28 de febreiro de 2008

Entrevista a Jesús Ordovás, "25 anos de pop con Radio 3" - 28/02/2008

Por mór da exposición itinerante "25 anos de pop con Radio 3", o programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, entrevistou a Jesús Ordovás [Diario Pop - Radio 3-RNE].

Aproveitamos para amosarlle ao Ordovás grupos da nosa comarca [Quant, Misquious, Roger de Flor... e lembrarlle outros que xa coñecía como Todo el Largo Verano]. Mais, como tod@s sabedes Ordovás xa non é parte da Radio 3, dende hai poucos meses, como consecuencia das prexubilacións forzosas acontecidas en RTVE-RNE, que se levarán por diante a boa parte dos pioneiros e da Radio 3.

Logo dunha amena conversa fixémoslle entrega dunha copia do primeiro cedé recompilatorio "Conspirando por unha rádio libre" de Rádio FilispiM [cunha chea de grupos da comarca] e comprometeuse a abrir a vindeira cita da exposición itinerante "25 anos de pop con Radio 3" con ese disco, de maneira simbólica.

Ao final da conversa despedimos cunha forte aperta ao ferrolán Ordovás [si, naceu no Porto de Ferrol] e Bárbara [do programa Capireando de RFM] tirounos unha fotos, que podes ver nesta entrada.

Todo foi moi improvisado, mais hai fican o audio e as fotos.

Ahhh!!!, acompañoume na entrevista Suso Suciedad [Manchita-Ferrol] e as fotos tirounas Bárbara [MMM]. Grazas Suso e Bárbara!!!


Get this widget | Track details |


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...