Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibimos no correio de Radio FilispiM, unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso e que daquela viñan de levar por segunda vez o espírito da risa e do clown a Palestina.
Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.
Pallasos en Rebeldía, creouse en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas Tes máis info en: www.pallasosenrebeldia.org.
Volvendo as emocionantes crónicas que nos enviaban o colectivo Pallasos en Rebeldía dende terras palestinianas, os Pequenos Monstros sentimos a necesidade de fazer algo, e non soupemos máis que pórlle voz e adaptalas para a radio, compiladas en dous programas especiais gravados especialmente para Rádio FilispiM.
Hoxe, un ano despois, o pobo palestiniano segue a ser aplastado polo goberno Irsaelí, mais tamén toda aquela organización exterior que pretenda fazer fronte ao bloqueio -> mais info aquí.
Por ilo, os Pequenos Monstros, damos un paso máis e editamos os audios das crónicas, dividíndoas en capítulos, respeitando o espirito orixinal das crónicas, de xeito que sexa máis doada a escoita e libre uso do material, gravado coas mesmas pingas de emoción que nos chegaban dende Palestina.
Ficades xa coa adaptación radiófónica das crónicas de libre uso para todas as radios libres e comunitarias que as quixer amplificar.
Non sen antes lembraros que o colectivo galego Pallasos en Rebeldía segue a argallar actividades relacionadas con Palestina:
- Presentación do Festiclown Palestina 2010 no Ateneo Ferrolán.
- Iván Prado expulsado polo goberno de Israel na preparación do "FestiClown Palestina 2010".
Un saúdo.
Pequeno Monstro [membro do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM]
Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 1 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro das crónicas de Iván Prado en 2009]:
Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 2 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro das crónicas de Iván Prado en 2009]:
Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 3 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro das crónicas de Iván Prado en 2009]:
Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 4 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro das crónicas de Iván Prado en 2009]:
Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 5 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro das crónicas de Iván Prado en 2009]:
Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 6 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro das crónicas de Iván Prado en 2009]:
Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 7 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro das crónicas de Iván Prado en 2009]:
Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 8 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro das crónicas de Iván Prado en 2009]:
Pallasos en Rebeldia dende Palestina.
Cap. 9 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro das crónicas de Iván Prado en 2009]:
0 Monstros comentaron esta entrada.:
Enviar um comentário
O Pequeno Monstro gostará do teu comentario a esta entrada. Adiante!