9 de dezembro de 2008

Crónica da viaxe ao FMM de Sines, Portugal. 3ª parte: Ulía a menta.

Atrapados de novo na terceira e última parte da viaxe ao Festival de Músicas do Mundo de Sines, finais de xulho deste case anciá 2008.

A décima edición do FMM de Sines, a uns 160 quilómetros ao sul da Lisboa, foi unha virguería lusa canto a cualidade nas músicas, xeito de fazer, seriedade e profesionalidade.

De fazer unha comparanza cos festivais que há na Galiza, comezaría dicindo que o FMM de Sines non é un macro-botellón. A selección musical é variada, atrevida, o acceso de balde ou non, a cervexa Sagres ou Superbock o arroz caldoso e os cenarios para os concertos cinco: a vila de Porto Cobo, o Centro de Artes de Sines (dentro e fóra), o paseio da praia e o estupenda fortaleza: o Castelo.

Ademáis hai actividades paralelas: seminarios (A Barreira do Som: "Música, cultura e naçao"), exposicións ("Transurbana" de Luis Campos), Cinema ("Migraçoes"), conversas cos artistas e mesmo Ateliês para Crianças.

Canto ao detallismo, presente nos dez días que durou esta décima edición do FMM de Sines, nunca esquecerei que no concerto que deu o grupo paquistanés Faiz Ali Faiz, ulía a menta. Sim, a menta. Alguén da organización pensou que aquel cenario, plagado de músicas que nos levarían ao trance total, prestábase a espertar un sentido máis: o olfato. Na piso do Castelo. que andabamos a pisar, había ben espalladas frescas follas de menta. Non penso que volva a ulir nada igual en festivais (até a undécima edición do Sines, claro ;-).

De for pouco, a nova música galega estivo na pasada e edición do FMM de Sines. O primeiro día do festival, 17 de xulho, tocou Serra-lhe aí!! & Os Rosais, de balde no palco exterior do Centro de Artes de Sines.
Xa o 24 de xulho, no incomparábel marco do Castelo, quedándose co respectábel, tocou Marful co seu espectáculo "Salón de Baile". Na segunda das crónicas que fixemos deste festival (atoparala procurando neste blog), xa vos comentamos o que foi o que dixo Rádio Sines, radio oficial do evento, ao respeito.

Pequenas e pequenos monstros, no video que segue ovimos e vemos á Ugía Pedreira (cantante de Marful) nunha entrevista no propio festival, onde fala entre outras cousas que "criouse nunha taberna, entre homes":



De volta de Sines e Porto Cobo (duas vilas da mesma Freguesía), marchamos cara Lisboa, donde pasamos uns días estupendos. Como lugar de estancia eliximos Cascais, que fica a uns 30 minutos en tren da capital lusa. Moi recomendábel o parque de campismo de Cascais, dos mellores e máis tranquilos que teñamos durmido. Cecais, teña que ver o espírito tranquilo das moitas persoas que aló andan e que ou descansan ou surfear a "salvagem" praia do Guincho. Se tiver que por nota ao camping Orbitur Guincho esta seria un dez, canto a cualidade-prezo en comparanza con outros.

E con todas estas sensacións, aquel ulor a menta, aquelas músicas, aquel arroz, todos eses curmáns meus de Portugal... e a saborosa guinjinha! do largo de Säo Domingos que popularizou un galego na Lisboa chamado Espinheira. Siiiiiiii!!! a guinjinha, invento dun galego, a bebida máis populosa da Lisboa!!!. Non deixes de procurar eses pequenos dispensorios de guinjinha se vas pelos bairros senlleiros da Lisboa. Noooon!!!.

Logo de todo ilo, deixámosvos co último lote de afotos tiradas pelos monstros, esta vez na sempre fascinante Lisboa, mais tambén en
Cacais e Sintra. De todo veredes, até o sito onde dispensan ao camiñante con ese marabilloso brevaxe doce chamado guinjinha e que inventou un galego de Lisboa, pode que antepasado meu.



Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...