Radio Clavi, emisora comuntaria de Lugo. |
(Resubida, 23/04/2009)
Oscar, Miguel e Alberto Amigo, do supergrupo ferrolán Quant, protagonizaron esta edición de Divertimento para pequenos monstros. Ao través dos micros de Rádio Filispim de Ferrol (redifusión para Radio Piratona de Vigo), falaron do seu primeiro disco grande titulado: New adventures in full colour. Unha combinación de amateurismo e sabia estratexia de camello, da que poderás saber máis se procuras no "discurso" dos propios Quant. Pequenas xemas pop, destinadas a ser pinchadas en radios independentes e disfrutadas por pequenos monstros.
Ademáis, no programa contamos con Xosé, integrante da emisora libre de Lugo, Radio Clavi, Un outro elo da comunicación alternativa no país galego, que logo dun parón na súa xa longa andaina, procura a volta ás ondas.
Cara o final do programa recibimos unha chamada telefónica de Cholo.
Emisión: Rádio Filispim, estudio Ateneo Ferrolán.
Data: 23 de abril de 2009.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
Bola extra. Video tirado do programa da TVG "Banda Curta", no que os Quant (e outros tipos sospeitosos como Roger de Flor) forman parte dun especial adicado ao Pop que se está a producir na comarca de Ferrol.