Esta tarde escoitando unha das últimas emisións de Rádio Filispim [antes de que esta quede sumerxida na súa propia sintonía], non puiden sustraerme da tentación de lle sablear ao estupendo programa da Rádio Kalimera, Comochoconto [que tamén emite a Filispim], dentro do seu especial adicado ao Futebol, unha canción: Espanha, Espanha, bandera, bandera... de Tony Lomba [GZ].
Á mañanciña, índo cara o choio, dando unha camiñada dende Caranza até o centro, vin na outra beirarúa ao Pichi [un dos personaxes míticos de Ferrol, xunto ao Pachara], levaba unha pequena Bandeira espanhola, cheo de ledicia coma sempre... subía ele e ondeaba a bandeira... zas, zas... seguro agardando atoparse con algúen [que levara o meu camiño a inversa pero co mesmo destino] para lle dicir: "Mira que tengo. Una banderita!". Pregúntome, porque non lle darán a este home algo máis que insignias e bandeiras?.
Mais, nestes momentos de exaltación nacional española, donde "La Roja", anda a desempolvar as Bandeiras que permanecían esquecidas aló nos "chinos", non poido deixar de tararear esta canción, todo o día ela dándome voltas no maxín unha e outra vez, estes versos: "Jiménez Losantos y Ansón, desde la COPE, una radio liberal […] el que no sea facha a la hoguera […] el que no esté en ese camino se va pa la mierda. España, España bandera bandera...".
Pois iso, Tony Lomba [GZ], interpreta: "Espanha, Espanha, bandera, bandera...". Menuda mierda?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!