Este concentro finalizou o estupendo ciclo de música minimalista que por vez primeira chegou ao teatro da nosa cidade baixo o título de "Repeat".
Durante os dous días precedentes, profesor@s e alumn@s do Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol, interpretaron obras de: John Cage, Steve Reich, John Adams, Arvo Pärt, Muchael Nyman, Terry Riley ou mesmo Douwe Eisenga e Eduardo Polonio, que estiveron no propio Teatro Jofre.
Destacar a intepretación da obra "In C" de Terry Riley realizada por unha orquesta formada por moi novos músicos e alumnos do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, dirixidos por Jose Núñez Ares. Este último actualmente profesor no conservatorio de Rotterdam, realizó unhas estupendas interpretacións ao piano da obra do holandés Douwe Eisenga.
Que a música contemporánea en calquera das súas modalidades se incorpore aos conservatorios e mesmo as sás de concertos de Ferrol merece especial recoñecemento e atención. A totalidade do ciclo ten sido, sen dúbida, todo un Divertimento para pequenos monstros.

Este é o audio do concerto:
Foto do día do concerto no Teatro Jofre de Ferrol, tirada de: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/05/22/galicia/1306065797.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!