(30/12/2008 - resubida)
Na última edición no 2008 de Divertimento para pequenos monstros en Rádio FilispiM, despedimos o ano comentando a actualidade das radios libres e comunitarias no mundo, Estado español... e en Monte Alto, Coruña.

- O proxecto de normativa de radiodifusión elaborada polo Goberno Canario non contempla a concesión de frecuencias a radios que non sexan privadas e con ánimo de lucro, polo que as radios comunitarias fican fóra da convocatoria unha vez máis pese as recomendacións de AMARC (Asociación Mundial de Radios Libres e Comunitarias) y da propia Unión Europea quen na súa resolución do 25 de setembro de 2008 pedía o "recoñecemento legal aos medios de comunicación comunitarios (terceiro sector) como grupo definido, ao igual que se recoñece aos medios comerciais e públicos. A realidade en pleno século XXI no estado español deixa en evidencia o control do espectro radioeléctrico por parte de intereses privados e de control político.
- Ademáis, nos fixemos eco do primeiro Foro de Radios, inscrito dentro do Foro Social Mundial que se celebrará en Belém do Pará (Brasil) entre o 27 de xaneiro e un de febreiro de 2009. O primeiro Foro de Radios será un espazo de articulación que integrará o traballo de radios comunitarias, libres, cidadás, independentes, alternativas e populares, redes e colectivos radiais, conformando un proxecto de intercambio na produzón de información libre en diversos formatos, ao través do uso estratéxico das novas tecnoloxías. O Foro de Radios, instalará os seus estudios no corazón do FSM 2009, dende donde realizará unha cobertura internacional en vivo cunha programación multilingüe compartillada, que se transmitirá ao través de internet (streaming). Os arquivos de audio da cobertura en vivo e as produzóns
radiais (reportaxes e entrevista) estarán ao dispór en: www.foroderadios.org
- Por último, comunicación teléfonica con Lautaro, membro do Centro Social Okupado As Atochas, no bairro de Monte Alto en A Coruña. Este "laboratorio social" cumprirá un ano, de incesante actividade, no mes de marzo de 2009. A súa experiencia de artellamento dun espazo donde desenvolver actividades de xeito autoxestionado e libre se une as éivas dunha okupación estudada canto ao valor especulativo do recinto elixido para acoller todo ilo. Dentre os colectivos que se teñen xestado na propia casa esta a xente de Rádio Krime, que andan a pór os alicerces precisos para okupar e dignificar as ondas coruñesas, como proxecto de comunicación libre, pese aos administradores do espectro radioeléctrico e os monaguillos de turno.
Aquí tedes o programa en dous audios:
1 - Corte da conversa con Radio Krime de Coruña.
2 - Audio completo do programa.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro. Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!