Enrique Morente foi un artista universal comprometido co seu tempo. Tambén foi un artista innovador no xénero que dominaba, o flamenco. A súa traxectoria só pode ser comparada coa outro monstro do xénero, Camarón de la Isla.
No seu achegamento a xéneros máis populares coma o rock, pariu unha das obras de fusión máis impactantes da década dos noventa: OMEGA. A obra, gravada cunha chea de músicos e a formación de rock [tambén granaina] Lagartija Nick, é inmensa.
En OMEGA, os textos lorquianos do cantautor canadiano Leonard Cohen mais as adaptacións de poemas do propio Federico García Lorca, serven de base a unha explosión de innovación, enerxía e sentimento durante algo máis dunha hora.
Enrique Morente abandonou este mundo un 13 de decembro de 2010. O vindeiro 25 deste natal tivera cumprido 68 anos. Na súa despedida, a súa dona Laura García Lorca [sobrina de Federico García Lorca] e a súa filla Estrella, estiveron acompañadas por todas.
No programa escoitamos a obra completa OMEGA [El Europeo, 1996], que tiven ocasión de ver en directo nun dos pavillóns de A Malata [Ferrol], un nove de agosto de 2002. Ao final ouvimos o audio donde a súa filla, Estrella, lle canta en corpo presente, uns versos do Poema del Cante Jondo de F.G. Lorca, "Ay, empieza el llanto de la guitarra, llora como el viento sobre la nevada. Ay, es inútil callarla, es imposible callarla..."
Enrique Morente, mesmo volveu visitar Ferrol [Teatro Jofre] o recente 23 de xullo de 2010. Daquela, o noso compañeiro Pedro [Rádio FilispiM - "Aquilo que vibra"] o veu sair do Mercado da Madalena, cunha bolsa ben sortida de peixe .
Enrique Morente, até sempre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!