Amosando publicacións coa etiqueta Radio Kaos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio Kaos. Amosar todas as publicacións

24 de marzo de 2023

Textículos by me (Divertimento). Radio Fene, outubro/2000

Integrantes de Radio Kaos 
Foto: Diario de Ferrol (arquivo André C. Pastor)

Un novo capítulo de Textículos By Me en Radio Fene, que, como explicamos na entrada anterior, na emisora pública de Fene se emitíu como Divertimento para pequenos monstros.

Neste programa, recollida a "caseta de socorro", continuamos adaptando textos propios para a radio, misturados con contidos alternativos. Así, fixemos unha crónica do concerto de Enrique Morente e Lagartija Nick no Auditorio da FIMO-Ferrol, dentro do ciclo Raíz, comandado polo, daquela, concelleiro de cultura Bonifacio Borreiros (bipartito PSOE/BNG con Xaime Bello como alcalde). Borreiros faleceu no 2006 aos 51 anos, sendo o impulsor dunha renovada política cultural ferrolá, referencia de outros concelleiros na historia recente da cidade. Ademáis, entrevistamos a Pepe Díaz coordinador de Radio Kaos, desaparecida emisora con sede na Escola Politecnica Universitaria de Serantes-Ferrol que, naquel outono de 2000, cumpría sete anos de emisión.

Como en tantas ocasións, acompaña a André pequenomonstro, Ana Lucecú, imprescindible na dramatización dos textos e creación de ambientes que requiría o guión do programa.

Escaleta:

- Sintonía/indicativo: Isabelle Antena - Lady Jusqu´au bout.
- Texto: Caían as follas (fondo: David Sylvian - Answered prayer).
- Música: Billy Oskay & Micheal O Domhnaill - False spring (Nightnoise).
- Crónica concerto Enrique Morente-Lagartija Nick. Ciclo Raíz, concello de Ferrol.
- Música: Enrique Morente - Sacerdotes (Omega).
- Entrevista a José Luís Díaz (Pepe), coordinador de Radio Kaos, 96.3 FM (Serantes-Ferrol).
- Música: Psycodelic Furs - Here come cowboys.
- Indicativo: Isabelle Antena - Lady Jusqu´au bout.
- Texto: Novembro verbalizado, follemos (fondo: Die Form / DF Sadist School - Bite of dog).
- Música: Telefilm - Catastrophe baby.
- Texto: Luna caracola (fondo: ondas do mar rompendo na praia).
- Música: Tam Tam Go! - Rosas en el mar (versión, orix. Aute).

Data emisión: venres, outubro/2000
Emisora: Radio Fene, 107.7 FM.
Guión, textos: André pequenomonstro.
Locución e indicativos: Ana Lucecú.
Control técnico: Xabier Fernández.

7 de marzo de 2023

Textículos by me (Divertimento para pequenos monstros) - Radio Kaos, 11/07/2000

Praias de Covas (Ferrol)
foto: André C. Pastor

No verán del 2000 realizamos para Radio Kaos, mítica e desaparecida emisora universitaria do campus de Serantes-Ferrol,  unha edición especial de Divertimento para pequenos monstros que titulamos Textículos by me, por aquelo dos textos. A radio transformábase nun posto de socorro nunha praia imaxinaria, desde onde viamos atardecer... Ao final do programa comentamos unha envexable axenda de concertos e festis, daquel xullo del 2000.

Na locución, mandos técnicos, guión e textos estaba André pequenomonstro. Na locución e axenda cultura, a imprescindible Ana Lucecú. Un programa rescatado dunha cinta casete e até hoxe inédito na rede. Haberá máis...

Algunhas músicas que identificamos entre os "textículos":
- Bernardo Bonezzi & St. Louis (Banderas).
- Salsoul Orchestra.
- Tav Falco (Love´s last warning).
- Chafino.
- Francis Lai (Bilitis).
- Sweet Box (Everything´s gonna be alright).
- Bartolomé Ferrando (Desde el principio).
- Pink Floyd (Dark side of the moon)
- Meteosat (Mis muñecas).
- Julio Bustamente.
- Steve Reich.
(...)

Disfrutade do "baño"...

Data emisión 11/07/2000
Emisora: Radio Kaos (Serantes-Ferrol).
Locución/guión/mandos técnicos: André pequenomonstro / Ana Lucecú.

18 de novembro de 2011

DIVERTIMENTO - X Xornadas Libertarias [Prado Esteban Diezma] + Novas radios libres / Acampada Ferrol + Enquisa a pé de rúa + Lembrando a Radio Kaos




Edición do xoves 17/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

CONTIDOS:
  •  X Xornadas Libertarias Ferrol. No estudio Xabi Porto [Unión Libertaria] e María del Prado Esteban Diezma [libertaria].
  •  Novas: Acampada Ferrol volve á Praza este venres + sancións teleco a radio QK [Ovieu] + Sanción SGAE a Rádio Pica [BCN]
  •  Enquisa a pé de rúa. De cara ao 20-N, preguntamos: "azul, vermello, branco... ou negro?"
  •  Radio Kaos [Ferrol]. Lembranza a radio universitaria "liquidada". No estudio Pepe Luis Díaz, "Koordinator".
  •  Axenda cultural Divertimento.

Audio do programa completo

Audio da enquisa a pé de rúa..

11 de decembro de 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro / historicos: Radio Kaos (2)

Imaxe dunha dunha das grellas de Radio Kaos (Ferrol)

"Aquí Radio Kaos, a emisora universitaria e libre que okupa o 96.3 da FM en estéreo supersónico". Desta forma indicabamos ao persoal que demos andaban a sintonizar, cando as emisións de Divertimento para Pequenos Monstros na emisora do campus de Serantes-Ferrol, naqueles 2000.

O programa que hoxe vos oferecemos debeu ser emitido na grella 1999/2000.

Este Divertimento ábrese cun par de textos do Pequeno Monstro (Poema Bomba e Aquela Casiña), segue cun poema do ferrolán Santi Ribera e finda, na súa primeira metada adicada aos textos, con Rosa de Sanatorio de Don Ramón María del Valle-Inclán, surreal poema enunciado nas noites de finais dos oitenta, por José Luis Moreno-Ruíz no seu memorábel programa (do mesmo nome) en Radio 3.

Na segunda parte do programa falamos con todo un personaxe daquelas noites ferrolás dos noventa: Raúl "El Ilegal". Daquela, Raúl tiña un local de copas na Rúa do Sol de Ferrol, facía debuxos e .... Bon, escoiten o programa.

Lembro a perfección a tarde en que entramos pola porta da Escola U. Politécnica de Serantes, dende donde emitía Radio Kaos, o Raúl e mais eu. O Raúl apareceu cun enorme teclado Farcisa TK61. Aínda o estou a ver, levaba unha gafas de rallar, tan delgado el con ese teclado que case o duplicaba en tamaño e peso, atravesando a porta da Politécnica camiño do estudio, ante a mirada atónita dos estudantes. Na conversa con Raul, acompáñanos Suso Suciedad, sombra de Divertimento naquela etapa.

Daqueles anos e daquelas ondas, lembramos estes programas: O que nós sabemos e vostedes non (Santi Bergantiños e compaña), Shock (Bárbara Calavera Zalamera), Ábrete de Orellas e Chicas Católicas (Pepe Luis Cunha), Disidente (Iván), O Lucecú (Ana Santiago), Galiza Solidaria (Cebral), Café Jazz (Manuel Lorenzo), Manchita Cosa (Suso Suciedad e Paulopablo), Autopista 61, El Taller del Duende, Con Alma de B-Boy, Sinfonías Metálicas, A letra "A" e Expresión Directa (Xabi e Iván), Divertimento para pequenos monstros / Textículos by me (Pequeno Monstro con Ana Lucecú & Suso Suciedad), nun asalto radiofónico perpretado a man armada de poemas.

Ti mesm@ podes completar esta lembranza á Radio Kaos comentando esta entrada ao pe.
A próxima semana o Pequeno monstro, desvelara quen e como se `cargou´ Radio Kaos.
Entre tanto, para lembranza de tod@s, rescatamos do arquivo unha imaxe da grella do vrao do 2000, daquela sorprendente emisora. Un documento valorado agora mesmo en 20.000€, que encabeza esta entrada .

Ficades co audio bomba...

http://www.mediafire.com/listen/0yto7tr9p4t00ah/DivertimentoHistoricos_Raul_Ilegal.mp3

7 de decembro de 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/historicos: Textículos by me. Radio Kaos.

No vrao do ano 2000, Divertimento para pequenos monstros realizou no estudio da desaparecida en combate (consigo mesmo), Radio Kaos de Ferrol, unha serie de programas especiais intitulados Textículos by me.

A cuestión foi como segue: unha fermosa praia, unha caseta de socorro, a megafonía e tres socorristas: Ana Lucecú, Suso Suciedad e André Pequeno Monstro. Un cenario imaxinario de diálogos inocentes e melancólicos.

A última parte do programa que vos oferecemos, sintetiza o espírito daquelas edicións: experimentación sen límites, ao interpretar un texto mimimalista durante case vinte minutos alterando as voces dende a mesa de control de son, co fundo musical da peza Koyaanisqatsi do neoiorquino Philip Glass, a soar pola megafonía da caseta de socorro daquela praia inventada.

O texto en cuestión, Son Persoa, comeza inocente, mais co paso dos minutos e embuido nas notas musicais de Glass, convértese nun mantra surreal que nos leva ao éxtase final coa peza La Estatua del Jardín Botánico de Radio Futura.

Estudio: Radio Kaos. Serantes-Ferrol. Xullo de 2000.
Intepretación, voces e ideas: Ana Lucecú, Suso Suciedad e André Divertimento.
Selección musical: Pequeno Monstro.
Guión e textos: Pequeno Monstro.

Ficades na praia, co audio. Coidado coas ondas.

Descargar o arquivo

26 de novembro de 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Suso Suciedad e Paco Pestes.

Un oito de xuño de 2001 visitaron Divertimento dous ilustres pequenos monstros de Ferrol: Suso Suciedad e Paco Pestes García.

Para nos situar, tomabamos as copas no Dada Circus, na defenestrada Radio Kaos retumbaban programas coma "Expresión Directa", "O que nós sabemos e vostede non" ou mesmo "Manchita Cosa" (si, antes de ser o local supervivinte da Madalena ferrolá foi un programa de radio).

Paco Pestes foi o responsábel de que o Pequeno Monstro se lease cunha rapaza chamada Radio, cando este e outros alucinados dos primeiros oitenta (Pedro "Maltrana", Luz...) realizaban en Radio Fene o Cuasimodo. Un día, Santi presentoume ao Paco nunha casa usurpada en Recimil. Anos despois, cos auspicios espirituais de Suciedad, este vería editado o seu máis afamado libro de poemas: "El último cigarrito de los nuevos sofistas callejeros".

Daquela, Suso Suciedad apresentoume a Antonin Artaud e a saga dos Panero (La Transmigración de la Locura). A banda sonora a tanto verbo púñaa un tal Corcobado, advertíndonos de que son as mulleres as que andan a pór coches bomba por haí. Ademáis, Suciedad, cando nadie nos veía me pasaba os seus poemas aterrados en fanzines malditos (Nada es Verdad), que antes escribiu en trozos de papel do wc para ler, xunto ao meu irmán Paulopaulo, naquel precipicio radiofónico de Serantes punto e principio de tantas cousas.

Nesta edición antediluviana de Divertimento para pequenos monstros, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, interrogan e fan tremar a estes dous de Ferrol. O programa remata en conexión cunha Lupe Ces dez anos máis nova, na Praza do Desarme de Ferrol nun acto da Marcha Mundial das Mulleres a pról do pobo palestiniano.

Friqui non é un conceito tan moderno, vén daquela. Ficades co audio.

Descargar o arquivo
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...