10 de maio de 2009

Pallasos en Rebeldía dende Palestina, 1ra parte.

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego, vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso.

Esta entidade, que se creou en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas, permite ás artes e ao teatro galegos expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria.

Así apresentanse na súa web, www.pallasosenrebeldia.org, este colectivo solidario galego que entre o 21 abril e 5 de maio deste ano 2009, levaron o espírito da risa e do clown a Palestina.

Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.

Xa no ano 2002 levouse ao cabo a primeira viaxe á Palestina. Na altura colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa para as e os palestinos poderen afrontar dun xeito diferente a realidade do día a día. Daquela a viaxe foi filmada e realizada posteriormente nun documental por Mikio Tsunekawa, titulado “Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso”.

Apoiando o traballo dos artistas galegos andan a Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer.

Dende Divertimento para pequens monstros [Rádio FilispiM], libre e comunitaria de Ferrol [GZ],  a xeito de amplificación do traballo que están a fazer Pallasos en Rebeldía, realizamos este humilde traballo que tenta adaptar radiofónicamente as diversas crónicas que fomos recibindo da recente viaxe a Palestina do riso solidario.

Nesta edición oferecémosvos a primeira parte do especial. En posterior entrada colgaremos a segunda metade, coa adaptación do resto das crónicas


Descargar o audio

Nota: as músicas foron tiradas do portal www.oicpalestina.org.

Por orden de aparición, estes son os cretos musicais:
1ª HANI SHAKER - Intifadah Al Aqsa Palestine (primeira metade).
2ª HANI SHAKER - Intifadah Al Aqsa Palestine (segunda metade).
3º ASSALA - Al kubla al oola
4º MAJDA - Er-Roumi Palestine
5º AMAR MURKUS - Hkaye
6º MARCEL KHALIFE – Summer Nights Dream Salutation
7º HANI SHAKER - Infifadah Al Aqsa Palestine

Escolma de imaxes tiradas polos propios protagonistas.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...