5 de junho de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] Especial YELLOW MAGIC ORCHESTRA e RYUICHI SAKAMOTO.

Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, un programa monográfico emitido nos primeiros noventa en Radio 3 [RNE], adicado a banda nipona YELLOW MAGIC ORCHESTRA [YMO] e o músico RYUICHI SAKAMOTO, apresentado por Lara López.

A fonte: unha vella cinta de casete no arquivo sonoro de o Pequeno Monstro que agora dixitalizamos e compartillamos.

Un dos grupos que se formaron en Tokio [Xapón] no 1977 foron a Yellow Magic Band, que pronto cambiarían o seu nome polo de Yellow Magic Orchestra [YMO]. Son considerados os Kraftwerk orientais, coma os alemáns, pioneiros na popularización da música electrónica e moi influíntes no cenario musical do momento e, como veremos, do futuro. Axudaron a desenvolver o synthpop e o ambient, anticipando os ritmos e sons de xéneros coma o electro, ou mesmo a estabelecer as bases do Japanese-pop contemporáneo, así como influerciar a música house, techno e de movimentos coma o hip-hop. 

A YMO, a conformaban: Haorumi Hosono [multinstrumentista], Ryuichi Sakamoto [teclista], Yukihiro Takahashi [percusionista] e Hideki Matsutake [programador de secuencias]; os catro interesados na música electrónica. No ano 1978 debutan discográficamente en Xapón cun álbum homónimo. O éxito do seguinte álbum, Solid State Survivor [1979] os leva de xira por USA. Xa en 1980 realizan unha xira por Europa, década na que editaron numerosos álbumes e recompilatorios. Cada un dos integrantes da YMO ten realizados traballos en solitario e colaborado con artistas da cualidade de: David Sylvian e Steve Jansen [da banda Japan], Andy Mckay e Phil Manzanera [Roxy Music], o senegalés Youssou N´Dour, ou colaboracións con bandas coma 808 State ou The Orb, entre outras.

Canto a un dos seus máis intrépidos integrantes, Ryuichi Sakamoto, xa nos primeiros setenta, experimentaba coa equipa de música electrónica da Universidade Nacional de Tokio de Belas Artes e Música, traballando cos primeiros sintetizadores: o Buchla, Moog e o ARP. Nos oitenta apareceu coma actor xunto a David Bowie no filme "Feliz Nadal, Mr. Lawrence" [1983, Nagisa Oshima], ademáis de escribir a BSO. En 1987 gaña un Oscar pola composición parcial da BSO de "O último Emperador" [Bernardo Bertolucci]. En 1989 compón a BSO do filme "O ceo protector", tambén de Bertolucci. En 1992, compón a música dos Xogos Olímpicos de Barcelona.

Sakamoto é ademáis coñecido por ser contrario as actuais leis de propiedade intelectual,  pola súa conciencia ecolóxica e por ser fundador e colaborador do AP Bank [Artist Power Bank], unha ONG que outorga microcréditos sen intereses a pequenos empresarios para que financien os seus proxectos innovadores [reciclaxe industrial, transporte non contaminante...].

Cara o ano 1984 cada un dos membros da Yellow Magic Orquestra [YMO] se centra nos seus proxectos en solitario. Xa no ano 2000 xurde a banda paralela Sketch Show, resultado da alianza dos membros orixinais da banda, Hosono e Takahashi, formación que pasaría a chamarse Human Audio Sponge. En agosto de 2007, unha nova "alianza" entre Hosono, Takahashi e Sakamoto da lugar á banda HASYMO. Xa no ano 2009, retoman a denominación orixinal, YMO, coa que se manteñen activos até hoxe, xa sen a presenza de Matsutake.

En definitiva, a marabillosa aventura dunha banda nipóna auténtica, moi influinte na nova música do momento e de décadas posteriores. Facendo un chiscadelo a aquel avanzado álbum que editaron en 1983, unha formación que sen dúbida figura en letras douradas da Enciclopedia Musical Ilustrada da nosa era.

Sintonizamos, primeiros anos noventa, tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Especial YMO e Ryuichi Sakamoto. Apresenta: Lara López.

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Adaptación e traduzón texto: Pequeno Monstro.
Fontes: http://stereofilia.blogspot.com.es, http://elviajesonico.blogspot.com.eshttp://www.neuquenelectronica.com.ar e http://es.wikipedia.org/wiki/Ry%C5%ABichi_Sakamoto

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...