16 de novembro de 2008

Todo el Largo Verano: pop de salón.

Todo el Largo Verano, foi o grupo de música convidado o pasado xoves 13 de novembro de 2008 no programa Divertimento para pequenos Monstros, de Rádio FilispiM.

Este é un dos proxectos nos que anda embarcado Alberto Amigo, guitarra, letrista e tantas cousas máis de Todo el Largo Verano, quen estivo a conversar con nós, a pornos a súa música e agasallarnos con algunha peza pop en exclusiva, recén saída do seu salón.

Do salón? Así é, pois o Fer, Rubén, Carolina e outros que pasan pop alí, constrúen e gravan as súas pezas no salón da casa de Alberto. Guitarras, batería, teclados, ukeles e outros artefactos, son pulsados por estes activistas do pop ferrolán.

Algúns deles, por se fora poco, andan embarcados en proxectos paralelos, coma a formación Quant, ademáis de dar vida a ese proxecto interestelar coñecido coma La Fonográfica General, que (por certo) remata de cumprir este outono tres anos.

Rubén Coca, o cineasta ferrolán que estes días anda a gravar a curtametraxe de animación A cegona pedichona baseada nun relato de Lucía Etxebarría, é un deses que se pasan polo salón do Alberto para, entre outras, obsequiar a Todo el Largo Verano, con video-clips como o que segue.




Pra findar, deixámosvos cun audio no que podedes ouvir íntegra a conversa que o pasado Divertimento tivo o Pequeno monstro co Alberto Amigo. O tipo co salón máis monstroso que teña pasado por este blog.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...