península.

No ano 1984, coa cesión dun local por parte do Concello de Ferrol (antigo Hospicio en Amboage), decidiuse darlle carácter público aos numerosos libros propiedade da "Sociedade", creándose a biblioteca pública da SGHN. Esta comezou a crecer con subvencións e doazóns de libros de contido especializado e hoxe en día acadou un bon número de exemplares. Así, desde o ano 1.999 a Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol ten subscrito un convenio co Concello para manter aberto o Museo e a biblioteca así como a difusión da nosa natureza e os seus valores ás xentes de Ferrol.

No ano da gravación deste programa, 2009, este museo demandaba un espazo acondicionado e digno no que poder expor todos os fondos, xa que estado do local cedido polo Concello era de ruina total... A solución semellaba pasar pola restauración ou traslado a "Casa del Coronel" (parcela do antigo cuartel Sanchez Aguilera en Canido), un espazo de uso militar desafectado.

Aproveitando a celebración o xoves 5 de febreiro de 2009 dunhas Xornadas do Medio Mariño organizadas pola SGHN no Ateneo FerrolánJuan Ignacio Díaz da Silva, histórico integrante da "Sociedade", estivo a falar en Divertimento para pequenos monstros de todo esto...

Este Divertimento para pequenos monstros (05/02/2009) remata cunha entrevista telefónica a Iria Taibo da Fundación Vía Galego, quen tenta que os medios de comunicación audiovisuais portugueses podan ser sintonizados en Galiza, como unha oferta máis normalizada...

Conduce a apresenta: Pequeno Monstro.

13 de outubro de 2015

Divertimento - Colectivo CGTH, 10 anos + Danza, con Suso Perez Lago e Mar Sanchez - 09/10/2015

Mar Sánchez e Suso Pérez Lago, en Divertimento

Edición do venres 9 de outubro de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

Contidos:
  • O Colectivo ferrolán CGTH anda a cumprir 10 anos, e para cebralo programan unha festa para o vindeiro venres 16 de outubro na sala Super 8 de Ferrol, coas actuacións de Bala, Klute e Os Novos. Oscar e Olaia, integrantes de CGTH, estiveron no estudio...
  • O mundo da DANZA e da DANZATERAPIA en Ferrol. Coa presenza do bailarín Suso Pérez Lago e da danzaterapeuta Mar Sanchez Fraga​, que afondaron no mundo da danza e nos contaron as actividades para este novo curso e da áula de danzaterapia que impartirá Mar Sanchez a partir do xoves 15 de outubro.
  • Recomendacións para a fin de semana...


Difunden:
 Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) & Rádio Kalimera, 107.9 FM.
Conducen: Ana Lucecú​ e o Pequeno Monstro​.

12 de outubro de 2013

DIVERTIMENTO - O caso do Casino Ferrolano - Entrevista a Roger de Flor apresenta novo disco... - 11/10/2013


Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 11 de outono de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...

- Contacto telefónico con Ana Fernández de BBTTA-Narón quen nos fala da situación que se deu esta semana no Casino Ferrolano ao prohibir o Presidente de dita sociedade 
a unha socia, utilizar a sala coñecida coma "pecera" para a lactancia dunha crianza de tan só tres meses.

- Entrevista ao autor pop Roger de Flor (Rogelio Arias), quen apresenta o seu novo cedé realizado xunto a formación Os Silvestres, "Hai un Lugar no Norte". Máis dunha hora de música e de agradábel conversa co autor de Limodre (Fene).

Conduce: André "Pequeno Monstro".

Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Corunha).

+ info http://pequenosmonstros.blogspot.com 


29 de xuño de 2012

DIVERTIMENTO - Radio Contrabanda [BCN] - Amparo Arias [Limodre], "Todo lo que no pasó" - La Voz de Galicia, hiper-untada pola Xunta.


Edición do xoves 28/06/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Último programa da grelha 2011/2012. Volvemos en setembro; grazas pola vosa complicidade ;)

Contiúdos:

- Novas: O asasinato machista da nosa veciña Iria. Carta dun funcionario ao Director de La Voz de Galicia, o xornal "independente" máis untado da historia pola Xunta.

- Entrevista con Ernesto Che Majara de Rádio Contrabanda de BCN. Ante o acoso de Generalitat de Catalunya as súas emisións, libres e non subvencionadas.

- Entrevista a Amparo Arias [Limodre-Fene]. Apresentando o seu álbum "Todo lo que no pasó".

- Novas: concentración fronte ao Concello de Ferrol denunciando novos e suntuosos gastos na Praza da España. Conexión telefónica  coa nosa compañeira filispina, Lorena Calaza.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.






Entrevista con Ernesto Che Maraja, Rádio Contrabanda [BCN]:
Ir a descargar


Entrevista con Amparo Arias  [Limodre], "Todo lo que no pasó":
Ir a descargar


Divertimento no Facebook.

12 de decembro de 2010

Divertimento - Entrevista a Oscar QUANT [09/12/2010]

Nesta edición do programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM [09/12/2010], estivemos acompañados do ferrolán Oscar QUANT, quen nos falou de cuestións que teñen acontecido dende a súa última visita a Divertimento.

Así, falounos da súa colaboración coa banda punk de Ferrol Lee Van Cleef [Lee Van Quant] , a nova proposta pop de Amparo Árias [Limodre-Fene], da produtora audiovisual Woo! [Ferrol], dos seus videos, do seu estudio de gravación Sausalito, do seu inminente novo disco grande, de sospeitosas mensaxes escritas en servilletas de papel... e un cento de monstrosidades máis.

Como non podía ser menos, todo ilo o ilustramos coas músicas de:
- AMPARO ARIAS [Yes, no].
- LEE VAN QUANT [Lee Van Cleef + QUANT].
- QUANT [un tema tributo aos Raspberries, a sintonía do programa Turkía [Localia TV]
+ Ninguén parece escoitar [anti-Reganosa] + en exclusiva mundial para Divertimento e Rádio FilispiM, un adianto do inminente novo disco de QUANT [que escoitamos dúas veces!].

Divertimento non é un rollo. É unha madalena.

Para calquer aclaración ao respeito contacten co Pequeno monstro.

1 de decembro de 2010

Orde de desaloxo do CSO Casa das Atochas [Coruña] + Audio entrevista 30-12-2008


Chéganos este comunicado ursente do CSO Casa das Atochas en A Corunha. O vindeiro xoves 9 de decembro de 2010 podería ter lugar un intento de desaloxo.

Ao final do comunicado déixovos cun audio de Divertimento [30/12/2008], donde tivemos ocasión de falar con un dos integrantes da asemblea deste centro social de A Coruña.

Nas vindeiras edicións de Divertimento ampliaremos información.

Comunicado:

ALARMA! orde de desaloxo.

Xa están aquí![espertando o pesadelo].

Hai case 3 anos que comezou todo, hai case 3 anos que o asemblearismo, a horizontalidade e a autoxestión establécense nas nosas vidas como unha realidade, case 3 anos que desafiamos a lóxica probable do evidente, alcanzando así o principio dun longo camiño incerto, cuxo final está aínda por escribir.

Case 3 anos que a reafirmación persoal e colectiva duns principios de participación afloraron polos poros da nosa pel e tímidamente ameazan con romper a coraza de medo na que se foi convertindo, lentamente, o noso corpo.

Tres anos nos que a utopía do descoñecido vencía por fin á rutina condicionada e aplastante do cotián. Onde, por e para todxs, é sentida a significación máis profunda do «faino ti mesmx» creando así un espazo de desarrollo creativo político e social.

Tan só 3 anos…, como pasa o tempo…

Aínda se recorda como era todo antes; a frustración, a decepción, o non atopar nin o tempo nin o lugar… o non entender porque aquí era imposible o que en calquera outra parte era real. Qué malos tempos!

Pois ben, por fin séntese que o tempo é agora. Por fin séntese que o lugar é aquí.

Hoxe compréndese que só nós somos capaces de conseguilo. Que non necesitamos nin intermediarixs nin promesas que nos iluminen.

Por fin démonos de conta de que nas nosas mans están as rendas das nosas vidas e nos nosos corazóns os idearios de liberdade, de igualdade, de xustiza e de apoio mutuo.

Hoxe é agora, e agora é o momento. Hoxe por todxs e mañá tamén.

AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLOS EN BREVE.

Amosa o teu apoio ao C.S.O. Casa das Atochas entrando aqui:

Adhesión Colectivos: descarga
Adhesión Persoas humanas: descarga
Envía a túa adhesión a: contacto@asadasatochas.info
+ info en: http://www.casadasatochas.info

28 de novembro de 2010

Divertimento - Grupos musicais e locais ensaio no Concello de Ferrol [25/11/2010].

No Divertimento para pequenos monstros do pasado xoves 25 de novembro de 2010, fixemos un programa especial adicado a algúns dos grupos de música de Ferrol, que están a utilizar os locais de ensaio que o Concello de Ferrol habilitou no Mercado da Madalena.

Pasamos a tarde con Carlos e Mundo [Habitación 92], Eloy [Vinyl Death], Brais [Wings of Liberty], Emilio e Rubén [proxecto musical en elaboración] e Noe, coordenadora dos locais de ensaio [Escola da Vaca].

Ademáis escoitamos música da primeira maqueta dun destes grupos: Habitación 92.

Divertimento é un programa de radio da Productora Imaxinaria [PID], presentado polo Pequeno monstro. Podes ouvilo en Rádio FilispiM. Directo: xoves de 6:30 á 8:00 da tarde. Diferido: luns de 9:00 á 11:00 da noite, sábados de 2:00 á 4:00 da madrugada e de 2:00 a 4:00 da tarde.

Na rede: ao través deste blogue e máis en: www.opaii.blogspot.com e www.podgalego.org

22 de novembro de 2010

Divertimento - Conversa con Pedro Ferrández [Aquilo que Vibra -RFM].

O pasado xoves día 18 de novembro de 2010, levamos [enganado] ao estudio de Rádio FilispiM a Pedro Ferrández, responsábel do programa de radio Aquilo que Vibra [Rádio FilispiM, luns de 19:00 á 20:oo h.].

Pedro [inocente] aceitou o engano encantado e prestouse a unha sorte de xogos, un Divertimento para pequenos monstros.

O programa comeza con Pedro Ferrández bailando desenfrenado sobre a mesa do estudio e remata con un Pequeno monstro en bata e o Pedro con tan só unha toalla. Ademáis falamos de todo un pouco e incluso ficamos en silencio durante máis de quince segundos en protesta pola extinción dos pequenos monstros no mundo.

O mundo mundial está de sorte, pois xa poden escoitar o pod-cast do asunto en diferido, para máis morbo.

En definitiva: un divertimento.

Até o vindeiro programa, monstros.

Descargar o audio

Escoita Divertimento para pequenos monstros, un programa do Pequeno monstro en Rádio FilispiM [93.9FM], en directo os xoves de 18:30 á 20:00 h + diferido os sábados de 14:00 á 15:30, luns de 21:00 a 22:30 e sábados de 2:00 a 3:30 h. da madrugada.

31 de outubro de 2010

Divertimento para pequenos monstros - Especial ocio e cultura en Ferrol.

Primeiro programa de Divertimento para pequenos monstros, na nova grella 2010/2011, da Rádio FilispiM, xa dende o novo local de Caranza-Ferrol.

Nesta ocasión xuntamos no estudio seis persoas:

Dúas persoas relacionadas ca xestión do ocio dende as súas sala de concertos [Rubén Coca , "Super 8" e Suso Eiroá, "Manchita Cosa"]. Unha persoa relacionada coa xestión da oferta do ocio e cultura do Concello de Ferrol [Roberto Taboada, Asesor Cultural]. Outra persoa divulgadora da oferta do ocio na nosa comarca e no noso País [Pepe Cunha, portal abretedeorellas.com]. Unha persoa humana de Ferrol [Aida] e ademáis a unha persoa extraterrestre de Italia [Paolo].

Con todos eles, cos seis, charlamos e chegamos a diversas conclusións, que só poderedes coñecer ouvindo o auido que segue:



Descargar o audio


Escoita Divertimento para pequenos monstros en Rádio FilispiM:

- Luns de 9 a 10:30 da noite.

- Xoves de 6:30 a 8 da noite [directo!]

- Sábados de 2 a 3:30 da tarde.

- Sábados de 1:30 a 3:00 da madrugada.


Máis info neste blogue, no de Rádio Filispim e no noso e-mail: radiomonstro[arroba]gmail.com
Foto: vista aerea de Ferrol.

4 de novembro de 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Traje de Saliva.

Traje de Saliva foi un grupo que naceu en Vigo no ano 1998 baixo os auspicios espirituais de Mon Ninguén e Una Vena. Daquela, por cuestións laborais, Mon andaba por Ferrol e un bon día un tal Suso Suciedad presentoullo ao Pequeno Monstro. Ise foi o prinicipio do fin.

Traían baixo o brazo un mini cedé (Ep) titulado "El Cuerpo y la Ciudad" (1999) e o seu primeira duración "Mima" (2000). Con todo ese material os Pequenos Monstros decidimos que xa era dabondo, polo que secuestrámolos durante unha hora no estudio de Radio Fene, naqueles tempos refuxio do Divertimento.

Baixo o manto sonoro daqueles dous primeiros traballos de Traje de Saliva, un dezaséis de febreiro de 2001, cometimos unha entrevista-crime que comeza inocentemente (para despistar) e remata con preguntas do tipo:

- Sentídevos sós en todo isto?
- Considerádevos uns intelectuais do mundo?
- Vedes a televisión?
- Que comedes normalmente?
- Pensades que poderedes comer algún día das vosas músicas?
- Enviariades a vosa música ao espacio exterior?
- Que pensades das vacas tolas e todo iso?

Pois nada, que disfrutedes do audio e a próxima semana haberá máis aquí en Divertimento para pequenos monstros.

Descargar o arquivo

26 de outubro de 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos.

Con esta edición de Divertimento, principiamos unha serie de programas nos que recuperaremos do fondo do arquivo sonoro do Pequeno Monstro, gravacións realizadas noutras etapas do programa. Todas elas permanecian caladas en cintas de casetes que iremos dixitalizando cada semán, pra volver a revivir.

En abril do ano 2001, Divertimento para pequenos monstros emitiase en Radio Fene. Daquela, Ana Santiago (Lucecú) acompañaba ao Monstro na conducción do programa.

Os contidos dunha daquelas históricas edicións que recuperamos hoxe, son os seguintes:
  • Casa Encantada de Santiago de Compostela. Entrevista a Fran del Buey.
  • Novo Circo de Ferrol. Entrevista a Clara e Sabela.
  • Fundaçom Artábria. Entrevista a Alexandre e Ismael.
  • Homenexe ao Victor do Mr. Natural de Esteiro-Ferrol.
  • Ana Lucecú entrevista na Malata a Julian Hernandez (Siniestro Total).
En vindeiras edicións seguiremos a recuperar gravacións realizadas entre os anos 1998 e 2002 na Radio Kaos (desaparecida emisora universitaria de Ferrol) e Radio Fene (hoxe reconvertida en Radio Fusión). Resucitaremos as vozes de persoas humáns, músicos e colectivos que protagonizaron aqueles anos. Algúns deles seguen na brecha, outros ao desaparecer foron berce de novas iniciativas e os demáis ficaban durmidos na nosa memoria á espera de seren pasto da nostalxia... ou dos pequenos monstros.

Descargar o arquivo

1 de maio de 2009

Divertido maio en Ferrol e na Galiza.

Divertimento para pequenos monstros, na súa última edición vén de amplificar a proposta para o primeiro de maio deste 2009 que nos oferecen os libertarios na Galiza.

Todos eles hanse achegar a Ferrol pra se manifestar, partindo do Espazo Libertario xerado na Avenida de Esteiro.

Con esta manifestazón, xa son tres as convocadas polas diversas forzas sindicais na cidade departamental. Quen sabe, cecais o vindeiro primeiro de maio sexa o da "conxunción interestelar" definitiva. No estudio da Rádio Filispim, Xabier, militante cenetista, conta os detalles da convocatoria.

Ademáis, ao través do teléfono, Carlos Outeiro, integrante da Mesa pola Normalización Ligüística, comenta os detalles do manifesto e convocatoria de manifestación, para o vindeiro 16 de maio (día das Letras Galegas) en defensa da lingua propia da Galiza.

Algunhas notas sobre a nosa actualidade máis "rabiosa" e muita boa música completan o Divertimento do pasado 30 de abril de 2009.

A disfrutar do audio, e lembrade que sempre gostamos das vosas suxestións en radiomonstro (arroba) gmail.com ou mesmo neste blog. Saúde, monstros!!!!

Descargar o arquivo

3 de abril de 2009

Divertimento especial VI Conspirando. Entrevistas: Retobato e Roger de Flor 02/04/09

[FINAL+Cartel+VI+Conspirando+COR+PUBLIS+BLOG.jpg]

Na última edición de Divertimento para pequenos monstros, contamos coa presenza de Pablo do grupo punk Retobato e con Roger de Flor, ambos participantes na inminente VI edición do CONSPIRANDO que está a ponto de explosionar. Ademáis conversamos con Iago e Miguel, O Recuncho, que nos contan detalles da organización deste festival do que ademáis, o propio Colectivo Opaíí!, nos achegan novas de última hora.

Ficades co audio do Divertimento, nun formato especial de hora e media:
Descargar o arquivo


Programaçom do VI Conspirando por umha Rádio Libre, o festival que organiza o Colectivo OPAII para o apoio e difussom de Rádio FilsipiM, a rádio livre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol.
  • Data: Xoves 9 de abril de 2009
  • Lugar: O Inferno [Pista polideportiva da praza do Inferniño – Ferrol]
  • Entrada: Gratuita
ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
  • Programa de radio especial: Dende o estudio de Rádio Filispim, 93.9 FM, emitirase um programa especial cas voces d@s protagonistas, durante e tarde-noite do xoves 9 de abril.
  • Feira de Colectivos: A partir das 18:00h. Colectivos inscritos até o momento: Rede FerrolTroca, ONG Lena, LiberaONG, A.C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, El Militante, Espazo Libertario, Fundaçom Artábria, Briga, Coop. Xoaniña, Artefeitocaseiro, Mesa pola Normalización Lingüistica, Colectivo Opaii!–Rádio FilispiM.
  • Colectivo de Uruguayos en Ferrol instalarán un “tanque” donde asarán chourizos.
  • Massa Crítica Ferrolá, convoca unha “bicicletada” aberta a tod@s @s afeccionad@s que partirá baixo da carpa ás 20:00 h., en punto, para dar unha volta por Ferrol.
  • Festival de música: A partir das 22:00 h.:
  • Retobato (Punk Rock) – Ferrol
  • Roger de Flor e amigos (Pop-Swing) – Fene
  • Sacha na Horta (Fusión) – Compostela
Todos os actos na Praza do Inferniño, baixo umha carpa con entrada de balde.

Colaboran: Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural "Castelo de Moeche",Colectivo Fervesteiro e a Concellaría de Cultura – Ferrol.

Apoiam:
A.VV O Rosario-Inferniño, A.VV Ensanche A, Colectivo Ártabra21, Fundaçom Artábria, Marcha Mundial das Mulleres, Pizzería Rincón Argentino, Ganya GrouShop, Pub Manchita Cosa, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ONG Lena, A.C. Fuco Buxán.
Ver mapa máis grande
Descargar a cunha radiofónica.

27 de febreiro de 2009

Segundo asalto: Centros Sociais Autoxestionados na Galiza.

Segundo programa especial sobre o movimento de centros sociais autoxestionados (CSA) en Galiza.

En outubro do ano 2002, Divertimento para pequenos monstros, producía un novo especial que daba continuidade á entrevista que mantiñamos un ano e meio antes con Fran del Buey, do CSA Casa Encantada de Compostela.

Nesta ocasión dende a Casa Encantada nos comentan máis sobre a singularidade deste centro social, estabelecemos unha conexión con Xacio da lexendaria Casa Okupa da Ría en Oleiros e mantemos unha conversa con Keke do CSA Mil Lúas de A Coruña.

Tres centros socias, tres, que hoxe en día non existen, aló menos tal e como os coñeciamos nalquel momento. Decimos isto xa que é moi probábel que aqueles protagonistas cos que mantivemos as conversas, naqueles primeiros noventa, estean hoxe en día dando vida novos espazos liberados. O propio CSA Laboratorio Okupado As Atochas no Bairro de Monte Alto (A Coruña), é bon exemplo da vixencia do citado movimento, mais deste espazo xa tivestes boa conta noutras entradas deste blog e na propia Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Para nós, estes audios se teñen convertido nuns documentos que describen na voz dos seus protagonistas, como funcionaban tres centros socias (que non os únicos) aos que puidemos achegarnos os pequenos monstros, naqueles anos, cando este Divertimento se emitía ao través das ondas da radio pública local Radio Fene 107.7 FM, que por certo remata de cumprir neste 2009, nada máis e nada menos que 25 anos de emisións ininterrompidas.

A disfrutar do audio!!!
Descargar o arquivo

AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLO EN BREVE.

Foto: cartaz da okupazón simbólica da Panificadora. Vigo, maio de 2007
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...