11 de novembro de 2008

Rádio FilispiM, apresenta a súa cuarta tempada nas ondas.

O pasado sábado 8 de novembro de 2008, o Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, apresentou no Ateneo Ferrolán a súa cuarta temporada nas ondas, no descorrer dunha nova Sesión Vermú (a quinta!).

Atrás fica aquel verán de 2004 no que comezaron as emisións os da Filispina, logo de duros meses de traballo e algún que outro Conspirando polo medio. "Divertimento para pequenos monstros", atopaba daquela, por fin, o seu sitio natural ao incorporarse a grella da radio libre e comunitária de Ferrol e Terra de Trasancos, logo de ter cabalgado polas ondas da comarca (Radio Fene, Radio Kaos), durante 20 anos. Algún día vos contaremos esa historia...

Para tod@s aqueles que non sintonizáchedes con Filispim, pasámosvos un enlace ao audio íntegro (case 3 horas) do programa especial, realizado dende o set de radio instalado para a ocasión no baixo do Ateneo, coa asistencia técnica dun filispino mutante no estudio central. Ademáis, tendes unhas afotos tiradas pola Spanglish Fátima, que ilustran o acontecido na festa.

O PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL tivo este GUIÓN:

1º Presentación da sesión vermú.

2º Presentación da grella da cuarta tempada de Rádio FilispiM (1ª parte):
  • SPANGLISH
  • VAMOS ANDAR
  • ATENEA
  • CONTRA-INFORMATIVOS
3º Actuación do grupo folk de Ferrol "ALEN DE ANCOS".

4º Presentación da grella de Rádio FilispiM (2ª parte):
  • O RECUNCHO
  • AFRICANÍA
  • DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS
  • CRESTA E IMPERDIBLES
  • MOITO DE AQUÍ
  • MAPAMUNDI
  • DISCONTINUIDADE
  • NOSOTRAS EN EL MUNDO
  • CUBAINFORMACIÓN
  • RADIO INSURGENTE
  • HORAS MUSICAIS
Escoita aquí, ou Descarga, o programa especial da V Sesión Vermú do Colectivo Opaíí! - Rádio Filispim, 93.9 FM.


Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...