Contamos coa presenza no estudio de Rádio FilispiM, 93.9 FM, de Patricia e Ana, nais de nen@s e da comunidade educativa do Colexio Rural de Lago en Valdoviño, así como de José Manuel [profesor] e Juan [ANPA] da comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol.
Como xa é público sobre a Escola de Valdoviño existe unha ameaza seria de feche e sobre a escola de San Xoán de Filgueira unha reducción dos seus recursos humanos e de unidades pese ao incremento de alumnado. Este último centro contínua o seu feche de protesto contra estas medidas, dende o pasado xoves 30 de xuño.
Ademáis, outros centros educativos públicos da comarca de Ferrol son afectados por estoutra "reconversión", dunha o doutra maneira: Rodolfo Ucha, IES Ferrolterra, CIFP de Fene, Colexios Os Casais de Maniños e O Ramo de Barallobre, IES Fernando Esquío de Neda, Colexio San Ramón de Moeche... A nível de Galicia, estes recortes afectan a outros moitos centros públicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!