24 de febreiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 5º] - Radio Fene_2005

Quinto dos programas da serie Oitenta Vinilos, que Divertimento para pequenos monstros realizou para Radio Fene no ano 2005.

Nesta edición ouviredes musicas tiradas das referencias do selo MR, quen nos primeiros oitenta editou en vinilo as primeiras cancións de grupos emblemáticos do pop estatal: Episodio, Los Pistones, Los Modelos...

Xa no final do programa dámoslle unha nova volta a torca do cenario local do momento, lembrando as músicas de Fer Pinone [do que, por certo, hai moito tempo que non temos novas, co moito que gostamos das súas produzóns], Kobe [grupo paralelo aos memorábeis Window Pane] ou …[a ver se adivinades quen é o último grupo que soa no programa].

Por certo, que o nº 4 da serie non o damos atopado, polo que non poderemos rescatar a primeira parte adicada ao selo MR, no que tantos grupetes do momento gravaron as súas primeiras maquetas.

A vindeira semana máis madera oitentera, aquí onde paran os monstros.

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

22 de febreiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 3º] - Radio Fene_2005

Terceira entrega da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento. Neste programa seguimos a pinchar a “cara b” do pop dos primeiros oitenta, ficando unha vez máis nas praias do levante estatal.

As conexións cos valencianos Glamour, sérvenos de excusa para entreter, aos nosos pequenos monstros, coas músicas de Última Emoción, Revolver, cos vinilos de Betty Troupe, as andanzas do cantautor pop Javier Bustamante con Remi Carreres ou as contiendas de Interterror.

Este programa foi producido para Radio Fene no ano 2005, ao igual que o resto da serie. Hoxe recuperámolo para Rádio Filispim [Ferrol], Radio Roncudo [Corme] e os amigos de Podgalego.

No vindeiro Divertimento para pequeños monstros, unha nova edición de Oitenta Vinilos, aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

15 de febreiro de 2010

Crónica da xornada de protesta ante a Nova Lei Audiovisual no Estado español.

A ReMC [na que está integrada Rádio Filispim, Ferrol 93.9 FM], vén de informarnos que este martes 9 de febreiro de 2010, levouse a cabo unha concentración de protesta ante as portas do Senado, de Madrid. O obxecto da mobilización ten que ver coa tramitación da nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Convocados por diferentes sindicatos, a Rede de Medios Comunitarios [ReMC], a URCM e co apoio do diferentes organizacións coma a sección española da Unión Latina de Economía Política da Información, a Comunicación e a Cultura [ULEPICC], a concentración pretendeu visibilizar o descontento social ante a Lei que regulará o sector audiovisual no Estado español.


Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

10 de febreiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 2º] - Radio Fene_2005

Segundo dos capítulos adicados a nova ola estatal, que estes días cumpre 30 anos, logo da emisión un 9 de febreiro de 1980 en TVE [Popgrama] do concerto colectivo homenaxe a Canito [Bateria de Tos].

Podedes ter acceso a unha parte dese documento, neste enlace, na que vos atoparedes coa presentazón de dous novos e intrépidos periodistas que co paso dos anos serían algo máis que dous nomes propios relacionados cos medios de comunicazón estatais: Carlos Tena [que hoxe vive en Cuba e colabora para Cuba Información] e Diego Manrique [hoxe Subdirector de Radio 3].

Neste novo episodio da serie Oitenta Vinilos de Divertimento para pequenos monstros, fazemos unha especial parada en Valencia, onde naqueles primeiros oitenta xurdían grupos coma mandarinas, que apuntaban cara un pop tinxido de tecnoloxía, sendo o levante berce do tecno-pop estatal, con grupos e discos que co paso dos anos teñen deixado unha fonda pegada en re-colectores e coleccionistas de plásticos.

No programa rescatamos algúns dos vinilos de Comité Cisne ou Última Emoción, grupos que non chegaron a trascender como aconteceu con outros do momento, por iso gostamos de lembralos aquí, entre monstros. A gravazón que ouviredes, ao igual que o resto da serie, foi producida para Radio Fene, no ano 2005.

Xa no final do programa volvemos á nosa realidade local escoitando a música maquetera dos ferrolás Quant, que trinta anos depois seguen a pensar en vinilo.

A vindeira semán un novo capítulo de Oitenta Vinilos, aquí, onde paran os monstros [de plástico].

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

4 de febreiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 1º] - Radio Fene_2005

Edición de Divertimento do ano 2005, realizada orixinalmente para Radio Fene, e que hoxe recuperamos para Rádio Filispim.

Con este programa comezamos unha serie de especiais adicados aos vinilos máis monstrosos da década dos oitenta, según o Pequeno Monstro, polo que nas vindeiras semanas deixaremosvos máis capítulos desta serie, que demos en chamar "Oitenta Vinilos".

Nesta ocasión ouvimos (e pinchamos) os vinilos de:
  • Los Esqueletos (Radio 222, Intrusos en mi jardín, Un poco de diversión).
  • Las Ruedas (Haciendo casas).
  • Minuit Polonia (Radio Rockola).
  • Proyecto Bronwyn (De memoria, Al margen)
  • Fernando Márquez (Unidad de destino).
  • Kiki Daki (Unidad de destino).
Nos últimos quince minutos do programa volvemos ao pretérito perfeito da nosa realidade local e ficamos co Colectivo La Nevera e o grupo La Nev Diva [xérmolo de Misquius].

A vindeira semana un novo capítulo da serie "Oitenta Vinilos", dentro dos históricos de Divertimento, aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

3 de febreiro de 2010

Os medios comunitarios batallan ante a nova Lei Audiovisual.

No Estado español está en trámite no Senado a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Para a Rede de Medios Comunitarios (ReMC, na que está integrada Rádio Filispim), esa Lei responde máis a intereses das grandes empresas de Comunicación no canto de desenvolver normativamente o exercicio do dereito á comunicación audiovisual, observando todos os factores necesarios, como a garantía e promoción do servizo público, a calidade no emprego e os dereitos laborais, e a pluralidade informativa, así como o acceso e a participación social aos medios audiovisuais.

A ReMC afirma que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual segue o mesmo camiño que as ultimas medidas en materia audiovisual realizadas polo Goberno, como a retirada do financiamento por publicidade de RTVE, a fusión das televisións privadas ou a TDT de pago.

Os medios comunitarios afirman que se trata de leis que se desenvolveron con présas, sen debate, de costas á cidadanía e sen contar cos axentes sociais, só dando resposta aos intereses da Unión de Televisións Comerciais Asociadas, UTECA.

Pero ademáis, critican a falta de vontade do Goberno español de regularizar e fomentar o desenvolvemento dos medios comunitarios, que son medios de propiedade cidadá e sen ánimo de lucro, xa que aínda que a lei recoñece a existencia deste tipo de medios, logo de facto non pon as ferramentas necesarias e ademais establece tantas limitacións que se impedirá a existencia e o desenvolvemento de moitos proxectos de comunicación comunitaria.

Unha das preocupacións dos medios comunitarios, e sobre todo das radios, é o anuncio de creación dunha Axencia de Radiocomunicaciones que baixo a presión exercida pola Asociación Española de Radio Comercial anúnciase como un organismo dedicado a identificar as emisoras sen licenzas para proceder ao seu peche.

A nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual xa foi aprobada en Consello de Ministros, de aí pasou ao Congreso e actualmente atópase en trámite polo Senado. Neste percorrido estanse realizando algunhas correccións e emendas. A Rede de Medios Comunitarios [ReMC] leva moito tempo traballando para intentar achegar e incidir na redacción final da Lei.

Pola inconformide de como se está a plantexar a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, os medios comunitarios xunto a outros actores sociais, anuncian unha protesta a través dunha concentración o vindeiro martes, 9 de febreiro de 2010 ás 12 do mediodía ante o Senado, en Madrid.


Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...