29 de dezembro de 2014

Divertimento para pequenos monstros. Especial fin de ano, 2014 (26/12/2014)

Unha instánea do especial fin 2014

Edición especial fin de ano, 2014, de Divertimento para pequeno monstros.

Cadrando cos últimos días do ano 2014, contamos coa visita no estudio filispiniano de compañeir@s da Rádio FilispiM e do Colectivo Opaii!!. En conversa informal, pinchamos música, fixemos balanzo deste ano filispiniano que xa remata, adiantamos algúns dos actos que terán lugar no 2015, ano no que Rádio FilispiM, cumprirá 10 anos de emisións ininterrompidas. Como non podía ser menos, brindamos con cava polo novo ano e tomamos uns dóces.

No estudio estiveron: Fran (Sonido Emergente), Juanillo (Trash-Rock), Pepe Cunha (Ábretedeorellas), Javi Malespina (Sons Revela2), Espe Vázquez (Sons Revela2), Ana Lucecú (Divertimento), Pequeno Monstro (Divertimento). Por teléfono: Xurxo Gago (Entrelazados), Xosé Luis Díaz (Radio Kaos).

Agradecementos especiais a Pepe Cunha (Ábretedeorellas) pola exclusiva mundial dunha das pezas rexistradas durante o concerto que Germán Coppini (de cuxo pasamento cúmprese un ano) deu no Teatro Jofre de Ferrol, xunto a "Comando Delta", xurdido de O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galiza) o 18/04/2009, e que vén de ser editado esta semana en CD, baixo o título de Semper Audax.

A equipa de Divertimento para pequenos monstros, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, desexamos a todas as persoas ben nacidas, unhas boas festas e un próspero ano novo. Saúde, e a polo 2015, ano filispiniano!



Conduce e apresenta: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9FM (Compostela).

30 de novembro de 2014

Divertimento - Especial Ría de Ferrol, o espertar dos peixes (28/11/2014)

Joám Luis Ferreiro (imaxe: http://www.greenpeace.org)

Especial "Ría de Ferrol, o espertar dos peixes". Nova edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros. Case dúas horas de opinión libre e valente na radio libre de Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Falouse, claramente, do estado de saúde da nosa Ría, dos recursos mariños, das Confrarías de Pescadores e as súas "autorizacións", da Consellaría de Pesca, dos Plans de Explotación, Asistencias Técnicas, Autoridade Portuaria, Forestal do Altlántico, Fábricas de Colas, Reganosa, Megasa, dos recheos e os cheiros (fedor), da formación náutico-pesqueira, do fenómeno crecente d@s traballadores irregulares da ría, dos misteriosos cursos de formación, do IGAPE, dos fondos FEDER (que tamén feden), de "Ferrol Container Terminal" e até dos muros físicos e sicolóxicos. Mais, tamén de futuro e esperanza, máis aló do "cenagoso" panorama actual.

Para todo isto, contamos no estudio con:
  •   Xaime, mariño mercante.
  •   Joám Luis Ferreiro (Cesio), Biólogo e integrante da SGHN (Sociedade Galega Historia Natural).
  •   Meli Criado, nautico pesqueira e "rebelde con causa".
* Tiveramos gostado ter presenza d@s traballadores irregulares da Ría de Ferrol, cuxa intervención no programa tentamos ao longo da semana, mais ao través dun dos seus representantes, anunciaron que non poderían participar.

Cara ao final do programa, tivemos comunicación cunha parte da "Columna Ferrolterra", integrada na Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, que logo de varios días de camiñada chegaron o 29-N a Compostela para participaren xunto a milleir@s de galeg@s  no "Toma o Obradoiro".

Apresentou e conduciu: Pequeno Monstro.



Grazas a Meli, Cesio e Xaime pola súas valiosas e valentes intervencións, nun tema tan "cenagoso" coma é o da Ría de Ferrol. Falar claro, sen cancelas, coa crítica e autocrítica precisa, é o primeiro paso para mudar a actual situación.

14 de novembro de 2014

Divertimento - Especial Marchas da Dignidade, 29-N. Toma o Obradoiro.


O venres 14 de novembro de 2014, DIVERTIMENTO para pequenos monstros, realizou un especial "MARCHAS DA DIGNIDADE, 29-N. Toma o Obradoiro", en Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM.

Durante noventa minutos, falamos do por que deste movimento cívico cidadá en todo o Estado, particularmente no país galego, na nosa comarca e, claro, da convocatoria do vindeiro sábado 29-N en Compostela.  

No estudio da FilispiM, estiveron:
  • Daniel Melcón (coluna caranceria).
  • Santiago Lamelo (Fronte Cívico, Coruña).
  • Alberto Espiñeira (Marchas Dignidade Ferrolterra).
  • Marta González (coluna caranceira).
  • André Martínez (coluna caranceira).
  • Carme Cela (coluna caranceira).
Conduce e apresenta: o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9FM (Compostela).




+ info Marchas Diginidade 29N: https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

1 de novembro de 2014

Divertimento - Pablo Portero, mostra audiovisual - Especial "Crianza Natural"; alternativas ao ensino oficial.

Parte das persoas participantes no especial "Crianza Natural."

Edición do venres 31/10/2014 de Divertimento para pequenos Monstros (Rádio FilispiM, 93.9 FM). Dúas horas de contiudos certamente monstrosos...

Neste programa:
  • Conversamos con PABLO PORTERO, quen proxectou unha mostra dos seus TRABALLOS AUDIOVISUAIS na noite de defuntos de 2014, en "El Cafeito de Gloria", R/Sol, 199 e nos falou dos seus proxectos máis inmediatos...
  • ESPECIAL "CRIANZA NATURAL (alternativas ao sistema educativo ofical das crianzas). Cris, Marta e Ana Rosa (nais de nen@s non escolarizdxs) e Ana (nai dun neno escolarizado a distancia), contáronnos as súas experiencias canto esta forma de xestión da educación d@s seus fill@s fóra das áulas, do sistema. Pola súa banda, Carlos de Franciso (sicólogo) e Gloria (mestre de primaria nun centro público) analisaron a cuestión desde un ponto de vista profesional entrando en conversa coas nais.


Apresenta: o Pequeno Monstro. Este programa non tiver sido posíbel sen a colaboración e o traballo de produzón previo de Ana Fernández.
Difunden: Rádio Radio Filispim 93.9FM e A Kalimera Rádio Livre

11 de outubro de 2014

Divertimento - Especial XI aniversario do Manchita Cosa, Ferrol.


Edición do 10 de outubro, entre as 6 e 8 do serán, Divertimento para pequenos monstros, na Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM e vía streaming en http://opaii.blogspot.com. Desta vez, unha hora de anti-radio.

Contidos:
  • No estudio Suso Eiroá, elemento maior do Manchita Cosa, que este sábado 11 de outubro, celebra o seu XI aniversario coa actuación estelar de Joe Crepúsculo
  • Conexión con Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá, quen nos comenta a Axenda Divertimento e un particular ranking de hixiene dos baños públicos nos locais da noite ferrolá. 
  • Despedida e feche do estudio. 
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Transmiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9 (Compostela).

4 de outubro de 2014

Divertimento para pequenos monstros - 03/10/2014

Este programa, basicamente, é un aparato de gostosa tortura..

Venres 3 de outubro de 2014, na Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM, dúas horas de radio, dúas horas de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
Contidos:
  • Presentación e Axenda Divertimento. 
  • Especial "Radio-psicografía d@s ferrolás". *
(*) No estudio:
- Ana Fernández. Vasca, residente en Ferrol. No pasado residíu en Lugo, Coruña e Vigo.
- Miguel Castro. Ferrolán, vive en Ferrol. No pasado viviu en Lugo e A Coruña.
- Carmen Loureiro. Ferrolá, vive en Ferrol. No pasado residiu nas Illes Balears, Muxia e Irixoa.
- Macarena Soto. Chilena, residente en Ferrol, no pasado viviu en Compostela.
- Tania Vila. Luguesa, reside en Ferrol.
- Ánxela Martínez. Mugardesa, vive en Ferrol. No pasado residiu en Pontevedra, Compostela, Lugo, Arzúa, Miño, Baiona, Mondoñedo...
- Antía Cortíças. Ferrolá, de procedencia extraterrestre. Reside en Ferrol.
- Carlos de Francisco, psicólogo.

Conducen: Pequeno Monstro e Ana Lucecú. 

                              Nota: este especial foi producido coa colaboración de tod@s as persoas interviñentes.

27 de setembro de 2014

Divertimento para pequenos monstros - 26/09/2014

Movida Ferrolá, Sala Super 8

Venres 26 de setembro de 2014, entre as 6 e 8 do serán... DIVERTIMENTO para pequenos monstros, na Radio Filispim 93.9FM, dúas horas de radio.
  • 1º hora. Enchimos o estudio de MOVIDA FERROLÁ... Propietarios dalgúns locais da noite ferrolá aterraron en Divertimento. Falaron dos seus locais, da noite, da movida ferrolá... No estudio contamos coa presenza de humanos procedentes de PUB INDIE, SALA SUPER 8, PUB CARTELES...
  • 2ª hora. Enchimos o estudio de FEMINISMO. O domingo 28 de setembro, as 12:00 do mediodía as mulleres galegas volven á rúa contra a reforma da lei do aborto, baixo o lema: “Tomamos as prazas. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos”. Pese retirada do Decreto e dimisión de "Fachardón", as feministas non baixamos a garda. Os actos están convocados pola PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO*.  En Ferrol o domingo 28 un pasarrúas partirá ás 12h. do Cantón e rematará na Praza do Inferniño ás 13h.
 (* ) Pese a estaren convidadas, finalmente non tivemos presenza, nen comunicación telefónica coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, como tiveramos gostado, dende Divertimento e a radio libre de Trasancos, para darlle voz directamente.
  • Cara a última media hora do programa demos conta da Axenda de concertos que, como sempre, prepara Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
DifundeRádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM

21 de setembro de 2014

Divertimento para pequenos monstros - 19/09/2014

Instantanea en apoio ao Ateneo Ferrolán (16/09/2014)

Divertimento para pequenos monstros, a Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM. Edición do 19 de setembro de 2014. Regreso as ondas na nova grella da Filispim. Dúas horas monstrosas de radio...


  • Na primeira hora do programa falamos con Esperanza Vázquez Dopico (http://esperanzavazquezdopicofotografia.blogspot.com.es/) e da mirada da súa cámara e de olas, moitas olas...

  • Cara o meridiano, nova cita coa Axenda cultural que, unha vez máis, elabora Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.

  • Para findar, demos conta da concentración do pasado martes 16 en apoio ao Ateneo Ferrolan, dentro da campaña Salvemos o Ateneo. Ouvimos algunhas das centos de voces que alí estiveron, sumándose ao berro contra do culturicidio do actual goberno do PP en Ferrol. Ademáis, falamos en directo con Eliseo Fernandez, presidente do Ateneo, quen nos deu conta das últimas novidades tralo xuizo do mércores 17.

  • Para escoitarnos?: Radio Filispim 93.9FM. Directos, venres, sextas, de 6 a 8 do serán.
     
    Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, seres radiosupervivintes.
    — en Radio Filispim 93.9 Fm.

    21 de junho de 2014

    DIVERTIMENTO - Repensar a Anarquía, Carlos Taibo. Charla no Ateneo Ferrolán, 18/06/2014


    O pasado mércores 18 de xuño de 2014 tivo lugar no Ateneo Ferrolán unha estupenda charla do profesor Carlos Taibo. Baixo o título "Repensar a Anarquía", coincidindo co título do seu último libro, protagonizou este acto organizado por Unión Libertaria de Ferrol.

    A equipa de Divertimento para pequenos monstros (Rádio FilispiM) realizou a toma de son deste documento que agora vos oferecemos en diferido. A disfrutar...

    16 de maio de 2014

    DIVERTIMENTO - Rubén Artabe (Canciones de Pan) - Ayla & Falso Baiano - Hortas Urbanas de Caranza - Miguel Castro apresenta: Crónicas Republicanas, radio teatro & Sesión Letras Galegas 2014.

     Rubén Artabe (Canciones de Pan, 2014)

    Edición do venres 16 de maio de 2014, duas horas de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

    Contídos:
    •  RUBÉN ARTABE apresentando o seu primeiro álbum. Ademáis, cantou algún tema en directo.  Descarga aquí o seu estupendo "Canciones de Pan" (2014).
    •  AYLA & FALSO BAIANO apresentando a súa música e anunciando o seu concerto este  sábado 17 de Maio no Ateneo Ferrolán, ás 22:00 h. Ademáis cantaron e tocaron en directo.
    •  No estudio, conversa con integrantes das HORTAS URBANAS de CARANZA.
    •  No estudio MIGUEL CASTRO, apresentado "Crónicas Republicanas", radio teatro.
    •  Sesión musical Letras Galegas,  "Alén do Folque" con Pepé L. Díaz, DJ "LAJOEIRO"

    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM & Rádio Kalimera (radios libres na Galiza)


    Un prazer compartir este formato con vós durante nove anos. Grazas a todos e até sempre!!! Volveremos a vindeira grelha reinventad@s!!!

    10 de maio de 2014

    DIVERTIMENTO - El Viejo Caracol apresentan Tanta Memez - Salvemos o Ateneo Ferrolán, campaña de apoio.


    Divertimento para pequenos monstros, edición do venres ,9 de maio de 2014. Dúas horas de monstrosos contidos...

    Con este programa iniciamos a conta atrás para desintegrarnos no dial e volver a aparecernos en forma de monstro-crisálida cara o mes de setembro.

    Contidos:
    • Conversa con parte dos iintegrantes da formación ferrolá El Viejo Caracol que nos apresentaron o seu terceiro álbum, "Tanta Memez" (2014). No estudio: Erico Pose, Miguel Pita e Óscar Fojo.
    • Axenda Divertimento.
    • Conversa con Manuel Rey, integrante da nova directiva do Ateneo Ferrolán, quen fala da campaña de apoio a senlleira entidade ferrolá (http://salvemosoateneo.blogspot.com.es).
    Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Trasancos) & Rádio Kalimera (Composteland).


    * pulsa a frecha do reproductor para seleccionar o programa completo (1) ou o corte da conversa con Manuel Rey do Ateneo Ferrolán (2).

    10 de abril de 2014

    Divertimento - Especial "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do traballo" (Colectivo Chimarrao).

    Un instante da palestra...

    Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, onde escoitamos íntegra a palestra que baixo o título "Discrimaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", levouse a cabo o pasado 14 de marzo de 2014 na Galería Sargadelos de Ferrol, dentro do programa das II Jornadas do Colectivo Chimarrao, "1972-2014, Reencaminhando as Luitas Obreiras".

    A charla contou coa participación de Lupe Ces e Lola Ferreiro e coas voces do auditorio que se sumaron a tertulia final.

    Para introducir a charla, rescatamos un audio da edición de Divertimento para pequenos monstros do pasado 7 de marzo de 2014, donde integrantes do Colectivo Chimarrao informaron e analisaron en Rádio FilispiM, o contiudo desta e doutras palestras das II Xornadas sobre o 10 de marzo.

    Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
    Difunden: Rádio FilispiM (Ferrolterra), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Coruña).
    Fonte sonora: Paki (Colectivo Chimarrao).
    Imaxe: Colectivo Chimarrao.

    8 de abril de 2014

    Rádio FilispiM nominada aos premios Luceira de Comunicación Social.



    O Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM vén de ser nominado aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia.

    Convocados por a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento xunto coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz(ACPP), coma entidades do Terceiro Sector que apostan por iniciativas de comunicación con vocación social.

    "O obxectivo dos Premios Luceira é visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade. Ademais, con este premio pretendemos motivar aos distintos medios de comunicación galegos a reflexionar sobre o tratamento informativo que están a dar actualmente sobre as temáticas sociais, aquelas que afectan directamente ás vidas das persoas."

    Como votar pola candidatura de Rádio FilispiM?. Até o 30 de abril podes votar ao través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1QuGvMx9tvQj78420_sUDCkekoWWQjZDOtcRpD-8gBTc/viewform

    + info da convocatoria: http://galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=noticias&id=not20140404103010

    Difunde esta nova!!

    Obrigad@s e saúde!

    28 de março de 2014

    Divertimento para pequenos monstros. Especial post 22M, contado dende aquí.

    Madrid. Marchas da Dignidade 22M, 2014

    Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, donde persoas e Colectivos da Comarca de Ferrolterra e de Compostela, que participaron activamente nas Marchas da Dignidade en Madrid, 22M, cóntannos as súas impresións sobre o humano das mobilizacións, máis tamén do "divino"...

    O programa contou coma convidados a Inacio e Daniel da Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra e da Columna caranzeira, así como a Lorena e Fran da CNT de Compostela. Como copresentador especial do programa estivo Miguel Castro. No transcorrer do programa interviron Celso e Jorge (Stop Desafiuzamentos de Ferrolterra) que se achegaron ao estudio para dar a súa opinión.

    Ademáis, escoitamos música de Hechos Contra el Decoro, Todos tus Muertos, Aztlan Underground ou Nación Reixa ... A disfurtar.

    Conduce: Pequeno Monstro.
    Difunden: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e Cuac FM.
    Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com


    21 de março de 2014

    Programación Especial, Marchas da Dignidade do 22M, en Rádio FilispiM


    En Rádio FilispiM, 93.9 FM, o antes, durante e o despois das MARCHAS DA DIGNIDADE en Madrid. Programación especial.

    Venres 21M

    Entre as 22:30 até as 24:30 h: programación especial da Red Más Voces.
    As horas previas ao 22-M contadas en "La Noche de La Dignidad".

    Ségueo en:
    Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).
    http://opaii.blogsptot.com
    http://www.radiovallekas.org/emision.m3u
    http://tesla.todoexitos.com:6000

    Sábado 22M

    Entre as 12:30 e até as 14:00 h: especial Informativos Locais de Rádio FilispiM.
    Dende o estudio, en Caranza-Ferrol, conexións coas columnas de Ferrolterra que participan en Madrid nas Marchas da Dignidade. O que acontece en Madrid contado polas voces de Ferrolterra.

    Entre as 15:00 até as 23:00 h: especial de Ágora Sol Radio.
    A radio guerrilla dende as rúas de Madrid, contando o que pasa con dignidade.

    Ségueo en:
    Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).
    http://opaii.blogsptot.com
    http://tunein.com/radio/Agora-Sol-Radio-s162145/
    http://archive.org/download/agorasolradio.m3u/agorasolradio.m3u
    http://tesla.todoexitos.com:9370

    As radios libres teñen principios e dignidade!!!. SINTONIZA!!! e PARTICIPA!!. DIFUNDE!!.

    + info en:
    http://opaii.blogspot.com
    http://www.masvoces.org/Dias-21-y-22-de-Marzo-cobertura-de
    http://agorasolradio.blogspot.com.es/

    7 de março de 2014

    Divertimento - Especial II Jornadas 10 Março ´72 do Colectivo Chimarrao & conversa con Machina 08/03/2014


    Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, en pleno Entroido, donde Ana Lucecú veu do revés o Pequeno Monstro locutou facendo o pino e os nosos convidados se intercambiaron a roupa. Ademáis, os nosos ouvintes permaneceron espidos durante todo o programa... Quen da máis?

    Contiúdos:

    • Axenda Divertimento.
    • Especial 10 de Março. No estudio integrantes do Coletivo Chimarrao, que falaron das II Jornadas conmemorando o 10 de Março do 72, que principiarán o martes 11 deste mes. Ademáis, falamos con integrantes de MACHINA, que fecharán as Xornadas o sábado 15 xunto a banda local XAVONAROLA nun concerto no Chimarrao, Berton-Ferrol (+ info: https://www.facebook.com/events/357305967741117/).
    • Destruimos aínda máis Ferrol Vello.
    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. 
    Emiten: Rádio Filispim Colectivo OpaiiCuac FM e Rádio A Kalimera Rádio Livre



    2 de março de 2014

    Divertimento. Marchas da Dignidade - Represión sindical - Alianza Social Galega - Especial Voluntariado UDC (Campus Esteiro-Ferrol).


    Nova edición de Divertimento para Pequenos Monstros. Dúas horas de contidos interestelares.

    • Pan, teito e dignidade. Quentando motores para as Marchas da Dignidade que confluirán en Madrid o vindeiro 22 de marzo de 2014. Comunicado final da manifestación do pasado mércores 26 de febreiro en Ferrol. 
    • Para variar, escoitamos a versión dos sindicalistas detidos pola policía en Ferrol, por defender a Sanidade Pública. 
    • Manifestacións da Alianza Social Galega no país, tamén en Ferrol. Aconteceu o pasado xoves 17 de febreiro. Escoitamos o comunicado final. 
    • Especial Voluntariado da UDC-Campus Esteiro. Conversamos con Vanessa Míguez (Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Univ. da Coruña - Campus Ferrol), Aroa Fandiño (coordenadora), Daniel Pena e Lorena López. Durante case unha hora pronfundamos verbo do programa de voluntariado no que traballan, a educación para o desenvolvemento. 
    Programa completo:


    Escoita aquí o Especial Voluntariado UDC Campus Esteiro-Ferrol:


    Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
    Difunden: Rádio Filispim (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (A Coruña).


    14 de fevereiro de 2014

    DIVERTIMENTO - Marchas da Dignidade - XII Xornadas Libertarias, Ferrol - Sala Yago, reokupada.

    Edición do venres 14 de febreiro de 2014 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

    Contiudos:
    • MARCHAS DA DIGNIDADE. No estudio persoas veciñas de Caranza que convocan unha Asemblea aberta o vindeiro luns co obxecto de crear unha "columna" que acuda as Marchas da Dignidade do 22 de marzo en Madrid. 
    • XII XORNADAS LIBERTARIAS da Unión Libertaria de Ferrol. No estudio integrantes de U.L. que falarán destas xornadas que se celebran dende o martes 18 até o sábado 22 de febreiro no Espazo Libertario, na Avda. de Esteiro, 10 - baixo. 
    • A SALA YAGO DE COMPOSTELA RE-OKUPADA. Falamos cun integrante da Asemblea deste espazo que foi este xoves recuperado para o uso e disfrute cidadanía compostelá e que xa ten axenda de actividades para os vindeiros días. 
    • Axenda Divertimento.
    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Difunden: Radio Filispim 93.9FM, A Kalimera Rádio Livre e Cuac FM
    Sintoniza o teu dial!!

    18 de janeiro de 2014

    DIVERTIMENTO - Colectivo Ceivar, Asociación Que Voltem para a Casa & nova Asemblea de Radios Libres no Estado español.


    Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 17 de xaneiro de 2014, dúas horas de monstrosos contiudos...
    • No estudo dous integrantes do organismo popular anti-represivo CEIVAR, que nos falan da situación de acoso a que se ven sometidos @s independentistas no noso país e do espallamento anti-constuticional das persoas presas políticas galegas ao longo do Estado.
    • Ademáis falamos da Asociación Que Voltem para a Casa, formada por familiares, amigos e amigas dos pres@s políticos galegos, verbo da VIII Marcha ás Cadeias que baixo o lema "Até que nom voltem eles iremos nós",  partiu o sábado 18 de xaneiro de diversos pontos do país até as cárceres espalladas por todo o Estado.
    • Por último, falamos con J.M. Marshall, un dos integrantes de Rádio Topo, lexendaria radio libre de Zaragoza que forma parte, xunto a unha dúcia de emisoras, dunha nova Asemblea de Radios Libres no Estado español que na súa constitución, o pasado mes de novembro en Zaragoza, retomaron os principios do Manifesto de Villaverde, asumido polas radios libres en 1983: "carácter non profesional, autoxestión, servizo á comunidade, contra o monopolio e centralización da información, difundir a realidade, enfrontamento radical contra todo tipo de relación social de dominación e aposta por unha forma de vida alternativa á actual..." (texto completo no enlace).
    Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
    Emiten: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Coruña).

    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...