En Rádio FilispiM, andamos a fechar un novo ano filispiniano. Mais, esta nova era na radio difusión local principiou hai cinco anos e vai sendo xa hora de que algún pequeno monstro se lanze a aventura de contar a súa historia.
Dentre as datas salientábeis, está ese oito de abril do ano 2004 (xoves "santo") no que se celebrou o primeiro festival Conspirando por unha radio libre, na estación de Ferrocarril de Ferrol, no que actuaron Miguel Alonso, Loom, Window Pane e a IV Guerra Mundial (todos eles grupos locais) e que supuso un importante espaldarazo económico para a consecución dos equipos técnicos que posibilitarían futuras emisións da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca.
Mais o proxecto botaba andar algúns meses atrás, concretamente a finais de 2003. Unha data especial foi o 20 de novembro de 2003, na que se celebrou a primeira asemblea dun proxecto que por entón era simplesmente unha ideia. Aquela primeira asemblea (da serie de previas á constituinte) celebrouse no local Manchita Cosa, que por entón comandaban Suso e Narsés. Aqueles meses o "Manchita" acollería algunhas das primieras e memorábeis actividades argalladas pra recadar fondos: unha estupenda cea vegana, algunha sesión de música e pinchas ou mesmo unha non menos resucitadora festa de defuntos.
Estas primeiras asembleas tamén se celebraron na Fundaçom Artábria que por entón tiña un estupendo (e añorado) local na Rúa Magdalena de Ferrol, e formanba parte dunha serie de reunións previas e preparatorias do que logo sería a primeira asemblea aberta constituinte do colectivo, celebrada no Ateneo Ferrolán o 28 de novembro de 2003. A importancia desta última asemblea é indiscutíbel para o que é a historia do colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM. O texto que segue foi o que, por entón, se moveu masivamente entre tod@s para conseguir xuntar a cantos máis mellor:
Sent: Tuesday, November 11, 2003 11:02 AM
Subject: PRIMEIRA ASEMBLEA ABERTA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA RADIO LIBRE EN FERROL
Pola presente queremos anunciar a primeira convocatoria aberta para a constitución dunha asociación cultural que ampare o proxecto dunha RADIO LIBRE E COMUNITARIA no ámbito de Ferrol. Dita asemblea aberta, informativa e participativa, terá lugar o vindeiro venres 28 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Nela trataránse, entre outras, as seguintes cuestións:
- Presentación do proxecto.
- Os fundamentos das rádio libres e comunitarias hoxendía. Exposición e debate deses principios no noso contexto.
- Constitución de comisións de traballo para unha primeira etapa (estatutos, divulgativa da idea, financiamento, técnica...)
- Participación activa e debate.
Outra data importante foi o sábado 13 de decembro de 2003, no que o aínda proxecto apresentouse públicamente no Foro Negro e participou nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformazón do País galego. Todo esto levouse a cabo no Instituto Galego de Información en Compostela, como resposta de mobilización e artellamento de redes sociais, ante o panorama desolador (papel dos medios de des-información de masas e das institucións), por mor do desastre medio ambiental do verquido de fuel do buque Prestige as costas galegas.
E así, nese contexto, político social nace o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM. Todo isto é moi importante pra saber máis de nós, e pra que os que veñan detrás coñezan como e porque naceu todo isto.
Hai tempo que veño de darlle voltas á posibilidade de iniciar unha serie de entradas neste blog, sobre a historia do Colectivo Opaii-Rádio Filispim, no que profundar dende a distancia do tempo (con esa perspectiva) no traballo feito, as moitas anédotas, xente que pasou polo proxecto... todo claro, según o meu ponto de vista. Se vos presta esta idea, podedes fazer algún comentario a esta entrada. Material e gañas non faltan. O tempo xa é outra cousa, mais fariao de vagar.
De momento, só quero desexarvos a tod@s BON ANO FILISPINIANO 2009!!!. Estas afotos que seguen as tiramos o pasado sábado 27 de nadal, no local de Rádio FilispiM-Colectivo Opaii!, no Ateneo Ferrolán. Brindando polo novo ano filispiano estan o Cholo, a Fátima "Spanglish" e o Pequeno monstro. Ese brinde vai para tod@s vós tambén!!!
entrada en construzón
Feliz ano, pequeno monstro!!!
ResponderEliminarMuy buenas las fotos!!! jejejje
Apertas,
Fátima Spanglish