29 de xuño de 2012

DIVERTIMENTO - Radio Contrabanda [BCN] - Amparo Arias [Limodre], "Todo lo que no pasó" - La Voz de Galicia, hiper-untada pola Xunta.


Edición do xoves 28/06/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Último programa da grelha 2011/2012. Volvemos en setembro; grazas pola vosa complicidade ;)

Contiúdos:

- Novas: O asasinato machista da nosa veciña Iria. Carta dun funcionario ao Director de La Voz de Galicia, o xornal "independente" máis untado da historia pola Xunta.

- Entrevista con Ernesto Che Majara de Rádio Contrabanda de BCN. Ante o acoso de Generalitat de Catalunya as súas emisións, libres e non subvencionadas.

- Entrevista a Amparo Arias [Limodre-Fene]. Apresentando o seu álbum "Todo lo que no pasó".

- Novas: concentración fronte ao Concello de Ferrol denunciando novos e suntuosos gastos na Praza da España. Conexión telefónica  coa nosa compañeira filispina, Lorena Calaza.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.






Entrevista con Ernesto Che Maraja, Rádio Contrabanda [BCN]:
Ir a descargar


Entrevista con Amparo Arias  [Limodre], "Todo lo que no pasó":
Ir a descargar


Divertimento no Facebook.

22 de xuño de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - programa 32

Portada de Sacred Space Music, Constance Demby  [Hearts of Space, 1988]
Programa Nº 32 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

Continuamos cos robots, seguimos con humanoides e, finalmente, trascendemos ao sacro-espacial.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
-  BSO WALL-E - 72 Degrees & Sunny - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
-  BSO WALL-E - Define Dancing  -  Thomas Newman & Peter Gabriel [Pixar, 2008].
-  BSO WALL-E - No Splashing no diving  - Thomas Newman [Pixar, 2008].
-  BSO WALL-E - All that love´s about  - Thomas Newman [Pixar, 2008].
-  BSO WALL-E - M-O -  Thomas Newman [Pixar, 2008].
-  BSO WALL-E - Directive A-113 - Thomas Newman [Pixar, 2008].
-  BSO Artificial Intelligence - Abandoned in the woods - Composed by John Willians [Warner, 2001]
-  BSO Artificial Intelligence - Hide and seek - John Willians [Warner, 2001]
-  BSO Artificial Intelligence - The reunion - John Willians [Warner, 2001]
-  CONSTANCE DEMBY - Radiance [Sacred Space Music. Sound Currents, 1982. Hearts of Space, 1988].
-  CONSTANCE DEMBY - The Longing (extracto) - [Sacred Space Music. Sound Currents, 1982. Hearts of Space, 1988].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)





Video: Waltz of Joy & Moving on [Set Free. Hearts of Space, 1989]
Ofmentalizate!  facebook.

DIVERTIMENTO - O Colectivo LAZOS denuncia. Agresións da Policia Local. RRLL Catalunya. Lumeiradas...

Edición do xoves 21 de xunho de 2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM], cos seguintes contiúdos:

– Novas: acción denuncia do Colectivo LAZOS-Pro-solidariedade. O mércores 20 de xuño, almorzo diante do Concello. Entrevista con Carlos Varela.


Entrevista a Lois, un dos organizadores do Festival Folc Rock en San Xoan de Vilanova [Minho-GZ], dentro do programa de festas de San Xoan, que se celebran dendo o sábado 23 até o luns 25 de xunho.


Entrevista con Alexandre Carrodeguas. Agredido pola Policía Local de Ferrol, cando facía uso dos recursos da Biblioteca municipa. Recompilación de recentes agresións e acoso ao movimento socio-cultural por parte de certos efectivos da Policía Local de Ferrol. 


– Novas: comunicado das RRLL de Catalunya. Cronoloxía de represión política no Estado espanhol contra o movimento de RRLL.


- Conexión telefónica con André do Colectivo A REVOLTA de TRASANCOS, nos preparativos da lumeirada/sardinhada de Caranza, na noite de San Xoan.


- Axenda de concertos.


Apresentan: Ana Lucecú e O Pequeno Monstro.



Divertimento e @s monstros estamos no facebook.

15 de xuño de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - programa 31

Logos Live. Tangerine Dream. Virgin, 1982.
Programa Nº 31 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
- JOHANNES SCHMOELLING - Conemplating Mortality [The Zoo of Tranquillity. Edición Ederklang, 1998].
- TANGERINE DREAM [Edgar Froese, Chris Franke e Johannes Schmoelling] - Logos 1 [Logos Live. Virgin, 1982].
- BSO WALL-E  -  Put on your Sunday Clothes. Permormed by Michael Crawford, composed by Jerry Herman [Pixar, 2008].
- BSO WALL-E - 2815 A.D. - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
- BSO WALL-E - Wall-E - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
- BSO WALL-E - The Spaceship - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
- BSO WALL-E - EVE - Composed by Thomas Newman & Peter Gabriel [Pixar, 2008].
- BSO WALL-E - THRUST - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
- BSO WALL-E - Bubble Wrap - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
- BSO WALL-E - La Vie en Rose - Permormed by Louis Armstrong, composed by Edith Piaf [Pixar, 2008].
- BSO WALL-E - Eye Surgery - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
- BSO WALL-E - Worry Wait  - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
BSO WALL-E - First Date  - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



 
Video: Edgar Froese, Chris Franke, Johannes Schmoelling, 1980
Offmentalizate!  facebook.

8 de xuño de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - programa 30

The Zoo of Tranquillity (Johannes Schmoelling. Theta Records, 1987)

Programa Nº 30 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

Nesta ocasión, Especial AUTÓMATAS,  ilustrados musicalmente polo grande compositor alemán Johannes Schmoelling, ex Tangerine Dream.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
JOHANNES SCHMOELLING - The Woodpecker [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Wedding Cake [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Rise of the Smooth Automaton [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Zoo of Tranquillity (dedicated to Antje) [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Lawnmover [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Rise of the Smooth Automaton [The Zoo of Tranquillity. Ederklang Records, 1998].
JOHANNES SCHMOELLING - The Rise of the Smooth Automaton [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)





Imaxe: Portada da primeira edición de The Zoo of Tranquillity, Johannes Schmoelling [Theta Records, 1987]
Video: Stigma [Silver Scale], tirado do álbum A Thousand Times. Johannes Schmoelling.
Ofmentalizate!  facebook.

DIVERTIMENTO - Novas e axenda de luita comarcal - Entrevista a Paco "Pestes" Garcia, poetastro Ferrol.


DIVERTIMENTO para pequenos monstros [xoves, 21 de xuño de 2012]

Contiúdos:

– Novas [1 bloque]: Acción denuncia do Colectivo LAZOS-Pro-solidariedade. O mércores 20 de xuño, almorzo diante do Concello. Entrevista con Carlos Varela.

– Entrevista a Lois, un dos organizadores do Festival Folc Rock do sábado 23 de xunho, en San Xoan de Vilanova [Minho-GZ], dentro do programa de festas de San Xoan, que se celebran até o luns 25 de xunho.

– Entrevista con Alexandre Carrodeguas. Agredido pola Policía Local, cando facía uso dos recursos da Biblioteca municipal central de Ferrol. Recompilación de agresións da Loca Policía de Ferrol.

– Novas [2 bloque]:
Comunicado das RRLL de Catalunya. Cronoloxía de represión política no Estado espanhol contra o movimento de RRLL.

- Conexión telefónica co Colectivo A REVOLTA de TRASANCOS, nos preparativos da lumeirada/sardinhada de Caranza, na noite de San Xoan.

- Axenda de concertos e lumeiradas varias.

Sintoniza! Ferrol-Terra, 93.9 FM
Todo o mundo, streaming: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Apresentan: Ana Lucecú e O Pequeno Monstro.

Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

6 de xuño de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Especial INTERIOR.

Rescatamos un extracto dunha das edicións de DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE]. Nesta ocasión, especial adicado a banda nipona INTERIOR, conducido por Ramón Trecet.

Este audio fai parte do conxunto de dous programas adicados no programa, nos primeiros noventa, a "nova música" xaponesa. A primeira das metades, adicada a YMO e a Ryuichi Sakamoto, atoparédela neste mesmo blogue.

INTERIOR foi un cuarteto de música electrónica xaponés, que realizaban un orixinal synth-pop, techno ou mesmo ambient. Editaron en 1982 o seu primeiro e homónimo álbum, ao través da conxunción dos selos independentes nipóns Yen Records e Alfa Records. Este primeiro traballo tivo unha reedición en occidente en 1985, ao través de Windham Hill Records.


Xa en 1987 a propia Windham Hill Records edita o seu segundo álbum de INTERIOR,titulado Design. Máis tarde, algunhas das composicións do cuarteto farían parte dalgúns dos recompilatorios do, por entón, selo de William Ackerman; así acontece no sampler editado por WH en 1989.

A breve, agachada, pero sustanciosa produzón de INTERIOR estaba protagonizada por:
- Tsukasa Betto [percusións]
- Mitsuru Sawamura [saxofón e teclados]
- Eiki Nonaka [sintetizadores]
- Daisuke Hinata [sintetizadores e piano]

Canto a Alfa Records e Yen Records,  pequenas, de curta vida pero cunha interesante produzón discográfica no Xapón dos oitenta, reseñamos:

A compañía Alfa Records foi creada en 1969 polo compositor e produtor Kunihiko Murai. A mediados da década dos noventa acaba fechando o estudo de gravación da súa propiedade, o Shibaura Studio, donde, entre outras formacións, a Yellow Magic Orchestra [YMO] chegou a gravar varios discos.

Pola súa banda, Yen Records [¥EN], se encargaba da produzón física dos álbumes, dos artistas que gravaban no Shibaura Studio de Alfa Records. A súa actividade decorreu entre 1982 e 1985. Yen Records, estaba lliderada por Haroumi Hosono e Yukihiro Takahashi da Yellow Magic Orquestra [YMO]. A maioría dos albumnes que editaron foron producidos polos mencionados, Yukihiro e Hosono. Editaban principalmente música do Xapón e do xénero new wawe.

Sintonizamos. Tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Especial referencia a banda nipona INTERIOR. Apresenta: Ramón Trecet.

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Máis INFO complementar e sonora enhttp://ixarano.blogspot.com.es/

5 de xuño de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] Especial YELLOW MAGIC ORCHESTRA e RYUICHI SAKAMOTO.

Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, un programa monográfico emitido nos primeiros noventa en Radio 3 [RNE], adicado a banda nipona YELLOW MAGIC ORCHESTRA [YMO] e o músico RYUICHI SAKAMOTO, apresentado por Lara López.

A fonte: unha vella cinta de casete no arquivo sonoro de o Pequeno Monstro que agora dixitalizamos e compartillamos.

Un dos grupos que se formaron en Tokio [Xapón] no 1977 foron a Yellow Magic Band, que pronto cambiarían o seu nome polo de Yellow Magic Orchestra [YMO]. Son considerados os Kraftwerk orientais, coma os alemáns, pioneiros na popularización da música electrónica e moi influíntes no cenario musical do momento e, como veremos, do futuro. Axudaron a desenvolver o synthpop e o ambient, anticipando os ritmos e sons de xéneros coma o electro, ou mesmo a estabelecer as bases do Japanese-pop contemporáneo, así como influerciar a música house, techno e de movimentos coma o hip-hop. 

A YMO, a conformaban: Haorumi Hosono [multinstrumentista], Ryuichi Sakamoto [teclista], Yukihiro Takahashi [percusionista] e Hideki Matsutake [programador de secuencias]; os catro interesados na música electrónica. No ano 1978 debutan discográficamente en Xapón cun álbum homónimo. O éxito do seguinte álbum, Solid State Survivor [1979] os leva de xira por USA. Xa en 1980 realizan unha xira por Europa, década na que editaron numerosos álbumes e recompilatorios. Cada un dos integrantes da YMO ten realizados traballos en solitario e colaborado con artistas da cualidade de: David Sylvian e Steve Jansen [da banda Japan], Andy Mckay e Phil Manzanera [Roxy Music], o senegalés Youssou N´Dour, ou colaboracións con bandas coma 808 State ou The Orb, entre outras.

Canto a un dos seus máis intrépidos integrantes, Ryuichi Sakamoto, xa nos primeiros setenta, experimentaba coa equipa de música electrónica da Universidade Nacional de Tokio de Belas Artes e Música, traballando cos primeiros sintetizadores: o Buchla, Moog e o ARP. Nos oitenta apareceu coma actor xunto a David Bowie no filme "Feliz Nadal, Mr. Lawrence" [1983, Nagisa Oshima], ademáis de escribir a BSO. En 1987 gaña un Oscar pola composición parcial da BSO de "O último Emperador" [Bernardo Bertolucci]. En 1989 compón a BSO do filme "O ceo protector", tambén de Bertolucci. En 1992, compón a música dos Xogos Olímpicos de Barcelona.

Sakamoto é ademáis coñecido por ser contrario as actuais leis de propiedade intelectual,  pola súa conciencia ecolóxica e por ser fundador e colaborador do AP Bank [Artist Power Bank], unha ONG que outorga microcréditos sen intereses a pequenos empresarios para que financien os seus proxectos innovadores [reciclaxe industrial, transporte non contaminante...].

Cara o ano 1984 cada un dos membros da Yellow Magic Orquestra [YMO] se centra nos seus proxectos en solitario. Xa no ano 2000 xurde a banda paralela Sketch Show, resultado da alianza dos membros orixinais da banda, Hosono e Takahashi, formación que pasaría a chamarse Human Audio Sponge. En agosto de 2007, unha nova "alianza" entre Hosono, Takahashi e Sakamoto da lugar á banda HASYMO. Xa no ano 2009, retoman a denominación orixinal, YMO, coa que se manteñen activos até hoxe, xa sen a presenza de Matsutake.

En definitiva, a marabillosa aventura dunha banda nipóna auténtica, moi influinte na nova música do momento e de décadas posteriores. Facendo un chiscadelo a aquel avanzado álbum que editaron en 1983, unha formación que sen dúbida figura en letras douradas da Enciclopedia Musical Ilustrada da nosa era.

Sintonizamos, primeiros anos noventa, tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Especial YMO e Ryuichi Sakamoto. Apresenta: Lara López.

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Adaptación e traduzón texto: Pequeno Monstro.
Fontes: http://stereofilia.blogspot.com.es, http://elviajesonico.blogspot.com.eshttp://www.neuquenelectronica.com.ar e http://es.wikipedia.org/wiki/Ry%C5%ABichi_Sakamoto
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...