Roger de Flor e Alberto Alonso, na gravación dun video clip. |
(Resubida, 18/12/2008)
Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros, contamos coa presenza no estudio de Rádio Filispim, no Ateneo Ferrolán, de Rogelio Arias, máis coñecido por estas terras como Roger de Flor. Roge, vén de publicar o seu segundo disco Naturalidad Silvestre, como referencia nº 1 do novo selo Felipop Discos, ligado ao famoso festival de Limodre (Fene).
No disco colaboran un nutrido grupo de músicos e amig@s da comarca: Fran Rey (piano), Cabe García (guitarra), Luís Cuba (baixo), Álvaro Lamas (steal guitar), Serguei Izmailov (batería)...
Ademáis, para a súa promoción, conta coa colaboración doutro fenés, Carlos Alberto Alonso, quen dirixe o video clip de "Cuanto hai que aguantar". No 2006 xa producira "Una desconocida máis", peza tirada da primeira maqueta, Canciones de Amor y Retranca (2006).
O novo disco do fenés, será presentado o venres 26 de nadal no salón de actos do Ateneo Ferrolán, R/ Magdalena, 202, antes podes ouvir aquí algunhas das pezas en excluviva mundial...
Nota: no min. 23:00 do programa intervén por teléfono o noso compañeiro, tristemente desaparecido anos despois, Diego Barcia (Guayo).
Conduce: André, Pequeno Monstro.
Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!