26 de novembro de 2008

Democracy Now! e Amy Goodman. 2º parte.

Seguindo con Amy Goodman, xornalista creadora e presentadora da canle independente Democracy Now!, lembramos unha situación que tivo que aturar en setembro de 2008 cando foi detida en Saint Paul, Minnesota durante a primeira xornada da Convención Nacional Republicana.

Amy Goodman, protestaba pola detención dos productores da súa canle, Sharif Abdel Kouddous e Nicole Salazar, cando apareceron varios axentes da policía armados até os dentes e leváronlla detida retorcéndolle o brazo.

Estes dous xornalistas da canle Democracy Now!, atopábanse cubrindo as manifestacións de protesta contra a reunión dos republicanos que debe proclamar oficialmente a John McCain, daquela candidato á presidencia dos EEUU.

Os axentes detivéronlles, segun o xerife do condado, por sospeitas de que estivesen "conspirando para organizar disturbios". O certo é que a Goodman leváronlla simplemente por tratar de defender aos seus colaboradores apelando á liberdade de prensa.

Tal e como comentamos nunha das entradas anteriores que podes atopar neste blog, Amy Goodman é unha das xornalistas máis coñecidas e respectada de Estados Unidos. e do mundo. Desde Democracy Now! cualificaron o arresto de ilegal e pediron a reporteiros e cidadáns que chamasen á oficina do alcalde da cidade e do xerif para protestar por esta acción. Finalmente os tres xornalistas foron liberados.

O certo é que ese día non só foron arrestados os xornalistas de Democracy Now!, senón que o foron 280 persoas. Podes ler clicando neste enlace, todos os diálogos -traducidos- que se produciron no momento da detención dos integrantes de Democracy Now! e, de seguido, ver o video que recolle o momento da detención polcial desta intrépida e exemplar xornalista.

Pra findar gostaría recomenda, ademáis do propio sitio oficial de Democracy Now! -> www.democracynow.org, un espazo habilitado por un veciño da comarca que teño achado recentemente na rede, e que vén ser un traballo de compilazón e traduzón dos seus contidos á lingua propia da Galiza: o galego. Podedes curiosear nel clicando neste enlace: Democracia Xa!
(www.democracia-xa.blogspot.com).

Un dos interesantes documentos que compila a enlace galaico made in Trasancos, Democracia Xa!, é o elaborado polo prestixioso xornal Le Monde Diplomatique e titulado: Democracy Now, voz da esquerda, e do que tedes acceso facendo clic no enlace.

Mada máis por hoxe, pequenas e pequenos monstros. A seguir conspirando!

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...