Amosando publicacións coa etiqueta Serie: Pallasos en Rebeldía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Serie: Pallasos en Rebeldía. Amosar todas as publicacións

8 de novembro de 2013

Pallasos en Rebeldía dende Palestina (Crónicas de Iván Prado adaptadas para a radio).

Imaxe tirada de: https://www.facebook.com/Pallasosenrebedia

Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibimos en Radio FilispiM unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso e que daquela viñan de levar por segunda vez o espírito da risa e do clown a Palestina.


Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.


Pallasos en Rebeldía, creouse en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río  Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas Tes máis  info en: www.pallasosenrebeldia.org.


Volvendo as emocionantes crónicas do colectivo Pallasos en Rebeldía dende Palestina e aquel ano 2009, os Pequenos Monstros sentimos a necesidade de fazer algo, e non soupemos máis que lle pór voz e adaptalas para a radio, compiladas en dous programas especiais gravados especialmente para Rádio FilispiM, a radio libre de Ferrol (GZ). Ademáis, editámolas en nove audios, correspondentes ás nove crónicas, para a súa escoita ou emisión por capítulos. Hoxe, volas ofrecemos nun só audio de algo máis 1h. 35 min., para que as escoitedes dun tirón...


O material que ides escoitar non ten ningún ánimo de lucro e está ao dispór de todas as radios asociativas, comunitarias, libres que o desexen difundir. Non é un material oficial do Colectivo Pallasos en Rebeldía, senón unha iniciativa persoal de André "Pequeno Monstro", integrante de Rádio Filispim, libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.


Ficades xa coas ADAPTACIÓNS RADIÓFONICA DAS CRÓNICAS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE PALESTINA, CUXO AUTOR É IVÁN PRADO, non sen antes lembrar, que o colectivo galego Pallasos en Rebeldía segue a organizar actividades en apoio ao pobo palestiniano, quen continúa a ser machacado sen tregua, coa complicidade dos países máis poderosos do mundo e coa nosa... se ficamos en silencio.


9 de xuño de 2010

Crónicas de Pallasos en Rebeldía dende Palestina, Iván Prado (abril/maio 2009)

Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibimos no e-mail de Radio FilispiM, unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso e que daquela viñan de levar por segunda vez o espírito da risa e do clown a Palestina.


Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.

Pallasos en Rebeldía, creouse en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas Tes máis info en: www.pallasosenrebeldia.org.

Volvendo as emocionantes crónicas do colectivo Pallasos en Rebeldía dende Palestina, os Pequenos Monstros sentimos a necesidade de fazer algo, e non soupemos máis que pórlle voz e adaptalas para a radio, compiladas en dous programas especiais gravados especialmente para Rádio FilispiM, a radio libre e comunitaria de Ferrol [GZ]. Ademáis editamolas en nove audios, correspondentes ás nove crónicas, para que o seu uso fór máis simples. 

Subliñar que o material elaborado non ten ningún ánimo de lucro e está ao dispór de todas as radios asociativas, comunitarias, libres que o desexen difundir. Non é un material oficial do Colectivo Pallasos en Rebeldía, senón unha iniciativa persoal de André "Pequeno Monstro", integrante de Rádio Filispim, libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.

Ficades xa coa ADAPTACIÓN RADIÓFONICA DAS CRÓNICAS DE IVÁN PRADO que fixemos en Divertimento para pequenos monstros, non sen antes lembrar, que o colectivo galego Pallasos en Rebeldía segue a organizar actividades en apoio ao pobo palestiniano, quen continúa a ser machacado sen tregua, coa complicidade dos países máis poderosos do mundo e coa nosa... se ficamos en silencio.

Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 1 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].



Pallasos en Rebeldia dende Palestina.

Cap. 2  [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].



Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 3  [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].



Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 4  [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].



Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 5  [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].



Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 6  [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].



Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 7  [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].



Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 8  [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].



Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 9  [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].




+ info
Israel toma por asalto barco irlandés con axuda a Palestina.
Iván Prado expulsado polo goberno de Israel na preparación do "FestiClown Palestina 2010".

22 de maio de 2009

Pallasos en Rebeldía dende Palestina, 2da parte.

Divertimento para pequenos monstros despídese desta grella da Rádio FilispiM, coa prometida segunda parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina.

Nesta edición ouviredes as crónicas (da número seis á nove) findando así a adaptación radiofónica que delas fixemos e que nos foi achegando Iván Prado dende o máis aló.

No seu sitio http://www.pallasosenrebeldia.org/, elas comentan: "neste novo século... o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da gargallada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta."

Certo é, pois este proxecto non deixa de sorprendernos coas súas viaxes aos lugares menos favorecidos do noso planeta (Chiapas, Oxaca e mesmo Palestina). Dende Divertimento reivindicamos a conversion dos exércitos en clowns e as o seu armas en malabares e narices vermellas.

Ficades co audio do programa. Lembrade que a primeira parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina (cinco primeiras crónicas), o podedes atopar procurando en anteriores entradas procurando nestes mesmo blog.


Descargar o audio


Se vos cadra podemos rematar así:

Where the Hell is Matt? (2008) from Matthew Harding on Vimeo.

Nota: enlaces doutros blogs que falan desta entrada:
http://artabra21.blogspot.com/2009/06/convidamos-que-tomedes-un-pouco-de.html

10 de maio de 2009

Pallasos en Rebeldía dende Palestina, 1ra parte.

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego, vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso.

Esta entidade, que se creou en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas, permite ás artes e ao teatro galegos expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria.

Así apresentanse na súa web, www.pallasosenrebeldia.org, este colectivo solidario galego que entre o 21 abril e 5 de maio deste ano 2009, levaron o espírito da risa e do clown a Palestina.

Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.

Xa no ano 2002 levouse ao cabo a primeira viaxe á Palestina. Na altura colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa para as e os palestinos poderen afrontar dun xeito diferente a realidade do día a día. Daquela a viaxe foi filmada e realizada posteriormente nun documental por Mikio Tsunekawa, titulado “Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso”.

Apoiando o traballo dos artistas galegos andan a Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer.

Dende Divertimento para pequens monstros [Rádio FilispiM], libre e comunitaria de Ferrol [GZ],  a xeito de amplificación do traballo que están a fazer Pallasos en Rebeldía, realizamos este humilde traballo que tenta adaptar radiofónicamente as diversas crónicas que fomos recibindo da recente viaxe a Palestina do riso solidario.

Nesta edición oferecémosvos a primeira parte do especial. En posterior entrada colgaremos a segunda metade, coa adaptación do resto das crónicas


Descargar o audio

Nota: as músicas foron tiradas do portal www.oicpalestina.org.

Por orden de aparición, estes son os cretos musicais:
1ª HANI SHAKER - Intifadah Al Aqsa Palestine (primeira metade).
2ª HANI SHAKER - Intifadah Al Aqsa Palestine (segunda metade).
3º ASSALA - Al kubla al oola
4º MAJDA - Er-Roumi Palestine
5º AMAR MURKUS - Hkaye
6º MARCEL KHALIFE – Summer Nights Dream Salutation
7º HANI SHAKER - Infifadah Al Aqsa Palestine

Escolma de imaxes tiradas polos propios protagonistas.

8 de xaneiro de 2009

De sementes e colleitas [Subcomandante Marcos].



Extracto da intervención do Subcomandante Marcos, na sesión matutina do 4 de xaneiro de 2009, dentro do Festival Mundial da Digna Rabia, Chiapas (México).

Adaptación ao galego: André, Pequeno Monstro.

**
De Sementes e colleitas.

"Tal vez o que vou dicir non veña ao caso do que é o tema central desta mesa, ou tal vez si.

Hai dous días, o mesmo no que a nosa palabra referiuse á violencia, a inefable Condoleezza Rice, funcionaria do goberno norteamericano, declarou que o que estaba pasando en Gaza era culpa dos palestinos, pola súa natureza violenta.

Os ríos subterráneos que percorren o mundo poden cambiar de xeografía, pero entoan o mesmo canto.

E o que agora escoitamos é de guerra e de pena.

Non moi lonxe de aquí, nun lugar chamado Gaza, en Palestina, no medio Oriente, aquí á beira, un exército fortemente armado e adestrado, o do goberno de Israel, continúa o seu avance de morte e destrución.

Os pasos que seguiu son, ata agora, os dunha guerra militar clásica de conquista: primeiro un bombardeo intenso e masivo para destruír puntos militares "neurálxicos" (así lles din os manuais militares) e para "abrandar" as fortificaciones de resistencia; despois o férreo control sobre a información: todo o que se escoite e vexa "no mundo exterior", é dicir, externo ao teatro de operacións, debe ser seleccionado con criterios militares; agora lume intenso de artillería sobre a infantería inimiga para protexer o avance das tropas a novas posicións; despois será o cerco e sitio para debilitar á guarnición inimiga; despois o asalto que conquiste a posición aniquilando ao inimigo, despois a "limpeza" dos probables "niños de resistencia".

O manual militar de guerra moderna, con algunhas variacións e agregados, está sendo seguido paso a paso polas forzas militares invasoras.

Nós non sabemos moito disto e, é seguro, hai especialistas sobre o chamado conflito no medio Oriente, pero desde este recuncho algo temos que dicir:

Segundo as fotos das axencias noticiosas, os puntos "neurálxicos" destruídos pola aviación do goberno de Israel son casas habitación, chozas, edificios civís. Non vimos ningún bunker, nin cuartel ou aeroporto militar, ou batería de canóns, entre o destruído. Entón nós, desculpen a nosa ignorancia, pensamos que ou os artilleiros dos avións teñen mala puntería ou en Gaza non existen tales puntos militares "neurálxicos".

Non temos a honra de coñecer Palestina, pero nós supomos que nesas casas, chozas e edificios habitaba xente, homes, mulleres, nenos e anciáns, e non soldados.

Tampouco vimos fortificaciones de resistencia, só cascallos.

Vimos, si, o ata agora van esforzo de cerco informativo e aos distintos gobernos do mundo dubidando entre facerse patos ou aplaudir a invasión, e unha ONU, xa inútil desde fai tempo, sacando mornos boletíns de prensa.

Pero esperen. Ocórresenos agora que, tal vez, para o goberno de Israel eses homes, mulleres, nenos e anciáns son soldados inimigos e, como talles, as chozas, casas e edificios onde habitan son cuarteis que hai que destruír.

Entón seguramente os lumes de artillería que esta madrugada caían sobre Gaza eran para protexer deses homes, mulleres, nenos e anciáns o avance da infantería do exército de Israel.

E a guarnición inimiga á que queren debilitar co cerco e sitio que se está tendendo ao redor de Gaza non é outra cousa que a poboación palestina que aí vive. E que o asalto buscará aniquilar a esa poboazón. E que calquera home, muller, neno ou ancián que logre escapar, escondéndose, do asalto previsiblemente sanguento, será logo "cazado" para que a limpeza complétese e o mando militar ao mando da operación poida reportar aos seus superiores "completamos a misión".

Desculpen de novo a nosa ignorancia, tal vez o que estamos dicindo non veña, en efecto, ao caso, ou cousa, segundo. E que en lugar de estar repudiando e condenando o crime en curso, como indíxenas e como guerreiros que somos, deberiamos estar discutindo e tomando posición na discusión sobre si "sionismo" ou "antisemitismo", ou que no principio foron as bombas de Hamas.

Tal vez o noso pensamento é moi sinxelo, e fáltannos os matices e anotacións tan necesarios sempre nas análises pero, para nós, nós, zapatistas, en Gaza hai un exército profesional asasinando a unha poboación indefensa.

Quen que é abaixo e á esquerda pode permanecer calado? Serve dicir algo? Deteñen algunha bomba os nosos berros? A nosa palabra, salva a vida dalgún neno palestino?

Nós pensamos que si serve, que tal vez non deteñamos unha bomba nin a nosa palabra convértase nun escudo blindado que evite que esa bala calibre 5.56 mm ou 9 mm, coas letras "IMI" (Industria Militar Israelí) gravadas na base do cartucho, chegue ao peito dunha nena ou un neno, porque tal vez a nosa palabra logre unirse a outras en México e o mundo e tal vez primeiro convértase en marmullo, logo en voz alta, e despois nun berro que escoiten en Gaza.

Non sabemos vostedes, pero nós e nós, zapatistas do EZLN, sabemos o importante que é, no medio da destrución e a morte, escoitar unhas verbas de alento.

Non se como explicalo, pero resulta que si, que as palabras de lonxe tal vez non alcanzan a deter unha bomba, pero son coma se abrísese unha greta na negra habitación da morte e unha lucecita coásese.

Polo demais, pasará o que de seu vai pasar. O goberno de Israel declarará que lle propinou un severo golpe ao terrorismo, ocultaralle ao seu pobo a magnitude da masacre, os grandes produtores de armamento obterían un respiro económico para afrontar a crise e "a opinión pública mundial", ese ente maleable e sempre a modo, volteará a mirar a outro lado.

Pero non só. Tamén vai pasar que o pobo Palestino vai resistir e a sobrevivir e a seguir loitando, e a seguir tendo a simpatía de abaixo pola súa causa.

E, tal vez, un neno ou unha nena de Gaza sobrevivan tamén. Tal vez crezan e, con eles, a coraxe, a indignación, a rabia. Tal vez fáganse soldados ou milicianos dalgún dos grupos que loitan en Palestina. Tal vez enfróntese combatendo a Israel. Tal vez fágao disparando un fusil. Tal vez inmolándose cun cinto de cartuchos de dinamita ao redor da súa cintura.

E entón, alá arriba, escribirán sobre a natureza violenta dos palestinos e farán declaracións condenando esa violencia e volverase a discutir se sionismo ou antisemitismo.

E entón ninguén preguntará quen sementou o que se cultiva.

Polos homes, mulleres, nenos e anciáns do Exército Zapatista de Liberación Nacional."

Subcomandante Insurxente Marcos.

**

Pequenas e pequenos monstr@s, nós tambén somos palestinian@s!!!.

Escoitade o audio das verbas do zapatista Subcomandante Marcos:

Descargar o audio

Texto e audio editados polo Pequeno Monstro, tirados de: www.enlacezapatista.ezln.org.mx
Outra info interesante: www.alsurdelriobravo.blogspot.com
Video: GZ Videos, Solidariedade com o povo palestiniano desde a Galiza.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...