6 de junho de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Especial INTERIOR.

Rescatamos un extracto dunha das edicións de DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE]. Nesta ocasión, especial adicado a banda nipona INTERIOR, conducido por Ramón Trecet.

Este audio fai parte do conxunto de dous programas adicados no programa, nos primeiros noventa, a "nova música" xaponesa. A primeira das metades, adicada a YMO e a Ryuichi Sakamoto, atoparédela neste mesmo blogue.

INTERIOR foi un cuarteto de música electrónica xaponés, que realizaban un orixinal synth-pop, techno ou mesmo ambient. Editaron en 1982 o seu primeiro e homónimo álbum, ao través da conxunción dos selos independentes nipóns Yen Records e Alfa Records. Este primeiro traballo tivo unha reedición en occidente en 1985, ao través de Windham Hill Records.


Xa en 1987 a propia Windham Hill Records edita o seu segundo álbum de INTERIOR,titulado Design. Máis tarde, algunhas das composicións do cuarteto farían parte dalgúns dos recompilatorios do, por entón, selo de William Ackerman; así acontece no sampler editado por WH en 1989.

A breve, agachada, pero sustanciosa produzón de INTERIOR estaba protagonizada por:
- Tsukasa Betto [percusións]
- Mitsuru Sawamura [saxofón e teclados]
- Eiki Nonaka [sintetizadores]
- Daisuke Hinata [sintetizadores e piano]

Canto a Alfa Records e Yen Records,  pequenas, de curta vida pero cunha interesante produzón discográfica no Xapón dos oitenta, reseñamos:

A compañía Alfa Records foi creada en 1969 polo compositor e produtor Kunihiko Murai. A mediados da década dos noventa acaba fechando o estudo de gravación da súa propiedade, o Shibaura Studio, donde, entre outras formacións, a Yellow Magic Orchestra [YMO] chegou a gravar varios discos.

Pola súa banda, Yen Records [¥EN], se encargaba da produzón física dos álbumes, dos artistas que gravaban no Shibaura Studio de Alfa Records. A súa actividade decorreu entre 1982 e 1985. Yen Records, estaba lliderada por Haroumi Hosono e Yukihiro Takahashi da Yellow Magic Orquestra [YMO]. A maioría dos albumnes que editaron foron producidos polos mencionados, Yukihiro e Hosono. Editaban principalmente música do Xapón e do xénero new wawe.

Sintonizamos. Tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Especial referencia a banda nipona INTERIOR. Apresenta: Ramón Trecet.

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Máis INFO complementar e sonora enhttp://ixarano.blogspot.com.es/

2 comentários:

  1. Gracias, amigos, por continuar difundiendo estas maravillosas músicas. En concreto las aportaciones de Fulca y O Pequeno Monstro me han hecho desenpolvar mi vinilo de Interior y adelantar una crítica para mi blog que tenía reservada para más adelante (http://solsticiodeinvierno.blogspot.com.es/2012/06/interior-interior.html).
    Los recuerdos de Diálogos 3 no tienen precio!!!
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a todos vosotros, porque con vuestros blogs haceis que la música popular muestre su "cara B", desaparecida de los medios convecionales por no ser rentable comercialmente. Como no podía ser menos, la "cara B" de la música de nuestro tiempo, es la mejor ;)Un universo poliédrico donde sumergirse y alucinar.

      Eliminar

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...