27 de setembro de 2011

X Sesión Vermú do Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM, presentación da súa sétima grella.

O vindeiro sábado 1 de outubro de 2011 a partir das 12:00 h. do mediodía, o Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, argalla a súa X [décima] Sesión Vermú. Vai ser no local anexo ao seu estudio, na traseira do Mercado de Caranza.

No transcurso da mesma apresentarase a grella radiofónica 2011/2012 da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, no seu xa sétimo curso radiofónico.

As persoas responsábeis dos programas de produzón propia apresentarán as súas propostas, as que se sumarán as novas incorporacións a grella da radio, dentre delas un programa de literatura, "Literalmente", e outro de música hip-hop, "Ferrolterrap".

Como é habitual a sesión vermú "filispina" estará amenizada por música. Nesta ocasión contamos coa colaboración desinteresada dos grupos locais: Quant e Die Tsunami.

Haberá petiscos, cervexa e, claro, vermú. Como a radio é autoxestionada, quen quixer colaborar no seu sostemento, poderá mercar camisolas co logo da radio e redondas chapas.

Un programa de radio en directo servirá para rexistrar e difundir a toda a comarca a nova grella da Rádio FilispiM, ao través do 93.9 FM e como novidade, tamén para o mundo en directo ao través do streaming, activando o reprodutor que se atopa neste blogue na parte superior dereita.

Máis info en: http://opaii.blogspot.com/2011/09/radio-filispim-comeza-sua-setima-grella.html



Descargar a cunha de radio

21 de setembro de 2011

Divertimento - Entrevista a Suso, Foro Social Ferrolterra + Merce, Acampada Ferrol [Plataforma Afectados Hipotecas]

Este xoves 22 de setembro de 2011 as 18:30 h. en Rádio FilispiM, comezou unha nova tempada de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

Neste programa contamos coa presenza de Suso un dos organizadores do Foro Social de Ferrolterra que se celebrará este 23, 24 e 25 de setembro no Campus Universitario de Esteiro [Ferrol].

Ademáis achegouse ao estudio Merce, integrante do colectivo Acampada Ferrol e unha das organizadoras da Manifestación polo Dereito a Vivenda Digna [Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas] que partirá o domingo 25 de setembro da Porta Nova [Praza de España] en Ferrol e doutras moitas cidades do Estado.

Unha das novidades máis salientábeis de Divertimento na grella 2011/2012 é a re-incorporación á equipa de Blen Santiago [Ana Lucecú], quen formou parte dos "monstros" cando o espazo emitiase pola Radio Fene e mesmo na desaparecida Radio Kaos de Ferrol, de todo isto hai xa moitos, moitos anos... Como non podía ser menos, estamos encantados de ter a Blen Santiago de novo con nós... e con vós.

Esté é o podcast do Divertimento:

Descargar o audio

14 de setembro de 2011

Rádio FilispiM, emisión en internet para o mundo!

Despois de algunhas semanas en probas, a radio libre e comunitaria de Ferrol [Terra de Trasancos], xa pode escoitarse en directo en todo o mundo ao través do enlace:
http://us.cdn1.123rf.com/168nwm/skovoroda/skovoroda1103/skovoroda110300006/9069519-on-air-warning-message-on-red-lamp-isolated-over-white-background.jpg

Também podes escoitala dende o enlace habilitado no blogue de Rádio FilispiM:
http://opaii.blogspot.com

E como non, ao través deste mesmo blogue [reprodutor parte superior dereita].

Rádio FilispiM retrasmitirá o Foro Social de Ferrolterra [23, 24 e 25 de setembro 2011]



Rádio FilispiM, intentará cubrir o Foro Social de Ferrol Terra ao vivo, do começo à fim, a través de internet poderedes seguir as charlas que se impartirám, se nom podedes assistir ao Foro, Rádio FilispiM achegara o Foro, a vos.

"PENSANDO EN GLOBAL, ACTUANDO NO LOCAL".
Foro Social de Ferrol Terra [Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011, Salón de actos do Campus de Esteiro - Ferrol da UDC].

O VENRES 23 de Setembro, Manifestación ás 19:00 hs. e despois unha Actuación Musical de 20:30 a 23:00 hs. onde participaran as voces indignadas e comprometidas.


SÁBADO 24 de Setembro

09:30 hs.
O Movemento 15-M , que hai de novo?
Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo “democrático” actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M.

Presenta a Mesa: Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres.
  • Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas.
  • Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol.
  • Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.
11:00 hs.
Son posíbeis outros medios de comunicación?
Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?

Presenta a Mesa: Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal.
  • Lois Rodríguez, Cofundador da Asociación de Medios en Galego.
  • Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, redactora da revista Tempos Novos.
  • Mariano E. Fernández Cabarcos, Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC).
16:00 hs.
Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético.
A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento.

Presenta a Mesa: Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxéncia.
  • Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista.
  • Manuel Rivera, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria.
  • Isabel Vilalba, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.
17:30 hs.
Como podemos frear a perda de dereitos? É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?

Presenta a Mesa: Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG.
  • Merchi Díaz López, da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista.
  • Silvia Bermúdez Pérez, licenciada en dereito, vinculada á FESGA.
  • Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia.
  • Vitoria Iglesias, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.

DOMINGO 25 de Setembro

09:30 hs.
Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?

Presenta a Mesa: Madalena González, presidenta da Asociación Veciñal de Prioriño, activista pola democracia participativa.
  • Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño.
  • Martiño Noriega, alcalde de Teo.
  • Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, Sevilla.
11:00 hs.
Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?

Presenta a Mesa: Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.
  • Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego.
  • Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo.
  • Juán Carlos Monedero, sociólogo, profesor, escritor e activista.

Descargar a cunha-promo do especial que realizará Rádio FilispiM

8 de setembro de 2011

Rádio FilispiM comeza a súa sétima grella radiofónica dende o 93.9 FM


Rádio FilispiM comeza a súa sétima grella radiofónica dende o 93.9 FM

O sétimo curso radiofónico, 2011/2012, de Rádio FilispiM, radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, está a piques de comezar.

Rádio FilispiM
é a principal actividade do Colectivo Opaíí! [Ondas Para Activación Información Independente], unha radio sen ánimo de lucro, autoxestionada, sen patrocinadores, que non emite publicidade, enmarcada no terceiro sector da comunicación: a cidadanía. Esta radio está integrada nas redes ReGARLIC [Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias] e na estatal ReMC [Rede Estatal de Medios Comunitarios].

Como achegarse ao Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM, 93.9 FM
Consulta o apartado Quen Somos? no noso blogue [http://opaii.blogspot.com]. Se pensas
que podes aportar colaboración desinteresada á radio libre e comunitaria da nosa
comarca, non dubides en escribirnos ao noso correio electrónico [filispina@gmail.com].

Sesión Vermú.
O vindeiro sábado 1 de outubro realizaremos unha nova Sesión Vermú, presentando a nova grella de Rádio FilispiM, coa emisión dun programa en directo e coa actuación dun grupo ou solista da comarca, aínda por confirmar.

En Rede.
Este novo curso radiofónico, o colectivo re-editará a colaboración con outras radios de Galiza, Estado e resto do mundo, ao través da difusión de variadas propostas radiofónicas [informativas, musicais...]. Verbo da emisión de programas doutras radios libres e comunitaras galegas [ReGARLIC], continúan a súa emisión en Rádio FilispiM:
  • PLÁSTICO ELÁSTICO [Rádio Kalimera - Compostela]
  • MOITO DE AKI [Rádio Piratona -Vigo]
  • FOLK IN TRÍO [Cuac FM - Coruña]
Produzón propia.
Moitas das persoas integrantes de Rádio FilispiM, darán continuidade as
súas propostas radiofónicas nesta nova grella:
    • CHOCOLATE POR LA NOTICIA
    • AQUILO QUE VIBRA
    • DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS
    • 80 VINILOS/H
    • LEÑA DURA
    • SIN FRONTERAS
    • ATENTA!
    • CALEIDOSCOPIO
    • O PROGRAMA DO COLECTIVO OPAíí!!
  • En canto a novas propostas radiofónicas de produzón propia, están confirmadas:
    • OFF MENTAL [músicas non habituais]
    • EN TRÁNSITO [culturas]
  • Ademáis, como rádio comunitaria que somos, anunciamos a continuidade na nosa onda das propostas producidas por diversas Asociacións e Colectivos de Ferrol e Comarca, coma:
    • O RECUNCHO [Fuco Buxán]
    • O SOUTO [ADEGA-Trasancos]
    • DIAGNÓSTICO POSITIVO [Comite Anti-SIDA LAZOS]
    • O PINCHACARNEIRO [ASFEDRO]
    • DÁLLE QUE DÁLLE NAS ONDAS [Colexio Rural de Lago-Valdoviño]

6 de setembro de 2011

Retro-evolución - programa de radio piloto.

Este é o audio dun programa piloto proposto polo responsábel do blogue musical chorbyradio.blogspot.com para a xa inminente nova grelha [sétima] de Rádio FilispiM, 93.9 FM, de cuxos contidos informaremos en breve.

O programa leva o título de Retro-evolución e atópase en fase de escoita e aprobación pola Asemblea do Colectivo Opaii!-Rádio FilsipiM.

A súa periodicidade será semanal e a súa duración de 6o m. O seu padrinho radiofónico sería o Pequeno Monstro.

Chorbyradio tivo as súas primeiras incursións radiofónicas nas últimas edicións do programa 80 Vinilos/h [Rádio FilispiM], donde apresentaba a sección internacional "Sons do máis aló" e cuxos audios podes atopar neste mesmo blogue.

Segúndo o seu condutor, Retro-evolución vai ser "un progama de música de xeito global, onde poida caber todo. Pero sobor de todo, poñer grupos que non sexan moi coñecidos, ou temas pouco coñecidos de grupos famosos. Por exemplo, moitos coñecemos os singles de moitos grupos importantes, pero hai temas deles nos Lps o nas caras b de singles e maxi que pasaron desapercibidos e teñen moita calidade. Tamén grupos que xa casi que non se escoitan nas emisoras convencionais e que xon de escasa difusión. Grupos e artistas que dun xeito palpable ou non fixeron ca música dese un pasiño cara adiante".

"Todo esto facendo unha pequena exposición do grupo, así como do tema, facendo fincapé nas cualidades do tema, así como, si xurde, alguhna anécdota sobor do grupo. Álgunhas veces se podería facer temas sobor dun grupo, e logo, a partir dese mesmo grupo ramificalo, e dicer, si algún membro fixo algo en solitario, si fixo producción para outro grupo, si colaborou con outor grupo, si o grupo tivo varias foramacións. En definitiva, poñer música en en xeral de todos los tempos e todos los estilos pero que non sexa moi escoitada hoxe en día."

Descargar o audio

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...