13 de fevereiro de 2009

Divertimento para pequenos monstros, non se vende.

A Rede Galiza non se Vende nacía en novembro de 2007, da man dunha "perigosa" agrupazón de máis de sesenta colectivos ecoloxistas, sociais e da veciñanza de todo o país galego.

"Desamparados", "desprotexidos", "defraudados". Estes foron os sentimentos dos impulsores da Rede aos dous anos de goberno do bipartito PSOG-BNG, ao que acusaron de defender un "modelo enerxético depredador, en contra dos intereses dos cidadáns".

Case un ano despois da primeira grande mobilización da Rede (17/02/2008), voven os cidadáns a estar convocados para o vindeiro domingo 15 de febreiro de 2009, en plena precampaña das autonómicas do país galego.

Rádio FilispiM, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol (Galiza), deu conta da masiva asistencia a aquela primeria convocatoria a que acudiron maís de 10.000 persoas. Tes máis información e audio ao respeito en: http://audio.urcm.net/Galiza-non-se-vende.

O pasado 12 de febreiro de 2009, tivemos no programa de Rádio Filispim, Divertimento para pequenos monstros a Alexandre Carrodeguas, integrante da Rede Galiza non se vende e mais do Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, quen nos conta o porque desta nova convocatoria e nos pon día do contencioso da cidadanía ferrolá cos poderes e intereses que manteñen activa a planta de Gas de Reganosa en plena ría de Ferrol, a 900 metros de una base militar naval e a pouco máis de 1000 metros dun nucleo de máis de 100.000 habitantes, pese a que existe un novo porto exterior na ría.

Por si todo isto for pouco convincente, a entrada da ría de Ferrol é tan fermosa como estreita o que só permite a entrada dos gaseiros na pleamar de día e coa axuda de remolcadores. No suposto de que houber un accidente, un gaseiro, non podería sair da ría polos seus propios medios e de atoparse coa baixamar tería que ficar no meio dela. Por certo, a pleamar diurna únicamente deixa unha hora escasa ao día para saír e sempre coa axuda dos remolcadores.

Pese a todo o goberno da anterior Xunta de Galiza (PP) e do actual combo dinámico (PSOE/BNG) a cualifican coma de "estratéxica para Galicia". O certo é que detrás desta desafortunada e caprichosa ubicación da Reganosa atópanse elementos de conveniencia empresarial que engaden a este asunto unha banda sonora de fétidas melodías.

Neste enlace atoparás fotografías que evidencian a barbarie de colocar unha bomba no medio mesmo da poboazón. Nestoutro atoparás audios producidos pola Rádio FilispiM, verbo da manifestació contra a Reganosa argallada polo Comité de Emerxencia o pasado 8 de xuño de 2008.

Ademáis destas explosivas cuestións, no último Divertimento, lembrámonos do cansautor ferrolán (Madrid) Andrés Suárez e das súas cancións, que por suposto destrozamos inmisericordemente nun acto certamente monstroso. I e que Divertimento para pequenos monstros non se vende.

Escoita todos estes contidos ao través deste reprodutor:

Descargar o arquivo

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...