22 de setembro de 2019

Divertimento - Post VI Conspiratorio por unha radio libre (abril, 2009)

Troco Ferrol na Feira de Colectivos (VI Conspirando) 

(Resubida, 16/04/2009)

Post-conspirar:
Verbo intransitivo. Acción filispina de reflexión logo de activar disidencia en peridodo sospeitosamente santo e ferrolano unha vez ao ano (Diccionario de conceptos filispinianos).

Ben podería ser unha definición do que fixemos nesta edición do Divertimento para pequenos monstros. Amplificamos as reflexións e voces dalgunha das organizacións participantes na II Feira de Colectivos na Praza do Inferniño de Ferrol, dentro da VI edición do Conspirando por unha Rádio Libre, celebrado o 9 de abril de 2009:
  • Rafael Pillado (Comité de Emerxencia Ría Ferrol e Fuco Buxán).
  • Enrique Barrera (Fuco Buxán).
  • Xoan López (Comité de Emerxencia Ría Ferrol).
  • Alexandre Carrodeguas (Comité de Emerxencia Ría Ferrol).
  • Nes (ADEGA).
  • Juan Antonio Vázquez & Araceli Tzigane (Mapamundi e Tragasóns)*
  • Xabier Porto (Unión Libertaria).
  • Rebeca (Fundaçom Artábria).
  • Solidariedade Internacional Galiza.
  • Iago (BRIGA).
  • Cristina (Ateneo Ferrolán).
Ademáis, falamos da II Semana da Poesía Salvaxe e botamos unhas pezas.

(*) Grazas a Miguel Castro Serantes pola colaboración nas entrevistas a Mapamundi e Tragasóns.

Emisión: Rádio FilispiM (estudio "Metro Cadrado", Ateneo).
Data: 16/04/2009
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.

17 de setembro de 2019

Divertimento - Conversa con integrantes do CSO A Estación de Pontedeume e CSO As Atochas de Coruña (9/12/2010)


(Resubida, 9/12/2010)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros de 9 de decembro de 2010, achegáronse ao estudio de Rádio FilispiM, dous integrantes da asemblea do CSO Casa das Estación de Pontedeume. Chini e máis Jesús, faláronnos desta centro social, autoxestionado e ocupado, tan cercano a nós.

Ademáis, tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO Casa das Atochas en A Coruña. Iste centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" polas institucións e tinglados comerciais. Así, o CSO Casa das Atochas é un referente, canto a xestión de social autoxestionado e ocupado, en pleno centro especulativo da cidade herculina. Mais, alguén non o entende así (semella que hai demasiada organización fóra da "organización"). A  chamada Xustiza ten dictada unha orde de desaloxo do Centro Social das Atochas, para o xoves 9 de decembro de 2010.  Máis información nestrouto Divertimento.

Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
Data: 9/12/2010
Emisión: Rádio Filispim, Ferrol.

Divertimento - Casa Encantada de Compostela. Conversa con Fran del Buey (2001)

Casa Encantada de Compostela (2003)

(Resubida, 04/2001)

Edición de Divertimento para pequenos monstros na que recuperamos unha conversa con Fran del Buey nas ondas de Radio Fene en 2001, verbo do proceso de desaloxo do Centro Social Autoxestionado Casa Encantada de Compostela, do que, naquela altura, fixemos seguimento en diversas edicións. Fran, falános entre outras cousas, de como a administración socialista de Sanchez Bugallo foi quen de modificar o Plano Especial de Proteción do Casco Histórico de Compostela co obxecto de especular no compostelán barrio do Sar, coa construción de vivendas de luxo a través dunha construtora. O centro social autoxestionado Casa Encantada, foi un exemplo de organización autónoma de coletivos de todo tipo na Galiza: PreSOS (dereitos), Ultreia (LGTBI), Negativo/Positivo (fotografía), Marcha Mundial das Mulleres (feminismo), Rádio Kalimera (medios libres)...

Emisión: Radio Fene, agosto 2002. Gravación conversa con Fran del Buey: abril 2001.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.


Imaxe: mobilización contra o desaloxo (fonte: Novas da Galiza)
Máis info: Rebelion.org

16 de setembro de 2019

Divertimento - Un repaso ao movimento libertario en Ferrol, ás portas do 1º de Maio



(Resubida, 30/04/2009)

Recuperamos esta edición de Divertimento para pequenos monstros onde, ás portas do 1º de Maio, conversamos con Xabier Porto, integrante da CNT e do Espazo Libertario de Ferrol, nun repaso ao movimento libertario na nosa cidade, que vai desde a emisión do programa en 2009, pasando pola súa historia máis recente (Ateneo Libertario Francisco Iturralde, Unión Libertaria) até a Escola Racionalista Ferrolá, nos anos 30.

Emisión: Rádio FilispiM, Ferrol. Estudio: Caranza. Data: 30/04/2009
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.

15 de setembro de 2019

Divertimento - A Bodega do Pequeno Monstro (ficción sonora).

As bodegas do Pequeno Monstro 

(Resubida, 2004)

O día que o Pequeno Monstro abríu as portas da súa bodega e polo camino tomou uns "vinitos". Unha particular edición improvisada de Divertimento para pequenos monstros que hoxe recuperamos para vós, nun impresionante documento vinícola gravado para Radio Fene en 2004. O programa ábrese co micro-espazo "Bos días peregrino".

Voces e montaxe sonora: André Pequeno Monstro.
Músicas: varios dun compilatorio do selo estatal Animal Records.

10 de setembro de 2019

DIVERTIMENTO - Especial Día Internacional da Muller (8/3/2012)



(Resubida, 08/03/2012)

Edición do xoves 08/03/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM, a radio libre e comunitaria de Ferrol, desde o estudio de Caranza.

Contidos:
  • Especial 8 de marzo, Día Internacional da Muller:
  • Os micros, e tempo de Divertimento ficaron abertos para todas as mulleres que desexaron participar. Ao noso convite acudiron:
    • Natalia Pérez, integrante do colectivo de crianza respetuosa A Brazos.
    • Ana Fernández, doula, integrante do grupo de apoio a lactación materna BBTTA e do colectivo A Brazos.
    • Sabela González, integrante de A Brazos e BBTTA.
    • Teresa Martínez Vilariño, da Marcha Mundial das Mulleres e da Asociación Cultural Fuco Buxán.
No transcurso do programa Sabela González nos interpretou ao vivo fermosas cancións, acompañada pola súa guitarra.
  • Axenda de Concertos.
Presentaron: Ana Lucecú e André Pequeno Monstro.


5 de febreiro de 2019

DIVERTIMENTO - ALÉN DE ANCOS, en conversa - 6/11/2008

Alén de Ancos, nunha sesión de Vermú de Radio FilispiM (xuño, 2012)

(Resubidas, 6/11/2008)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros tivemos no estudio a Alex e Rubén, que xunto a Pablo e Aitor, integran o grupo folc local Alén de Ancos. Presentáronse ámbolos dous no estudio cun cedé baixo o brazo con tres pezas, que viñan de gravar o día anterior, e que serviron para anunciar a inminente V Sesión Vermú de Rádio Filispim, que o propio grupo se encargaría de animar musicalmente. As Sesións Vermú da Filispim, sirven para apresentar e despedir as grellas radiofónicas.

Durante o programa chamóunos un ouvinte, Vicente, quen levou de agasallo unha camisol da radio libre e comunitaria de Ferrol.

Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán
Conduce: André, Pequeno Monstro.

30 de xaneiro de 2019

Divertimento - Entrevista a Roger de Flor, presentando Naturalidad Silvestre - 18/12/2008

Roger de Flor e Alberto Alonso, na gravación dun video clip.


(Resubida, 18/12/2008)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros, contamos coa presenza no estudio de Rádio Filispim, no Ateneo Ferrolán, de Rogelio Arias, máis coñecido por estas terras como Roger de Flor. Roge, vén de publicar o seu segundo disco Naturalidad Silvestre, como referencia nº 1 do novo selo Felipop Discos, ligado ao famoso festival de Limodre (Fene).

No disco colaboran un nutrido grupo de músicos e amig@s da comarca: Fran Rey (piano), Cabe García (guitarra), Luís Cuba (baixo), Álvaro Lamas (steal guitar), Serguei Izmailov (batería)...

Ademáis, para a súa promoción, conta coa colaboración doutro fenés, Carlos Alberto Alonso, quen dirixe o video clip de "Cuanto hai que aguantar". No 2006 xa producira "Una desconocida máis", peza tirada da primeira maqueta, Canciones de Amor y Retranca (2006).

O novo disco do fenés, será presentado o venres 26 de nadal no salón de actos do Ateneo Ferrolán, R/ Magdalena, 202, antes podes ouvir aquí algunhas das pezas en excluviva mundial...

Nota: no min. 23:00 do programa intervén por teléfono o noso compañeiro, tristemente desaparecido anos despois, Diego Barcia (Guayo).

Conduce: André, Pequeno Monstro.
Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.

22 de xaneiro de 2019

Divertimento - Todo el Largo Verano (Alberto Amigo) + Mani CIG Ferrol - 13/11/2008

Todo el Largo Verano (2008)
(13/11/2008, resubida)   

Todo el Largo Verano estiveron o xoves 13 de novembro de 2008 en Divertimento para pequenos monstros, na Rádio FilispiM, un dos proxectos musicais nos que anda embarcado Alberto Amigo, guitarra e letrista desta formación local.

Fer, Rubén, Carolina e outros elaboran e gravan as súas pezas no salón da casa de Alberto. Guitarras, batería, teclados, ukeles e outros artefactos, son pulsados por estes activistas do pop ferrolán. Algúns deles, ademáis de ser parte doutras bandas (Quant), son as almas desa impulsora de artistas ferrolterráqueos coñecida como La Fonográfica General, que vén de cumprir tres anos de existenza..

*
Para completar o programa na súa faceta social, cubrimos a manifestacion que o sindicato galego CIG realizaba en Ferrol "en defensa dos intereses da clase traballadora galega, que a crise a pague o capital". Nesta ocasión contamos con Lupe Ces como correspondente, dende a propia manifestación.

Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.
Conduce: André, Pequeno Monstro.
Audios (2): Programa completo / Corte Lupe Ces.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...