24 de abril de 2009

Quant e Xosé de Rádio Clavi, secuestrados por un monstro.

Non é a primeira vez que andan polo Divertimento da Filispim.

Oscar, Miguel e Alberto do supergrupo pop ferrolá QUANT, estiveron na última edición do Divertimento para pequenos monstros. Ao través dos micros de Rádio Filispim de Ferrol (e tambén para os ouvintes da Radio Piratona de Vigo), falaron do seu primeiro e inflamado disco grande New adventures in full colour.

Unha combinación de amateurismo e sabia estratexia de camello, da que poderás saber máis se procuras no "discurso" dos propios Quant.

Pequenas xemas pop, destinadas a ser pinchadas en pequenas radios e disfrutadas por non menos pequenos monstros.

Ademáis
, no programa contamos coa agradábel presenza de Xosé, da radio libre de Lugo, Radio Clavi, que logo dun parón na súa xa longa andaina, procura a súa volta ás ondas luguesas. Agardamos que moi cedo o Xosé e o resto dos integrantes da asemblea da Clavi, dean nova vida a estoutro elo da comunicación alternativa nas ondas galegas. Podes saber máis das aventuras (e desventuras) da Rádio Clavi facendo clic neste enlace.

Deixámosvos co enlace do audio do Divertimento do pasado 23 de abril de 2009.
Descargar o arquivo


Ademáis, findamos esta entrada cun video tirado do programa da TVG "Banda Curta", no que os Quant (e outros tipos sospeitosamente coñecidos polos monstros, coma un tal Roger de Flor) forman parte dun especial adicado ao Pop que se está a producir na cidade de Ferrol (Galiza).

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...