17 de abril de 2009

Post Conspiratorio por unha radio libre.

Post conspirar: acción filispina de reflexión logo de activar disidencia en peridodo sospeitosamente santo.

Ista podería ser unha definición do que vimos de fazer na última edición do Divertimento para pequenos monstros na Rádio FilispiM. Nela, amplificamos as reflexións dalgúns dos colectivos participantes na II Feira de Colectivos dentro da VI edición do CONSPIRANDO, ouvimos música e collimos un trauma.

Como bola extra deixámosvos cunha fermosa escolma de fotos tiradas no Conspirando, no transcurso da Feira de Colectivos e das estupendísimas actuacións de Retobato, Roger de Flor e Sacha na Horta (que bueno que vinisteis!!!!).

Ao final deste post, podedes ouvir ou descarregar o audio.

Pequenos monstros, tod@s xunt@s, por Finispinilandia: Viva o mal!!! viva o Capital!!!



Descargar o arquivo

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...