Todo el Largo Verano (2008) |
Todo el Largo Verano estiveron o xoves 13 de novembro de 2008 en Divertimento para pequenos monstros, na Rádio FilispiM, un dos proxectos musicais nos que anda embarcado Alberto Amigo, guitarra e letrista desta formación local.
Fer, Rubén, Carolina e outros elaboran e gravan as súas pezas no salón da casa de Alberto. Guitarras, batería, teclados, ukeles e outros artefactos, son pulsados por estes activistas do pop ferrolán. Algúns deles, ademáis de ser parte doutras bandas (Quant), son as almas desa impulsora de artistas ferrolterráqueos coñecida como La Fonográfica General, que vén de cumprir tres anos de existenza..
*
Para completar o programa na súa faceta social, cubrimos a manifestacion que o sindicato galego CIG realizaba en Ferrol "en defensa dos intereses da clase traballadora galega, que a crise a pague o capital". Nesta ocasión contamos con Lupe Ces como correspondente, dende a propia manifestación.
Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.
Conduce: André, Pequeno Monstro.
Audios (2): Programa completo / Corte Lupe Ces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!