30 de maio de 2011

80 Vinilos/h - Programa 31

Unidad Móvil. Todo ha sido un juego, single (Edigsa, 1981]
Edición nº 31 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.

Nesta edición, sétimo dos especiais Barcelona 80`s:
- TERMINAL - Pam pam en Pekín [Cara B 2º Single Tesoros - Ddomestic Records, 1983]
- UNIDAD MÓVIL - La chica del vespino [Cara B Single - Edigsa, 1981]
- UNIDAD MÓVIL - Todo ha sido un juego [Cara A Single - Edigsa, 1981]
- EXTRAÑOS EN LA NOCHE - Un año más [Lp. Un año más - Tranví,a 1987]
- BORNE - Metropol [Lp Unidades Didácticas - Auvi, 1982]  (*)
- DOSSIER - Samba infernal [Lp. De New York a Moscú - Tranvía/Divucsa, 1986]
- DOSSIER NEGRO – Paseando [Cara A Single - Southern Productions, 1984]
- ULTRATUITA - Conspiració [Maqueta, 1982]
- ULTRATUITA - Este país me decepciona y abruma [Maqueta, 1982]

* Non teño claro que esta peza fose incluida nese álbum. Sábelo ti?. Resposta en comentarios ;)



Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

Monstro, Facebook

28 de maio de 2011

Audios ACAMPADA FERROL [Praza de Armas] - Radio FilispiM, Sábado 28-05-2011

Audio de Rádio Filispim, 93.9 FM [28/05/2011] - ACAMPADA FERROL: Voluntari@s achegan alimentos @s acampad@s na Praza de Armas.



Descargar o audio


Audio de Rádio Filispim, 93.9 FM [28/05/2011] - ACAMPADA FERROL: Coordenador@s explican o seu traballo, as últimas novas [posíbel desaloxo, concertos do sábado a noite...], nos ensinan o campamento por dentro. Ademáis falamos con tres rapazas que se atopan no seu interior.



Descargar o audio


Audio de Rádio Filispim, 93.9 FM [28/05/2011] - ACAMPADA FERROL: Organización en Grupos de Traballos da Acampada Ferrol, protocolos de actuación.



Descargar o audio


Audio de Rádio Filispim, 93.9 FM [28/05/2011] - ACAMPADA FERROL: Moz@s achéganse a Praza de Armas carregados de mochilas e unha tenda, explican o porqué e animan a tod@s @s moz@s da comarca a achegarse acampar e participar.



Descargar o audio

27 de maio de 2011

Divertimento - Concerto Philip Glass e Tim Faim [piano/violin] Teatro Jofre [Ferrol, 21/05/2011]

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio Filispim, 93.9 FM], escoitamos íntegro o concerto que deu Philip Glass e Tim Faim [piano/violin] no Teatro Jofre de Ferrol o pasado sábado 21/05/2011.

Este concentro finalizou o estupendo ciclo de música minimalista que por vez primeira chegou ao teatro da nosa cidade baixo o título de "Repeat".

Durante os dous días precedentes, profesor@s e alumn@s do Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol, interpretaron obras de: John Cage, Steve Reich, John Adams, Arvo Pärt, Muchael Nyman, Terry Riley ou mesmo Douwe Eisenga e Eduardo Polonio, que estiveron no propio Teatro Jofre.

Destacar a intepretación da obra "In C" de Terry Riley realizada por unha orquesta formada por moi novos músicos e alumnos do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, dirixidos por Jose Núñez Ares. Este último actualmente profesor no conservatorio de Rotterdam, realizó unhas estupendas interpretacións ao piano da obra do holandés Douwe Eisenga.

Que a música contemporánea en calquera das súas modalidades se incorpore aos conservatorios e mesmo as sás de concertos de Ferrol merece especial recoñecemento e atención. A totalidade do ciclo ten sido, sen dúbida, todo un Divertimento para pequenos monstros.

Este é o audio do concerto:

Descargar o audio

Foto do día do concerto no Teatro Jofre de Ferrol, tirada de: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/05/22/galicia/1306065797.html

80 Vinilos/h - Programa 30

Desechables. La Oración, Lp (Tres Cipreses, 1983]
Edición nº 30 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.

Nesta edición, sexto dos especiais Barcelona 80`s:

- LOS DESECHABLES - La Oración [1º Ep. La Oración - Tres Cipreses, 1983].
- LOS DESECHABLES - Destruye y mata [1º Ep. La Oración - Tres Cipreses, 1983].
- ULTIMO RESORTE - La gran estafa - [2º Ep. Una Causa sin Fondo - Flor y Nata Records, 1983].
- ULTIMO RESORTE - Presos - [2º Ep Una Causa sin Fondo - Flor y Nata Records, 1983].
- ULTIMO RESORTE - Barcelona es diferente [1º Ep. Cementerio Caliente - Flor y Nata, 1982].
- ULTIMO RESORTE - Violencia [1º Ep. Cementerio Caliente - Flor y Nata, 1982].
- ULTIMO RESORTE - Cementerio caliente [1º Ep. Cementerio Caliente - Flor y Nata, 1982].
- TELEGRAMA - Chica del metro [Cara A Single Chica del Metro - Ref. 001 Flor y Nata, 1982].
- TELEGRAMA - Jugando sucio [Cara B Single Chica del Metro - Ref. 001 Flor y Nata, 1982].
- TELEGRAMA - Cubre tu piel [CD recomp. single/maquetas/directo - Power Pop! - Flor y Nata Records, 2005].
- TELEGRAMA - Cuidado con los chicos [CD recomp. single/maquetas/directo - Power Pop! - Flor y Nata Records, 2005].
- TERMINAL - Antigen Australia [Cara A Single Antigen Australia - Ddomestic Records [1981?].
- TERMINAL - 90.000 noticias agradables [Cara B Single Antigen Australia - Ddomestic [1981?].
- TERMINAL - Tesoros [Single Cara A - Ddomestic Records, 1983].


Descargar o audio

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)



Monstro, Facebook

22 de maio de 2011

Programa especial encontro ReGARLIC [Ferrol, 21-05-2011]

Programa especial gravado o 21 de maio de 2011 cara as 16:00 h, logo da asemblea da ReGARLIC [Rede Galega de Rádio Livres e Comunitárias] celebrada en Caranza-Ferrol, no local de Rádio FilispiM.

Na asemblea da ReGARLIC participaron as emisoras: Rádio Piratona [Vigo], Radio Roncudo [Corme], Cuac FM [Corunha] e Rádio FilispiM [Ferrol-Trasancos].

Logo do xantar os integrantes Rádio Roncudo [Juanito], Cuac FM [Manu e Lolo] e Rádio FilispiM [Iago, Miguel, Pablo, Cholo e o Pequeno Monstro], conversaron nas ondas de Rádio FilispiM, 93.9 FM, verbo dos acordos tomados e outras cuestións.

Este é o audio dese programa especial:



Descargar o audio

20 de maio de 2011

Divertimento - Ferrol toma a Rúa!!! + Concerto Bigott [Womad Cáceres, 2011] + Ciclo músicas minimalistas [Teatro Jofre-Ferrol].

Nova edición do programa de Rádio FilispiM, 93.9 FM, Divertimento para pequeno monstros.

Contidos:
- Reportaxe sobre a iniciativa Democracia Real Xa!!!, manifestacións do 15/05/2011

- Ferrol toma a Rúa!!!!. Conexión telefónica coa concentración do xoves 19 de maio de 2011, na praza de Armas de Ferrol.

- Concerto do grupo extraterrestre Bigott no WOMAD de Cáceres, 2011.

- Ciclo de músicas minimalistas no Teatro Jofre de Ferrol.

Audio programa completo:

Descargar o audio

Audio concentración "Ferrol Toma a Rúa!" - xoves 19/05/2011:


Monstro, agréganos no Facebook!

11 de maio de 2011

80 Vinilos - Programa 29

Primavera Negra (Twins, 1985)
Edición nº 29 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.

Nesta edición, quinto dos especiais Barcelona 80`s:
- NEW BUILDINGS - Le Dernier Homme [Single Le Dernier Homme - Klamm Records 1983]
- ULTRATUITA - Herman Brut [1er Single Herman Brut - Ddomèstic Records 1982]
- POP DATA - Viejos románticos [1984?]
- PRIMAVERA NEGRA - Placeres [Cara B Single Colonos de Marte - Acuario 1984]
- PRIMAVERA NEGRA - Radio Peggy Sue [Mini Lp homónimo - Twins 1985]
- PRIMAVERA NEGRA - Noche caliente [Mini Lp homónimo - Twins 1985]
- PRIMAVERA NEGRA - La ciudad tambor [Lp Flores Encendidas - La Rosa 1987]
- PRIMERA LINEA - Posibilidades [Mini Lp La Condición Humana - Gira 1986]
- PRIMERA LINEA - Tus ojos [Lp Malas Compañías - Justine Records 1990]
- PRIMERA LINEA - Revolución [Lp Malas Compañías - Justine Records 1990]

Descargar o audio

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)



Monstro, Facebook.

3 de maio de 2011

80 Vinilos/h - Programa 28

Melodrama
Edición nº 28 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.

Nesta edición, cuarto dos especiais Barcelona 80`s:

- KAMEMBERT - Voces [Lp. Soul Nights - DRO 1987].
- LEMO - Programación de noche [Lp. Flas Epidérmico - BELTER 1981].
- LEMO - Al otro lado del espejo [Cara A, single Al otro lado del espejo - Flor y Nata Records 1982].
- LEMO - Alternative [Cara B, single Al otro lado del espejo - Flor y Nata Records 1982].
- LINEAS AEREAS - Landschaften [Maxi homónimo- Flor y Nata Records 1983].
- LINEAS AEREAS - Benelux [Maxi homónimo- Flor y Nata Records 1983].
- LINEAS AEREAS - Radiotron [Maxi homónimo - Flor y Nata Records 1983].
- MELODRAMA - No me digas que me dejas [Cara A 1º single - No me digas que me dejas - Edigsa 1980].
- MELODRAMA - Tú yo y el Tibidabo [Cara B 1º single - No me digas que me dejas - Edigsa 1980].
- MELODRAMA - Me equivoco [Cara B 2º single - Sabor a tutti frutti - Epyc 1982].
- MELODRAMA - Sabor a Tutti-frutti [Cara A 2º single - Sabor a Tutti-frutti - Epic 1982].
- NEW BUILDINGS - Humo [Maxi Le dernier homme - Klamm Records 1985].


Descargar o audio

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)



Monstro,  Facebook
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...