Mobilización da Rede Galiza Non se Vende (Compostela) |
Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros contamos con Alexandre Carrodeguas, integrante da Rede Galiza non se vende e do Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
A Rede Galiza non se Vende nace en novembro de 2007 como iniciativa de máis de sesenta colectivos ecoloxistas, sociais e da veciñanza do país galego.
"Desamparados, desprotexidos, defraudados", estes foron os sentimentos dos impulsores da Rede aos dous anos de goberno do bipartito PSdG-BNG, ao que acusaron de defender un "modelo enerxético depredador, en contra dos intereses dos cidadáns".
Case un ano despois da primeira grande mobilización da Rede (17/02/2008), voven os cidadáns a estar convocados para o domingo 15 de febreiro de 2009, en plena precampaña das autonómicas do país galego.
Rádio FilispiM, a radio libre e comunitaria dende Ferrol (Galiza), deu conta da masiva asistencia a aquela primeria convocatoria a que acudiron maís de 10.000 persoas.
**
Alexandre Carrodeguas, como integrante do Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ademais nos falou do contencioso da cidadanía ferrolá cos poderes e intereses que manteñen activa a pranta de Gas de Reganosa na Ría de Ferrol, a 900 metros de una base militar naval e pouco máis de 1000 metros dun nucleo de máis de 100.000 habitantes, pese a existir un novo porto exterior na ría.
Por si todo isto for pouco convincente, a entrada da Ría de Ferrol é tan fermosa como estreita, o que só permite a entrada dos gaseiros na pleamar de día e coa axuda de remolcadores. No suposto de que houber un accidente, un gaseiro non podería sair da ría polos seus propios medios, e de atoparse coa baixamar tería que ficar no meio dela. Por certo, a pleamar diurna únicamente deixa unha hora escasa ao día para saír e sempre coa axuda dos remolcadores.
Pese a todo, os sucesivos gobernos da Xunta de Galiza (PP e PSOE/BNG), a cualifican coma de "estratéxica para Galicia". O certo é que tras desta desafortunada e caprichosa ubicación atópanse elementos de conveniencia empresarial que engaden a este asunto unha banda sonora de fétidas melodías.
Neste enlace atoparás audios producidos pola Rádio FilispiM da manifestación contra a Reganosa organizada polo Comité de Emerxencia o 8 de xuño de 2008.
**
No transcorrer deste programa intervén vía telefónica Xabi Porto do Espazo Libertario de Ferrol.
Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.
Conduce: André, Pequeno Monstro.
Audios (3): Corte1 / Corte2 / Programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!