11 de dezembro de 2008

Canto hai que aguantar a Roger de Flor!

Pero canto, canto hai que aguantar! Iso é o que di Rogelio Arias, máis coñecido por estas terras coma Roger de Flor, no recén tostado en forno da factoría Carlos Alberto Alonso, novo video-single promocional do seu flamante segundo cedé Naturalidad Silvestre.

No disco colabora un variado grupo de músicos e amigos da comarca, cuxos nomes vos soarán a todos os seguidores da estupenda música que se produce nestas terras ferrolás nos últimos tempos, coma Fran Rey (piano), Cabe García (guitarra), Luís Cuba (baixo), Álvaro Lamas (steal guitar), Serguei Izmailov( batería), etc.

Sempre rodeado de amig@s nos seus discos (e tamén nos videos!), agardemos tamén o estea o vindeiro venres 26 de nadal no salón de actos do Ateneo Ferrolán, R/Magdalena, 202, donde este cabaleiro pop da Terra de Trasancos, rebautizado coma Roge de Flor, apresentará o seu novo cedé
Naturalidad Silvestre.

Mais antes o tivémolo en entrevista no estudio de Rádio FilispiM, dentro do programa
Divertimento para pequenos monstros. Foi o xoves 18 de nadal de 2008 ás oito da tarde, dende o 93.9 da FM. Podes ouvir o audio íntegro da entrevista a Roger de Flor ao través do seguinte reprodutor:

O productor Carlos Alberto Alonso, comenta o que segue ao respeito do video que el mesmo realizou do tema que da título ao novo álbum:

Hai quen di que nunca debes laiarte dos tempos que che tocou vivir, pois de pouco te servirá. Pero sempre está esa excepción que confirma a regra, e aquí está Roger de Flor para demostralo. Nesta ocasión o bardo limodrés sofre unha insólita mutación, converténdose nun "impersonator" do Sinatra máis ratpackiano. Isto e moito máis nunhas imaxes que toman como decorado a noite ferrolá máis insospeitada, nun vídeo firmado co apoio loxístico de Ruben Coca Producións, que mestura á Nouvelle Vague cun Fred Astaire de mércores de mercadillo en Recimil.

Pequenas e pequenos monstros, con todos vós, o cabaleiro pop Roger de Flor:




Na foto superior: gravación dun video-clip nunha praia de Ferrol. Carlos Alberto Alonso á cámara e Roger de Flor de lado. Tirada do blog de Carlos Alberto Alonso.

1 comentário:

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...