24 de novembro de 2013

DIVERTIMENTO - Especial concertos Colectivos CGTH & Chimarrao (Bertón) - 22/11/2013

Os cartaces de ambos eventos unidos para sempre...

DIVERTIMENTO para pequenos monstros. Emisión do venres 22 de novenbro de 2013; dúas horas de perigosos contiúdos...

  • No estudio WEATHER UNDERGROUND (Oscar Quant, Oscar Kay & Porto Rightnow) que xunto á CURTINAITIS, tocarán o vindeiro venres 29 de novembro na Sala Super Ocho de Ferrol, dentro da festa rockandroleira do Colectivo CGTH (Cretins Go To Heaven), con pinchada final no Pub Carteles.
        + info: https://www.facebook.com/events/647265388657995/
        & https://www.facebook.com/weatherundergroundGZ/info

  • No estudio o COLECTIVO CHIMARRAO do bairro de Bertom, Ferrol. Apresentando os concertos que explosionarán o vindeiro sábado 30 de novembro no Chima: THE BROSAS + ESQUIOS + OS DERRADEIROS. Entrada anticipada 3 €, em bilheteira 5 €. Conversamos con Cipri, Fran, Chute, André, Brais e Paki e tivemos contacto con integrantes das perigosas bandas: The Brosas, Esquíos e Os Derradeiros.
        + info: https://www.facebook.com/events/590390637687173/?fref=ts 
        & https://www.facebook.com/coletivo.chimarrao?directed_target_id=0 

Conduce a apresenta: o Pequeno Monstro.

Transmite: Rádio FilispiM, 93.9 FM  (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) & Cuac FM, 103.4 (A Corunha).

17 de novembro de 2013

Divertimento - Esperanza Vázquez Dopico, fotógrafa - Loita praceir@s Pontedeume - Miguel Alonso - 13/11/2013

Miguel Alonso, cantautor

Edición do venres 15 de novembro de 2013 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros (Rádio FilispiM, 93.9 FM), dúas horas carregadas de intencións...

Apresenta e conduce:  André, Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM para Ferrolterra, Cuac FM para A Corunha e Rádio Kalimera para Compostela.


8 de novembro de 2013

Pallasos en Rebeldía dende Palestina (Crónicas de Iván Prado adaptadas para a radio).

Imaxe tirada de: https://www.facebook.com/Pallasosenrebedia

Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibimos en Radio FilispiM unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso e que daquela viñan de levar por segunda vez o espírito da risa e do clown a Palestina.


Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.


Pallasos en Rebeldía, creouse en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río  Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas Tes máis  info en: www.pallasosenrebeldia.org.


Volvendo as emocionantes crónicas do colectivo Pallasos en Rebeldía dende Palestina e aquel ano 2009, os Pequenos Monstros sentimos a necesidade de fazer algo, e non soupemos máis que lle pór voz e adaptalas para a radio, compiladas en dous programas especiais gravados especialmente para Rádio FilispiM, a radio libre de Ferrol (GZ). Ademáis, editámolas en nove audios, correspondentes ás nove crónicas, para a súa escoita ou emisión por capítulos. Hoxe, volas ofrecemos nun só audio de algo máis 1h. 35 min., para que as escoitedes dun tirón...


O material que ides escoitar non ten ningún ánimo de lucro e está ao dispór de todas as radios asociativas, comunitarias, libres que o desexen difundir. Non é un material oficial do Colectivo Pallasos en Rebeldía, senón unha iniciativa persoal de André "Pequeno Monstro", integrante de Rádio Filispim, libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.


Ficades xa coas ADAPTACIÓNS RADIÓFONICA DAS CRÓNICAS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE PALESTINA, CUXO AUTOR É IVÁN PRADO, non sen antes lembrar, que o colectivo galego Pallasos en Rebeldía segue a organizar actividades en apoio ao pobo palestiniano, quen continúa a ser machacado sen tregua, coa complicidade dos países máis poderosos do mundo e coa nosa... se ficamos en silencio.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...