Amosando publicacións coa etiqueta Divertimento - Tempada 2001/2002. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Divertimento - Tempada 2001/2002. Amosar todas as publicacións

17 de setembro de 2019

Divertimento - Casa Encantada de Compostela. Conversa con Fran del Buey (2001)

Casa Encantada de Compostela (2003)

(Resubida, 04/2001)

Edición de Divertimento para pequenos monstros na que recuperamos unha conversa con Fran del Buey nas ondas de Radio Fene en 2001, verbo do proceso de desaloxo do Centro Social Autoxestionado Casa Encantada de Compostela, do que, naquela altura, fixemos seguimento en diversas edicións. Fran, falános entre outras cousas, de como a administración socialista de Sanchez Bugallo foi quen de modificar o Plano Especial de Proteción do Casco Histórico de Compostela co obxecto de especular no compostelán barrio do Sar, coa construción de vivendas de luxo a través dunha construtora. O centro social autoxestionado Casa Encantada, foi un exemplo de organización autónoma de coletivos de todo tipo na Galiza: PreSOS (dereitos), Ultreia (LGTBI), Negativo/Positivo (fotografía), Marcha Mundial das Mulleres (feminismo), Rádio Kalimera (medios libres)...

Emisión: Radio Fene, agosto 2002. Gravación conversa con Fran del Buey: abril 2001.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.


Imaxe: mobilización contra o desaloxo (fonte: Novas da Galiza)
Máis info: Rebelion.org

20 de febreiro de 2018

Divertimento - Especial Antiglobalización. Coordinadora Antiglobalización de Ferrolterra - Agosto, 2002

Foro Social Porto Alegre (Brasil), 2001

(Agosto 2002 - resubida)

En agosto do ano 2002 conducín en Divertimento para pequenos monstros, en Radio Fene, un especial Movimento Antiglobalización con dous invitados da Coordenadora Anticapitalista de Ferrolterra, Antón de Bernardo e Antón Vigo. Contextualizamos aquel programa, naquel  interesante momento social dos primeiros anos 2000:

Atopamos as orixes máis significativas do boicot contra as organizacións internacionais que fomentan diferencias entre países ricos e pobres, durante unha reunión do FMI (Fondo Monetario Internacional) na cidade estadounidense de Seattle (USA), entre novembro e decembro de 1999. Naquela lugar tivo lugar a coñecida coma "Batalla de Seattle", o 30 de novembre daquel ano. Según o departamento de policía daquela cidade, a manifestación contou con 40.000 participantes, sorprendendo aos organizadores. Foi o comezo dunha serie de mobilizacions a coordinadas a nível mundial que se activarían cada vez que os grupos de poder, e as súas organizacións, se reunían para facer balanzo “das súas cousas”...

Cidades como Davos (Suiza), que acollía o Forum Económico Mundial, Quebec (Canadá), Barcelona e, mesmo, Compostela serían o cenario de moitas daquelas mobilizacións.  En xuño de 2001, en Barcelona 20.000 persoas se manifestaron convocadas polas coordenadoras antiglobalización contra o Banco Mundial. Ao remate da manifestación, que nun principio transcorreu en incidentes, houbo 32 detidos e 19 feridos. Aquelas protestas marcaron o punto de partida do rearme ideolóxico da esquerda anticapitalista en todo o mundo.

Por outra banda, para dar forma a toda aquel movimento, nacía en xaneiro de 2001, en Porto Alegre (Brasil), o Foro Social Mundial(FSM). Sería o primeiro e maior punto de encontró da sociedade civil mundial para atopar solucións aos problemas do noso tempo, tentando construir alternativas reais, baixo o lema “Outro mundo é posíbel”. Á aquela primeira edición do FSM, acudirían 12.000 activistas de todo o mundo, e sería sería o punto de partida doutros con periodicidade anual, ao longo do planeta. O Foro Social Mundial inclúe a posibilidad de celebrar foros máis específicos, rexionais ou locais, como así aconteceu co Foro Social de Ferrolterra, celebrado o 23, 24, 25 setembro 2011 e cuxas charlas foron restransmitidas ao vivo, e gravadas, por Rádio Filispim, a radio libre de Ferrol activada en 2005, como iniciativa local autónoma enmarcada na contrainformación.

A partir dun primeiro nodo xurdido durante as mencionadas mobilizacións na cidade estadounidense de Seattle, se crea unha  red global de contrainformación denominada Indymedia, cuxos principios hackers e anarquistas, son o coñecemento libre e interación informativa de novas e opinión, antecediendo en certo modo a Wikipedia. No aspecto económico, unha parte importante do movimento apostou por vías alternativas ao corporativismo e  autónomas ás vías estatalistas. É o caso da economía solidaria, que inclúe o comercio xusto, a banca ética, o microcrédito e empresas asociativas, entre otras actividades propositivas.

As batallas contra o Tratado de libre comercio con Canadá (CETA) e USA (TTIP) reavivarono espíritu No-Global, nos últimos anos, mais sen chegar aos níveis de activismo dos anos 2000.

Trasladámonos a agosto de 2002, Radio Fene, Divertimento...
Conduce: André, Pequeno Monstro.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...