18 de agosto de 2008

Boy Elliot gaña o Apologhit 2008. Parabéns!

Pop directo con quintaesencia (ou anxo) é o que fai o veciño da nosa comarca Daniel Alonso, máis coñecido por estos pagos coma Boy Elliot.

Xa, na edicion do ano 2006, formou parte do elenco de estrelas interplanetarias do festival Conspirando por unha radio libre argallado polo Colectivo Opaíí!-Rádio Filispim de Ferrol (Galiza), sempre atento ao que pasa no seu radio de acción.

Hoxe, Boy Elliot, vén de aterrar no Planeta 19, un lugar nesa constelación da que falabamos, "onde os nosos avós, pais ou nós mesmos emigramos por cuestións politicas, ecomicas, por amor ou tan só por escapar dunha rutina", según as súas propias verbas.

O xurado do certame "na procura da canción do verán en galego", Apologhit, decidiu que Boy Elliott & the Plastic Bags (a banda que o acompaña), sexan os gañadores do concurso e, ademáis, os encargados de representar a Galiza no Eurofestival Liet-Lavlut , que terá lugar o 18 de outubro na cidade lapona de Luleå, no que participan artistas que interpretan as súas obras nas diversas linguas minoritarias da vella Europa.

A decisión non foi nin moito menos doada xa que este ano Apologhit, que argalla o portal Vieiros e a radio pública Galega, volveu bater marcas de participación. Ao final, os membros do xurado: Tito Lesende (crítico musical); Xosé Manuel Pereiro (exlider de Radio Oceano), Patricia Romero (presidenta do club de fans da Orquestra Panorama); e Ramón Domínguez (dillei Zarpaelamor) optaron pola súa canción.

No seguinte collage audiovisual, perpretado por Gorevision TV e baseada na curta "AmalgamA" de Iván Zulueta, atoparedes os datos sobre a habitabilidade do Planeta 19 en cuestión.

Os nosos monstro-parabéns a Boy Elliot & the Plastic Bags!!!

Nota: na foto superior Boy Elliot en Gustel (Ourense-GZ), no ano 2004. Na foto que fecha este artículo Boy Elliot nunha praia na Irlanda hai unha semana. En ambas fotos (atención!) leva unha camisola do Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM.

2 comentarios:

  1. Ave, Monstro...

    Dende Gorevision TV, parabens polo teu artigo sobre o noso (super)heroe comarcal, Boy Elliott, e por suposto polo teu blog. E o mesmo tempo queremos facer unha leve, pero cremos xusta puntualizacion sobre o teu comentario en relacion a autoria do video clip "Planeta 19" dos Plastics Bags. O conxunto de imaxes que conforman o mesmo esta nun 80% formado por extractos da peza experimental "AmalgmA" de Ivan Zulueta, por tanto, sinalar o Sr. Alonso coma director do mesmo, é coma menos, excesivo. Podemos por tanto deixalo, si o ves convinte, en que se trata dun collage audiovisual perpetrado por Gorevision TV ;), para que ninguen se chame a engaño. Nada mais. Saudos cordiais dende o hiperespacio. Fiuup!

    ResponderEliminar
  2. Grazas polos comentarios. Rectificación feita. Visitarei Gorevisión TV e verei os vosos programas como penitencia.

    Saúdos monstroplanetarios.

    Pequeno monstro.

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...