Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do xoves 4 de xulho de 2013.
Coma sempre, dúas horas de monstrosos CONTIUDOS:
Conversa con Mariano Fernández Cabarcos (Cuac FM, comunitaria de A Corunha), quen nos conta a actualidade do recurso apresentado ao último concurso de licenzas de FM na Galiza.
Melhor descontroladas que institucionalizadas. Mani*festa*acçom - Orgullo Gay em A Corunha, este sábado 26 de junho de 2010 a partir das 20:00 no Campo de Marte. Convoca Colectivo MariBolheras Precárias.
Video campanha Colectivo Maribolheras [2008]: A Igreja mata, apostata.
O pasado sábado 31 de outubro de 2009 puidemos disfrutar dun dos mellores festivais ao ár libre na Galiza dos últimos tempos. Acompañados dunha estupenda temperatura (en pleno outono), acudimos a Monfero ao X Papagrelo (GreloFolk) .
Aló, fomos testemuñas da homenaxe que se lle tributou aos Papaqueixos, grupo formado na Coruña en 1993, un dos "artificieiros" do rock bravú.
Estes, participarón no mítimo disco Unión Bravú co tema "Matías o morcego", mais pasaron á historia galaica pola edición no ano 1999 do álbum “A lóxica aplastante do comité de propaganda”, con 18 cancións con letras desenfadadas e cheas de troula ("Sito Miñanco ¡¡¡preso político!!!") e festa por un tubo.
Dez anos despois da mencionada "Lóxica aplastante...", os Papaqueiros xuntaronse de novo en Monfero, ao carón do Mosteiro e do cemiterio (en pleno Samaín), acompañados no cenario polos membros de grupos da nova hornada galega coma: Os Cuchufellos, Ultrakans, Banda Potenkim e os Tres Trebóns (inda que por aló andaban tambén integrantes dos memorábeis Jarbanzo Negro).
Os pequenos e pequenas monstros tiramos unha fotos para inmortalizar tamaña "papaqueixada". Ficades con elas.
Fai Boomm!! neste enlaze para velas en tamaño natural: Papaqueixo!
Este éo completo programa da VII edición do Fervesteiro,por unha cultura libre, que nos achegan os compas do bairro de Esteiro de Ferrol para este mes de setembro de 2009. Clika na imaxe pra ter máis info! XOVES 17: As 18:00h emision de un programa monografico sobre o festival na radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos Radio filispim, no 93.9 FM.Repetición do especial este domingo ás cinco do serán. Podes escoitar ou descarregar este audio ao pé desta entrada.
VENRES 18: As 18:00 no local do colectivo murais reivindicativos pola recuperación e conservacin do barrio de Esteiro
As 19:00h churrascada popular e jam session no local do colectivo na Rua Adan e eva SÁBADO 19: As 18:00h no local do colectivo murais reivindicativos pola recuperación e conservación do barrio de Esteiro
MARTES 22: As 20:00h no local do colectivo:Video-charla co documental “Good copy, bad copy”
Direccion: Andreas Johnsen, Ralf Christensen y Henrik Moltke. 2008 Dinamarca
Trata sobre as implicacións legais do novo espazo musical na era do remix, a remestura, o sample e a facilidade de difusión da contorna dixital fomentan a creatividade en determinados contextos, esta creatividade vese ameazada por lexislacións privativas. No documental móstranse interesantísimos exemplos de devandita creatividade musical...
MÉRCORES 23: As 20:00h Proxeccion; “Ceremonia de entrega dos premios “Oxcar 2008”
É unha gala de concertos, de animación 3D e de hacking, de teatro, coa presenza de membros da WuMing Foundation, The Pirate Bay e Leo Bassi. Tamén se presenta un libro colectivo, titulado Os piratas son os pais, que recolle máis de 40 colaboracións, entre elas as de nomes tan recoñecidos no ámbito da análise das leis da propiedade intelectual como Richard Stallman.
XOVES 24: As 20:00h Inaguracion da Exposicion fotografica baixo lizenza Creative Commons, do fotografo ferrolan Manolo Rei no local do colectivo
VENRES 25: As19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.
As 22:30 Concertos:
Ataque escampe. Rock de Serie B desde Compostela www.myspace.com/ataquescampe
+ Grupo sorpresa SÁBADO 26: As19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.
As 19:00h roteiro polo Esteiro historico coa participacion do historiador do movemento obreiro galego Eliseo Fernadez. Saida desde o espazo do festival.
Aló fica a Nau Quinhentista que serviu de cenario a unha parte do acontecido na segunda edición do Ollin Kan na Vila do Conde. Fermosa vila no norde do país veciño é cidade irmanada co noso Ferrol (Galiza) dende o ano 1971.
Durante tres días (17, 18 e 19 de xullo) adiantando a súa cita respeito a primeira edición do pasado ano e coa banda sonora dun tempo algo revoltoso, músicos de diversos estilos e nacionalidades (e planetas) subironse a Nau pra embarcanos a tod@s na aventura das músicas do mundo até a madrugada.
De todo uvimos e ollamos, como ben poderedes corroborar nas fotos coas que vos deixamos. A imaxinar!
En vindeiras entradas máis madeira (isto é a guerra!)
Autor fotos: Pequeno monstro. Lugares: Vila do Conde (Portugal, 2009). Libre uso, mais indique autor e blog. Obrigado.
O FMM de Sines 2009 forma parte xa da nosa lembranza.
A finais do pasado mes de xullo aló estivemos os Pequenos monstros, dispost@s a nos deixar engaiolar polas augas atlánticas do sul da península ibérica.
Aquelas augas teñen a forza e a maxia das nosas, mais bañan unha terra que sempre xogamos a imaxinar coma unha elongación dunha Galiza normalizada.
Non poido máis que dizer que volverei. Ou mellor dito, volveremos.
Entre tanto, deixovos cunhas fotos tiradas na edición 2009 do Festival de Musicas do Mundo de Sines (FMM Sines) para que vexades que todo é ben certo. En vindeiras entradas falaremos da nosa parada na segunda edición do Ollin Kan (Vila do Conde) e mesmo doutras paragems.
Autor fotos: Pequeno monstro. Lugares: Porto Covo, Sines e Lagoa de Sto. André (Portugal, 2009). Libre uso, mais indique autor e blog. Obrigado.
Xa está aquí, xa chegou a onceava edición do FMM de Sines.
Argallado pola Cámara Municipal da fermosa vila Alentejana e cunha parte do seu programa a desenvolver na vila de Porto Cobo, ambas a uns 160 km ao sul da Lisboa, o FMM de Sines volve conter todos os ingredintes pra suxestionarnos curiosidade e animarnos a marchar aló: cualidade e diversidade nos artistas que conforman o cartaz (para cada un dos nove días que dura esta aventura), gratuidade en moitas das propostas, un entorno dunha beleza incomparábel, moi bon ambiente e Lisboa moi pertiño.
Para @s curios@s neste mesmo blog (no apartado temas fai clic en "festivais") atoparedes algunhas entradas que fixemos coas crónicas das nosas viaxes a este festival, supervivinte das "Ortigueiras" de turno.
Por certo, na 25 edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, ademáis do macro botellón de turno (e do palco exclusivo VIPpara os nen@s lindos de Ortigueira que molaba mogollón tod@s sentadit@ de guai) explosionaron La Bottine Souriante (Quebec - Canadá) que son unha auténtica paaaasssaaadaaa!!!! e cuxo estoupido me mantivo entretido ante tanta virguería.
Volvendo a Sines, non poido esquezer o pedazo de concerto que deu na edición do 2008 a Rokia Traore (Mali), así que ficades con este video tirado daquela memorabel actuación e logo seguimos.
Máis Nada, Pequenos Monstros, ficades co Programa do FMM Sines 2009. Menos mal que nos queda Portugal!!!
Programa FMM Sines 2009.
PORTO COVO - Palco junto ao Porto de Pesca Sexta-feira, 17 de Julho
Dos festivais agachados de Portugal e que pretendemos pór a descuberta.
Disto vai esta entrada na que pretendo amplificar propostas festivaleiras para este vrao, avaladas coa nosa presenza en pasadas edicións, polo que garantimos 100% monstro-cualidade.
Mais, non vou falar aquí dos coñecidos, Paredes de Coura, Super Bock Super Rock (Porto/Lisboa) ... e doutros máis dos que conseguiredes a ben seguro toda a informazón que quixerdes nos medios oficiais, cartazes que ateigan muros na rúa ou mesmo sitios na rede coma neste enlace.
Vóuvos falar de dous festivais que dexexo compartillar con vós como algo especial e que desexo compartilledes a súa vez coa xente que queredes, de tu a tu... coma se for un agasallo, coma un segredo entre nós, entre monstros.
O primeiro deles é o Festival OLLIN KAN das culturas em resistência,que volta novamente a Portugal, à veciña Vila do Conde. Máis desta, adianta a súa edición aos días 16, 17 e 18 de xullo de 2009.
Así falan do OLLIN KAN @s seus organizadores, dentre delesZé Pedro, guitarrista dos Xutos e Pontapés e unha lenda da música moderna en Portugal.
O Festival Internacional das Culturas em Resistência Ollin Kan é uma aproximação a um outro olhar, aquele que resistiu e defendeu as suas heranças e alternativas culturais, sendo um dos festivais mais importantes do mundo.
O Festival Ollin Kan é assim um encontro vigoroso entre os povos que nos brindam com músicas e danças provenientes de todos os continentes.
Sonoridades provenientes do mundo/espaço árabe, flamenco, do fado, da música celta, do reggae, da rumba, da salsa, dos sons jarochos, do Caribe, da música mandinga, do samba, da bossa nova, do tango, da música dos Balcãs e todas as expressões de raiz na sua forma mais pura e nas suas múltiplas fusões com o mundo moderno.
Organizado pela Câmara Municipal de Vila do Conde e pela produtora independente Bartilotti Produções, o Festival Ollin Kan, abre a sua primeira sede alternativa em território europeu.
Foi o início da internacionalização de um festival que se tornou itinerante, levando consigo a mensagem do mundo alternativo a diversas cidades e países do Planeta; Mali, Colômbia, Portugal e México.
Os concertos realizam-se no Centro Histórico, no Cais da Alfândega, junto à Nau Quinhentista, com 2 palcos que funcionarão alternadamente das 21h30 às 02h00.
Pois nada máis, Pequenos monstros. Pra findar a primeira parte deste especial uns últimos apontamentos.
Este ano o Ollin Kan de Portugal, cumpre a súa segunda edición. Vai ser unha edición europeia moi especial, pois a edición de México, o Ollinkan Tlalpan 2009 (país donde nace o festival) foi suspendida e felizmente retomada en datas recentes, logo da emerxencia sanitaria por mor do virus da gripe A (H1N1). Por certo, festival este adicado ao innovador músico "mexiquense" Jorge Reyes falecido este ano.
Na vindeira entrada desvelaremos a segunda das recomendacións festivaleiras para todos vós, mais continuaremos o noso percorrido cara a uns 160 km ao sul de Lisboa... na fermosa vila de Sines. A bon seguro que os seguidores deste blog sabedes de que estou a falar.
De momento ide pensando o Ollin Kan 2009, da Vila do Conde e visitando este sitio http://www.ollinkanportugal.com/participantes.html, donde atoparedes todo o programa dun festival que por certo é de balde!!!
Ficades con este video da pasada edición no país veciño do Ollin Kan.
Este ano estamos preparando para o 9 de Abril, "Xoves Santo", o que pode ser o melhor Conspirando por umha Rádio Livre de todos os tempos.
Seguindo o esquema do ano passado, teremos unha Feira de Colectivos que comezará às 18hs. na carpa que instalaremos na praza do Inferninho de Ferrol (A Corunha-GZ).
Às 22hs. comezará o concerto con tres grupos de estilos bem diferentes, primeiro RETOBATO [Punk-Rock] de Trasancos, depois baixaremos um pouco o volume com ROGER DE FLOR [Pop-Swing], também desde Trasancos, e para rematar a festa: SACHA NA HORTA [Fussiom] desde Compostela.
O venres 16 de xaneiro de 2009 ás 9 da noite, terá lugar a XIV edición do Festival Treme a Terra. Será no Parque Sarmiento (fronte a gasoliñeira) e a entrada ao mesmo será de balde.
Os grupos que tocarán serán: Betagarri, Arenga, Magnifique Band e Chamalle Xis.
Imos por partes, monstros:
Arenga: Punk-rock, unha das bandas eumesas máis activas da Galiza nestes momentos, polo número de concertos e pola súa vitalidade. Xogan en casa. Agárrense!.
Betagarri: Ska dende Euskadi. Pola cantidade de discos que levan vendidos (e polos que non) e polos seus directos (Xapón, Alemaña, USA...), vai ser que pode que os coñezas ou teñas un dos seus discos (robados) na túa casa. En todo caso: batería, baixo, guitarras, saxo, trompeta e trombón e un tipo que canta. Paréceche pouco, monstro?
Chámalle Xis: Rock & Roll, soul e outros ritmos, dende A Corunha. Tamén podes chamarlles Miqui, María, Arón e Gaita. Magnifique Band: Unha banda que vén de tocar neste nadal polas rúas de Ferrol. Música dixie ás costas. Digno de ver e escoitar. Made in Pontedeume. O responsábel de toda esta xolda é aAsociación CulturalTremeaTerraque se autodefine así:
Nacimos no ano 94 da man dun grupos de mozas e mozos con moitas inquedanzas tanto culturais, como políticas, sociolóxicas e sobre todo musicais.
Creamonos fundamentalmente para a promoción do uso da Lingua Galega no eido musical e sobre todo para que tod@s poidamos disfrutar dun día de festa e aprendizaxe.
Ano tras ano, seguimos coa mesma ilusión preparando cada Festival, esperando que sexa do agrado da xente que todos os anos aparece para darnos o seu apoio e tamén daquela que descubre este Festival e disfruta del.
Non sempre é doado e moitas veces atopamos mil importunios e zancadillas á hora de preparar o Festival, pero seguiremos loitando ata que deixe de ter sentido para nós.Mentres tanto, seguiremos ao pé do cañón, para tentar que cada ano supere ao anterior.
Pra findar, pequenas e pequenos monstros, lembrados que o vindeiro xoves 15 de xaneiro, a partir das oito da noite, teremos un especial Divertimento en Rádio FilispiM,93.9 FM, coa presenza no estudio dalgúns dos intregrantes da asemblea de Treme a Terra e do grupo punk Arenga. Así que non perdades a sintonía filispiniana!
Atrapados de novona terceira e última parte da viaxe ao Festival de Músicas do Mundo de Sines, finais de xulho deste case anciá 2008.
A décima edición do FMM de Sines, a uns 160 quilómetros ao sul da Lisboa, foi unha virguería lusa canto a cualidade nas músicas, xeito de fazer, seriedade e profesionalidade.
De fazer unha comparanza cos festivais que há na Galiza, comezaría dicindo que o FMM de Sines non é un macro-botellón. A selección musical é variada, atrevida, o acceso de balde ou non, a cervexa Sagres ou Superbock o arroz caldoso e os cenarios para os concertos cinco: a vila de Porto Cobo, o Centro de Artes de Sines (dentro e fóra), o paseio da praia e o estupenda fortaleza: o Castelo.
Ademáis hai actividades paralelas: seminarios (A Barreira do Som: "Música, cultura e naçao"), exposicións ("Transurbana" de Luis Campos), Cinema ("Migraçoes"), conversas cos artistas e mesmo Ateliês para Crianças.
Canto ao detallismo, presente nos dez días que durou esta décima edición do FMM de Sines, nunca esquecerei que no concerto que deu o grupo paquistanés Faiz Ali Faiz, ulía a menta. Sim, a menta. Alguén da organización pensou que aquel cenario, plagado de músicas que nos levarían ao trance total, prestábase a espertar un sentido máis: o olfato. Na piso do Castelo. que andabamos a pisar, había ben espalladas frescas follas de menta. Non penso que volva a ulir nada igual en festivais (até a undécima edición do Sines, claro ;-).
De for pouco, a nova música galega estivo na pasada e edición do FMM de Sines. O primeiro día do festival, 17 de xulho, tocou Serra-lhe aí!! & Os Rosais, de balde no palco exterior do Centro de Artes de Sines. Xa o 24 de xulho, no incomparábel marco do Castelo, quedándose co respectábel, tocou Marful co seu espectáculo "Salón de Baile". Na segunda das crónicas que fixemos deste festival (atoparala procurando neste blog), xa vos comentamos o que foi o que dixo Rádio Sines, radio oficial do evento, ao respeito.
Pequenas e pequenos monstros, no video que segue ovimos e vemos á Ugía Pedreira (cantante de Marful) nunha entrevista no propio festival, onde fala entre outras cousas que "criouse nunha taberna, entre homes":
De volta de Sines e Porto Cobo (duas vilas da mesma Freguesía), marchamos cara Lisboa, donde pasamos uns días estupendos. Como lugar de estancia eliximos Cascais, que fica a uns 30 minutos en tren da capital lusa. Moi recomendábel o parque de campismo de Cascais, dos mellores e máis tranquilos que teñamos durmido. Cecais, teña que ver o espírito tranquilo das moitas persoas que aló andan e que ou descansan ou surfear a "salvagem" praia do Guincho. Se tiver que por nota ao camping Orbitur Guincho esta seria un dez, canto a cualidade-prezo en comparanza con outros.
E con todas estas sensacións, aquel ulor a menta, aquelas músicas, aquel arroz, todos eses curmáns meus de Portugal... e a saborosaguinjinha! dolargo de Säo Domingos que popularizou un galego na Lisboa chamado Espinheira. Siiiiiiii!!! a guinjinha, invento dun galego, a bebida máis populosa da Lisboa!!!. Non deixes de procurar eses pequenos dispensorios de guinjinha se vas pelos bairros senlleiros da Lisboa. Noooon!!!.
Logo de todo ilo, deixámosvos co último lote de afotos tiradas pelos monstros, esta vez na sempre fascinante Lisboa, mais tambén en Cacais e Sintra. De todo veredes, até o sito onde dispensan ao camiñante con ese marabilloso brevaxe doce chamado guinjinha e que inventou un galego de Lisboa, pode que antepasado meu.
Recén chegados de Ovieu, co estupendo sabor de boca que nos deixaron as festas de San Mateo e, claro, a gastronomía do lugar, queremos compartillar con vós algunhas das imaxes e emocións da pasada fin de semana polas terras irmás de Asturies.
As festas de San Mateu son moitas cousas, sobre todo moitas sensacións. Canto aos concertos musicais están repartidos entre as Pistas de San Lázaro e a Praza da Catedral. Estes últimosos máis interesantes e con entrada de balde. Ademáis, no Teatro Campoamor, comeza a temporada da Ópera, un dos acontecementos máis agardados polos amantes do bel canto no estado español.
Tentarei resumir na seguinte crónica, o que más nos fascinou das festas do San Mateo en Ovieu.
Chegamos o venres 19 de setembro a Pola de Siero, a 6 minutos en carro da capital astur, Ovieu. Hospedámonos no Hostal Jarana, un lugar recomendado pola cualidade prezo que ofrece: habitación para dous por 38 €/noite, en inmellorábeis condicións e situación (a seis quilómetros da capital, Ovieu).
Ese mesmo día celebrábase a oDía de América, festa declarada de interés turístico estatal. Canto aos concertos que nos interesan, nunha noite adicada ao Jazz e ao Blues, destacamos as actuacións de: Joaquin Cacón, Javier Vargas, Los Redentores, pero sobre todo ZEM.
Os asturianos ZEM, tocaron acompañados da interpretación do grupo de teatro Margen. Liderados polo vibrafonista Xuan ZEM e acompañamiento instrumental de Rubén Mol, Luis Rodríguez e nada máis e nada menos que Jorge Martínez e Juan Flores -Los Ilegales-.
A proposta de ZEM non deixou indiferente a ninguén: música instrumental inquietante -semellaba unha banda sonora imaxinaria dun thriller-, acompañada de imaxes non menos inquedas e da coidada presenza do experimentado grupo de teatro Margen. Un puntazo!
ZEM, apresentaban deste modo o seu segundo traballo. Xa estamos buscando @s pequen@s monstros o primeiro, segundo traballo, maquetas, maquetiñas e demáis sinais de vida deste grupazo extraterrestre contactado en Ovieu.
O sábado 20de setembro, de novo na Praza da Catedral, aconteceu dende as cinco da tarde unha xornada adicada á música asturiana. Riba do cenario, resoarón: tonadas asturianas, coros, cuartetos, ochotes, gaiteiros, parellas de baile, grupos de baile, bandas de gaitas, cantautores de música asturiana, grupos de folk e como peche: Hevia e Nuberu. Canto a Hevia, gaña máis tocando a súa gaita asturiana que o "electrodoméstico" -el mesmo chamouna así- que o levou a fama -e de Volta Ciclista-. Cecais faltoulle arroupo vocal. Mais, todas estas éivas -Hevias!?- foron compensadas coa participación creativa do que cecais for o mais interesante do seu concerto: a súa irmá.
E logo das "éivas", chegou o turno do melloriño da noite. Cualidade musical, experiencia, pero sobre todo emocións a esgalla: Nuberu.Tal e como eles mesmos din na súa páxina web: "Tres trenta años enriba los escenarios, Nuberu retírase en 2008".
Eles mesmos, pedazo de monstros, se encargar de realizar a crónica do acontecido no seu concerto e na súa propia fala, hala!: "Miles de persones s´agolparon el sábadu na plaza la catedral d´Uviéu pa escuchar a Nuberu nel que foi´l conciertu más concurríude los organizaos esti añu nesi escenariu, según fontes de la propia organización. Una de les nueches más guapes de les fiestes y a una hora máxica, un ambiente nuberiegu a tope y un grupu en total estáu de gracia ficieron de la despedida de Nuberu a Uviéu un acontecimientu únicu pa tolos que tamos faciendo de 2008 un tributu merecíu a trenta años d´hestoria. Dos hores de cancios coreaos y sentimientu compartíu llenaron la nueche de Nuberu en San Mateo, pieslle d´oru pa una xornada dedicada a la música asturiana. Na memoria de toos los qu´ellí tuvimos quedarán pa siempre les imáxenes y los soníos d´un conciertu pa nun escaecer nunca. ¡Uviéu, allá foi la despedida!"
Isto é todo o que vos podemos contar @s monstr@s, cantos aos concertos que nos interesaban e puidemos acudir, na pasada e frénetica fin de semana na Asturies.
Pero monstros, non se vaian todavía, aínda hai máis!. As festas de Ovieu se caracterizan pola participación cidadá, non só canto a movida, senón canto ao activismo. Os colectivos e asociacións da comarca instalan durante case dez dias unha serie de Chiringos do máis interesantes. Dentre deles, destacamos: Topu Fartón, Pinón Folixa e Amigos de Cuba.
No capítulo de anedotarios, o sábado estrenábase unha ópera no Teatro Campoamor. Dando unha volta, atopámonos coa "ilustre" chegada de Rodríguez Zapatero, quen viña acompañado da súa dona Sonsoles Espinosa, unha das voces do reparto de Diálogo de Carmelitas, de Francis Poulenc. Como non podía ser menos, o equipo Pequen@s monstros, inmortalizou tan magna chegada, así como todo o que alí aconteceu. Non se perdan o impresionante depliegue policial.
Ficades cunha selección de fotos tiradas polos Monstros, nas que veredes imaxes de Luarca, Xixón, Ovieu, Zapatero, a súa dona Sonsoles e incluso esoutra ruina chamada El Molinón de Xixón, donde o domingo xogaban Sporting e o Barça (1-6). Ademáis, non vos perdades o ambientazo que había nas rúas e sobre todo nos chiringuitos: Topu Fartón -coa súa campaña en prol da oficialidade do asturiano-, Piñón Folixa -co apoio da xente da radio libre de Ovieu Radio QKracha- e o chiringo dos Amigos de Cuba.
Última hora: a web oficial de Nuberu incluiu no seu album de fotos, as tiradas polo Pequeno monstro -André- da súa actuación nas festas de Ovieu. No menú da súa web vai a "Tributos" e logo a "Semeyes" ou directo ao tavés deste enlaze. Nota: todas as fotos que acompañan este artículo foron realizadas polo Pequeno Monstro. Úsense libremente, mais fágase referencia ao autor e ao blog. Obrigado.
A xente do colectivo Fervesteiro, do barrio de Esteiro en Ferrol, veñen de achegarnos o programa da sexta edición do seu festival autoxestionado e multifacético. O VI Fervesteiro se desenvolverá entre o 12 e 20 de setembro de 2008. O seu inmenso programa podes atopalo aquí.
Fervesteiro, según eles mesmos, son o seguinte tipo de monstro:
Fervesteiro xurde hai 5 anos aproximadamente coa idea inicial de movilizar un pouco o panorama cultural da cidade ante a inexistencia de espazos para que os e as artistas da comarca puidesen expor as suas creacións.
Ese é o xérmolo do colectivo, pero pouco a pouco e debido, por unha parte, as nosas inquedanzas políticas e sociais e, por outra, dos acontecementos que salpicaban dia a dia as nosas vidas (as duas folgas xerais, a catastrofe do prestige, a guerra de Irak, a lei de partidos) fomos enchendo de contido social as nosas actividades ata chegar ó que somos na actualidade.
1.- Qué somos?Somos un colectivo que persigue o cambio social: traballamospara -facer posible a participación social das persoas e as comunidades. Participando na construcción, construimos participación. Entendéndoa como a ferramenta imprescindible para construir o escenario social que queremos promover. Queremos ser participes dos cambios sociais non mer@s espectador@s resignad@s á espera de que a clase politica sexa quen defina o modelo social futuro.
2.-Qué escenario social que queremos promover?Un no que as relacions entre as persoas mais igualitarias, máis cooperativistas, máis xustas, que favorezcan a convivencia, a diversidade, nas que o capital e o tanto tes tanto vales deixe de ser o baremo predominante, queremos ser suxeitos activos critic@s.
3.- Como queremos traballar. -De forma horizontal-asamblearia.porque isto significa ser cidadans activ@s, e dicir, ser dono@s conscientes e activ@s da toma de decisions, sendo suxeitos activ@s das nosas vidas e das nosas relación co noso entorno, e provocando en nos mesm@s unha maior implicación coa realidade que nos rodea. -Sen xerarquías.Non cremos no liderazgo, como tal, sí na corresponsabilidade e no fluxo de relacions. O noso liderazgo será móbil, simultaneo e temporal e a responsabilidade será de tod@s, o que reforza a nosa autoxestión e independencia o consenso é o criterio que rixe a toma de decisions, non queremos caer na dictadura do voto, creemos que co debate e o intercambio de opinións podese acadar os obxetivos plantexados regulado polo diálogo e o debate autocrítico e constructivo como forma de traballo. Non temos medo a confrontación dialéctica xa que é unha das forma s mais útiles para descubrir as nosas debilidades, convertindo este debate nunha gran fortaleza. -Dende a dinámica da diversidade das personas.Diversidade de sexos, idades, aspecto físico, capacidades, lugares, opcións sexuais ... -En rede.Guíado polo principio da cooperación, colaboración, axuda mutua e traballo conxunto. -Traballo con outros colectivos e organizacións.Con e para o barrio.Espacio base de interacción, como punto de partida para traballar ao grande dende o pequeno. O barrio nas cidades e aldea nos pobos son os lugares mais próximos de interrelacion persoal, nel atopamos a maior potencialidade e capacidade de promover os referentes que propicien o cambio social, e temos a posibilidade de visibilizar as nosas inquedanzas. -De forma interxeneracional.Demostrando que a loita e o debate non teñen idade. -Autoxestionado.Respeito á autofinanciación, xa que cremos q é unha forma de independencia á hora de traballar evitando asi que o proxecto teña unha data de caducidade. -Respeito aos espacios colectivos.Como parte da cidadania temos dereito a utilizar os espacios sen exclusións e en contraposición ó modelo de convivencia que nos intentan impor. -A través de espacios participativos.-Promovéndoos-Intercambiando información, coñecementos, recursos, etc. -Como forma de empoderamento e distribución igualitaria. -Aproveitamento das propias potencialidades. -Como reforzo da nosa independencia. Pola súa banda, o non menos intrépido Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, colabora na divulgación da sexta edición do Fervesteiro, coa produción e difusión da seguinte cuña radiofónica:
Como ben saben os monstros, o Festival de Músicas do Mundo de Sines (FMM), por outras referencias neste blog, deu comezo a pasada quinta feira 17 de xullo na vila Alentejana. Nós, chegamos a fermosa vila natal do navegante Vasco da Gama o xoves (quinta) 24 de xullo. Tres días tres, que disfrutamos do linto até o feche da xa décima edición do estupendo festival.
No cartaz dese día, figuraban repartidos entre a Avenida Vasco da Gama (ao carón da praia e de balde) e no propio Castelo (riba da praia e previo pago de 10 euros), seis grupos. Toda vez que estabelecimos a nosa base de operazóns nun dos parques de campismo da pequena vila de Porto Covo, marchamos cara Sines (a 15 m. en carro, pola impresionante costa que vai polo Parque Natural do Sudoseste Alentejano e Costa Vizantina).
Ao chegar a Sines estaban a tocar, no Castelo, o grupo galego Marful. Imaxinádevos que emoción! Subimos até o Castelo e dende as pantallas xigantes instaladas no propio muro, seguimos as evolucións da Ugía Pedreira,a Guadi Galego e compaña.
A crónica que ao día seguinte realizou Rádio Sines, a radio local e oficial do evento, evidenciou que os da Galiza deixaran ben alto o pavillón galaico. O certo é que a música das tabernas galegas, con danzas da américa latina (de Cuba a Argentina) traidas pelos seus emigrantes, o tango que bailaron dous homes no cenario e o ambiente erótico-festivo que comandaba a Ugía (Rádio Sines utilzou o cualificativo "quase pornográfico"), non deixaron indiferente a ningúen.
Mais, non foran a única presenza galega no FMM de Sines. O primeiro día do evento, a quinta feira 17 de xullo, os trasanqueses Serralhe-Aí! & Os Rosais, tocaron de balde no pequeno cenario que desta se habilitou ao carón do Centro de Artes de Sines. Acordeóns, xotas e muiñeiras que seduciron ao público. Nos fomos testemuñas directas, mais así o recollen as crónicas.
Oprograma do FMM de Sines é inmenso, non só pola cantidade e variedade de propostas que convoca anualmente (segunda quincena de xullo) senón pola inmenso interese que sustitan todas elas. É imposíbel estar en todos os concertos, así que há que elixir. Neste ponto, temos que dicir, para "descargo dos Monstros desplazados até Sines", que como integrantes da Rádio FilispiM, a radio libre e comunitária da Comarca de Trasancos-Ferrol(A Coruña-Galiza), fixemos as xestións oportunas ante a organización doFMM,para facermos con algún pase de prensa, previa autorización da asemblea de Rádio FilispiM. Mais, non tivemos resposta algunha da organización. Esta, debería saber que os medios libres e comunitariosson os que fomentan este tipo de músicas,mesmo festivais, e non outras.
As músicas do mundo en Rádio FilispiM, constitúen un altísimo porcertaxe do seus contidos musicais (horas temáticas Música Mundi) e mesmo son a base dalgún dos programas que emite, coma Africanía. Queremos cambiar o mundo, mais non cambiamos o chip do noso propio mundo e seguimos alimentando a quen non fomenta, precisamente, outros mundos posíbeis. As radio libres e comunitarias tambén existen, semella que noutros mundos lonxanos os da organización do FMM de Sines. En todo caso, nós seguiremos achegándonos até Sines, cubrindo o festival con ou sen acreditación, porque, nos interesa estar donde pasa algo diverso, neste caso no eido musical, que gostamos de amplificar desinteresadamente. Tan só agardamos que en vindeiras edicións, a organización emende este erro e acredite oficialmente a algunha radio libre e comunitaria, co fin de facilitarnos o traballo de difusoras do evento, en igualdade de condicións que os medios privados e públicos.
En calquer caso, un ano máis, @s pequenos monstros deslocados até aló, decidimos que o 25 de xullo, día nacional de Galiza, tiña que ser especial. Ese día mercamos as entradas para poder disfrutar do festival ao vivo no interior do Castelo, incomparábel marco. A máis de 600 km da nosa terra disfrutamos do cartaz daquela xornada: da enormidade vocal de Faiz Ali Faiz (paquistan), a vangarda armada dos KTU (Finlandia), pasando polo rock chinés deCuin Jian (China)e o punk-rock cigano de Firewater (EUA). Antes, na praia e de balde o intimismo folk británico, case de cámara, de Rachel Unthank e The Winterset. Unha xornada predominantemente tomada polas propostas arriscadas.
A noite no Castelo abriuna Faiz Ali Faiz, sen dúbida quen acaparou maior atención e suceso na noite, un artista tres veces premiado no certame World Music da BBC. Mais, a presenza deste foi anunciada a última hora, coma substitución do grupo que tiña que ter actuado segundo así estaba programado: Asif Ali Khan, discípulo do grande Nusrat Fathe Ali Khan (alcumado "A boca de Deus").
O caso pasaría desapercibido, se non for polos motivos (i)reais da ausencia deAsif AliKhanen Sines, que poñen en evidencia o actual estado das cousas canto a libre circulacións de seres humáns no mundo. Según anunciu o seu representante: "Asif Ali Khan, não podendo provar a posse de recursos financeiros, que na realidade não tem, o visto de entrada na Europa foi-lhe negado, repetindo-se uma situação que nos últimos anos tem impedido a vinda à Europa de muitos dos melhores artistas dos países mais pobres de África, Ásia e América Latina". Para alucinar, mais así están as cousas, pequen@s monstros.
En todo caso, si puidemos disfrutar do son qâwwali, a música do misticismo musulmano que, ao través da repetición da palabra ("qaul"), procura estimular no ouvinte o contacto directo con Deus ou, para quen non cre, unha forma superior de experiencia estética. O qawwali garda muita relación estética co flamenco. Camarón de la Isla, por exemplo, faría un bon dueto co paquistanés Asif Ali Kanh, mais, como sabedes, o de San Fernando anda actualmente moi ocupado nas alturas con Nusrat Fathe Ali Khan.
Canto a organización do festival: impecábel. Os organizadores (fundamentalmente a Cámara municipal do concello de Sines), son tan detallistas que até preparan un video resume do acontecido cada día no festival para proxectalo entre os concertos programados na seguinte xornada, ademáis de crónicas audiovisuais de pasadas edicións. En varios lugares da vila (Avda. da praia e muros no exterior do propio Castelo), instalánse pantallas xigantes cun estupendo son pra quen quixer poida seguir o que pasa en todo momento no FMM. Para rematala, non falta a edición de material promo do evento, camisolas, chapas... pero sobre todo un estupendo doble cedé con música en formato digipack, con case que todas as musicas dos artistas participantes no evento, que custa tan só dous euros!!!
Para mostra un exemplo. Aquí tedes o video producido pola organización do que aconteceu o 25 de xullo, xornada na que disfrutamos máis intensamente e fomos testemuñas directas os pequenos e pequenas monstros na vila do Alentello, cun resumo audiovisual da crónica que vos vimos de fazer, deste día tan especial. Como curiosidade, o Pequeno monstro sae no video. Fixádevos no tipo da camisola encarnada con franxa branca no medio, que aparece na esquiña superior dereita nos fotogramas que van do minuto 2:27 ao 2:30.
Até aquí a segunda parte da nosa crónica no FMM de Sines 2008. Atentos e atentas á proximas edicións deste monstro-blog, donde continuaremos contándovos máis cousas verbo dunha lembranza inesquecíbel: aedición 2008 do FFM de Sines.