23 de decembro de 2008
O Apalpador apareceu en Rádio Filispim.
A tradición galega, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Crese que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.
O artista local Leandro Lamas realizou, en base aos dados recompilados sobre como podería ser a figura do carboeiro do Courel, a fermosa ilustración que acompaña esta entradiña.
Na edición do pasado martes 23 de dezembro de 2008, tivemos ao Apalpador en Divertimento para pequenos monstros, en exlcusiva mundial para @s ouvintes da Rádio Filispim, a rádio libre e comunitaria de Terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Trouxo unha visión menos consumista e máis humana para estas festas.
Na web da Fundaçom Artábria veñen de fazer unha agarimosa referencia á presenza do Apalpador na Rádio Filispim, cunha chiscadela especial ao Divertimento e ao Pequeno monstro (muito obrigado amig@s!!!!). Podedela ver facendo click aquí.
Ogallá calle entre tod@s o intento de recuperazón desta figura senlleira de tradizón galega, que están a fazer colectivos coma a Gentalha do Pichel de Compostela ou a Fundaçom Artábria de Ferrol (Trasancos).
Podesdes ouvir o audio da entrevista ao Apalpador, en Rádio Filispim, ao través deste reprodutor:
A tod@s, pequenas e pequenos monstros, que de cando en vez seguides este blog, ouvides o programa de radio Divertimento, a tod@s @s meus compañeir@s da Rádio Filispim... que o Apalpador vos traiga este Natal unha boa presa de castañas ben quentes. De corazón, os meus mellores desexos para o vindeiro 2009.
O pequeno monstro.
Sorpresa!: se fas click no Apalpador terás un agasallo!
21 de decembro de 2008
Roger de Flor, naturalidade silvestre.
Antes de apresentar en directo, o 26 de nadal no Ateneo Ferrolán, o seu segundo traballo titulado Naturalidad Silvestre, publicado no sello fenés Felipop Discos, pasou polo estudio de Rádio FilispiM, 93.9 FM pra nos falar do seu disco, de si mesmo e dos seus moitos amig@s.
Entre das dez cancións que están no estupendo segundo traballo discográfico de Roger, esta a peza Os dous amigos, da que a factoría Rubén Coca/Alberto Alonso, produciu este video-clip, no que participaron María López "Faltriqueira" (coros), Marina Molares (coros), o Marqués das Viñas( charango e coros), Nicolás Vidal (coros e harmónica), Jorge Juncal (acordeón), Serguei Izmailov (batería), Víctor Gacio (baixo) e o propio Roger de Flor (guitarra, mandolina e voz):
Ademáis, podes ouvir a entrevista que lle fixemos ao cabaleiro do pop trasanqués, Roger de Flor, no seguinte reprodutor:
Descargar o arquivo
Imaxe: portada do cedé Naturalidad Silvestre, de Roger de Flor.
15 de decembro de 2008
Marca Branca, os Netlabels e Creative Commons da Rádio Zero (Lisboa) agora na Rádio FilispiM.
Así apresenta Rute Correia a súa interesante proposta radiofónica que produce dende Rádio Zero (Lisboa), que dende xa mesmo pasa a emitirse tambén ao través da Rádio FilispiM, a libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol (Galiza).
Recompilamos de seguindo algúns enlaces e outra información para que vaias coñecendo mellor a esta xentiña radioapaixoada da fermosa cidade de Lisboa, da que tanto gostamos os Pequen@s monstros:
Máis novas noutros blogues de Portugal: http://beatsplayfree.blogspot.
E na Galiza: http://commonsbaby.blogspot.
Nestoutro enlace tes unha pila de afotos d@s colaboradores da Rádio Zero de Lisboa: http://www.flickr.com/photos/
Un pouco de história.
Rádio Zero naceu no ano 2004. A súa filosofía está resumida neste Manifesto por eles asinado:
A rádio é um meio criativo que fomenta o experimentalismo e o desenvolvimento de obras de arte em formato sonoro. A rádio intervém na sociedade através de conteúdo de cariz comunitário e da promoção de actividades culturais. A rádio assume-se como um meio de acesso do indivíduo à radiodifusão. Sendo apologista da liberdade e criatividade, a rádio dá preferência total ao formato de autor.
Na Rádio Zero traballan de balde, sen outro interés que o amor á rádio libre e creativa, procuran colaboradores e se definen así:
Rádio Zero, ademáis forma parte dunha rede: a Radia.
Dende este pequeno blog, damos a benvida á Rute Correia e a propia Rádio Zero de Lisboa a Rádio Filispim!!!
9 de decembro de 2008
Crónica da viaxe ao FMM de Sines, Portugal. 3ª parte: Ulía a menta.
A décima edición do FMM de Sines, a uns 160 quilómetros ao sul da Lisboa, foi unha virguería lusa canto a cualidade nas músicas, xeito de fazer, seriedade e profesionalidade.
De fazer unha comparanza cos festivais que há na Galiza, comezaría dicindo que o FMM de Sines non é un macro-botellón. A selección musical é variada, atrevida, o acceso de balde ou non, a cervexa Sagres ou Superbock o arroz caldoso e os cenarios para os concertos cinco: a vila de Porto Cobo, o Centro de Artes de Sines (dentro e fóra), o paseio da praia e o estupenda fortaleza: o Castelo.
Ademáis hai actividades paralelas: seminarios (A Barreira do Som: "Música, cultura e naçao"), exposicións ("Transurbana" de Luis Campos), Cinema ("Migraçoes"), conversas cos artistas e mesmo Ateliês para Crianças.
Canto ao detallismo, presente nos dez días que durou esta décima edición do FMM de Sines, nunca esquecerei que no concerto que deu o grupo paquistanés Faiz Ali Faiz, ulía a menta. Sim, a menta. Alguén da organización pensou que aquel cenario, plagado de músicas que nos levarían ao trance total, prestábase a espertar un sentido máis: o olfato. Na piso do Castelo. que andabamos a pisar, había ben espalladas frescas follas de menta. Non penso que volva a ulir nada igual en festivais (até a undécima edición do Sines, claro ;-).
De for pouco, a nova música galega estivo na pasada e edición do FMM de Sines. O primeiro día do festival, 17 de xulho, tocou Serra-lhe aí!! & Os Rosais, de balde no palco exterior do Centro de Artes de Sines. Xa o 24 de xulho, no incomparábel marco do Castelo, quedándose co respectábel, tocou Marful co seu espectáculo "Salón de Baile". Na segunda das crónicas que fixemos deste festival (atoparala procurando neste blog), xa vos comentamos o que foi o que dixo Rádio Sines, radio oficial do evento, ao respeito.
Pequenas e pequenos monstros, no video que segue ovimos e vemos á Ugía Pedreira (cantante de Marful) nunha entrevista no propio festival, onde fala entre outras cousas que "criouse nunha taberna, entre homes":
De volta de Sines e Porto Cobo (duas vilas da mesma Freguesía), marchamos cara Lisboa, donde pasamos uns días estupendos. Como lugar de estancia eliximos Cascais, que fica a uns 30 minutos en tren da capital lusa. Moi recomendábel o parque de campismo de Cascais, dos mellores e máis tranquilos que teñamos durmido. Cecais, teña que ver o espírito tranquilo das moitas persoas que aló andan e que ou descansan ou surfear a "salvagem" praia do Guincho. Se tiver que por nota ao camping Orbitur Guincho esta seria un dez, canto a cualidade-prezo en comparanza con outros.
E con todas estas sensacións, aquel ulor a menta, aquelas músicas, aquel arroz, todos eses curmáns meus de Portugal... e a saborosa guinjinha! do largo de Säo Domingos que popularizou un galego na Lisboa chamado Espinheira. Siiiiiiii!!! a guinjinha, invento dun galego, a bebida máis populosa da Lisboa!!!. Non deixes de procurar eses pequenos dispensorios de guinjinha se vas pelos bairros senlleiros da Lisboa. Noooon!!!.
Logo de todo ilo, deixámosvos co último lote de afotos tiradas pelos monstros, esta vez na sempre fascinante Lisboa, mais tambén en Cacais e Sintra. De todo veredes, até o sito onde dispensan ao camiñante con ese marabilloso brevaxe doce chamado guinjinha e que inventou un galego de Lisboa, pode que antepasado meu.
27 de novembro de 2008
II Xornadas do Comité Anti-Sida LAZOS.
Estas Xornadas levan o lema "Ante o VIH a túa actitude marca a diferenza" e anteceden á celebración en todo o mundo do día contra a SIDA.
En Ferrol, as Xornadas terán lugar en diferentes espazos da cidade:
- días 27 y 28 de noviembre, na Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía.
- día 29 de noviembre, no Ateneo Ferrolán.
- día 1 de nadal, na rúa Real.
Pola nosa parte, o pasado 27 de novembro, dia no que comezaban as Xornadas, e no descorrer do programa de Rádio FilispiM Divertimento para pequen@s monstros, mantivemos unha conexión con Carlos Varela, integrante de LAZOS. Podes ouvila no seguinte reproductor:
26 de novembro de 2008
Democracy Now! e Amy Goodman. 2º parte.
Amy Goodman, protestaba pola detención dos productores da súa canle, Sharif Abdel Kouddous e Nicole Salazar, cando apareceron varios axentes da policía armados até os dentes e leváronlla detida retorcéndolle o brazo.
Estes dous xornalistas da canle Democracy Now!, atopábanse cubrindo as manifestacións de protesta contra a reunión dos republicanos que debe proclamar oficialmente a John McCain, daquela candidato á presidencia dos EEUU.
Os axentes detivéronlles, segun o xerife do condado, por sospeitas de que estivesen "conspirando para organizar disturbios". O certo é que a Goodman leváronlla simplemente por tratar de defender aos seus colaboradores apelando á liberdade de prensa.
Tal e como comentamos nunha das entradas anteriores que podes atopar neste blog, Amy Goodman é unha das xornalistas máis coñecidas e respectada de Estados Unidos. e do mundo. Desde Democracy Now! cualificaron o arresto de ilegal e pediron a reporteiros e cidadáns que chamasen á oficina do alcalde da cidade e do xerif para protestar por esta acción. Finalmente os tres xornalistas foron liberados.
O certo é que ese día non só foron arrestados os xornalistas de Democracy Now!, senón que o foron 280 persoas. Podes ler clicando neste enlace, todos os diálogos -traducidos- que se produciron no momento da detención dos integrantes de Democracy Now! e, de seguido, ver o video que recolle o momento da detención polcial desta intrépida e exemplar xornalista.
Pra findar gostaría recomenda, ademáis do propio sitio oficial de Democracy Now! -> www.democracynow.org, un espazo habilitado por un veciño da comarca que teño achado recentemente na rede, e que vén ser un traballo de compilazón e traduzón dos seus contidos á lingua propia da Galiza: o galego. Podedes curiosear nel clicando neste enlace: Democracia Xa!
(www.democracia-xa.blogspot.com).
Un dos interesantes documentos que compila a enlace galaico made in Trasancos, Democracia Xa!, é o elaborado polo prestixioso xornal Le Monde Diplomatique e titulado: Democracy Now, voz da esquerda, e do que tedes acceso facendo clic no enlace.
Mada máis por hoxe, pequenas e pequenos monstros. A seguir conspirando!
Primeiro Foro Social Galego, do 5 ao 7 de decembro 2008.
O Foro Social Galego (FSGal), que adopta a Carta de Principios do Foro Social Mundial, é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo.
O FSGal caracterízase pola súa pluralidade e diversidade, tendo un carácter non confesional, non gubernamental e non partidario. O FSGal non é unha entidade e non pretende ser unha instancia representativa da sociedade civil galega ou mundial.
QUE PRETENDE O FORO SOCIAL GALEGO?O FSGal quere, tal como proclama o seu lema, Pensar e construir alternativas desde Galiza. Para iso, acolle como obxectivo acadar a confluencia e a visualización de alternativas á globalización neoliberal propostas desde un amplo abano de movementos sociais.
O FSGal quere situar a Galiza dentro da construción dese outro mundo, non só posible senón necesario. O FSGal quere debatir, achegar e formular preguntas. Pero tamén quere abrir camiños para transitar cara un mundo máis xusto, máis solidario, máis respectuoso coa diversidade.
Pero o FSGal quere ir máis aló da celebración dun evento. Quere ser un proceso permanente de debate e de construción de alternativas ao modelo neoliberal.
COMO SERÁ O FSGAL?O Consello Dinamizador do FSGal, constituído o día 29 de marzo de 2008 en Santiago de Compostela por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o 26 de xaneiro de 2008 na Facultade de Xeografía e Historia en Compostela, definiu 4 grandes eixos temáticos de análise, reflexión e debate, a través dos cales encadrar actividades e pensar e construir alternativas desde Galiza:
- Modelo económico e límites do crecemento
- Soberanía e diversidade fronte a uniformización e imperialismo
- Vida e Traballo
- Defensa das Liberdades e dos Dereitos Sociais
As diferentes actividades serán autoorganizadas e autoxestionadas polos movementos sociais galegos adheridos ao proceso.
A web do FSGal (http://www.forosocialgalego.org) será o portal onde se vaian comunicando as novidades ao respecto da celebración do FSGal: documentos para o debate; actividades formativas e informativas; etc.
O 5 de decembro haberá un acto de presentación pública do FSGal e no propio desenvolverase un acto de manifestación pública cuxa natureza aínda está por determinar.
ONDE E CANDO VAI SER O FSGAL?O FSGal terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 5, 6 e 7 de decembro de 2008, un mes antes da celebración do Foro Social Mundial que este ano terá lugar en Belém do Prá en Brasil.
COMO PODEMOS PARTICIPAR NO FSGAL?Desde o Consello Dinamizador do FSGal artelláronse 4 formas de participación:
- Sendo membro integrante do Consello Dinamizador do FSGal
- Mediante a adhesión ao FSGal
- Participando como voluntario na organización do evento
- Simplemente, asistindo ás actividades que se ofrecerán no espazo libre de entrada.
Pola nosa parte deixámosvos con dous audios que sintetizan todo o antedito.
O primeiro deles é unha cunha producida pola radio irmá da Coruña, CUAC FM, (que R.FilsipiM, completou con outros audios) e ,pra findar, unha entrevista tirada do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para Pequen@s Monstros, que lle fixemos a Lupe Ces, integrante da Comisión organizadora do primeiro Foro Social Galego.