7 de marzo de 2008

Xa está aquí o 5º Festival CONSPIRANDO, por unha radio libre ->20 de marzo 2008 - Praza do Inferniño - Ferrol

"V CONSPIRANDO por unha radio libre!"

Xa está o "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"


Como todos os anos o Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do festival "CONSPIRANDO por unha radio libre".
Este ano cumprense cinco edicións. Todas as actividades incluidas no "V CONSPIRANDO", terán lugar baixo unha carpa instalada na pista polideportiva da PRAZA do INFERNIÑO en Ferrol.
Dadas as particularidades da organización do festival nunha praza pública, contamos coa colaboración puntual da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.


PROGRAMA do "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"

MÚSICA:

Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: Funk, Pop e Punk-Rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría de madrugada.
  • Un dos grupos (do máis aló), xa confirmados, son DAKIDARRÍA. Fan un estupendo punk/reggae/ska. Orixinarios de Nigrán, chegarán nunha furgoneta camuflada, directamente dende Madrid, nunha xira total que os levou por Alacante e Valencia.
    + info en:
    http://es.myspace.com/dakidarria
  • Outro dos grupos locais dos que xa podemos confirmar a súa presenza é THE SWEAT, que executan un irresistíbel funk-rock. Foron teloneiros de Macaco, nas pasadas festas de vrao de Ferrol.
    + info en: http://es.myspace.com/thesweatfunk
  • O terceiro nome do cartel e TA'CRACK, fan Pop-Funk Rock e son de Naron:
    +
    info en: http://myspace.com/tacrack


ACTOS PARALELOS:
  • - PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de Rádio FilispiM. 93.9FM, con conexións en directo, horas antes do festival.
  • - FEIRA DE COLECTIVOS, con postos e material divulgativo de diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, artesáns, da nosa comarca. Esta feira se desenvolverá nos postos que os colectivos instalarán na propia carpa, cara as 6:00 h. do serán e até que desexaren.
  • - GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM, 93.9FM


OBXECTO do "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"

O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadazón de fondos para autofinanciar Rádio FilispiM. Emisora, que non pertence a institución nen empresa con ánimo de lucro algunha, autoxestionada e ao servizo da comunidade, de aí que a proposta sexa libre e comunitaria, enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación.

Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais e a interelación das asociacións e grupos de base, que desexen participar na "FEIRA DE COLECTIVOS" que estara amenizada por unha Charanga, para a difusión e mostra das iniciativas cidadás, a poboazón en xeral.


Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación Información Independente) - Rádio FilispiM, 93.9FM
Inscrito no rexistro de asociacións culturais da Xunta de Galiza, con nº 2004/007965/1 (AC)
Inscrito no rexistro de asociacións culturais do Concello de Ferrol, con nº 346

28 de febreiro de 2008

Entrevista a Jesús Ordovás, "25 anos de pop con Radio 3" - 28/02/2008

Por mór da exposición itinerante "25 anos de pop con Radio 3", o programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, entrevistou a Jesús Ordovás [Diario Pop - Radio 3-RNE].

Aproveitamos para amosarlle ao Ordovás grupos da nosa comarca [Quant, Misquious, Roger de Flor... e lembrarlle outros que xa coñecía como Todo el Largo Verano]. Mais, como tod@s sabedes Ordovás xa non é parte da Radio 3, dende hai poucos meses, como consecuencia das prexubilacións forzosas acontecidas en RTVE-RNE, que se levarán por diante a boa parte dos pioneiros e da Radio 3.

Logo dunha amena conversa fixémoslle entrega dunha copia do primeiro cedé recompilatorio "Conspirando por unha rádio libre" de Rádio FilispiM [cunha chea de grupos da comarca] e comprometeuse a abrir a vindeira cita da exposición itinerante "25 anos de pop con Radio 3" con ese disco, de maneira simbólica.

Ao final da conversa despedimos cunha forte aperta ao ferrolán Ordovás [si, naceu no Porto de Ferrol] e Bárbara [do programa Capireando de RFM] tirounos unha fotos, que podes ver nesta entrada.

Todo foi moi improvisado, mais hai fican o audio e as fotos.

Ahhh!!!, acompañoume na entrevista Suso Suciedad [Manchita-Ferrol] e as fotos tirounas Bárbara [MMM]. Grazas Suso e Bárbara!!!


Get this widget | Track details |


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...