26 de novembro de 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Suso Suciedad e Paco Pestes.

Un oito de xuño de 2001 visitaron Divertimento dous ilustres pequenos monstros de Ferrol: Suso Suciedad e Paco Pestes García.

Para nos situar, tomabamos as copas no Dada Circus, na defenestrada Radio Kaos retumbaban programas coma "Expresión Directa", "O que nós sabemos e vostede non" ou mesmo "Manchita Cosa" (si, antes de ser o local supervivinte da Madalena ferrolá foi un programa de radio).

Paco Pestes foi o responsábel de que o Pequeno Monstro se lease cunha rapaza chamada Radio, cando este e outros alucinados dos primeiros oitenta (Pedro "Maltrana", Luz...) realizaban en Radio Fene o Cuasimodo. Un día, Santi presentoume ao Paco nunha casa usurpada en Recimil. Anos despois, cos auspicios espirituais de Suciedad, este vería editado o seu máis afamado libro de poemas: "El último cigarrito de los nuevos sofistas callejeros".

Daquela, Suso Suciedad apresentoume a Antonin Artaud e a saga dos Panero (La Transmigración de la Locura). A banda sonora a tanto verbo púñaa un tal Corcobado, advertíndonos de que son as mulleres as que andan a pór coches bomba por haí. Ademáis, Suciedad, cando nadie nos veía me pasaba os seus poemas aterrados en fanzines malditos (Nada es Verdad), que antes escribiu en trozos de papel do wc para ler, xunto ao meu irmán Paulopaulo, naquel precipicio radiofónico de Serantes punto e principio de tantas cousas.

Nesta edición antediluviana de Divertimento para pequenos monstros, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, interrogan e fan tremar a estes dous de Ferrol. O programa remata en conexión cunha Lupe Ces dez anos máis nova, na Praza do Desarme de Ferrol nun acto da Marcha Mundial das Mulleres a pról do pobo palestiniano.

Friqui non é un conceito tan moderno, vén daquela. Ficades co audio.

Descargar o arquivo

Nace Audiolivre, un podcast con xenio.

Audiolivre pretende ser un arquivo de audios con licencias libres. Os principios que rexirán a selección de contidos serán o anticapitalismo, o antiracismo, o antisexismo, o antimilitarismo, a defensa do medio, o idioma galego e o coñecemento libre.

Audiolivre preséntase en forma de podcast, no que se poden escoitar os audios na rede, ou baixalos cadaquén ao seu computador. A páxina permite facer búsquedas, ou escoller temas da nube de etiquetas. Todos os arquivos de audiolivre están aloxados en archive.org.

Calquera persoa pode rexistrase e subir audios que considere interesantes sempre que respecten os principios enumerados anteriormente. Se queres colaborar no proxecto, facer algún comentarios ou suxerencia, ou simplemente tes un audio e non queres pasar o chollo de subilo podes contactar con nós a través do correo electrónico: audiolivre@arkipelagos.net

22 de novembro de 2009

Divertimento-Serie: arquivo sonoro/históricos: textos (2)

Estou sentado na beira dun río azulh, sen zapatos.
Os meus pés son acariñados pola corrente e fáime cóxegas.
Vexo salmóns, troitas e sinto como pasan entre as miñas pernas a toda velocidade, coma xogando entre os meus pés descalzos.
Miro cara adiante e unha fermosa carballeira é difuminada por unha fonda néboa.
Creo ter visto animaliños correteando.
Algúns pasan moi perto de min.
Paran ao chegar.
Ao pouco disimulan, como si nada.
Collen algunha bellota, algún outro froito do verde chao e voltan a toda velocidade cara ao frondoso bosque.
Ule ben, a verde.
No meu narís pousa unha bolboreta azulh.
Fáime cóxegas.
Penso que vou esbirrar.
Mais, antes de que poida despréndese, fica leve a altura da miña faciana, sorrime a váise despacio voando lenta.
Desaparece, desprendida.

Estou sentado na beira dun río azulh, sen zapatos.
A min dame igual, porque me gosta...

Extracto de Sono azulh.
Pequeno Monstro.

Divertimento para pequeno monstros: edición do 13 de outubro de 2000, orixinalmente emitida por Radio Fene.
Locución e ideias: Ana Santiago (Lucecú) e Pequeno Monstro [André C. P.]
Selección musical: Pequeno Monstro.
Textos: Pequeno Monstro.

Descargar o programa
c

13 de novembro de 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: textos

Un estudio de radio pode converterse de súpeto nun parque outonado, nunha praia deserta de bañistas ou na mirada inocente dun neno. É imprescindíbel que de cando en vez sexa así, para disfrute dos aqueloutrados da radio.

Deso foron as emisións de Divertimento para pequenos monstros, na etapa en que o programa se emitia en Radio Fene.

Un 27 de outubro de 2000, unha tal Ana Lucecú e André Divertimento [coa colaboración no primeiro texto de Paulo Puntoeprincipio], interpretan os guións dun tal Pequeno Monstro.

A cuestión foi como segue: o Pequeno Monstro maquinaba en praias solitarias aqueles textos. Despois quedaba con Ana Lucecú no Mister ou no Café do Patín, en Esteiro. Ensaiban os textos e só ficaba procurar melodías infinitas que servirán de almofada a tanto verbo outonado.

O resultado foi o que segue neste programa. Para a vindeira semán máis follaxe.

Descargar o arquivo

6 de novembro de 2009

V encontro da ReMC (Rede estatal Medios Comunitarios).

Todo preparado para o 5º encontro da Rede estatal de Medios Comunitarios (ReMC). Será en Barcelona entre os días 6, 7 e 8 de novembro de 2009.

Ademáis este 5º encontro responde á primeira asemblea xeral da ReMC, logo da súa constitución legal en maio deste 2009, autodefiníndose coma "un espazo de organización e traballo conxunto entre os medios do terceiro sector da Comunicación".

Mais, os alicerces da ReMC datan de hai catro anos, baixo o propósito de constituir unha rede na que recoller as experiencias das radios libres, das televisións comunitarias, emisoras on-line e medios alternativos de todo el Estado español.

Entre os puntos da orde do día a tratar nesta Asemblea, estará a aprobación de novas incorporacións de outros colectivos comunicacionais á ReMC , coma é o caso de Rádio Filispim a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol no 93.9 da FM, dende agosto de 2005.



Escoita e descarga a cunha do V encontro da ReMC

4 de novembro de 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Traje de Saliva.

Traje de Saliva foi un grupo que naceu en Vigo no ano 1998 baixo os auspicios espirituais de Mon Ninguén e Una Vena. Daquela, por cuestións laborais, Mon andaba por Ferrol e un bon día un tal Suso Suciedad presentoullo ao Pequeno Monstro. Ise foi o prinicipio do fin.

Traían baixo o brazo un mini cedé (Ep) titulado "El Cuerpo y la Ciudad" (1999) e o seu primeira duración "Mima" (2000). Con todo ese material os Pequenos Monstros decidimos que xa era dabondo, polo que secuestrámolos durante unha hora no estudio de Radio Fene, naqueles tempos refuxio do Divertimento.

Baixo o manto sonoro daqueles dous primeiros traballos de Traje de Saliva, un dezaséis de febreiro de 2001, cometimos unha entrevista-crime que comeza inocentemente (para despistar) e remata con preguntas do tipo:

- Sentídevos sós en todo isto?
- Considerádevos uns intelectuais do mundo?
- Vedes a televisión?
- Que comedes normalmente?
- Pensades que poderedes comer algún día das vosas músicas?
- Enviariades a vosa música ao espacio exterior?
- Que pensades das vacas tolas e todo iso?

Pois nada, que disfrutedes do audio e a próxima semana haberá máis aquí en Divertimento para pequenos monstros.

Descargar o arquivo

Radio Galega, a rádio roubada.

No interesante blog Caranza free opiniom de Lupe Ces, atopamos esta interesante e completa análise sobre a actual Radio Galega, radio pública de Galiza. Este vos é:

Roubárom-nos a rádio pública galega. Asaltárom-na e ferida de morte, dérom-lhe o tiro de graça coa nova grelha. Som @s de sempre. Os mentiráns e censuradores que ao longo dos governos presididos por Fraga Iribarne, ocultárom e restringírom informaçom, escorados ao lado do poder, esquecendo a vocaçom de serviço público e objectividade e pluralidade informativa e formativa que compete a umha rádio pública. Som os mesmos nomes, encabezados polo inesquecível Xusto López Carril, condutor durante a era Fraga dos informativos da manhá; María Xosé Rodríguez, sempiterna protagonista dos magassines, ou Tino Santiago, malabarista da mentira e a subxectividade informativa ao serviço do poder. Som os mesmos nomes, as mesmas idéias, o mesmo provincianismo, a mesma radio de segunda que nom merecemos.

Nom poderiam ser outros nomes, porque as xefas volvem ser as mesmas. Rosa Vilas Nuñez, desde o ano 1989 na RTVG, já foi subdiretora de informativos cos governos do PP até o 2005, agora ascendida a diretora da TVG. E Rosa Martínez Rivada nova diretora da Radio Galega, ainda que velha servidora dos interesses do PP nos médios públicos. Leva na Radio Galega desde 1986, foi subdiretora cos anteriores governos do PP.

Como é que estas pessoas nom tenhem que responder pola censura coa que forom cúmplices durante tantos anos? Como é que estas pessoas volvem colher o espaço público como se os três anos e medio no que respiramos nas ondas um pouco de liberdade, fossem só um espelhismo, um sonho. A realidade volve a ser a sombra da caverna (...)

Podes seguir o artículo íntegro aquí: Caranza free opiniom

2 de novembro de 2009

Papaqueixada total no X Papagrelo de Monfero.

O pasado sábado 31 de outubro de 2009 puidemos disfrutar dun dos mellores festivais ao ár libre na Galiza dos últimos tempos. Acompañados dunha estupenda temperatura (en pleno outono), acudimos a Monfero ao X Papagrelo (GreloFolk) .

Aló, fomos testemuñas da homenaxe que se lle tributou aos Papaqueixos, grupo formado na Coruña en 1993, un dos "artificieiros" do rock bravú.

Estes, participarón no mítimo disco Unión Bravú co tema "Matías o morcego", mais pasaron á historia galaica pola edición no ano 1999 do álbum “A lóxica aplastante do comité de propaganda, con 18 cancións con letras desenfadadas e cheas de troula ("Sito Miñanco ¡¡¡preso político!!!") e festa por un tubo.

Dez anos despois da mencionada "Lóxica aplastante...", os Papaqueiros xuntaronse de novo en Monfero, ao carón do Mosteiro e do cemiterio (en pleno Samaín), acompañados no cenario polos membros de grupos da nova hornada galega coma: Os Cuchufellos, Ultrakans, Banda Potenkim e os Tres Trebóns (inda que por aló andaban tambén integrantes dos memorábeis Jarbanzo Negro).

Os pequenos e pequenas monstros tiramos unha fotos para inmortalizar tamaña "papaqueixada". Ficades con elas.

Fai Boomm!! neste enlaze para velas en tamaño natural: Papaqueixo!

Presentada a 5ª tempada de Radio FilispiM na VII Sesión Vermú.



Aquí tedes as fotos do que foi a VII Sessiom Vermú do Colectivo OPAII-RFM e o Ateneo Ferrolán, presentando a nova grelha de programaçom de Rádio FilsipiM para a tempada 2009-2010.


Também podes escoitar o programa especial que realizamos durante a VII Sessiom Vermú o 31 do 10 de 2009, na que presentamos os programas e disfrutamos da música celta do grupo da Terra de Trasancos BOJ.

Descargar o arquivo
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...